17 ene. 2009


Fagan xogo. Gaña a Banca.
Alfonso Vázquez Monxardín.
La Región 17-01-2009.

Deus me libre de pensar que a banca é unha ONG. Sei ben que é un lexítimo negocio de movemento de diñeiro. Diría máis, en conxunto é sumamente beneficioso sobre todo para os que vivimos dun soldo e non temos cartos nin recursos para comprar vivenda ‘de golpe’. Así eles empréstannos unha cantidade que por outras vías sería imposible de conseguir, e pouco e pouco devolvemos esa cantidade. E como non se trata dunha ONG, a cantidade a pagar, máis ou menos, dóbrase, pero a pagar en vinte e cinco ou trinta anos. Claro que son un pouco pillabáns e aos inxénuos que crían que dun soldo se podían facer chalets de tres pisos, ou que ‘todo o mundo’ tiña igual ‘dereito’ a ir a Cancún ou compar un Audi A-6, pois tamén lle daban polo gusto e lles emprestaban canto pedían. E agora pasa o que pasa: as vacas máis que fracas andan anoréxicas, e algunha xente non dá pagado. Pero a responsabilidade, meus señores, é, fundamentalmente, da imprudencia do que asinou feliz despois de facer as contas do gran capitán. Que non bote balóns fóra e diga que o enganaron, pois hai que ler e non soñar antes de botar unha sinatura ao pé dun contrato. A banca, insisto, non é unha ONG, aínda que as caixas non debían andar moi lonxe.

Como ven, non son nada radical nos meus planteamentos sobre o tinglado financieiro. Pero todo ten un límite. Primeiro foi o redondeo á alza que me fixo por unha centésima pagar ¼ de punto máis de intereses durante anos ata que, loxicamente, prohibiron o abuso. E agora acabo de levar outra sorpresa desagradable. Tócame, como a moitos, renovación de tipos o día primeiro do ano. E independentemente do que digan na tele, conforme a vir de tempo de comerotas, vou ter a principios de ano un tipo máis groso. ¿Que está baixando o Euribor? Ja. Moito conto. Como nos papeis din que as renovacións se fan tendo en conta o último tipo publicado no BOE o 1 do mes anterior ao comezo da nova etapa, pois seica aplican, se algúen non o remedia, o tipo do mes de outubro! Flipo. Ata agora, tempos de subidas e baixadas suaves, esa diferenza dun mes a outro non se notaba moito e non tiña moito sentido estar cismando con decimiñas e media ducia de euros ao mes. Pero no medio desta crise financeira da que eu, xúrolles, non son responsable, estamos falando de 2 puntos enteiros. Ou sexa en vez de pagar un 3,74, pagar un 5,74, o que se un o multiplica polos millóns -de pesetas, claro- que debe e divide por doce meses, pois dá unha pastiña. Se lles permiten este golfería (a diferencia enorme do prezo do diñeiro e que cobrarían por el) cousa que pode e debe impedir o goberno, a banca que nunca perde, faría unha caixa grandísima a custa desta nova clase social maioritaria no tránsito de milenio que somos os hipotecados. Podería Marx (non sei se don Groucho ou don Carlos), anovar o berro e dicir ‘hipotecados do mundo, unídevos’. Ou doutra maneira: Agradecémoslles que nos deixaran os cartiños, pero non nos metan os dedos nos ollos, por favor.

49 comentarios:

apicultor dijo...

Moi bo este artigo do Monxardín. Tratar coa banca é un coñazo e un desespero (e non che conto coas compañías de seguros e demais especies asociadas). Da administración falaremos outro día.

lobo neghro dijo...

