Velaí algunhas das fotos que me trouxo Pili esoutro dia. Imaxes da miña infancia e adolescencia.
Na primeira, moi pequeno (8 anos?), o ano que fomos no verán a Foz. Logo, outra imaxe na praia, posterior no tempo (14 anos?), coa miña nai e o meu irmán Óscar, este poñendo o bañador.
Na terceira, unha Noiteboa cos avós paternos, José Antonio e Rosalía, e a miña tía Olguita, a súa filla Pilar e os meus irmáns Fátima e Óscar; os meus pais de costas e eu lendo un tebeo, creo, e pasando de todo. Supoño que aquel ano non estaban o tío Maxi e os primos de Barcelona, que viñan sempre polas festas.
Na última, máis recente (16 anos?) coa miña nai, Fátima e Óscar. Dos meus tempos de nadador no Pavillón: obsérvese a ausencia da barriguiña que xa aboiaría en Compostela.
5 comentarios:
Amenización musical do post:PREMER.
perfecta adaptación musical, graciñas, XDC.
Como hai tantas adicatorias ao Marcos en tantos blogs do blogomillo, i eu non quero ser menos, escribín neste serán de reis, este relato no meu blog:PREMER.
Moitas grazas, don XDC.
Son un dos Noriegas de Mondoñedo, criado a carón desas rochas da praia da Rapadoira de Foz. O meu ancestro ía tódolos veráns mollalos pes a esas pucharquiñas desa praia cando estaba en Calvos de Randín e en Trasalba. Co seu chambergo, a caxata na man e o caravel roxo na chiqueta de pana, cor verde, tiña sempre ademiradores enderedor súa. Levouse ben con Vicente Risco e demais.
Xa levo 54 primaveiras e vexo que o "yodo" desa praia enmeigadora é leda inspiradora do seu estro.
Publicar un comentario