13 dic 2008


As outras voces.
Andoliña sábado 13 de decembro.

Seguindo o modelo catalán, Voces Ceibes lanzou a Nova Canción Galega da man de artistas como Miro Casabella, Benedicto, Xavier, Bibiano, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso ou Vicente Araguas. Pero houbo outras voces ás que Xan Fraga dedica un pequeno espazo no seu libro sobre Miro Casabella e a NCG (Galaxia).
Voces que, naquela altura, eran criticadas en certos círculos nacionalistas por facer unha canción máis comercial ou quizais menos comprometida. Lembro que a revista madrigalega Chan lles dedicou moitas reportaxes de promoción. O máis popular de todos foi o Andrés do Barro de O tren e Corpiño xeitoso, recuperado nestes anos dende os blogs e a TVG. Na mesma xeira estaban Xoán Rubia, Jei Noguerol, Xil Ríos, Bernardo Xosé ou Juan Pardo, do que lembro de neno escoitar a súa Andoriña, almorzando no mercado vigués de A Pedra. Algúns tamén se achegaron ó cine con películas musicais.
Pola súa calidade eran máis respectados Amancio Prada, coas súas versións rosalianas, ou Luís Emilio Batallán cantando os versos de Curros. Pero, de certo, todos eles forman parte da historia da música galega: cadaquén coas súas características e peculiaridades.

[Na imaxe revista Chan]

Dende esta casa, e dende La Región, alá por febreiro falabamos dos 40 anos de Voces Ceibes.

15 comentarios:

Roque Soto dijo...

A rapaza da fotografía é Tara, una Janis Joplin da nosa terra chea de soul, blues e saudade, totalmente desaproveitada, e a que lle malgrabaron un disco de longa duración en vivo na discoteca J.J. de Madrid.

Anónimo dijo...

Acórdome ben dela. Cantaba moi ben. Incrible naqueles tempos nos que asociabas blues a EEUU ou Inglaterra.

Anónimo dijo...

A canción de Juan Pardo tiña por título "Anduriña", con u. Eu tamén lembro a Tara, unha sorte de Janis Joplin autóctona.

Anónimo dijo...

E o disco que gravou Syd Barrett (ex-Pink Floyd) en Oseira??
A rapaza coruñesa que o rexistrou, nunha emisora de radio, está agora, seica, en Katmandú.
E ese fantasmal disco é máis famoso fóra que onda nós.
E o duetto Rouco@Fraga coa cantiga de sempre: "Hay que ser educados...".

Ejem. Podía dar alguén máis datos sobre a cantante Tara??
E a primeira vez que sinto falar dela.

Anónimo dijo...

E o túzaro ese do muchachote de ERC, encirrando os dous reaccionarios anteriores, que é o que estaban esperando.

Anónimo dijo...

Medela, a eses dous de Vilalba non fai falta que ninguén os encirre, son dous encirradores profesionais, levan o encirramento no sangue político. Duas cabezas ben rapadas.

Anónimo dijo...

Nunca escoitei a Tara, e de verdade que gostaría, se alguén pode colgar algo, agradeceríallo.
Os da canción galega a min sempre me pareceron éticamente moi respetabeis pero musicalmente uns plastas. Salvo aquel LP de Batallan do Maio, e os primeiros Lp(s)de Amancio Prada e pos suposto O Tren.
Nunca soportei a John Pardo.

Anónimo dijo...

Sr. Jimy, eu sempre o tiven en grande cualificación, pero cas afirmacións anteriores non poido por menos que rebaixalo de andel.
Vaia morro,dicir que non lle gusta Juan Pardo, e se queda tan pancho.

Anónimo dijo...

Para o señor Von del Stein

HACE FRÍO EN MI ALMA

Anónimo dijo...

E que señor Stein, prefírolle os Panchos.

Anónimo dijo...

Para don Jimi: Non lle son os King Crimson, señor de Rairo, mais téñenlle o seu aquel.-

O NOSO ROBERT FRIPP

Anónimo dijo...

Toda unha grande personaxe, é este john Balan, Medela. Grande.

Anónimo dijo...

Toda unha grande personaxe, é este john Balan, Medela. Grande.

Anónimo dijo...

Si; Jonh Balan tivo azar de nacer onda nós. De ser americano, sería venerado como san Jerry Lewis ou o beato Bob Hope.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Algunhas das nosas voces ceibes teñen as ideas moi claras ao respecto da lingua na que se canta:

De "El Correo Gallego":

Silvia Penide (cantautora pop): “Se quixese gañar cartos escribiría temas en galego”