Certo a unión é unha das solucións. Imaxinen todo un país a non poder pagar as hipotecas como acontece con os Islandeses, non lle quedaría máis remedio a banca que renegociar colectivamente todo, exemplo amnistiar dous ou tres puntos colectivamente.
Terían que conformarse con menos beneficio en troques de poder cobrar. E si se plantan organizadamente todo-los cidadáns?. Mira tu por onde pode vir a revolución. De paso que se renegocia colectivamente o das hipotecas, negociamos a "nacionalización" total ou parcial de algúns sectores, verbo as eléctricas e sector enerxético, (é aberrante que teñan entre os seus obxectivos incrementar o consumo, doblalo en dez anos, como proclamou unión penosa cando fallece un dos seus conselleiros delegados); outra dignidade e estabilidade no sector laboral a cambio de.....menos maulas, más nobleza, menos codicia, máis aforro....máis ergonomía no traballo, silencio e aire puro.

Eu quero que a crise se incremente, intensamente, brutalmente, ata á victoria final.

lobo neghro dijo...

Probablemente se esto for así, virá a violencia sen obxeto, sen alternativa, como en Grecia, e decatarémonos que o fundamental non o soubemos traballar. U-lo democracia nos partidos?. U-la xestión emocional, u-los cidadáns capaces de traballar en equipo?.

Quenes serán os nosos líderes?.

Eu ós dos partidos non os quero.
Pero onde se están a forxar os novos líderes?.
Eu demando máis contido espiritual.

Oídes o timbre dos nosos "líderes" partidarios, e é feo e cascado, a veces falan como botando a bronca ou amonestando. O timbre da voz é un reflexo da ialma, non minte.

xdc dijo...

Encontróu a palabra axeitada, Monxardín: golfería.
Cales son os únicos gremios cós que, cando tratan, están pensando por dentro: "A ver por onde ma quere meter doblada este carallo!?".Dígollo eu: bancos e axencias de seguros.

O Estado debería ser forte competidor nos servicios financieiros que atañan a necesidades básicas e xeráis como a vivenda.Polo menos.

A competencia entre bancos redúcese aos servicios "caralleiros", pra salvar as apariencias. Nas cuestiós importantes, nas que a competencia podería beneficiar ao cidadán en serio, hai corporativismo total.

A connivencia entre a banca e os gobernos posibilita desde fai anos esa forma de estafa chamada usura. O Estado facendo de "complice necesario" en miles de elas. Miles de pólizas bancarias tiñan que ser "nulas de Dereito".

___________________

Tamén coincido có Lobo en que os sectores enerxéticos como o eólico ou o hidráulico deberían ser estatalizados. Non vexo verdadeira actividade empresarial no feito de comprar un xenerador, enchufalo á rede, e poñer a mau pra cobrar.

xdc dijo...

Pero, eso sí, os aeroxeneradores non terían porque ser atendidos por funcionarios vitalicios, inda que toda a sua actividade fora controlada por o Estado.

xdc dijo...

Falando de banca.
Qué lles parece o n. 1 do PP por Ourense, ás autonómicas.

Etxe dijo...

Un disparate.
Un tipo de Lugo que vive en Vigo e que é lembrado en Ourense por integrar a Caixa Ourense en Caixa Nova (e de paso levar a colección de arte de Caixa Ourense a Vigo).
Parece que o cabeza de lista do PP foi escollido entre Pachi e Alfredo.

Jack Medela dijo...

Moi bo artigo. E aínda me atrevo a acrescentar a terrible presión que experimentan os empregados, sobre todo os máis novos, case todos moi ben preparados academicamente e con retribucións ridículas.
No que respecta a unha hipotética banca estatal, considero que a competencia estado-empresa privada é desleal. Lembremos o caso Barreiros/Pegaso. Ata que fundiron na miseria ao noso paisano, non pararon (os do INI).
Cumprimentos.-

xdc dijo...

