1 ene 2009


A UPG reaviva as tensións internas do Bloque coa súa blindaxe nas listas
A forza que dirixe Francisco Rodríguez asegúrase por primeira vez o 54% dos escanos nacionalistas

A viñeta tamén é de LVG.

48 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois quen sabe....

Anónimo dijo...

Eu teño que confesar que non sabía que había tantos sectores críticos e tantas tendencias. Sería alguén tan amable de explicarme as diferencias entre eles.

Anónimo dijo...

Servíao de boa gana, Arume, pero téñome autoimposto ler pouco o medio de referencia ata que por alí vaia pasando un pouco a acidez de estómago, ou o que sexa. Igual, logo, deica o 2 de marzo, que xa tanto terá.

Achego, en todo caso, un matiz que non rexistran titulares: UPG e quintanista, neste momento, son termos relativos. Algún comentarista de foro di que dous cabezas de lista comparten ambas condicións. E non me parece nada obtuso.

Anónimo dijo...

As listas. Véxase o comentario número 14.

Anónimo dijo...

Máis estopa, sobre todo en comentarios. A de amigos que lle saen agora á Ánxela Bugallo. Igual mesmo resulta conmovedor; ou sardónico.

Non é cinismo. Este asinante foi dos que non fixo leña da conselleira, cando seica tocaba.

Anónimo dijo...

A ver se agora.

Anónimo dijo...

Eu farío encantado Arume, pero é que estou ocupado corrixindo exámes.

Anónimo dijo...

Polo menos unha relación. Please, porfa.

Anónimo dijo...

Se lle vale.... Despois, entrar en fluideces coma ismaelitas, os da leira de Poutomillos, etc., deixémolo se quere ata o día cinco, que vou andar ausente de aquí. Non para corrixir, que segundo é de ver ultimamente, nin o que un mesmo escribe.

Por certo, que propia queda a carnívora upegalla da ilustración. Aínda ha devorar ao pobre incauto.

Anónimo dijo...

Outros falan diferente da medoñenta hidra. Tampouco non andan en moitos titulares, e igual era cousa de coñécérense algo tamén. Páseno bo, xa falaremos.

Anónimo dijo...

Eu creo que a UPG non existe.
É algo así como os Reis Magos, que tiveron existencia e permiven na memoria e na lembranza pero non viven xa.
A UPG non a hai. Funcionou como unha loxia de control do magma nacionalista... pero conforme avanzaron os tempos, fóra do romantismo do carné, non está entre os vivos. Porque os seus dirixentes apostaron pola vía constitucionalista e pactista contraria aos postulados primixénios.
Porque eles son máis conscientes que ninguén que do que se trata é xestionar no posible o sistema. (adxudicación de parques eólicos e non "nacionalización da banca" ou outras tonterías residuais que permanencen nos postulados escritos).
Porque cada un vai ao seu. ¿Imaxinan unha momento no que alguén lle dixera a, por exemplo Alfredo Suárez Canal, que quieres más a papá o a mamá, a que colo se subiría, ao de Paco Rodríguez ou ao de Anxo Quintana? (E non precisa colo ningún, por suposto, que lle dá papas con leite a ambos, ollo).
Creo que a vitoria da UPG foi que non deixou constituir ao BNG como un "partido normal" desde a base aos dirixentes. Así todo cheira a compoñenda entre sectores, faccións, partidos, cuotas e demais trapallada. E por iso a xente non vai ás asembleas, etc.
¿É crible que unha cousa -pois partido non é- con tales cuotas de poder non reuna a máis que unhas ducias de militantes en cada cidade para o das listas?
Pasa como coas oposicións amañadas á Universidade ou á Deputación. Ninguén se presenta porque todos saben xa o resultado antes.
De momento, as forzas menos conservadores -quintanistas- están actuando ben. Nas tormentas ou preto dos cons da costa, hai que sacar o speed, recoller algo a xénova, facer, se cadra, banda, pero mantendo sempre a caña ben fixa no obxectivo final... e se hai que facer dúas ou tres viradas para chegar a bo porto, pois fanse e xa está.
A UPG deixou de existir. Só é un colectivo de defensores do seu pan de liberados. Os outros, os que se gañaron a vida pola súa conta, teñen uns lazos máis febles, sabedeores de que o tempo dos partidos m-l, comunistas patrióticos pasou e non volverá. Por sorte.

