3 ene 2009


Compostela ...

Venres pasado recibín unha agradable visita: unha benquerida amiga, luguesa, coa que compartín horas e emocións nos tempos de Compostela. Pilar M.C. Agora vive en Barcelona, ten unha filla de 17 anos que se chama Laura e había uns 25 anos que non nos víamos. Souben dela hai meses por Pepe Miranda e logo ela mesma chamoume e escribiume.
Foi unha tarde para os recordos. Falamos da homenaxe do 29, na que non puido estar porque se enterou tarde, e das cousas que escribiron os amigos. Como o Sarille, a quen lle quero moito, di Pili, pero non é certo que o Marcos (ela di case sempre Marquiños) fora o único ERGA que estudaba en Compostela. “Que va! Eu si que estudaba e logo chegaban os cabróns do Marcos, cos seus magníficos esquemas, e o Bieito (Iglesias) e nun par de horas xa sabían máis que todos os demais”. Aínda así, Pili aprobou Prehistoria en 1º, os demais non porque lideraramos o boicot, case todo o curso, contra o profesor Luís Monteagudo, que estivera en Alemaña e parecíanos un nazi: xa o primeiro día de clase díxonos que el só daba clase para o dous por cento, a elite, que o resto non lle interesaban.
Pili lembra cousas que eu xa esquecín. “O día que antes de entrar o Ares, un profe de arte, crego e moi carca, enchiches a clase de panfletos tirados ó aire. Ou á saída das asembleas e o encontro cos grises: collíaste da miña man e eu xa me sentía segura. Ou o día que nunha carga o Bieito caeu ó chan coas muletas e fomos os dous a recollelo”. En Baldaio non, alí collemos medo; fomos dos que quedamos a 700 m. das marismas, baixando un longo camiño, ó ver toda a praia tomada pola garda civil.
Foron cinco horas de charla moi agradable e de evocación dos vellos amigos: Susy (vina hai uns meses en Ourense co seu marido, na charla de Galeano), Elvira, Loly e a súa amiga (esquecín outra vez o nome?) e a banda dos de Ribeira, O Carreirán (Quico Cadaval), Agustín, Santi, Aida, Daniel, etc. Saúdos a todos/as se lesen estas páxinas. Na conversa saen moitos outros nomes que non podo transcribir: Bragado, o Che do Irixo, o Celso de Maceda, Lobito (Xulio Gaioso), Sarille, Xulio Cuba, Suso Jares e un longo etc. Tamén os amigos de Lugo, de vello (Xosé Manuel) e novos (Xaime Da Pena), que a amiga luguesa nos le dende Cataluña.

Pili tróuxome ademais algunhas fotos da miña infancia e adolescencia que eu lle agasallara hai moitos anos. Algunha chegará ó blog, se non lles parece mal ...

20 comentarios:

Anónimo dijo...

O Luís Monteagudo non será el tío do Quique Monteagudo?

Anónimo dijo...

Que boa esa visita de Pili, amigo Marcos. Seguro que rexuveneceu tropecentos anos coa presenza dunha antiga noiva que aínda o apreza ben. (Non estou tan seguro de que a outros, ai!, nos pase o mesmo).

E colgue, colgue esas fotos de cando era Marquiños, para evidenciar que apenas pasan os anos por vostede.

Anónimo dijo...

Con algunha antiga noiva habería que facer o que algunha vez escomenzamos e non rematamos como é debido.

Anónimo dijo...

Falará por vostede mesmo, von der Stein.

Anónimo dijo...

Por mín e por elas, espero... .

Anónimo dijo...

Ten razón, amigo von der Stein. As cousas a medio facer disque nunca son boas.

Anónimo dijo...

De verdá que todos eses dos que fala o tovarich Marcos van ir parar a un gulag de Siberia a -40ºC. E pra que non se sintan sós, tamén van ir o señor Iacobus e todas as súas ex noivas, pra ver se así teñen tempo de rematar o que comezaron e non remataron. O tovarich Apicultor líbrase desta polos pelos, o mesmo que o tovarich Marcos. Pero que anden con moito ollo, que calquera día tamén lles toca a eles.

Anónimo dijo...

Non sei se boas ou non, querido Apicultor, pero están inacabadas.
Incluso o outro día na cea de Marcos tiven perto de mín a un antigo amor, que non era Saavedra por certo, e estiven melancólico toda a cea e ciumento polos cariñitos do paspán que tiña o carón.
Se a ainda señorita lé esto, que me perdoe e si non me quere perdoar que poña día e hora, a arma elíxoa eu

Anónimo dijo...

Non se pode ir tras do que puido ser e non foi, amigo Stein. A melancolía nestas cousas élle mala cousa. Tente de verlle o lado positivo: o que elas se perderon e o que vostede gañou.

Anónimo dijo...

A mín gostame a foto do post, porque eu asocio ese edificio a algo tristón, cheo de musgo e mollado pola chuva. E a unha multa que me puxeran por aparcar enfrente, non lembro o nome do importante edificioque había, có carné recén sacado e sin cartos para pagala.
Así, limpiño e baixo o ceo azul, mellor.

Marcos Valcárcel López dijo...

O edificio é a Facultade de Historia de Santiago, onde estudiamos daquela. Na praza da Universidade. Aínda estaba Dereito nos baixos.

Anónimo dijo...

Si home si, aí na planta baixa case acaban conmigo. Segundo algúns pouco se perdía.

Anónimo dijo...

POR CERTO, HOXE AS 10 EN ANTENA 3 VOTAN FUNERAL DE MUERTE.
DIXOME UN FILLO MEU, QUE É BASTANTE VIAXADO, COMO O ARUME, QUE A VIU EN IRLANDA EN V.O. E QUE É PARA ESMENDRELLARSE.
Se ven o Medela, avísenmo.

Anónimo dijo...

Escribin mal. Quería decir "non lembro qué importante edificio había enfrente", que era onde non se podía aparcar si non eras político.

Anónimo dijo...

Pois nun edificio da Praza da Universidade, en fronte da actual Facultade de Historia, estaba o Instituto da Lingua. Pero non son políticos o que máis abunda por aló...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Está o CES. Ese debe ser o edificio oficial.

Anónimo dijo...

Sería o Pazo de Raxoi.
É que cando XDC, andaba por alí, era todo unha leira.

Anónimo dijo...

EN efecto, Von Stein. Vostede sí que sabe.

Anónimo dijo...

EU non estudéi en Compostela.

Pero iba visitar a algunhas...amigas. E , de paso, tamén amigos.

E teño un forte sentimento de culpa, por a historia que lles vou contar.

Tiña un amigo que estudaba nese edificio. Un día de semana, cheguéime a Compostela por certos asuntos, e fun tamén hasta a sua casa,para saludalo. Era un día de chuva, moi morriñento. Cando me víu, iluminóuselle a cara, e díxome: "Vas para Ourense??. Pódesme levar??". Díxenlle que sí, pero preguntéille cal era a razón, si non era aínda fin de semana. Non me deu explicaciós. O caso é que non volvéu. Tiña "morriña". Abandoóu os estudos de Historia aquel día, cambiando para outros que podian facerse en Ourense. Síntome culpable. Vostedes coñéceno. Non vou dar o nome.

Anónimo dijo...

¿Ay meu querido XDC!, agora resulta que vostede foi o que troixo a Jose Luis Baltar de volta para Ourense, cando plantou en Historia.
A súa provincia e a política local, provincial, rexional, nacional e internacional estámoslle eternamente agradecidos por ser o que guiou o noso Presidente.
Non sei se o colectivos de mestres quedou suficientemente recompensado