9 dic. 2008


FÍO MUSICAL (XABIMUSIC)
Imaxe: Brunette en noir, de Modigliani.

Para o amigo Marcos e tódolos/as blogueiros/as, para axudarvos a pasar esta ponte da inmaculada constitución, que di un meu colega, cun chisco de humor: o humor músico-coral. Se é dificil facer música "a capella", cando leva este sentido do humor aínda resulta máis complicada. Sen embargo as voces encerran unhas posibilidades expresivas que as fan insuperables para comunicar algo tan sutil e intelixente como é o humor.

30 comentarios:

XDC dijo...

Amigo Xabimusic:

A revista "Investigación y Ciencia", edición española de "Scientific Americain", de este mes trae na sua páx.9 un artigo titulado "Voces de la naturaleza" que fala do tema, do que xa falamos nós fai tempo, da "música da Narureza" e da diagnosis da saúde do medio a través do estudio da "paisaxe sonora". Como ve, neste blog adiantámonos hasta ós científicos americanos.
Bernie Krause ( bioacústico e músico que tocóu entre outros, con George harrison e os Doors, e que foi undos impulsores do sintetizador Moog) analizóu as "paisaxes sonoras" de zonas de África, do Amazonas, e dos Estados Unidos, e imaxinóu as "partituras". "O ben que armonicen os sons dí moito da saúde do medio", dí. Analiza o ruído distorsionador creado pola actividade humana e cómo contribue a degradar o medio.
Si non quere mercar a revista (o resto dos artigos fala de gravedad cuántica, antimateria e cousas así), préstolla eu.

Jim Morrison dijo...

Xan da Cova, por favor: Cales son os acordes da tristeza?

xdc dijo...

Hum.

En principio, son os acordes menores. Pero tamén depende do tempo e do ritmo con que se toquen, e de cales sexan os outros que teñan ao lado. E do "tipo" de tristeza.

Hum.



Voulle facer algunhas suxerencias.

-Melancolía provocada por o alonxamento espacial: lam-sim7b5-Mi7-lam-La7-rem-lam-Mi7-

-Idem, por o alonxamento temporal :lam-Re-Fa-lam-Do-RE-mim-lam.(Dórico).

Tóqueos a tempo lento .Probe a cambealos de orde.

O alonxamento espacial é fácil de resolver: cóllese un avión e xa está. Hai outros tipos de alonxamentos,outros tipos de distancias, que dan lugar a outras tristezas.

Pra un aloxamento da libertade e da xustiza La7-Re7-La7-Mi7-Re7-La7-Mi7 dándolles a duración relativas do blues, por exemplo. Ou sustitíaos por os tritonos, a algús deles. Ou non. Eu qué sei.

apicultor dijo...

Home, amigo Morrison, canto tempo sen lelo. A ver se ten un pouco máis de vagar para pasar por aquí. E dígallo tamén a Leituga 1, que ultimamente anda tamén un pouco desaparecido. Bótaselles en falta.

Xabimusic dijo...

Volvendo ó tema inicial do fío, ¿quen non se ten botado unhas risas cos mestres do xénero?
les lutiers

Xabimusic dijo...

Perdón. Iste é o bo enlace
Les Luthiers

Jim Morrison dijo...

É que ando moi liado, amigo Apìcultor. Fóra da miña actividade laboral ordinaria, case nunca traballo, prefiro disfrutar, pero agora, por un compromiso, véxome obrigado a traballar e estou a sofrir moito; non teño tempo para mada. Gracias, XdC pola excelente explicación que esperaba. Só unha cousa: podía ilustrala con títulos de cancións concretas?

apicultor dijo...

Ai, os compromisos, amigo Jim. Sempre comprimen a un.

xdc dijo...

Non penséi en canciós concretas, amigo Jimy. No feito de que unha canción nos pareza triste inflúen moitas máis cousas que a armonía, por exemplo, a propia letra, a historia que conta. Moitas canciós son tristes i están, sin embargo, no modo maior, que os escolásticos chamaban "modus lascivus". Si pretende facer unha canción triste non modo maior, non ven mal que lle meta algún acorde do modo "paralelo menor" á progresión, normalmente resolto ao tónico ou ao subdominante.

A primeira progresión é a típica de centos de canciós sudamericanas, que a miúdo disimulan a tristeza implícita á modalidade có ritmo.
Para a segunda, non penséi en ningunha canción concreta, e verdade é que non lembro a esta hora ningunha que vaia exactamente así. Penséi máis ben no clima das canciós tradiconáis "nórdicas". Si se fixa, "House of the raising sun" empeza así, pero non penséi exactamente nesa balada. Hai estadísticamente moitísimas menos canciós no modo dórico que nos modos maior e menor, pero a miúdo é mellor pra transmitir emociós puntuáis, como por exemplo en esceas de películas, nas que a música non é unha "canción".

