3 ene. 2008


Estratexias electorais do 2008
Andoliña xoves 3 xaneiro. Imaxe do pintor Jorge Cabezas.

Nos últimos meses moitos analistas políticos detectaron un xiro do PSOE cara a posicións máis moderadas e centristas en diversos aspectos, tamén nas súas relacións cos nacionalismos periféricos. De feito unha das mensaxes constantes de Zapatero nestes días é a defensa do entendemento con CiU e co PNV como xeito de garantir a estabilidade política no Estado (xogará o BNG tamén nese grupo?).
Pola súa banda, Jesús Caldera, coordinador do programa electoral socialista, insistía nestes días, nunha entrevista, en que o PSOE non quería xirar cara ó centro, senón avanzar. Engadía de forma moi explícita: “Nós non temos que movernos, porque estamos moi preto da maioría dos españois. É o PP o que está moi á dereita”.
A enquisa que onte publicaba La Vanguardia facía ver que ambas as posicións non son antitéticas. É no espazo moderado e centrista onde se xoga o resultado, pois representa o 57% dos votantes: centro esquerda (34%) e centro dereita (23%). Centro orientado á esquerda. Os votantes do PP, situados nese espazo de centro-dereita, ven en cambio ese partido instalado hoxe nun espazo de dereita moderada que só representa o 8% dos votantes. Si, é o PP o que ten que moverse.l

13 comentarios:

Xohan da Coba dijo...

Polo que se vé, a distribución do voto sigue unha gráfica similar a ESTA pero cunha lixeira "curtósis" á esquerda. Eu véxoo coma unha "onda", dinámica, que se está movendo aínda prá esquerda, polo que o PP tén pouco que facer, máis que esperar qua a onda acade un máximo de compresión i escomence a oscilación á dereita.

marcos valcarcel dijo...

A ENQUISA DE HOXE EN "EL MUNDO", ben condimentada, dá estes datos para Galicia. Lugo e Ourense non se move nada: o que había xa. Na Coruña perdería un o PSOE e en Pontevedra podería perdelo o Bloque, co cal o BNG só quedaría cun deputado, o coruñés.
Por suposto, EM titula e editorializa dicindo que fracasa o goberno bipartito PSdG-BNG.

Anónimo dijo...

MACROENCUESTA DE ELMUNDO-SIGMA DOS
El PP ganará escaños en Cataluña, Andalucía, Comunidad Valenciana y Murcia
Tiene posibilidades de aumentar también su representación en otras cinco comunidades
El Partido Socialista, en cambio, puede perder diputados en nueve autonomías
Igual que en 2004 en Navarra, Extremadura, La Rioja, Asturias, Canarias y Cantabria
Actualizado jueves 03/01/2008 09:38 (CET)
MANUEL SÁNCHEZ
MADRID.- El Partido Popular podría sumar nuevos escaños hasta en nueve comunidades autónomas. Los socialistas, por el contrario, perderían en nueve y sólo incrementarían su número de diputados con respecto a hace cuatro años en tres autonomías: Castilla-La Mancha, Aragón y País Vasco, según la encuesta realizada por Sigma Dos para EL MUNDO.

El PSOE podría perder seis diputados -en su horquilla más desfavorable- en sus dos feudos tradicionales (Andalucía y Cataluña) con respecto a 2004.

Por el contrario, el PP se mantiene muy fuerte en las comunidades con mayor número de habitantes donde gobierna con mayoría absoluta (Madrid y Valencia), en las que puede sumar dos diputados más que hace cuatro años.

En Cataluña, ERC pierde uno, que podría ganar CiU. EA y Chunta Aragonesista perderían su diputado

En la mayoría de los casos, lo que suma un partido se lo resta al otro, con muy pocas excepciones, ya que las formaciones nacionalistas tienden a la baja, excepto CiU, que podría mantenerse o incluso añadir un nuevo diputado a su Grupo Parlamentario en el Congreso.

El PSOE resiste al caos en Cataluña
El sondeo también recoge que en seis comunidades autónomas se repetirán los resultados de 2004 (Navarra, Extremadura, La Rioja, Asturias, Canarias y Cantabria).

