10 ene 2009


Un libro moi recomendable
(eu téñoo nunha vella edición de Plaza Janés)

Yourcenar abre os ollos.
M.MONTIEL/EFE. Galicia Hoxe 10-1-09.
Considerada a gran dama das letras francesas, Marguerite Yourcenar alcanzou o éxito editorial con Memorias de Adriano, pero foi unha gran descoñecida ata que abriu o seu pensamento ao xornalista Matthieu Galey, nunha serie de entrevistas que deron como resultado o libro Cos ollos abertos, que vén agora de publicarse coa editorial Plataforma e onde se recompila a esencia do pensamento de Yourcenar a través das preguntas que Galey, lle foi facendo ao longo do tempo e en diferentes momentos.
Así, a primeira muller que entrou na Academia francesa, aparece espida neste libro a súa alma e o seu pensamento, mediante conversas e longos monólogos, para falar, entre outras cousas, da súa escritura e dos seus autores favoritos, ou da importancia de Adriano.
Tamén reflexiona sobre a súa infancia, o feminismo, o medio, o amor aos animais, a relixión, o racismo, o aborto ou a política, ou sobre o complexo de vivir. ­Toda unha lección de vida impartida por esta autora complexa e sen prexuízos e que aseguraba que lle gustaría chegar á morte "cos ollos abertos", entendidos como "con pleno coñecemento da experiencia".

6 comentarios:

Selina dijo...

Lin este libro hai moitos anos, terei que rescatalo da doble ou triple fila dalgún estante no que repousa.Si, lembro que me chocara moito o seu nomeamento como "caballero" a súa entrada na Academia francesa.

Anónimo dijo...

"Memorias de Adriano", un dos libros máis fermosos que teño lido.

Marcos Valcárcel López dijo...

INSISTO. É un libro magnífico, deses que, aínda aberto ó chou, sempre teñen algo que nos dicir.

Anónimo dijo...

Leerémolo don Marcos. Por indicación sua e porque a personalidade de Marguerite Cayencour, alias Yourcenar, é suficientemente complexa e sumamente atractiva. Tamén sinceira e valente. A mín ghustame particularmente saber como crea. Como foron os procesos de creación, notablemente nas memorias de Adriano.

Despois do descubrimento desta autora, eu linlle outras obras como Ana Soror, traducida con posterioridade ó galego, ou Souvenirs pieux, as suas memorias e L'oeuvre au noir, traducida ó castellano como opus nigrum. Non sei se está en galego.

En todo caso, fortísima personalidade e autora en língua francesa fundamental no século XX.

Anónimo dijo...

Lerei o libro de Yourcenar, escritora esplendorosa. Son devoto dela desde o dia no que lin "Momorias de Adriano", na traducción de Cortázar.Por circunstancias da vida, como decia o outro, é único libro que lin dela.Espléndida beleza naquele libro...

Anónimo dijo...

Crayencour, perdón, antes non cadabra . Yourcenar, faltaba un "r".