As progresiós poden gañar en "épica" si busca "voicings" non habituáis pra os acordes, invertíndoos, ou empregando afinaciós alternativas, ampliándoos ás suas cuatriadas, ou intercalando acordes de paso.

Qué lle vou decir que vostede non sepa.

xdc dijo...

Non lle vou decir canciós concretas porque as canciós concretas teñen asociadas infinidade de connotaciós extra-musicáis que afectan ás emociós moitísimo máis que a estructura nusical ou mesmo que á propia letra. Cantas canciós nos emocionan sin que entendamos o que dín, pois están nunha lingua extranxeira!. Outras están asociadas á episodios da vida particular ou colectiva. PEnse en "Grândola Vila Morena", ou nun himno. As emociós, como as canciós, son "holísticas".

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Convencións culturais, amigo XDC. Si Adelita se fuera con otro, la seguiría... é triste ou non? Allá en el rancho grande había una rancherita que alegre me decía ... eh?

xdc dijo...

Exacto, Arume.
Si é un experto na historia da revolución mexicana, a de "Adelita" e a da "Cucaracha", que non pode camiñar, teñen pra vostede outros sensos.
A sola palabra "Adelita" xa está cargada de connotaciós para un mexicano que coñeza a sua propia cultura.

xdc dijo...

Mire o cristo que lle montaron ao Daniel Baremboim por interpretar a Wagner en Israel, argumentando a sua calidade estrictamente musical. Outras emociós eran máis fortes.

Jim Morrison dijo...

Gracias, XdC, moi interesante todo o que di. Preguntáballo porque, efectivamente, recordei que un dia vostede se referiu ás "tonalidades da tristeza". E onte ou antonte, pelexándome coa guitarra, ocurriuseme que a maioría das baladas que me parecen máis fermosas, pode que teñan un aire musical melancólico e uns acordes semellantes. Xa pensara en Mim e en Lam; non así en MI7.

xdc dijo...

Bueno, os exemplos que lle punxen están todos referidos á tonalidade de "la". Desde logo, pode transportalos a calquera outra.

Aí hai outra cuestión curiosa. Teóricamente, o transporte, o cambio de tono non debería influir gran cousa. Pero téñolle oido a moitos bós músicos,sobre todo piamistas, que as tonalidades "con bemoles"(Fa,Sib,Mib,Lab,etc.) son implícitamente máis tristes que as que teñen "sostidos"(Sol,Re,La,Mi,etc.). Posiblemente sexa unha cuestión derivada da "aproximación" que supón a construcción das escalas ,"temperadas", en moitos instrumentos.
Un de eses músicos foi un gran músico ourensán chamado "Ángel, o dos Meigas", que era tamén un gran acordeonista.

XDC dijo...

Os acordes "de séptima", e a sua xeneralización á familia dos chamados "dominantes", son os que se usan no "blues", que é, case por definición, "triste". Unha tristeza que "doe" case físicamente (porque "doe" aos ouvidos).

Jim Morrison dijo...

OK, XdC. Voulle meter o dente a Summertime á súa saúde.

xdc dijo...

Buf.
Summertime.
Vostede non se anda con ostias.

xdc dijo...

Aí, como en case todos os "standards" do jazz, ten moitísimo máis material de estudo do que lle dixen eu.

Natural Boy dijo...

"Summertime"
Xa me gostaría a min cumprilo.
porque de facelo iríame inmedatamente a Barracudas song, ou a Tango of Las Vegas, todo entre eses arreglos, que mais ben semellan composicións que xa estaban na composición orixinal, pero que Gil Evans descubre nunha experiencia musical anamnética.

As septicas son ampplísimas poden xuntarse o menor e o maior, hainas compretísimas como as septimas maiores e outras diminuidas, amputatas, laiantes de tristeza que doadamente esliman a raiba e creban o lamento do blues, ou nun tema jazz.

Un estilo musical triste é a bossa, ten desacougo, pero a min as mais das veces condúceme ao aburrimento mais que ao desasosego polo que non recurro moito a eses temas, ainda que gosto no que ten de lúdico e de cadencia abrasadora nalguns temas.
Da cova, lembrará aquel disco que inicio todo un tempo musical, aquel, no que puña a voz Milton Nascimento, e se escoitaba o saxo de de Shorter, unha mestura de bossa-jazz-rock, que aínda onte puxen.
Hai algunha letra curiosa:
as de "xentes sen saber viver".

O instruemnto mais triste par amin é o clarinete, con esa imparabel cadencia descendente e a guitarra española, debe ser polo Nylon que abrando o timbre.

xdc dijo...

