2 ene. 2008


en poleiro alleo
(na imaxe, pescadores de baixura nos comezos s.XX)

Non hai quen poida coa xente mariñeira.

4 comentarios:

Xohan da Coba dijo...

Catro vellos mariñeiros
todos metidos nun bote:
-Boga, boga mariñeiro,
imos prá Viveiro
xa se ve San Roque!


(Qué ganas de que chegue o vrán pra ir comer as sardiñas e beber viño a ese monte)

Xohan da Coba dijo...

POESÍA MARIÑEIRA:


CASIÑAS BLAMCAS

Casiñas blancas,
que se espellan nas ondas do mar,
fermosa ría,
da que un día marchei navegar.

Así é a vila
na que sempre me poño a pensar
Camariñas da alma
con esta habanera quéroche cantar.

Quixera ser
como aquela anduriña
que me veu nacer
e voar onda ti
para volver
pola Virxe do Monte, meu ben,
a falarche baixiño, amor,
deste amor que por ti soñei.

Xosé M. González dijo...

Esa peza de J. L. Blanco, da Coba, múdaa e convértea Ugia Pedreira en "Habaneira de Ribadeo". Está no disco Nordestinas; pode velo aquí.

Xohan da Coba dijo...

San Xoan de Poio berróu
con San Pedro no convento
por culpa dunhas pixotas
que se lle meteron dentro

Marín tén viño e patacas
e abondo barcos peixeiros
as rapaciñas mais belidas
e os millores mariñeiros

En Sanxenxo están as nenas
máis garimosas da ría
e a Patrona máis xeitosa
que é a Santa Rosalía

Para mariñeiros Raxó
os santos de alí o dín.
E San Xulián contestóulles:
para mariñeiros, Marín!

De Marín a Portonovo
fun nunha lancha motora
fun solteira e vin casada
máis valera que non fora.