Estou de acordo con eso en xeral, Medela. Pero certos servicios financieiros como as hipotecas à primeira vivenda son casos especiáis.
Cantos problemas de saúde, seguridade ciudadana, covertura social,etc,etc, que teñen que ser resoltos en última instancia por o Estado, desaparecerían si calquer ciudadano tuvera acceso a unha vivenda digna financiada por un Estado nos termos axeitados según cada caso?.
Onde está o risco, a aposta empresarial, dos bancos nas operaciós hipotecarias?. EN teoría, en ningún sitio. Na práctica, é fodido un deshaucio,outras consideraciós entran en xogo.Non é unha simple operación "mercantil" sin máis.

Anónimo dijo...

Ún dos lemas da campaña de Adolfo Suárez no CDS era "eu tamén teño problemas cos bancos".
Porque é un estereotipo, un cliché, un chivo expiatorio, un recurso doado para o populismo e atrae-la atención.
Pero falar por falar, e menos sen saber, non é nen debe ser propio do autor. Se non ten musas que lle inspiren outros temas, pois que non escriba. Cada ún é dono dos seus silenzos e escravo das súas verbas. Schumacher a tus zapatos, calla arteche que tú sólo sabes de fútbol, Afonso, so teñen sempre a razón os tolos e os fascistas.
E o número ún do PP é o millor que poideron atopar...no PSOE e no BNG.

xdc dijo...

Voulles contar por qué dixen que Monxardín atopóu a palabra axeitada, "golfería". Fai unhos anos, un amigo meu que sacara a carreira de Económicas cun expediente brillante, que levara a contabilidade de grandes empresas, etc. empezóu a traballar para un banco, de "mando intermedio". Cando o atopéi ao cabo de unhos meses e lle preguntéi qué tal se atopaba no novo traballo, torcéu o fuciño e díxome: "Esto eche unha gitanería".
Algunha vez que quixen transmitir esa idea a outras persoas, non o fixen, por os tintes "racistas" da expresión. Pero chega o Monxardín a salvarme, anos despóis, con "golfería".
----------------
O cálculo financieiro necesario pra tratar cós bancos apréndeo nunha tarde calquera que fixera o bacharelato por cencias. En duas ou tres, quen o fixera por letras. O interés simple, composto, o desconto,etc,etc, ríxese por fómulas alxebraicas simples. As "sumatorias" estudábanse en primeiro de BUP.Mesmo poden entenderse fácilmente o "interés continuo". O límite das sumatorias é a integral, e os límites dábanse en primeiro (as integráis sinxelas en segundo ou terceiro). Conceptos como "valor nominal","amortización do capital" ou "pago de intereses"," distribución no tempo",etc. enténdense coas "catro regras".
Imaxino que o Monxardín tería un par de tardes libres nos últimos anos. E, entre familia e amigos, inda ten bastante xente que lle explique o "tinglado".
Pra comprender os aspectos legáis, tampouco hai que ser unha eminencia do Dereito da talla do Von der Stein.

E, máis alá de todo eso, toda esa xerigonza non pode ser unha disculpa pra enfrentarse ao "senso común".

xdc dijo...

Con relación ó candidato do PP, sí que pode ser bó para o PSOE e o BNG no caso de que, como se rumorea, llo impuxeran ao Boss. Porque, si llo impuxeron, a sua "maquinaria electoral" non vai traballar máis que "a ralentí". Foi esa a amenaza que fixera cando lle quixeran impoñer ao Feijóo.
Bueno, eso aparte de outras consideraciós que se podian facer, claro.

apicultor dijo...

O Anónimo que se enrabecha co Monxardín, porén, non é quen de rebater nada do que di. Quen será o que fala por falar?

xdc dijo...

Propóñolle un tema, Mon-sieur Mon-xardin: O "senso común".Tan deprestixiado por moitos "expertos".

Fai uns anos, iba eu por o corredor de un hospital acompañando a unha persoa con certas responsabilidades políticas. Fixéime nas camas que había no propio corredor, e dixen "esto non está moi ben, a xente nas camas, nos pasillos. Esto hai que arreglalo". Él díxome algo así como "tú cala, que non sabes nada de xestión hospitalaria". Non respondín, pero penséi "claro que non sei nada de xestión hospitalaria, pero non hai que saber moito pra darse conta de que esto hai que facelo de outra maneira".

