Israel, Israel,
de Miguel Anxo Fernán Vello,. GH. 30-12-08
¡Qué complicado é todo!
DE Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 30-12-2008
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
11 comentarios:
A respecto do artigo de Fernán Vello:
FALANDO CON PROPIEDADE...
O xenocidio, segundo a expresión cuñada por Raphael Lemkin en 1944 e axiña espallada na linguaxe política internacional, é unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros. Como sabemos todos, hai unha serie de xenocidios famosos (armenio, xudeu, tutsi...) e outros menos (hugonotes, etc.). Cada un foi “tecnicamente” distinto. O 24 de agosto de 1572 –e días seguintes- na chamada “noite de San Bartolomeu” os católicos franceses asasinaron a uns cen mil franceses protestantes ante o que o Papa Gregorio XIII realizou un solemne Te Deum de acción de grazas no Vaticano e cuñou unha moeda cun anxo armado de espada matando hugonotes. Aquí foi sobre todo arma branca, espada e puñal. Uns 200.000 mortos. No xenocidio armenio (1915-17, 1,5 millóns de mortos) os “xovenes turcos” que querían “turquizar” Turquía, usaron sobre todo balas e camiñatas a morte polos desertos de Siria. O dos xudeos é moi coñecido (shoá) moito se fala (1940-45) e morreron sobre uns seis millóns, o que vén representar aproximadamente 1/3 de todos os xudeus do mundo naquela altura. Cousa industrial de gases, fornos e munición masiva. O dos hutus matando a tutsis é cousa moi recente (1994). Moi artesanal. A machete. Morreron 1’5 millóns. No episodio de xenocidio de Sbrenika (1995) foron masacrados uns 15.000 musulmáns polo feito de séreno. Tamén a bala. Como vemos, o obxectivo da acción xenocida é acabar con toda unha comunidade, sexa relixiosa –protestante- no exemplo- ou étnica –armenia, xudia, tutsi, musulmana (na India, cando as matanzas nos trens, na independencia de Pakistán), etc.
Isto, como é obvio, non ten nada que ver cunha guerra. Na guerra, o obxectivo é o desarmamento e vitoria sobre o inimigo, sexa por rendición ou morte. Así, a guerra civil española non se pode cualificar de xenocidio, aínda que fose unha barbaridade. A actual guerra israelí-hamas, en absoluto é tampouco un xenocidio. Lembremos que falamos duns ataques a obxectivos moi concretos. Que, despois da primeira ondanada co efecto sorpresa, incluso chaman por teléfono para que saian das casas veciñas antes de bombardear estes sitios. Se houbese excesos –dos que ningunha guerra estará libre, pola propia esencia do tema que falamos- serían iso, excesos criminais, máis nunca xenocidio. O feito de que inmensa maioria dos mortos fosen vestidos de combatentes, fala desta diferenza. Xa hai que fiar moi fino para nuns bombardeos masivos nun territorio habitado por 1,7 millóns de persoas, só houbese unhas cantas dúcias de civís traxicamente mortos pola bombas israelís. Un xenocidio, como sabemos todos, é outra cousa. Así que, por favor, critíquense, por suposto, as accións israelís se se pensa que son un erro, un exceso, un crime, pero non se equivoque a palabra que as define, porque chamarlle “xenocidio” á acción militar israelí é caer no xogo de Hamas e do islamo-fascismo e empezar a usar o seu vocabulario. Lembren que 800.000 árabes viven, votan e son elixidos en Israel. Un deles, Hani al Mahdi, un currante da construción, beduíno de 27 anos, morreu antronte en Ashkelon por un misil de Hamas. Tamén hai uns días, un grupo de deputados árabe israelís gozaron da liberdade de queimar no seu parlamento unha bandeira de israel como prostesta polo ataque. ¿Imaxina a alguén que lle pasaría a un palestino que queimase unha bandeira verde no seu Parlamento en protesta polos cohetes tirados sobre Siderot? Eu imaxínomo perferctamente.
Bombardear un campo de concentración
11:30 30/12/2008 Camilo Nogueira en Vieiros.
“Onde está Abel, teu irmán”
Israel, un Estado economicamente desenvolvido con apoios e influencia directa en países poderosos, moi especialmente nos EEUU. Que se di europeu, participa como tal nos torneos deportivos de Europa e recebe da UE un trato comercial privilexiado. Un Estado constitucionalmente xudeu, argallado riba dun territorio que foi maioritariamente árabe e no que habitan ainda millón e meio de musulmáns. Nese Estado a povoación ignora ou despreza como vive a xente en Palestina, encerrada nun campo de concentración, a un nada de quilómetros de distancia, alén de fronteiras que non deberon existir. Son millóns as persoas que en Cisxordania e Gaza padecen unha situación de apartheid.