Pero es en las cuatro comunidades autónomas más pobladas, en las que se juegan las elecciones. Según Sigma Dos, el mayor desgaste del PSOE puede estar en Andalucía. Hay hasta cuatro diputados que pueden pasar del PSOE al PP, concretamente, en las provincias de Córdoba, Jaén y Málaga. Además del nuevo electo por Almería.

En el otro feudo socialista, Cataluña, el PSC resiste pese al caos de las Cercanías, el AVE y los socavones. Puede llegar a repetir resultados (21 diputados en 2004), pero la encuesta también contempla una posible pérdida de dos escaños. El PP, por su parte, tiene prácticamente asegurado un incremento de dos diputados por Cataluña, aunque sigue manteniéndose en porcentajes de voto muy bajos.

El PSC puede llegar a repetir los 21 diputados en 2004, que fueron claves para la elección de Zapatero

Madrid y Valencia, feudos del PP
Los 'populares' mantienen una brisa a favor en todas las comunidades autónomas donde gobiernan con mayoría absoluta. Tanto en Madrid como en Valencia los porcentajes de intención de voto del PP sobrepasan o están muy cercanos al 50%, lo que supone incrementos de entre cuatro y cinco puntos respecto a 2004.

Pero especialmente sorprendente es el caso de Murcia. La encuesta refleja que el PP puede llegar a superar el 60% de los votos, cuatro puntos más que en las últimas generales, lo que le supone un diputado más por esta comunidad autónoma, el que precisamente gana Murcia por incremento de población. Los socialistas siguen en caída libre desde que se derogó el Plan Hidrológico del PP, y apenas superarán la barrera del 30%.

Los 'populares' podrían sumar dos diputados más que hace cuatro años en Madrid y Valencia

Otro tanto pasa en Castilla y León. El PP sigue aumentando su porcentaje de votos, aunque sólo está en juego un diputado por León, que podría perder el PSOE en favor de los 'populares', ya que el quinto escaño por esta provincia se decidirá por muy pocos votos. El PP restará el que pierde Soria por población. Y, aunque no gobierne actualmente el PP, también sorprende el resultado del sondeo en Baleares, ya que refleja un incremento de voto de hasta seis puntos, lo que podría sumar un diputado más, en detrimento del PSOE.

El PSOE sube en el País Vasco y baja en Galicia
Algo similar apunta el estudio en Galicia, donde el PSdeG no rentabiliza su estancia en la Xunta. La encuesta da por hecho que los socialistas se dejan un escaño en La Coruña -que lo pierde por población- y que el PP sumará uno más por Pontevedra a costa del BNG.

En seis comunidades autónomas se repetirán los resultados de 2004: Navarra, Extremadura, La Rioja, Asturias, Canarias y Cantabria

En las tres comunidades en que los socialistas podrían aumentar su representación parlamentaria se observa un ligero incremento en intención de voto, pero no en los márgenes tan amplios que se dan en el PP.

Así, en Aragón, el PSOE podría ganar un diputado más por Zaragoza a costa de la Chunta, y con una subida en votos de cuatro puntos. No obstante, está muy reñido quién logrará el tercer diputado en Huesca y Teruel, que en 2004 fueron para el PSOE. Ahora, la encuesta apunta a que el PP podría llevarse un escaño en esta última provincia.

Más importante es la subida socialista en el País Vasco, ya que la encuesta sitúa al PSE como primera fuerza política y con un diputado más por Guipúzcoa. Por el contrario, en Castilla-La Mancha los socialistas mantienen la misma intención de voto, aunque ganarán el nuevo diputado que tendrá Toledo. El PP podría subir un escaño más en Ciudad Real.

En cuanto a otras fuerzas políticas, hay pocas novedades. IU repite los mismos diputados que en 2004 (dos por Madrid y uno por Valencia), más los dos de ICV. En Cataluña, ERC pierde uno, que podría ganar CiU. El BNG pasaría de dos diputados a uno; CC se mantendría con tres y Nafarroa Bai con uno. EA y Chunta Aragonesista perderían su diputado.

apicultor dijo...

Estamos apañados! :-(

apicultor dijo...

Ao mellor dase o paradoxo de que cun único deputado o BNG é "determinante en Madrid". Cousas máis raras se teñen visto...

Xosé M. González dijo...