Para darse conta de que un coche está averiado, non fai falta saber moita mecánica, etc.

Moitos "expertos" non aprenden a poñerse no lugar do "usuario", ignorante pero con "senso común".

Teño entendido que nos Estados Unidos hai algo así como unha asociación polo senso común. Ao parecer, con influencia, ganada a pulso denunciando "barbaridades" da Administración en termos de "senso común", sen deixarse amedrentar por as burlas condescendentes dos "expertos".

O "usuarios" non damos soluciós, señores expertos. Ese é o seu cometido. Pero escóitenos,porque detectamos os verdadeiros problemas, e a vostedes céganos ás veces os de tipo "técnico".

Iacobus Von der Stein dijo...

Primeiramente felicito o Sr. Monxardin polo seu artigo, e apunto que non é preciso saber demasiado sobre o funcionamento dos bancos, para saber que son unha máquina de facer cartos, na que todo hai que decilo colaboramos todos.
Nos Tribunais estamos continuamente loitando contra a indefensión en que se situa o cliente, fronte a situación de preponderancia que a reglamentación mercantil outorga os bancos e caixas.
Direilles, por exemplo, que as caixas pleitean con xustiza gratuíta, e que os bancos consiguen, ano a ano, nas medidas de acompañamento dos orzamentos do Estado, privilexios que lles supoñen acudir o Xulgado na reclamación dunha débeda, con forza executiva -embargo preventivo-, cando a un particular ou a unha empresa lle é preciso proba-la súa existencia e a causa -orixe- o que algunhas veces é dificil acreditar, amém dos gastos procesuais que hai que soportar.

XDC dijo...

Ou sexa, que eso da "presunción de inocencia", ten excepción no caso de que un banco diga que lle debes cartos.

lobo entreverado dijo...

Os bancos tamén son os mores pagadores de impostos ó estado.

Hai que mimalos.

xdc dijo...

Con cartos roubados, págolle eu ao Estado o que faga falta.

Anque, si é para que o metan no peto os que se en autoerixen como os seus representantes, xa mo penso duas veces.

xdc dijo...

Respecto ao que dí Lobo Neghro no seu primeiro comentario.
Si todo o país non pode pagar as hipotecas, significa que o precio de esas hipotecas non é o "real", ou "realista". O "precio" de algo non é unha cifra asignada por mandato divino. Resulta da interación continua entre consumidores e os productores verbo do valor, sempre relativo, do que se intercambia. Ou debería selo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pedro Arias, número 2 do PP pola Coru.

Vanessa Medela Mourille dijo...

Está unha tarde como boca de lobo.
Teño de lle ir rezar a un defunto.
A miña filla négase a facer os deberes.
Un operario da construción está a cantar "Cuando decidas tú volver".

Viva Jalisia Caníbal!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Efectivamente. Os bancos non teñen culpa ningunha de que os que pediron un empréstimo para se hipotecar non mirasen a letra pequena do que asinaron.

De quen foi a culpa, pois? Acórdanse do debate Solbes-Pizarro na tele? Por qué nin o sr Solbes (que negaba que houbera crise) nin o palabras bonitas de Zapatero (que agora ten a faciana de dicirnos que "Hai que consumir") nos advertiron do que se nos viña enriba? A resposta é fácil, non?

Esta mañana "desaiunámonos" (como adoita escribir un coñecido escritor galego) coa noticia de que a Comisión Europea prevé que no Reino de Hespaña o paro chegará este ano ao 19% (dous de cada 10 persoas). Agora Solbes di que esas previsións son esaxeradas.

A quen crer daquela?

Anónimo dijo...

Que si, que si, que ZP e tropa son moi malos, malísimos, que si, que si.
E aparte diso, ¿ten algo que dicir?

