9 ene 2009


Contra Darwin.
Andoliña sábado 10-1-09
No ano 1875, dezaseis anos despois de publicarse El origen de las especies (1859), o teólogo Charles Hodge acusou a Darwin de negar a existencia de Deus ó definir os humanos como o resultado dun proceso natural en lugar dunha creación deseñada por Deus. Hai dous anos o papa Benedito XVI amosou nun seu libro as súas fondas reticencias co evolucionismo co argumento de que a teoría da evolución non é demostrable de xeito empírico porque é imposible meter no laboratorio a dez mil xeracións: argumento tan contundente que, de ser aceptado, revolucionaría o concepto de ciencia en si.
A oposición ó evolucionismo hoxe está dirixida por grupos que propugnan a teoría do Deseño Intelixente (Michael Behe, La caja negra de Darwin), segundo a cal os sistemas de complexidade irredutible dalgúns organismos foron en último termo resultado dun deseño intelixente. Preséntanse con fasquía pseudocientífica, pero na realidade obedecen a claves relixiosas, sobre todo próximas a núcleos evanxélicos. No ámbito científico tales teses son totalmente desbotadas e considéranse un rebulir do creacionismo e un novo intento de introducir pola porta falsa a óptica relixiosa nos programas escolares.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Manda carallo có Benedicto. Como se a él lle importara algo o asunto da "demostrabilidad"

Anónimo dijo...

O argumento do Benedicto ten ben pouco de contundente. Non é máis que unha máis das caralladas á que nos ten habituados a Igrexa, cando se mete en asuntos nos que non tiña que meterse. Ao César o que é do César, habería que lembrarlle.

Mira tú que non podería gañar adeptos si se meteran no "mercado do emocional", ou no do "entreteñemento", no canto de meterse no do "racional".

"Reinvención" de ritos relixiosos, facéndoos divertidos acorde ós gustos simplós dos novos tempos. Fomento da devoción ós santos en termos similares aos que tanta xente sinte por certos equipos de fútbol, deixándose asesorar por os seus expertos presidentes. Ou por os promotores de certas marcas comerciáis "de culto". Ou por managers de grupos de rock. Estalle comendo as papas no terreo irracional a competencia por todos os sitios, e eles meténdose cós científicos, que andan a outro rollo.
Con historias como a de Adan i Eva, que a ninguén lle importa en realidade que foran certas ou non,como a niguén se importa que Batman ou Superman existiran ou non, facer boas películas. Son personaxes que dan xogo. Á vida de moitos santos, igual.

Fomentar subliminalmente a idea de que á misa non pode entrar calquera,que é unha cousa de élites ,pode facer que se enchan. Que lle pregunten cómo se fai ós diseñadores de moda, que consiguen que toda a xente leve a mesma roupa e que aínda así se sinten "exclusivos".

Cando eu sexa o Papa Xoan da Cova I, xa veredes qué caña lle meto ao invento.

Por certo, amigo Papa Benedicto, que seguro que lee este blog: No caso da Evolución, o laboratorio é o mundo enteiro. Ten vostede a idea anticuada, simplona e infantil que identifica "laboratorio" con "laboratorio químico", cós seus matraces, probetas, pipetas, tubos de ensaio, etc.


Von Stein: cando defenda a algún acusado de asesinato, non se preocupe de que a policia aporte todas as probas que queira en contra do seu cliente. Dígalle ao xuiz que é imposible repetir os feitos nun laboratorio químico. A ver qué cara lle pon.

Anónimo dijo...

Teño que me erguer, que xa debe de pasar das doce. Pero fora fai un freddo de carafio. Anque vexo que brilla o soleil...

Ooooooohh
soleil soleil ( so le leil )
soleil soleil (so le leil )
soléil soléil...

Na cama estáse tan quentiño...

Anónimo dijo...

Era eu. Manezr o rato por baixo das sabanas é ben fodido.

Anónimo dijo...

O problema dos "sistemas de complexidade irreductible" xa o plantexara o propio Darwin ,e hai xa motísimos casos clásicos concretos explicados. Aparte de os textos de especialistas, hai un estupendo escrito divulgativo explicativo de Isaac Asimov verbo de cómo abordalos.

Pra quen sexa profano na materia, podio poñer un exemplo. Cando miramos o arco de unha ponte, podemos pensar que tuvo que ser "creada" de xeito instantáneo. As fases intermedias son inestábeis. É imposible construila amoreando as pedras unha porriba das outras. A explicación é sinxela. Fai falta un "andamio" que vaia tedo conta das pedras, e que se retira unha vez colocada a última pedra, a do vértice, que xa lle da estabilidade á estructura. A diferencia coa natureza está en que, na natureza, o "andamio" ten que ser unha estructura útil por sí mesma, todo o tempo. A natureza non se anticipa ao futuro. Miles de estructura complexas apareceron "andamiadas" por outras , que logo desapareceron cando xa non eran útiles, ou permanecen como residuos.
Qué pasa, que capitalizo o post!!.

Marcos Valcárcel López dijo...

non se preocupe, XDC, por capitalizar o post
vostede sabe disto e é un pracer lelo...

Anónimo dijo...

Si, si, vostede delle cancha...

Anónimo dijo...

O que moitas veces esquece a xente é que a Evolución non somentes afecta ás formas anatómicas, senon tamén ás "pautas de conducta", ó comportamento.

Moito comportamento cultural enténdese mellor se se coñece o seu "substrato instintivo". Pero moita xente rexeita o análisis neses termos. Mesmo defensores de Darwin, o que me fai pensar que en realidade non o entenden moito.

Anónimo dijo...

Como todos os argumentos dos creacionistas sexan como este, pódense dedicar ao humor (malo):PREMER.É de chiste.