9 dic. 2008

ALFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN

CAMIÑO DO VAO-Galicia Hoxe 9-12-2008.

Saudade dunha lata de sardiña.



Un dos lugares que máis cobiza me dá de Bos Aires son as Galerías Pacífico. Alí, na interseccion da rúa Florida coa avenida Córdoba estivo noutrora un dos centros comerciais máis antigos e boiantes de hispanoamérica. Fundado en 1891, Au Bon Marché, desapareceu axiña e o edificio foi ocupado pola sede central dos ferrocarrís Pacífico, cousa que aconteceu en 1908 e de aí lle vén o nome actual. Pero naquelas terras de economías cambiantes e ­loucas como cabalos desbocados, todo se fundiu de novo en varias ocasións e así, refundáronse por primeira vez en 1945, cunha característica cúpula con murais nas pechinas, do noso grande Manuel Colmeiro e de tres pintores arxentinos de vangarda.

Pois ben, hai xa ben de anos, nos inicios dos noventa, houbo que refundalas de novo, restauráronse os murais, vendéronse espazos para tendas de luxo, acobillouse logo o Centro Cutural Borges, e fíxose un pouco de arqueoloxía moderna. Isto é, escavar lugares inéditos e inimaxinables hai pouco, tipo trincheiras da primeira guerra mundial, que aquí foron os restos dos espazos de vida dos obreiros na construción inicial daquelas galerías. E destas cousas de amosar ao público, nun recuncho bastante agochado do primeiro piso, hai unha vitrina explicativa dos traballos de remodelación e incluso, restos arqueolóxicos, ferramentas e comidas, daqueles obreiros que ergueron o primeiro edificio por volta dos anos en que en Galicia non había emigración, senón fuxida en desbandada.

E alí estaba ela. Unha vella lata, enferruxada, co nome impreso en amarelo e vermello, que dicía "Bernardo Alfageme. Sardinas Miau". A verdade é que case me emocionei. Ollei a vella lata tirada ao lixo xunto con outras porcarías e ollei fondo no seu fondo. E logrei ver alí agochada a saudade do proletario, anesgado, abrindo o bolo cunha navalla, e colocando relixiosamente as sardiñas no pan, deitándolle o aceite de por riba e fitando, serio e morriñento, os gatiños e a inscricion que puña Vigo, o seu último porto da terra.

Teño ganas de volver a ­Bos Aires, aínda que só sexa por ver de novo aquela lata que ­considero ­fundacional da saudade e do ­asociacionismo galego. O corazón sempre estivo a medio camiño entre o estómago e o ­cerebro.

11 comentarios:

XDC dijo...

O meu tendeiro contóume que unha vez viñeron uns extranxeiros a comprarlle unhas latas de sardiñas, e tíñaas de esa marca. Non houbo xeito de convencelos de que eran sardiñas. Eles pensaron que era comida pra gatos, e non as quixeron.

XDC dijo...

Obviamente, na época na que se diseñóu a lata non había ese problema. A ninguén no seu sano xuizo se lle ocurriría envasar e vender comida pra gatos. Comían as raspas. Que cazaran!.

No Ourense dos sesenta e setenta inda non habia en moitos sitios cubos do lixo (e, cando os había, depósitábanse os restos neles, sin bolsa, como lembrarán). A "levadura", como lle chamaban os vellos, era case totalmente orgánica (non chegara aínda a "era do plástico"). As rúas, polas noites, estaban cheas de gatos semisalvaxes, moito máis bravos que os das aldeas. O meu abó ,pra quen un gato era inda unha "riqueza", cando viña a Ourense e vía todos aqueles gatos sen dono sentía o mesmo que si vostedes chegan a unha cidade e ben tiradas bicicletas "sen dono", por poñer un exemplo. Sempre trataba de pillar algún, case sempre sin éxito. Unha vez deu collido un, e, anque o arrebuñóu todo, metéuno nunha caiza de zapatos, cuns buratos, e atoúna cun cordel. No coche de línea que os levaba á aldea, o gato rompéu a caixa e fixo un escádalo entre a xente. O coche de línea tuvo que parar e abrir unha porta pra que fuxira o gato.

Xohan da Coba dijo...

En Buenos Aires, amigo
dispoñéndome a comer
sentín saudades de Vigo.


Aquela lata de sardiñas que eu abrín
con moito esforzo, esquecera o abridor
tiña agochados arrecendos de Samil
e do Berbés, onde deixara ao meu amor.