Baldomino Medela (ausente en Zurich) dijo...

Nun congreso da Falange Española, en 1970, en Tarragona, pediuse (nun dos relatorios) a nacionalización da banca. Seica era unha vella reivindicación dos falanxistas... Linguaxe trapalleiramente contrarrevolucionaria ou social-fascismo ao modo Brezhnev?
O caso é que a cousa chegou tan lonxe, o ruxe ruxe foi tal, que o goberno de Franco viuse na obriga de desmentilo publicamente.

Falando noutra cousa, penso humildemente que ZP, antes, Solbes, están xestionando a crise dun modo máis 'humano' e máis 'profesional' que probablamente o que podían adoptar por Rajoy y sus muchachos, caso estiveren no goberno.

Pena do férreo antigaleguismo de ZP e Touriño.

XDC dijo...

Eso da "letra pequena" é outra golfería dos bancos. Un non ten que ir de pándigo por a vida, pero tampouco ten que andar sempre á defensiva, como se vivira no Chicago dos anos trinta.
As triquiñuelas como esa deberían ser punibles por a lei. Porque son malintencionadas.

Iacobus Von der Stein dijo...

Pois a mín anónimo das 6'55 xa me parece dabondo o comentario do anónimo que o precede.
Pero se quere unha clase práctica de masoquismo politico aderezado cun toque progresista, e unha deconstrución de esencia de populismo e esquerdismo a la pàge, lea os cartaces e valados publicitarios do PSOE ata o día das elecións.
Deprimente.
Xa lle anticipo que eu son da cáscara amarga e os progresistas e socialdemócratas de toda la vida, non-os aturo.

xdc dijo...

Algún progresista de toda a vida, con cargo público moi ben remunerado, lle paga 4 euros diarios a unha señora por a limpeza diaria da casa. E sen contratar.
E non me reten a decir quén é, porque igual o digo.
E casos de eses inda hai sei de unhos cantos. Adoitan a decir que son "aspectos personáis", que non deben mixturarse coa acitividade pública. Manda carallo.Ao zorro coñécese por as mañas. Logo éncheselle a boca falando de solidaridade e outras progresías, bla bla bla.
Eu, que son un ninguen ,págolle 20 euros a un senegalés sin papeles pra que me fale na sua lingua durante media hora (gráboo nun mp3 pra logo escoitalo varias veces), e chámanme facha e racista porque emprego ás veces a palabra "negro" pra referirme a un negro.

lobo neghro dijo...

DKV as explicacións particulares de tú a tú véñense paghando a 18,90 euros por hora. De que vas paghando o dobre?. Seghuro que tamén compras por ese precio a túa tranquilidade de conciencia ou enches calquer outro recoveco psicolóxico. Senon non se explica. Ou vas e cargas ghasofia a 2 euros en solidariedade co traballador emigrante?.

lobo neghro dijo...

Eu reparei en dous comentarios, no de Arume que fala de Pedro Arias de nº 2 do pp, eu que o cóñecín de preto resúltame un tipo brillante. E gustaríame coñecer os seus argumentos despois de ter sido concelleiro do psoe pola curuña.

O outro o do sr. Baldomino quen acerta no meu parecer en defender a xestión dos Zp e Solbes, fronte a xestión presumible daqueles prepotentes-neo-liberais-neo.com que coa súa filosofía nos meteron nesta canella.


E nos picamos por falta de sentido común, por falta de formación, por cegueira ambiciosa, por vagos, por consumistas, por contradictórios, por humanos.....ata a queda final....sempre!

xdc dijo...

É que eu non pago a media hora que estou có "teacher", Lobo . Pago as horas de agradable entreteñemento que paso despóis eu sozinho destripando a gravación, que versa sempre sobre un tema concreto. Por decilo de algún xeito, pago "tempo comprimido".

xdc dijo...

