A MIRADA RETIDA
AS BURGAS. La Región 4-1-09
Marcos Valcárcel
A identidade das cidades consérvase de moitos xeitos: nos seus lugares máis emblemáticos e monumentos; tamén nas súas xentes populares e nos faladoiros que fan transmitir a memoria oral urbana, aquela coa que logo tamén traballan moitos artistas e escritores. Pensemos noutras urbes galegas: Santiago, Lugo, A Coruña, etc., en calquera delas hai un parque ou monumento que mantén a súa fisionomía orixinal dende hai case un século. En Auria tivemos o Xardín do Posío, derradeira lembranza do Ourense romántico do século XIX, e deixámolo estragar nas súas dúas terceiras partes.

Quedan as Burgas, sen dúbida o lugar máis visitado por turistas e curiosos. A súa contorna tamén variou, aínda que xa tiña un xeito de xardín arredor hai moitos anos. Vexan esta postal dun fotógrafo catalán, que me enviou un amigo (XGT). Dime que se sacou cara 1949, eu pensaría que era máis antiga. Había aínda un gran campo próximo e non existía a actual rúa do Doutor Marañón. Por riba deste campo, estaba o patio de recreo, unha horta, do colexio Cisneros, onde impartía docencia, entre outros, don Xoaquín Lorenzo.
1 comentario:
Eu tamén gosto moito de Chaves. E un meu tio político, que se crióu en Vilarello da Cota, Vilardevós, a vista de paxaro desde Chaves, inda máis.
Quen ten malas lembranzas é o meu pai, ao que un "guardiña" multóu unha vez por pillar unha troita a mau, no río, diante de toda a xente que estaba a se bañar.
Si alquilan unha das barcas a pedáis, non pasen por baixo da ponte. Xa llo recomendan alí. Pero, si non fai caso, pode quedar embarrancado, como lle pasóu a "un amigo meu" que foi de listo e quedóu moi mal coa rapaza que o acompañaba e á que quería impresionar.
Tamén hai unha tenda de instrumentos musicáis, nunha rua algo pina, onde pode comprar as partituras de deliciosos fados.
Publicar un comentario