Anónimo dijo...

Este Babieca fala moi ben, e amáis ten o titulo de patrón e/ou capitán de embarcación de lecer.
Teña bos días amig@, que nestes que andamos telas cousas tan claras, ca que está caendo, xa é moito. Eu sígolle a corrixir exámes, que lle estou a votar unha man ó Saavedra

Anónimo dijo...

E non será que tantos críticos e tantas tendencias como paren agora, aparecen ó aveiro do poder e o comportamento que teñen deixou e deixa moito que desexar. Así por exemplo: deslexitimando sempre e en calquera caso o resultado democrático das assembleas, aludindo a porcentaxes que non son maioría, pero impondo os criterios pola vía da opinión pública, facendo dano, quizaves máis co que farían se formasen outra alternativa política e se apresentasen ás eleccións. Un sector importante, farto de debates sen contido, estamos desexando que se escindan e que den de sí o que teñan que dar, sobre todo medila súa capacidade de traballo, aparte da escénica, tanto no eido político como no sindical, a ver!

Anónimo dijo...

Por non dicer a actitude de algúns que formaron parte das listas, e no primeiro treito; quens criticaban aberta e públicamente a composición das mesmas amosando o seu desacordo. Se ésto se pode entender políticamente entón que vaixe Deus e o vexa.
A súa falta de lexitimación política comeza na súa falta de ideoloxía: sempre lle compre algún inimigo que os arrexunte, néste caso unha hipotética UPG, non hai outro criterio político alternativo e nótase básicamente cando se lles encargan tarefas de governo, non dan unha pero a culpa sempre é de quens estiveron antes. Qué peniña!

Anónimo dijo...

COpio e colo: "defensores do seu pan de liberados".

Anónimo dijo...

Pachi, asediadoO sindicato CC.OO. acaba de poñer en graves apuros ao conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez…E é que Sogama vive unha revolta sen precedentes na que a práctica totalidade dos seus técnicos acusa de irregularidades ao seu presidente, José Álvarez, home de confianza de Vázquez. Precisamente, esta presión e a intervención da Garda Civil, fixo que na Xunta tomaran cartas no asunto para que o propio Álvarez aclare todo o que teña que aclarar. Ademáis da súa comparecencia de hoxe, dende Presidencia xa se deron ordes de analizar os procesos selectivos denunciados a un equipo de interventores afíns. A pesar de que cren nas explicacións do presidente de Sogama e acusan ao PP de iniciar unha campaña de desprestixo a través de CC.OO, o certo é que a intervención da Garda Civil causou sorpresa e certo temor na Xunta. Se as súas investigacións detectan irregularidades, o presidente de Sogama podería ter que dimitir a pesar do apoio expresado por vázquez. O propio Pachi por ser conselleiro xa se salvou de non ser procesado por acoso moral (mobbing) a unha traballadora do Concello do Carballiño.1 Xaneiro 2009 Amigo Tinto, Pachi Vázquez é un gran exemplo do mesmo que foi Cuíña, que é Baltar ou que foi outro Vázquez, don Paco Medallas: exemplo de cazo, de acoso laboral, de caciquismo….. por que ninguén se para a sacar contas para ver de donde sae o patrimonio do conselleiro? por que non se mira que o constructor que lle está a facer unha mansión en Montes (San Amaro) é o mesmo ao que lle caen as contratas de Medio Ambiente (co cal a casa lle sae gratis porque a facturan nas contratas, o mesmo constructor que foi candidato do PSOE en San Amaro e que está denunciado por dar cheques sen fondo. De donde saen os cartos para montarlle o conselleiro á súa filla unha fábrica de cosméticos no Carballiño que traballa en exclusiva para a Fundación San Rosendo? Por que a clínica de fisioterapia que ten no Carballiño está a nome dun fillo que non está a fronte dela porque é atleta e está en Madrid? De donde sairon os Toyota Land Cruiser, Audi A3, BMW e Mercedes que se mercaron o conselleiro e a súa familia aos poucos meses de acceder ao cargo? De donde sae a pasta para manter os seus cabalos, Cuadra San Amaro, como “internos” no hipódromo da Zarzuela…. Mentras sigan existindo tipos como Baltar, Pachi Vázquez, Francisco Vázquez e similares a democracia en Galicia non será máis que unha triste patochada
Non puiden deixar pasala oportunidade de colgar esta interesante colaboración do Galicia Confidencial, porque hai que por de todos, non vaia ser que se cabreen os da outra beira, éste é un blog plural. Un saudo e Felices Festas a todos.