Propóñolle o seguinte tema de estudio psicolóxico baseándose na miña persoa, Lobo.
Vostede sabe que eu son solteiro, e que non teño fillos. A ese senegalés que me da "clases" págolle gustoso eso, porque sei que eses cartos van instantáneamente para os gastos dos fillos pequenos que ten en Senegal. Cando me di que gracias a eses cartos poideron comprar os novos libros ou cadernos novos, ou roupa nova síntome feliz, como si eses poucos cartos multiplicaran por mil o seu valor. Os catro güisquis que puidera pagar con eses cartos, daríánme tamén satisfacción pero, bastante menos, e cualitativamente diferente.
Analice, analice os "recovecos psicolóxicos".

lobo neghro dijo...

Dkv, adíantaste tanto ós tempos que vas acabar esfuciñándote.

Oes, camarada, hoxe estiven no campamento xitano e tes que velo. Irémolo ver cando lle encarguenos os novos retratos ó Manolo Gharrido.O campamento é pouco menos que alucinante, viven en naves prestadas, antigas naves de gando, varias famílias en cada nave repartidos nos cubiles da facenda. Lembrarónme moito as casas alongadas e compartidas dos índios huróns. Pero estos cheos de merda e lixo desorganizado. Son unhes coitados. Con todo a conflictividade que nos arman nas aulas, hoxe decateime que son unha probe xente e canto se faga por eles ha de ser bo para todos.

"Non teñen máis ben co que lle fan".
"Eles, tamén son de dios". Ambos ditos da miña aldea.

lupus nigrum (homaxe a Marguerite) dijo...

Perdón, lapsus da escrita, non correcto dominio. Quixen decir que os que están cheos de merda e lixo escagallado son os xitanos. Non os amerindios. Precisamente é unha das cousas que me chocan, sendo os índios incluso primitivos, e non primarios, eran limpos, aseados, estéticos, organizados...o cal non acostuma a acontecer coa etnia "Egitana".

xdc dijo...

Pódelle contar unhas cantas cousas de eles o Padre Crisanto, dos Miragres, seguro que o coñece. Tenlles organizado moitísimas actividades, e quéreno moito. Él vailles có seu rollo de Xesucristo e tal, de paso, xa sabe.

xdc dijo...

Referíame aos de Maceda, que imaxino que é aos que se refire vostede.

lobo neghro dijo...

P. kuras, non dan nada de balde. Sempre a querer meter o "torturado ese", ata con vaselina. O seu non é amor, é puro interés, como o dos bancos; tamén é política.

O amor é desinteresado. Hai ongs superiores moralmente ós p. kathólicos.

lobo neghro dijo...

Egiptanos, porque cando entraron en España por os Pireneo, pensaban que viñan de EGIPTO.

XDC dijo...

O sufrimento de Cristo debéu de ser bastante grande, sí. Pero si sumamos os millós de pequenos sufrimentos ,nos séculos posteriores, de toda a xente á que chegaron a convencer de que eles eran os culpábeis, posiblemente a Redención xa esté pagada.

O outro día, partindo do feito de que eu non digo "todos e todas", un amigo do PSOE, seguindo un alucinante proceso deductivo, chegóu á conclusión de que eu era o responsable das fosas de Franco. Eu díxenlle: "Moito aprendiches cós curas. Moito lles debedes. Ensináronvos a facer que a xente se sinta responsable do que pasóu antes de naceren eles".

XDC dijo...

Os ciganos entrarían por o Pirineo, que non é o mesmo que o Pireo:PREMER.

Anónimo dijo...

Vostedes tamén son "Anso" Quintana (como di un do público)?

http://quin.tv/

Corinne Medela Dabouza (Miss Caldas de Reis) dijo...

Gustoume esta frase, Dacova:'Ensináronvos a facer que a xente se sinta responsable do que pasóu antes de naceren eles'.
Grazas.-

XDC dijo...

Sí, Medela , sí.