Si teño sorte e agún día volvo a ver
cidade, e ría do meu único querer
iréi de copas
có Apicultor
Un Tal Arume vai facernos de anfitrión.

(Cantade coa música de "Mi Buenos Aires Querido", de Gardel").

XDC dijo...

A mín faime moita graza aquela escea de "tres homes nunha barca" na que os protagonistas tentan abrir unha lata de conservas sin abridor. Danlle golpes cunha pedra, inútilmente, e a lata defórmase hasta parecer unha cara humana ríndose de eles.

Debe de ser unha sensación similar á de ter unha caiza forte chea de cartos, e non tér a chave, ou non lembras a combinación.

Ou deber de ser parecido a cando tés a unha rapaza "no bote", pero fáltache a "última palabra", a "chave". Non a atopas, e vaise todo ó carallo.

XDC dijo...

Hai moitas máis analoxías entre a a muller e a sardiña, como aquela que remata en "por pequeniña".

Os meus amigos de Canghas, cando vían unha rapaciña boa, decíanme: "Mira que xoubiña".

Na miña aldea, cando se remataba unha de aquelas enormes latas de sardiñas, bebíase o viño por ela, pra aproveitar o aceite. Despóis, usábase a lata pra darlle de comer ó can. Aquelo sí que era reciclaxe.

XDC dijo...

A mín, no canto do estómago, gústame máis a palabra "bandullo", que é como lle chamaban na aldea.

Cando un sólo pensaba en "encher o bandullo",chamábanlle un "bandulleiro", ou un "bandullas".

Cal será a etimoloxía de "bandullo". No portugués, creo que sólo se lle chama "bandulho" ao dos animáis, pero non estóu certo. Boa cousa que temos ao Medela pra sacarnos do Inferno Da Duda, e do Tridente.

Iulius Metella dijo...

Grazas polas flores, Dacoba, mais eu sonlle apenas un afeccionado.
Bandulho, efectivamente, en português refire os rumiantes, alargando (coloquialmente) o significado para as persoas.

Hai quen deriva 'bandullo' de 'pantuculu', diminutivo de 'pantex', barriga (castellano, 'panza').
Non falta quen afirme que vén de 'ventriculu', diminutivo de ventre.

Non lle sei, Dacova, non lle sei. Esto das etimoloxías élle para persoas con fonda preparación e agudeza mental invulgar.-

Etxe dijo...

a lavadura, non a levadura.
Ou así é como o lembro eu.

XDC dijo...

Lavadura, quizáis, sí.

A alofonía entre a/e do uolof confúndenme. XDDD.

XDC dijo...

O rato cando se viu acurralado por o gato, púxoselle a ladrarlle, "guau, guau!", e o gato fuxíu.

Pra que vexades que saber máis linguas é unha riqueza.

Xohan da Coba dijo...

Non vaian pensar que xa me erguín. A nova proba do cariño xa non é que che traian o almorzo á cama, senón o portátil.

As latas de "miau" ,o que deben de levar é carne de gato. Son polo tanto comida pra cás.
Tamén poden usarse pra dar gato por lebre.

As latas teñen moitos usos. Un de eles é atar unhas cantas á parte traseira do coche dos receén casados. Non sei como non hai xa deseñados modelos específicos pra ese uso, homologados por Tráfico. Igual tiñan éxito comercial no mercado dos artigos de broma pra recén casados.

"Lata" é tamén unha transcripción fonética do número 51, no método Lorraine de memorización. L=5, T=1. Asociaciós de ese tipo aplícannas axentes do orde especializados, pra reteñer matrículas. "Lata tola" podería valer pra lembrar o número 5115.

Está ben esto de cumplir coa obligación d escribit no blog xa antes de erguerte. Non sei se inventar unha nova relixión na que os acólitos teñan que escribir unha pregaria nun blog central antes de erguerse. O portátil sustituindo aos muiños de oración.

Sabedes cómo levantar a un músico da cama, anque non queira?. Ide hasta o piano e tocade a escala musical: do, re, mi, fa, sol, la ,si. Parade aí. Queda tan mal a gusto có "interruptus" ,que se ten que erguer, cagándose en todo, pra tocar o "do agudo" que falta ,pra completar a octava.

Eh!!!

Mecago en tal!.

Dalle ó dó!!, dalle ó dó!!.

Cago en cribas. Téñome que erguer. Falamos logo.