Encerrados en Cisxordania por un muro de oito metros de altura, sen teren liberdade para circular pola terra que lles resta; isolados nas cidades e vilas, de Ienin e Qalquilia a Hebrón e Belén, apertados entre a fronteira con Israel e o rio Xordán, para iren a outro lugar a traballar, cultivar os seus campos, asistir a escola ou para visitaren ás familias noutras vilas, os palestinos son humillados en centos de postos de control israelís. Salvo as cidades e as vilas, a terra de Cisxordania está ocupada polo Estado de Israel, e dentro dela vense no alto os asentamentos de xudeus que viven en urbanizacións farturentas pagadas por xente de continentes afastados, chantadas na proximidade de aldeas ou vilas palestinas empobrecidas. En Hebrón, uns centos de xudeus, asentáronse escoltados por 2.000 soldados de Israel, no meio dunha cidade de máis de 150.000 habitantes palestinos que son obxecto de continuas agresións. Os asentamentos xudeus en Cisxordania están unidos por autoestradas, entando que os palestinos teñen que circular por estradas secundarias inzadas de controis armados do exército israelí.
En Gaza a mesma sobrevivencia é un milagre. Millón e meio de persoas malviven con un esforzo atroz, nunha cativa faixa de terra, entre Israel e o mar, lindando abaixo con Exipto. Non son súas nen siquer as ondas que chegan desde o Mediterráneo. Os palestinos por non ter non teñen o direito a sairen de Cisxordania e Gaza. Nos territorios onde moran resulta praticamente imposíbel praticar algunha actividade produtiva relacionada co mundo exterior.
Bombardeando Gaza, o exército de Israel bombardea un campo de concentración. Atacan a xente indefensa que nen siquer ten a posibilidade de fuxir da morte. Estes días mataron a centos de persoas e feriron a muitas máis. Alcanzáronas no meio das nosas festas.
Frente a esta realidade pouco valen outro tipo de argumentos. Sendo certo que de cando en cando se lanzan rockets desde Gaza contra localidades israelís próximas como Sderot, producindo algunha vítima, iso non pode xustificar o bombardeo masivo contra os habitantes dun cárcere colectivo. Estiven non hai muitos meses en Sderot acompañando a unha misión do Parlamento Europeu. Acababa de cair un deses proxectís, por fortuna sen consecuencias persoais. Na mañá do mesmo día, estando a misión en Gaza o exército israeli matara a sete persoas. Nese momento comprobábamos o lamentábel estado dos hospitais do territorio, onde nenos doentes chegaban a morrer por falta de medicinas ou por cortes de electricidade.
En Gaza domina unha organización como Hamás, que non aceita a existencia do Estado de Israel. Non é alleo a esta posición o feito de o Estado de Israel manter unha opresión colonial sobre millóns de palestinos, movido ainda pola idea do Gran Israel, en Xudea, Galilea e Samaria. Israel non aceita nen siquer unha Palestina plenamente independente nos limitados territorios resultantes da guerra de 1967, tal como foi aprobado pola ONU.
Se a división dos palestinos dificulta a procura dunha solución, non se pode esquecer que Israel non aceitou a vitoria parlamentaria de Hamás, un grupo que antes impulsara contra o Al Fatat de Iassir Arafat, nen ocultar que este faleceu depois de vivir encarcerado en condicións inhumanas no pazo presidencial de Ramallah. O proprio descrédito da Al Fatat do Presidente Mahmud Abbas é consecuencia da acción agresiva de Israel e dos EEUU. Os norteamericanos sustentan de facto a ocupación dos territorios palestinos e non axen inequivocamente a favor dun Estado para ese povo, contribuindo así a envenenar o mundo e propiciando a violencia islamista que din combater. A humillación que padecen os palestinos explica mesmo que unha sociedade tan laicizada como a que forman sexa invadida progresivamente por ideas e comportamentos fundamentalistas e por comportamentos contrarios a igualdade de direitos das mulleres.
A responsabilidade do que ocorre en Palestina é en última instancia do Estado de Israel e dos paises que sustentan a súa acción, como os EEUU. Mais tamén o é en grande medida dos Estados da Unión Europea, a Federación Rusa ou os Estados árabes da zona, que non impoñen unha solución xusta a un conflito inficionado.
