Monday, Monday (Tacho)
Nunha cantina do Norte de Mexico.Mentras os homes emborrachanse e piden música
Los Chirrines conxunto de música farafara (grupos que tocan de taberna en taberna)
Fan unha versión de Pink Floyd, facendo gala da sua diversidade musical.
Que disfrutedes e bo comenzo de semana.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
19 comentarios:
Jim Morrison:
Falando do lobo, véselle o rabo.
Aí ten un exemplo de modo dórico, "O muro" ,pra mín "o ladrillo", de Pink Floyd. Os acordes (rem,Sol,rem,Fa,Do) correspóndense coa tonalidade de Do maior, pero o que pasa a ocupar a función tónica, e que soa a meirande parte do tempo, é o de rem,segundo grado de Do maior e polo tanto o seu "relativo dórico".
Non culpo aos Pink Floyd do de "ladrillo". Non é nada doado compoñer neses modos de xeito convincente. O resultado é bastante digno.
Desculpen o meu "ladrillazo" o resto de contertulios.
Note que, á vista dos acordes, non pode ser a tonalidade de "re menor natural" (eólica) porque nese caso o "sol" sería menor(solm). A melodía deixa indeterminado eso, porque non aparece nela a nota que diferenciaría eses dous modos,a nota "si" que, natural ou bemolizada, determinaría dórico ou eólico respectivamente. Son frecuentes nos modos esas melodías hexatonizadas.
Volvo pedir perdón ao resto dos contertulios pola "xerga".
Espertar nesta mañán fría e poallenta. Agradécese. A min tamén me parece un ladrillo The wall, pero tal Pink Floyd o percuraron deliberadamente para evocar os "ladrillos" que reciben os alumnos en clase ou o ladrillo que somos en tanto pezas dese muro ao que antes algúns chamaban "sistema". Recorde que a letra di "all and all we are just another brick in the wall". En todo caso, prefiro o lirismo evocador de Wish you were here ao pesimismo kulturkritik de O muro. E, volvendo a un asunto que vostede sacou e que tamén foi tocado por Javimusic, as emocións suscitadas pola música, son culturais ou comúns á especie)? Non hai uns acordes transculturais da -poñamos por caso- alegría presentes no folklore de moitos pobos de culturas moi distintas?
Jesús...vaia churro que me saiu o post antterior, ben se nota que estaba medio dormido...
Xa sin entrar nas fonduras de considerar a posibilidade de que moitas emociós sexan culturáis xa de por sí , eu penso que a influencia práctica da música nas emociós é fundamentalmente fruto da aprendizaxe. Hai, sí , unhas regras básicas de consonancia entres os sons que son universáis porque son consecuencia de leis físicas. Por exemplo, persoas de calquer época e lugar admitirían a consonancia do intervalo de octava, resultado de dividir á mitade a lonxitude da corda que vibra có son básico. A consonacia dos intervalos "pitagóricos", resultado de dividir por números enteiros moi sinxelos, tampouco adoita a ser discutida. "Quintas" e "Cuartas" son intervalos que forman parte da maioría das escalas de todo o mundo, en todas as épocas. Pero mesmo aí hai excepciós, por exemplo en moita música tradicional do Lonxano Oriente. O intervalo favorito na Edade Media era, ao parecer, a cuarta máis que a quinta, preferida hoxe. O resto dos intervalos, aparte de non coincidir no seu valor "matemático" cós nosos ,son preferidos de xeitos moi diferentes por as diferentes culturas. Por exemplo, a "segunda menor" condenada ao ostracismo nas escalas occidentáis, forma parte de moitas escalas (e polo tanto acordes) árabes.
Penso que moitos de eses gustos puderon ser determinados por a natureza física dos primitivos instrumentos de cada cultura. Soplar nunha caña de bambú con diferentes intrensidades, danos un conxunto de notas diferentes (concretamente as de unha "pentatónica") das obteñidas por procedementos pitagóricos nunha corda tensa, etc.
Desde o momento en que o propio instrumento é unha construcción cultural, xa temos outra cuestión. Os sons nunca son "puros" no senso primitivo, matemático, das ondas senoidáis. Teñen un "timbre" característico. A un galego pode emocionarlle o son dunha gaita galega, pero a outras persoas ponlle os pelos de punta. Parece ser que as gaitas se empregaron nun principio no pastoreo, pra espantar ao lobo. O Hino Galego non lles gustóu a certos diputados tocado cunha guitarra. Eu penso que os instrumentos menos discutidos, desde este punto de vista, son os que "evocan" sons naturáis con "senso" para o noso instinto, como a propia voz
humana ou certos fenómenos da natureza .
Queñes se atopan máis cerca de un "primitivismo" no xeito de percibir a música poderían ser nenos pequenos. Pero é tal a sua capacidade de "absorber cultura" dos adultos ,que hasta eso me parece dubidoso. Moitos éxitos fanse pensando en que " si lle gusta a un neno de cinco anos, gustalle a todo o mundo". Como os discursos dos políticos. Algús compositores utilizan aos seus fillos pequenos pra evaluar a calidade das suas obras, antes de ser publicadas.
