10 ene. 2009

Outra visita (dos meus alumnos/as)

O xoves pasado viñeron visitarme varios exalumnos do IES A Carballeira. Todos moi boa xente: Laura Blanco, Ada Ndong, Luís Jesús Iglesias, Fátima e Adrián Laso. Laura anda por Lleida facendo Medicina e xa responde en catalán nos exames. Ada estuda Terapia Ocupacional en Burgos. As dúas, boas estudantes, están contentas e teñen unha vida por diante chea de potencialidades. Como a teñen Jesús, Adrián e Fátima que seguen na Carballeira e agardo que este ano conxuguen a sorte e os esforzos necesarios para rematar o 2º de Bacharelato.
Foi unha xornada moi agradable, lembrando anécdotas e amigos comúns. Contáronme que en Historia o amigo Xabier López lles mandou ler a miña Historia de Ourense, agradezo o xesto.


Como por este blog veñen de cando en vez compañeiros profesores/as, aproveito para dicirlles que estes mozos/as son unha xoia, falo sobre todo do plano humano, e que lles boten unha man nas avaliacións (e non ó pescozo). E para corresponder ós agasallos que me trouxeron, eu só podo agasallalos agora con este fermosísimo poema que José Agustín Goytisolo escribiu para a súa filla Julia. Que o lean como un mantra oriental nos momentos difíciles:

Hija mía es mejor vivir
Con la alegría de los hombres
Que llorar ante el muro ciego.

Te sentirás acorralada
Te sentirás perdida o sola
Tal vez querrás no haber nacido.

Un hombre solo una mujer
Así tomados de uno en uno
Son como polvo no son nada.

Tu destino está en los demás
Tu futuro es tu propia vida
Tu dignidad es la de todos.

Otros esperan que resistas
Que les ayude tu alegría
Tu canción entre sus canciones

Nunca te entregues ni te apartes
Junto al camino nunca digas
No puedo más y aquí me quedo.

La vida es bella tú verás
Como a pesar de los pesares
Tendrás amor, tendrás amigos.

Perdóname no sé decirte
Nada más pero tú comprende
Que yo aún estoy en el camino.

2 comentarios:

apicultor dijo...

Hai acaso un mellor agasallo? Parabéns, amigo Marcos, por estar na memoria dos ex alumnos. Está claro que por algo será.

Xosé M. González dijo...

Agasallo sen comparanza, en efecto. Quero contribuír na recíproca, se ao amo da casa non lle parece mal.