Ainda que a solución dunha Estado palestino é necesaria e resultará inevitábel, hoxe non existen motivos para a esperanza. A ofensiva do exercito israelí prodúcese no momento das eleicións internas nas que os partidos xogan como sempre a ver quen saca máis peito, quen é máis home, frente aos palestinos e quen conta co apoio dos ultraortodoxos e dos militares. Nos EEUU, que alimentan militar, tecnolóxica e economicamente a Israel, vai asumir a responsabilidade presidencial alguén que xa anunciou que Xerusalém sería a capital dese Estado, sen dar sinais de independizarse do lobby xudeu. A Unión Europea, que fai chegar aos palestinos a principal axuda financeira, especialmente vital en Gaza, podería ter a clave da solución de se atrever a utilizar todo o seu poder político e económico, sen estar submetida aos intereses estratéxicos dos EEUU. En todo o caso, a consciencia dun pasado de crueldade cos xudeus non debería servir nunca máis para xustificar as atrocidades do presente cometidas por Israel contra o povo palestino.
Hartos de Israel
ENRIQUE CURIEL en Xornal de Galicia
Desde 1967 no se habían matado tantos palestinos en un solo día. Son la vergüenza del mundo
Martes, 30 de diciembre de 2008
Somos muchos los que instamos estos dramáticos días al Gobierno de Israel para que termine de inmediato la locura militar contra Gaza. Si, ya lo sé. Ahora vendréis a insultar, a llamarnos “negacionistas” del holocausto y cómplices de los terroristas de Hamás. Incluso en algún panfleto nos llamaréis nazis. Me resulta indiferente. No podéis seguir utilizando el Holocausto para acallar las conciencias, los gritos y las exigencias de una conciencia internacional. Pero lo cierto es que la matanza iniciada el sábado, precisamente el sábado, contra los palestinos de Gaza resulta un crimen atroz e injustificable.
No hace falta que nadie os insulte ni os menosprecie. Lo hacéis vosotros solos ante el mundo. Quedáis desnudos ante millones de seres humanos que no pueden comprender que lancéis un violento bombardeo contra civiles, causéis más de 300 muertos y miles de heridos. Desde 1967 no se habían matado tantos palestinos en un solo día. Sois la vergüenza del mundo.
También conozco la tesis del derecho a vuestra defensa frente a los cohetes Kassan utilizados por Hamás. ¿Y creéis, de verdad, que existe alguna proporción entre los cohetes kassam y la canallada de una masacre como la vivida el fin de semana? Veamos. ¿Vuestra filosofía es algo así como a mí me tiras una piedra, y yo te disparo a la cabeza y te mato? ¿Ese es el juego? ¿Y queréis estar entre los países civilizados? No es suficiente un muro para aislar a los palestinos como si fueran reservas indias del viejo oeste americano. No, no es suficiente. Hay que provocar, una y otra vez, una y otra vez, hasta el infinito, para poder bombardear y burlaros de la ONU. ¿Recordáis cuando decíais que el culpable de todo era Yasser Arafat? Pues bien, desapareció. Y aquí estamos, peor que nunca. O mejor que nunca, desde vuestro punto de vista.
Sí. Soy uno de los que estamos hartos de vuestra actitud. De la ocupación. Del incumplimiento de todas las Resoluciones de Naciones Unidas. Ya tenéis el arma nuclear. ¿También la vais a utilizar? Tenéis la suerte de que EEUU os apoya y Europa no existe o adopta posiciones “equilibradas”. Lamentable. ¿Por qué todo esto? Por dos razones. La primera, para frenar a Netanyahu, que, al frente del Likud, radicalizado hacia la derecha, representa un peligro real para el partido de la canciller israelí Tzipi Livni y para los laboristas de Ehud Barak en las próximas elecciones.
La segunda razón se refiere a Barack Obama. Le queréis presionar. Le teméis. Por eso le queréis colocar ante una situación imposible. Sin salida. O conmigo o contra mí. Ese es el juego. Pero es peligroso. Se trata de un chantaje político. Y Obama no es Bush. No se dejará intimidar. Clamaréis: “¡Sois antijudios!”. No. Es lo mismo que le decían los soviéticos a Pasionaria por condenar la invasión de Checoslovaquia en 1968: “¡Sois antisoviéticos!”. “No”, respondió ella. “Eso lo hacéis mejor vosotros solos”.
Discrepo profundamente de Murado respecto de que se trate de "xenocidio".