Anónimo dijo...

O profe González é GOD.
O avogado Dapena é un DEMIÑO.
O señor Babieca é un espírito irreal, tanxencial e simpático (perigoso, no entanto, pola súa intelixencia).
Cilicio é chicote 'in misericorde', e perigoso, tamén; mi madriña, que nivel!!!
Onde é que andará o señor Apicultor??
A ollar para todos nós por detrás da sebe de pedra.
Cumprimentos tridimensionais e arraianos.

Anónimo dijo...

Sra. ou srta. Yadira Josefa Medela, qué pasa! o de Sucinto non lle interesa?
Ou é que lle queda moi ceñido?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Unha sebe de pedra? Será a Santa Sebe, aquel marabilloso pub d'Uvieu, digo eu.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Saavedra, vostede non lerá o medio de referencia pola acidez de estómago, pero o outro queima incensarios, amigho meu.

Anónimo dijo...

Si que me interesa... O que pasa é que tiven un mozo no Carballiño e non podo (debo) falar.
Saúdos, Succinto.-

Anónimo dijo...

Xa quen estamos no 2009 compriría facer unha interpelación con D. Ramón Piñeiro. (Por certo, ¿con quen o comparamos, co señor Martin Heidegger? ¡Sorpresas me da la vida, la vida me da sorpresas). Don Ramón Piñeiro tanto quixo construír unha posibilidade de nación galega que renunciou a todo para facer posible todo. Intentarei explicarme. Como nación plenamente constituída, debería ter todas as instiucións, cando menos políticas, esquerda, dereita, dereita, dereita, esquerda. Creemos nós as nosas propias institucións -políticas- para que, cando as uvas -con perdón- estean maduras, non nos collan en bolas. (Pero colléronos, ¿ou é que ninguén lembra ós nacionalistas históricos como independentes nas listas do PSOE?)
O Delfín -¿ou deberiamos dicir Golfiño?- apadriñado por todos eles, o Xosé Manoel, educado con educación dun príncipe, que regresou malpervertido dos Parises, ¡marxista, meu Deus, marxista!- ¿foi un enxendro do señor Piñeiro ou do Dr. García Sabel?. ¡Oh, Santa María Marabillas nos vaia!
Ben, colléronos, non. Colleronnos -a eles-. Eu, daquela, era dos que cantaba o himno galego cando estaba trompa. Síntoo. Tamén todos cantabamos o Asturias patria querida, e mirade agora. ¡Ata o vástago borbónico!
E chegado a este punto, e logo de libar aproximadamente litro e medio de mencía de Pantón, sen pai nin nai, espurio, pero ledicioso e gorentador, debo confesar que perdín o fío do discurso e estou tentado de botar un xuramento dos que fan época. En troques de xuramento, botarei un aturuxo. O viño évos un invento bíblico, con maldicións pateno/filiais polo medio, logo mítrico, despois eucarístico e a min tráeme moitos problemas porque estou namorado del. E como xa perdín o
fío, gustaríame dedicarlle un brinde ó señor Delapierre, xa que na súa familia hai avoengo tabernario nun dos currunchos máis etílicos de toda Galicia: a Praza do Campo de Lugo. E de don Ramón Piñeiro xa continuaremos falando. Agora non. Agora vou darlle un bico directamente a villa do pipote. Encántame mamar da villa. Déitome debaixo da pipa, xiro un cuarto e deixo esbarrufar o viño pola boca aberta, o queixo, o pescozo, o peito... Amén, Medela, amén.

