25 ene 2009

Bendita crise
Afonso Vázquez-Monxardín
La Región 24-01-2009

Eu seilles da crise e a súa futura evolución o mesmo que Zapatero. Ou sexa, nada. Chega con reparar na súa negativa explícita á existencia da mesma ata hai tres meses, para despois conseguir nun esprint final un déficit de máis do 3 por cento e un agoiro de corvos negros para o ano 2009. ¿Que cando rematará? Pois o mesmo que eles, tampouco teño idea. Só que eu, ao non ter que engaiolar á xente e promover o optimismo social, podo calar e calo. Pero vexamos, a crise, como todo, ten cousas positivas. Primeiro, a súa transitoriedade. Quede en recesión bianual ou depresión máis aguda, que todo pode ser, é unha situación pasaxeira. Un reaxuste. Unha dieta para volver caber no pantalón. Pasou a do 29 e pasará esta. Ou sexa, nunca choveu que non escampase.
Segundo, o temor. Si, un certo grao de temor social axuda a que a xente non viva tan, como dirían Os Tonechos, ‘a lo loco’. Ese certo grao de inseguridade fai que a xente gaste menos as taxas de aforro son fenomenais e positivas e significan que desde hai anos non se investía tanto no futuro persoal e familiar-, que non se derroche innecesariamente ¿era preciso cambiar de coche como de camisa, andar antiecolóxicamente nove mil quilómetros en avión para pór a barriga ao sol, facer turismo sexual en Cuba, ou ir pasar a fin de semana a Londres en vez de á aldea ou ao Courel?
Terceiro, a crise salva vidas. ¿Cren vostedes que baixa o número de accidentes de tráfico polas campañas do Goberno? Ca. Ándase menos en coche, bébese menos, redúcese a velocidade para non malgastar enerxía e, así, lógranse case oitocentos mortos menos que o ano pasado. Vidas salvadas pola crise. E ao andar en coche menos e consumir menos, baixa o prezo do combustible e arrastra os prezos cara abaixo.
Cuarto. Vivimos en Ourense, nunha zona moi dependente dos empregos nas administracións ou nas pensións, e ambos sectores, se non hai un crack social de dimensións inimaxinables, seremos dos menos afectados.
Quinto. Xa temos conciencia de que hai que corrixir a sociedade do derroche. Nun país de pouco máis de corenta millóns de habitantes non se poden vender un millón de coches todos os anos. Non poden os adolescentes, sobre todo elas, incluír entre as súas formas de pasar o tempo ‘ir de compras’ ao Centro Comercial. É irracional que haxa unha xeración de consumidores que non gañen cartos e que forcen as maquinarias familiares con esixencias absurdas e normalmente de roupa ou tecnolóxicas, prescidibles e pasaxeiras.
E ademais chamas a un electricista, persianeiro, calefactor... e veñen correndo. Outro día fago unha visión negativa, pero hoxe tocáballe a esta.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Efectivamente, os que non nos vemos afectados pola crise viviremos millor. Pagraremos menos pola hipoteca e encontraremos todo máis barato. Chamaremos polo electricista e virá "volando".
Que marabilla! Gracias por abrirnos os ollos.

Anónimo dijo...

Vaia babecada de artigo!

Trebi dijo...

Pois se ten opinións, faga un artigo.... e non diga unha babecada!

Trebi dijo...

Poden opinar.....
Di Ramón Villares: Eu creo que a Historia serve para algo, pero non para todo. Permítenos entender para entender o que nos pasa, pero non prever o que vai pasar
Premer</a

Anónimo dijo...

Si, en xeral eu concordo. Necesito descansar. Necesito a noite para acougar da actividade frenética do día. Son ritmos naturais.É insostible o crecemento contínuo como tamén o é a actividade contínua.

Os Rusos tiveron a idea, para aforrar enerxía, de por un xigantesco espello no espazo e derivar luz solar a amplas zonas escurecidas pola noite. Para que tolee a xente. Precisamos do silencio, da escuridade, de ralentizar a respiración e descansar da actividade económica perpétua.

Non entendo porque me soben o café dez céntimos, de 0,90 a 1 ouro, o onze por cento.Tiñan que baixalo.Hai moito recorrido para eso. O meu pai e eu acordamos baixarlle o aluguer a un inquilino.

Anónimo dijo...

ironía.

(Del lat. ironīa, y este del gr. εἰρωνεία).


1. f. Burla fina y disimulada.

2. f. Tono burlón con que se dice.

3. f. Figura retórica que consiste en dar a entender lo contrario de lo que se dice.

Home, non é que o artigo de Monxardín estea destinado a pasar ós anais da dialéctica xornalística, pero, carallo, un poco de pesque hai que poñer.

De todos modos, aló contra o final parece que se lle vai a pinza e a ironía dilúese un tantiño. Apreciacións.

Anónimo dijo...

En épocas críticas, a sociedade cargóu sempre contra queñes conservaban privilexios que os facían inmunes ás circunstanzas, facéndoos culpábles de todos os males. Haberá unha noite de cristáis rotos contra os intereses de altos funcionarios, políticos, ex-políticos, banqueiros, ex-banqueiros, monarcas, etc, de ingresos blindados ou non tan blindados, porque cando se rompe o "contrato social" en mil cachos,e un número suficiente de xogadores xa non quere xogar ao xogo, non hai xogo.
A nós non nos vai a afectar porque daquela, Galiza será independente. Os que cobraban os seus cartos como funcionarios do Imperio Español non teñen nada que temer. Galiza será repoblabada cós xudios desaloxados por os palestinos e convertirase nun Estado similar a Kuwait onde viviremos todos como Deus.

Anónimo dijo...

Viva Galiza, Ceibe e Super-Capitalista!!!.

Anónimo dijo...

El espíritu humano se forja en la adversidade (de Santiagho).
Qué fácil es criticar aghachados en el economato!!

Anónimo dijo...

Frase do meu abó que non sei se ven a conto:

- O malo dos malos tempos non é ter que comer nunha lata. O malo é ter que darlle aos teus de comer nunha lata.

Anónimo dijo...

Only five days into the Obama presidency, members of the new administration and Democratic leaders in Congress are already dancing around one of the most politically delicate questions about the financial bailout: Is the president prepared to nationalize a huge swath of the nation’s banking system