Dende o Kurfürftendamm-Berlin, bo ano a toda a Solaina.
Dicir que Hamas debe recoñecer o dereito á existencia de Israel, se cadra, pode ser considerado como pretensión inxenua. O importante é que o pobo palestino, en grande maioría, asuma ese dereito. A min paréceme claro que tanto Arafat coma a maioría do seu movemento político tiñan dado (cando menos mentalment) o paso. Como reorientar as cousas en tal sentido, e conseguir que teñan apoio maioritario, podería ser un obxectivo útil.
Probablemente teremos que deixar de lado cousas que sabemos, coma o irredentismo israelí e as súas claves de apoio e mediatización política; ou a actuación da administración norteamericana e o papel do chamado lobby xudeu. Dado que só a mediación e presión internacional poden encamiñar as cousas por aí, quedarei pendente de Obama durante todo o 2009.
Se teño que dar unha opinión persoal sobre o camiño que habería que transitar, direi que a poboación palestina aínda debe estar esperando unha concesión de mínimos. Paréceme que nunca o será a que non contemple estes aspectos, que probablemente non serán únicos: Estado palestino viable, seguro e sen "asentamentos"; acceso a acuíferos segundo lles corresponde; capital en Xerusalén.
Procuren por aí que Hamas volva ser minoritario. Ou prepárense, conforme aparenta, para cousas peores. Oxalá haxa Bo Ao Novo.
Feliz 2009.
Que tal a volta ás fronteiras anteriores á guerra de 1967, cumprindo as resolucións da ONU até hoxe incumpridas por Israel?
Seguro que entón comezaba a paz en oriente medio.
Informativo da TVG, serán, primeiro día do 2009:
Israel declara que non hai unha crise humanitaria na faixa de Gaza.
Jorge Valiña, ex-asesor galego da ONU: "Estamos diante dun holocausto".
Non se apure señor González, que máis de un amigo de Israel seguira considerando "excesos" o que non é outra cousa que unha política criminal.
John Berger: «Ante a matanza en curso en Gaza» [La Jornada, 28/12/08]
Somos espectadores do máis recente –e talvez penúltimo– capítulo do conflito entre Israel e o pobo palestino, que dura xa 60 anos. Sobre as complexidades deste tráxico conflito pronunciáronse milleiros de millóns de palabras en defensa dun ou doutro bandos. Hoxe, ante os ataques israelís contra Gaza, o artificio esencial, que estivo aí encuberto tras o conflito, queda revelado flagrante e burdamente: a morte dunha vítima israelí parece xustificar a matanza de 100 palestinos. Unha vida israelí equipárase en valor a 100 vidas palestinas.
É isto o que o Estado israelí e o que os medios mundiais, máis ou menos, repiten insensatamente, aínda que hai cuestionamientos marxinais. E esta pretensión, que acompañou e xustifica a máis prolongada ocupación de territorio estranxeiro ningún na historia europea do século XX, é visceralmente racista. Que o pobo xudeu deba aceptar isto, que o mundo deba estar de acordo e que os palestinos deban someterse a isto, é unha das ironías máis negras da historia. Non lle vexo a risa por ningún lado. Con todo, podemos refutarla en voz máis e máis alta.
Fagámolo.
Ben curioso, oh, o que día a páxina "oficial" de Hamas da invención do seu lider morto onte (abaixo tedes o enlace)
O que non quita para sexa unha barbaridade ou erro.
16 Palestinians, including prominent Hamas leader, killed in latest massacre
JABALYA, (PIC)-- Israeli occupation airforce, Thursday evening, bombed the house of Dr. Nizar al-Rayyan, killing him and 15 of his family and wounding scores of Palestinians.
The house targeted by the occupation airforce is in the crowded Jabalya refugee camp causing a lot of damage to neighbouring houses and many casualties.
Dr. Rayyan is a lecturer at the Islamic university and enjoys widespread respect at the Jbalya refugee camp, especially that he was always at the forefront of demonstration against the occupation, not only that, but he never hesitated to don his military suite and join the Qassam Brigades in defending the camp during IOF incursions.
It was Dr. Rayyan, who took the initiative, two years ago, to protect homes against Israeli occupation air strikes by forming human shields which succeeded in stopping this practice by the Israeli occupation, where they used to phone the occupier of the home and warn him to evacuate it in ten minutes because the home is going to be bombed.
During the ongoing onslaught against the Gaza Strip, Dr. Rayyan refused to leave his home and go into hiding.
Velaquí o texto na páxina oficial de Hamas
Publicar un comentario