9 dic. 2008


A MIRADA RETIDA
OS FELICES ANOS 20
Marcos Valcárcel
Quizais idealizamos os felices anos 20: sen dúbida a música dos cafés cantantes e a visión que nos deixou o cine favoreceron esa imaxe feliz que todos queremos imaxinar. A década dos 20 rematou cunha gran crise mundial, que inmortalizaron fotógrafos americanos como Walker Evans e Dorothea Lange e escritores como John Steinbeck en “As uvas da ira”. Tamén en España houbo tempos malos tras o 29: o corte da emigración a América e a crise económica na que naceu a República. Pero houbo moitas horas felices. Velaí unha mostra, que me enviou un amigo: no balneario do Carballiño posan para o fotógrafo Ramón Godás un grupo de veraneantes na comarca. O home a esquerda de pé, con sombreiro e cheo dunha elegancia forzada é o notario Bernardez, infórmanos o noso amigo. Á dereita, sentado ó carón da rapaza do tambor, sorrindo e con gravata, está o inspector médico Jose Luis García Boente,que chegaría a ser autoridade sanitaria no país e un dos pioneiros na loita contra a tuberculose. A el débese en grande parte o nacemento do Sanatorio Antituberculoso de Piñor.

1 comentario:

XDC dijo...

o que sostén unha guitarra é o único que demostra ser amado por unha muller, e tamén o único que leva un peiteado que estaría de moda hoxe.