Anónimo dijo...

amigo, mesmo, se non estivera tan ocupado corrixindo exámes e tan maliño por estas festas brindaría a súa saúde, e xaora que non me importa que vostede o faga a miña; pero nin se lle ocorra facelo ca purrela de Pantón. Abra un Rioxa, Reserva, non sexa cutre, que vai fodelo estómago con tanta acidez.

Anónimo dijo...

Cómo se escaquean por aquí de certos temas!. O sr. Gonzalez abre a billa, o Arume marca tendencias, o Babieca, moi moderno e ben pensante remata dun caneo co mundo das ideas. Sucinto descobre certas intimidades: Cilicio abre outra billa rachando dúas taboas da cuba ó darlle co martelo para os lados e Yadira Medela en coma etílico, con confusións carpetovetónicas e disfuncións múltiples. Delapierre: disculpe que non-o mente, posiblemente é que non captei o presunto interés das súas palabras.

Anónimo dijo...

Había anos, e está evidentemente a falar un ignorante, que non lía cousa que tanto me gustase como o post do señor Mesmo Disimulando {vie ene 02, 08:43:00 PM} .
Admiro o que para min é absoluto dominio da linguaxe e incisiva (non contusa) penetración do coitelo de matar porcos na manteiga da realidade.
Respectivamente a esta frase: "En troques de xuramento, botarei un aturuxo", se todos os galeg@s fosen quen de soldaren tal grupo de sintagmas, todos os galegos, fosen ou non nacionalistas, o noso país había ser agora a California da Europa.
Saúde, cabaleiro Mesmo Disimulando.
Espero ter o honor de coñecelo 'in the flesh' algún día.
Seu


Medela

Anónimo dijo...

Mi madriña! Canto falaron na miña ausencia. Tanto que non dou feito a ler e asimilar todo o que escribiron. Tamén é verdade que as miñas facultades están aínda máis mermadas do que é habitual, pois hoxe papei un potente e atómico xantar protohistórico digno dun Medela ou dun Monxardín: bandullo a eito cos seus bos cachelos e bo viño.

Abofé que se non fose polo protector gástrico (abenzoado sexa o seu inventor) estaría agora plenamente destrozado. Desculparán, logo, que non entre nas cousas esas da UPG, algo irrelevante se o comparamos cun bo bandullo comilfó.

Pórtense ben os días que quedan, que os Reis Magos toman apontamentos até o derradeiro segundo. Logo non se me veñan queixando.

Anónimo dijo...

Un xantar "atómico" debe ser aínda máis pequeno que se fose "molecular"... Moita fame debeu pasar o sr. apicultor

Anónimo dijo...

Moi bo o retruque, Babieca, moi inxenioso. Mais do contexto infírese que utilicei "atómico" non no senso das ciencias físicas, senón como sinónimo de "explosivo". Ademais, nomear ao Medela e ao Monxardín non pode ser equivalente a pasar fame, abofé que non. E hoxe toca cocido para agasallar a uns amigos de antano que veñen de visita.

Marcos Valcárcel López dijo...

don APICULTOR, moitas comerotas xuntas... cóidese e moderación co tabaco ...

Anónimo dijo...

Trabuqueime no menú, amigo Marcos. Era bacallao con verdura, cachelos e sofrito, e de postre flan de laranxa. Cousa sobria, pois.

Por certo que hoxe degustei un fantástico moscatel que, lonxe desa purrela sobreazucarada que adoita pasar por tal, ten un extraordinario bouquet e un delicadísimo sabor. Pódeno atopar en calquera Mercadona, supoño.

Unha botelliña de 500 cc. que custa un máis que razoable prezo de 6 euros. Chámase "Riberas de Marco Fabio". É da Rioxa, e ten gañado o primeiro premio por terceiro ano consecutivo do concurso oficial AVIMES. Consúmano, xaora, á fresca temperatura de 4-6ºC.