Por exemplo, vostede, por ter nacido home, xa nace cun Pecado Orixinal: O maltrato e os abusos que outros homes lle inflixiron ás mulleres, no pasado. O único xeito que ten de purgar (sempre parcialmente) ese Pecado é comportarse coma un ghilipollas en situaciós nas que o poderían tildar de machista por as cousas máis surrealistas.
A verdade é que o saben facer, eso de que a xente se sinta culpable, pecadora. Técnicas típicas de secta. A palabra clave é "facha", coma para os curas era "pecador".

Nadia Medela (Miss Bande) dijo...

Desculpe, Dacova, non entendo demasiado ben este parágrafo: 'único xeito que ten de purgar (sempre parcialmente) ese Pecado é comportarse coma un ghilipollas en situaciós nas que o poderían tildar de machista por as cousas máis surrealistas'
Podía poñer un exemplo??
Grazas, e un saúdo.-

XDC dijo...

Xa lle puxen un: non decir "todos e todas".
A mín non me importa que o diga quen queira decilo, é moi libre. Pero non que mo impoñan tildándome de "machista", ou "facha" si non o fago.
É un exemplo.

Córdula Medela (ausente en New Jersey) dijo...

Grazas, Dacova. Efectivamente, agora parece que hai un GH vixilante, vingativo e castigador de todos os que se afastan ou non se bautizan na nova relixión do correcto.-

lobo neghro dijo...

Eu recibo mensaxes dunha cooperativa de consumidores, desos de avangarda bio, que escriben nun galego salvaxe e suxo, e o xustifican co dereito "a liberdade" e contra a homoxeneización.

Unha das cousas que me irrita é que algún deles de sexo macho, (duvidoso, porque hai máis sexos que dous), zanxa a cuestión feminizando a todos os lectores. "Bicos gordos a todas", e sempre a referirse a "todas". Como tamén hai homes (????, ningún protestou, entre eles está Camilo Dacova), entendo: ou que o que así se despide é un maleducado e esquence despedirse dos homes, ou está radicalmente a feminizar todo, o cal é aberrante. Unha sociedade de eunucos. Como el.

Despois resulta que son moi solidarios, avangardistas, entregados para os de risco de exclusión social etc...pero unha cousa non quita outra.

Non podo enfrontarme a eles por estas cousas, non vale a pena, pero eu tería que mandalos a merda.

XDC dijo...

Bueno, home, sobreenténdese que se refire a todas as persoas. Ou a todas as almas. Ou a todas as criaturas presentes. Ou a todas as miradas. Ou a todas as atenciós.

Ao meu irmao quédalle tempo para esas cousas, desde que tuvo o fillo?. VAia.

Anónimo dijo...

Estase a prosituír a linguaxe para enmascar a realidade.

Estoutro día tiven un problema cunha determinada aplicación informática nunha empresa. Despois de enviarlles un correo aos responsbles, recibo como resposta que a "incidencia" xa está resolta. Non tal: non foi unha "incidencia" senón erro seu. Pero así está a pasar en moitos campos: a xente non asume a realidade e isto reflíctese na lingua. Os vellos son "anciáns", etc.

XDC dijo...

Outro tanto pasa coa linguaxe dos vendedores. Cando me veñen con circunloquios e modernas expresiós de marketing, eu dígolles: "Mire, dígame claramente qué é o que me quere vender e o precio, que teño máis cousas que facer".
Nestes casos concretos, eu sempre penso que a sociedade superóu o tabú do sexo, pero non o dos cartos. Pra falar de cartos cun descoñecido, moita xente acompléxase, e emprega unha morea de eufemismos.
Non sei se acordarán conmigo en que a xente de esquerdas emprega máis eufemismos para falar de cartos que de sexo. Na xente de dereitas, adoita a suceder ao revés.
Igual é por eso por o que logo, na intimidade, as cousas son diferentes, nun e noutro caso. Non sei se me explico.