Diría eu que non consideremos as enquisas, nin estas primeiras nin as que veñan, como elemento determinante na campaña. E non o digo particularmente polos datos apostos ao nacionalismo galego, senón por todos eles no seu conxunto; sexa cal sexa o instituto demoscópico emisor e o correspondente contratante.

Dígollelo con franqueza: non sei que é o que pode ir pasar. Manifesto, unha vez máis, que non farei ningún prognóstico, porque é ben raro que atine. Ora ben: nas últimas eleccións, case todos os inquéritos daban para o meu concello de Lugo datos que non cadraban para nada co que eu estimaba, vía e oía; e os case unánimes inquéritos fallaron.

Desta volta, xa digo que non sei. Pero todo aparenta ben distinto da traza que levaba hai un ano.

Xaime dijo...

Pois eu voume mollar, vai gañar o PP en votos e en escanos.

Xohan da Coba dijo...

Pois montamos unha rede de apostas ilegáis no blog. Eu aposto por resultados similares ás últimas xeráis.

Xaime dijo...

Que se xoga Da Coba?. Eu un xantar, como dí vostede, con Rajuá, e dicir se perde ten que vir xantar conmigo e con Rajuá.

Xohan da Coba dijo...

E pagar eu, claro. Só estiven unha vez con Rajuá. Eu non son baixo, pero él é máis alto. Debe de comer coma un cura dos de antes. É un risco tér que invitalos. Sale maís barato mercarlles un traxe a cada un...
Así e todo, aceito a aposta. Mellor se é unha cea, que podo beber máis: durmo a mona e ninguén se entera da miña debilidade polo bó viño...

Xaime dijo...

Trato feito. Cea sen escoltas, xa que supoño que vostede non leva.

Xohan da Coba dijo...

Eu son un Don Ninguén. Por non ter, non teño nin quen desexe darme unhas boas ostias. I eso que non viña mal unha boa pelexa de vez en cando, qué carallo, coma naquel filme "Un home tranquilo".


Cando era novo, compartín piso cún rapá que practicaba artes marciáis. Chegaba eu á casa, e saltaba en mín a ostia limpa , sin previo aviso, como facía aquel chinés con Peter Sellers nas películas da Panteira Rosa. Aprendín a estar sempre en garda. Pelexábamos diariamente, escarallando os sillós,etc. Fixémonos moi amigos. Hoxe é policia.



Un periodista da radio ourensá, cando finxe enfadarse con alguén, dí: " Sale fora. Dóuche tres navalladas de ventaxa".

Dr. Liddell dijo...

Nestas cuestións, sería importante estudar e ter en conta, ademáis das correntes de opinión xerais, das estratexias dos partidos e as macroencostas... a influencia da crise que tódolos economistas anticipan, reflexada por exemplo nesa inflación do último ano, a maior ende hai 12.

Quzais non terán influencia, os cambios económicos que se aveciñan, nas eleccións de Marzo de 2008, pero sí condicionarán enormemente a configuración ideolóxica da poboación.

Explícome. Asumindo que a política económica dos dous grandes partidos é similar, e asumindo tamén que os ciclos económicos presentan peculiaridades en cada estado pero son, esencialmente globais, podemos asegurar que o poder adquisitivo da poboación, descenderá.

Unha crise, ou unha recesión (que en España será maior, como di o BCE, pola súa dependencia da construcción, polo seu crecemento especulativo e porque históricamente, cando se crece, España crece máis que a media, pero cando hai crise, a crise é máis profunda.) vaise ver reflexada na ideoloxía da xente.

Se goberna o PSOE despois de 2008, é moi posible que os votantes sufran unha radicalización á esquerda, respondendo desa maneira a esa moderación da que fai gala o PSOE ultimamente (coa sua teima de Solbes 4 anos máis, para contentar ó empresariado, por exemplo)... pero tamén é moi posible que se reaccione contra iso, e se aposte, unha grande parte da poboación, polo retorno ó PP, para que reconduza a situación económica.

Se goberna o PP despois e 2008, cousa que dubido moito, o panorama é o mesmo, e, dependendo do tamaño da crise, podemonos atopar cun retorno da dereita máis retrograda e mesiánica, que "salve" a economía española a base de neofascismo.