O Nylon,amigo, o Nylon.

Parafraseando a Serrat "Prefiro o Nylon ao metal" (I engado: non sempre).

O Nylon é para os dedos. Os dedos dan outra intimidade có instrumento. Toca con "plectro" (púa), pra moitos é como foder con condón.

O clarinete, o clarinete, ai amigo, o clarinete.
Teño un amigo que toca o clarinete e o saxo, e un día díxome: "Os que non saben, prefiren o saxo".

Moi ben eso de "xa estaban na composición orixinal". Nas obras mestras todo está xa na melodía. Todo o que se meta porriba é "redundante".

xdc dijo...

Moi ben eso de "séptimas amputatas", fíxome moita graza.
O de xuntar a séptima maior cóa menor non o diga moi alto, hai xente que podería rifarlle.
A "séptima diminuta", como din os brasileiros, é enarmónica a unha sexta maior, pero os mestres do pasado tiveron bó tino en chamarlle séptima. EN Cuba, si hei de crer a un amigo músico que escapóu do réxime de Fidel e hoxe é músico profesional de prestixio no norte de Portuga, chámanlle e percíbenas como sextas. Algunha discusión tuvemos con eso. A discusión chegara a certos nivéis de acaloramento por a sua parte, pois estaba presente unha cubana despampanante que despóis foi sua moza. Non sei se me explico.

xdc dijo...

Non sei se sabe que, antes de inventarse o nailon, as cordas da guitarra española facíanse con tripas de gato, secas e retortas. Imaxine esta escea:

Un guitarrista do s.XVIII toca prácidamente a sua guitarra, baixo unha árbore, acompañado por o seu gato , mimoso. De repente, rómpeselle unha corda e o gato fuxe "a toda ostia".

Xabimusic dijo...

O tema das relacións entre música e emocións é recurrente neste foro e incluso na historia da música.
Persoalmente penso como ARUME que se trata de "convencións culturais" e en moitos casos, de puras lecturas persoais.
Dase un paradoxo coa música: fálase de que é unha linguaxe universal (a linguaxe universal por antonomasia) e logo vemos que é tamén a forma máis persoal e idiosincrásica de comunicarnos. O acorde que para XDC é tristeiro para outros pode ser "de auténtica coña". ¡É o que hai!
xabimusic

Júlio Medela dijo...

Don Xabimusic: Podía darme algún correo para lle enviar unha fotografía que lle tirei na homenaxe a don Marcos??
galeguistas@yahoo.com

Júlio Medela dijo...

E sabe alguén o correo do superescorregadizo espectro don Jimi de Rairo, pola mesma razón?
Obrigado.-

Jim Morrison dijo...

O que fai a ignorancia. Eu fago Summertime con 4 acordes e, (aos meus oídos), sáeme bárbaro. E non mo compliquen que me quitan a inocencia. O de se os acordes da tristeza ou da alegría é algo cultural ten a súa miga, pero como son un ignorante, non opino. Coincido con Natural en que a min tamén me aburre a "alegría" da bossa nova.

xdc dijo...

Jajajaj.
Moi ben, Jim Morrison. Chegan ben catro.
A maioría deses acordes raros que andan por aí, en realidade son unha mezcla de dous, ou un sólo, có baixo nunha nota que non é do acorde.Si ve algo así como Sol11, en realidade é Fa+Sol. Pode tocar eses dous acordes rápidamente, no mesmo compás, comsigue un efecto similar e máis "dixestible". MEsmo pode tocar un Fa/Sol (Fa con baixo en sol). Cousas así. Decía Einstein que "Deus é refinado pero non malévolo". Na búsqueda do simple está a clave. Outros confunden o profundo có complicado.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Unha en menor para esta fin de semán.

Jimy de Rairo dijo...

Medela aquí ten o correio solicitado, e desculpe a inconstacia pero veño tendo dificultades para conectarme internéticamente.

Jimyderairo@hotmail.com

A música non é representativa, nen hai traducibilidade posibel a códigos de símbolos, sentimentos ou emocións. A música concita a emoción, é o ouinte quen proxecta símbolos, sentimentos e emocións. O compositor adiántase, frustra espectativas, excita, interrompe, percura a comunión ou soltanos indixentes nun destino emocional aberto que nos vemos compelidos a pechar, a cerrar un sentido, unha idea musical na que vai todo o que doutro xeito non se pode completar emocionalmente.

Só a música da o que a música pode dar, e só tocando se ten o pracer de tocar.
Non mundo empobrecido de experiencias directas no que nos vamos progresivamente adentrando cada día hai mais fantasía musical e menos realización sonora.