Cós gustos musicáis pasa como cós gustos en materia de moda, diseño de automóbiles, etc.Mesmo coa linguaxe humana. Hai unha base, moi profunda e pequena, que pode ser instintiva e coa que as construcciós culturáis non poden entrar encontradicción. Pero o resto, é todo cultura, convencionalismo.
Esquecín falar do ritmo. No ritmo, e na sua percepción, sí que pode haber moito máis de instintivo. Así como na natureza apenas hai "sons musicáis" ,ritmos sí que hai moitos. Pero o ritmo evoluíu sempre máis asociado á danza e a infinidade dos seus usos prácticos e lúdicos. A fusión coa "música" é moi posterior.
Fixese que falei de cousas moi primitivas, como a propia estructura física dos sons musicáis ou dos instrumentos. Si nos metemos na "organización do son", nas canciós e as suas estructuras, aí xa "flipamos".
O concepto de "tonalidade", no que se basa a maioría da música que escoitamos é relativamente recente. Desenrolárona monstruos coma Mozart ou Bach. Eses cabrós que os fixeron todo e non deixaron nada pra os outros, en palabras dun amigo meu, excepcional violinista. A "sintaxe da tonalidade" é aprendida. A música máis tradicional é "modal".
Voulle poñer outra comparanza. As novelas clásicas empezan definindo o lugar e a época na que se desenrola a acción, e logo desenrolan o argumento desde o principio. No S.XX empezáronse a escribir "polo medio" . Máis dinámico. Xa o leitor se enteraría logo mediente "flash back". Con moitas canciós pasóu algo parecido. Un "desafio" á tonalidade.
(Quizáis os sistemas de ensino terían tamén que incorporar ese dinamismo de "empezar as cousas polo medio, e xa te irás enterando", creando a necesidade de aprender.)
As emocións son escasamente culturais, ao contrario que os sentimentos. O que sucede é que as emocións interpretanse sempre dende un contexto cultural.
A música e son humanamente organizado.
Entre a música e a literatura só hai unha conexión. O oido, a actitude do que escoita en prever o son, a palabra, nunca o son en si soando. O mais semellante ao vibrar dun diapasón, ou ao fondo dunha cinta magnética de son, ao son do mundo, ao ruido elevado a audición, a captación do sentido a deriva no manancial da realidade.
Bueno. Certos aspectos formáis, en especial o xogo da tensión-resolución ("nudo-desenlace") son moi semellantes nas narraciós e nas composiciós musicáis. Pero claro, si nos movemos cara a abstracción, atopamos semellanzas e regularidades entre case todo.
O inicio, nudo, desenlace non é particular da narración, senón que como a dialéctica é o resultado dunha proxección antropocéntrica.
Todo o humano sería narración, dende o universo até este mesmo blog-escrito.
Unha das miñas frases favoritas:
"Non me ensine gráficos, cónteme unha historia".
O gráfico hai que interpretalo, por tanto xa hai tamén narración. nada di por si mesmo algo, o algo hai que narralo, e si non hai, pois fágase o feminino de algo que é alga, un algo extraido do mar.
je je
Que Xan Da Cova nin que carallo: Xan Da Corda ou Xan Do Acorde.
Dicir que todo é narración equival a dicir que nada o é. Para que haxa narración ten de haber decurso temporal, un eu que conta unha historia, real ou ficticia. Unha definición non é narración; un teorema non é narracióm; unha partitura non é narración.
Señor Sautier, non entendeu vostede, non digo que todo sexa narración, senón que sinalo a actitude de que todo se tenda a comprender como unha narración.
Unha cousa é o intento de relatar e outra cousa o relatado e outra mais aínda aquelo ao que se refire o relato.
Ao final palpebrexa a vella e nova cuestión da verdade.
Don Guillermo: A súa radionovela "Simplemente María", paralizaba literalmente Lobeira.
Lembro a forza plástica da imaxe das mozas regando o millo co transistor por riba dun muro de pedra.
Algunhas choraban.
E a miña avoa non acababa de ver totalmente claro o tema.
Saúdos, don Guillermo.-
A un neno ensináronlle unha foto na que se veia un can e un rapá. Dixórenlle que "narrara" a foto e dixo: "Hai un can que non morde a un neno".
Emotions—fleeting, insubstantial, changeable, and ambiguous—seem to defy study and analysis. Nothing is more complex, mysterious, and subject to conflicting theories and interpretations than human emotion. Yet the central importance of emotion in human affairs is undeniable. Emotions affect all levels of life—personal, organizational, political, cultural, economic, and religious. Emotions give meaning to life. Emotional disturbances can destroy that meaning.
Publicar un comentario