Pracer de deuses, meus amigos, dígollelo eu.

Marcos Valcárcel López dijo...

INFORMACIÓN, sobre todo para Xaime da Pena

Prisciliano do Partido Galeguista
José Luis Fernández Díaz, LA REGIÓN 04-01-2009

Tendo os pes bem postos na Terra, fazer uma aposta pessoal por dedicar-se aos demáis desde a opciom política nacionalista sinceira, tem tantos riscos que nom chega com levar ‘casco’ para que che dem labazadas pola dereita e pola esquerda. Iso mesmo foi o que lhe aconteceu ao Prisciliano do actual Partido Galeguista, e digo actual pois pouco tem que ver co partido histórico do ourensam Alexandre Bóveda.

Analicemos pouco a pouco. Desde o VIII Congresso de Refundaciom o 13 de novembro do 2004 na cidade do Lérez, no que estivem presente ao ser convidado, na companha de Luis Taboada Camoeiras e doutros galegos loitadores e generosos, quixem estar calado por respeito a moitos amigos que ainda nom se decataram do grande erro de estrategia, co risco engadido, que era ir recolhendo aos revotados e expulsados doutros grupos políticos. Nese Congresso Manuel Soto foi nomeado secretario geral e no seu discurso rematou cum ‘acto falhido freudiano’ decindo que ía trabalhar com todas as súas forzas polo partido socialista, o que emendou de inmediato entre os risos dos presentes. Penso que assím o fixo, trabalhar dalgún xeito para os outros grupos políticos, e nas eleiçoes municipais perderom a pouca representatividade que tinham no Concelho de Vigo.

Isto é tam só uma anedota num mar de loitas contrarias a confianza que Prisciliano tinha no Partido Galeguista e que segundo as suas palavras: ‘O tipo de partido polo que sempre devecín é un partido de bos e xenerosos, que non deixe lugar prá vanagloria persoal nen prá envexa, un partido aberto, que non deixe lugar ao inquisitorialismo, un partido no que os que gobernan non pelexen por estar enriba senón por estar debaixo servindo aos demais, no que os seus dirixentes non se autoimpoñan, senón sexan libremente recoñecidos polos demais, no que a conspiración sexa sustituida polo pacto’.

Com estas ideias, entre outras o Prisciliano chegou a presidir o Partido Galeguista desde janeiro de 2008 coa sua eleiçom no IX Congresso; pero pouco durou a aventura de voltar ás fontes do Partido histórico, cando ademáis do señor Soto ja se embarcara o señor Troitinho (candidato á alcaldía de Ourense, financiando a campanha cum crédito pessoal?) e outros dos que é melhor esquecer que estiverom em política. A tensiom que poida haber em toda agrupaciom política era e é moito maior num partido ‘basoira’ que ía recolhendo aos revotados e dinosaurios que, de nom seres polo Partido Gale guista, só existiríam nas hemerotecas. Manolo Suárez, o Prisciliano do Partido galeguista, o meu amigo e irmao na fe, decatou-se que seguir na trajectoria de contar sempre a verdade nese contexto rancio, comezaba a ser imposibel, por iso escrebeu a carta de dimissiom e convocatoria doutro Congresso, que todos podemos ler na web do actual Partido Galeguista.

Anónimo dijo...

De verdá que eu vou mandar a Soto, Troitiño e demais rebotados (con b, señor José Luis) a un gulag de Siberia a -40ºC. E pensándoo ben, tamén a todos eses Priscilianos por seren demasiados parvos.

Anónimo dijo...

Vou correndo a mercar ese viño que recomenda Apicultor. Teño un super cerca. Xa contarei.

Anónimo dijo...

O malo das botelliñas de 500 cc. é que rematan axiña, dígollo eu.

Anónimo dijo...

De verdá que onde estea unha botella de vodka de 1.000 cc., que se quiten todas esas bebidas pequenoburguesas e señoritingas que vostedes toman. O vodka é o mellor pra estar nun gulag de Siberia a -40ºC.

Xaime dijo...

Grazas don Marcos polo artigo pero xa o lera nunha alerta que me remite Google cando falan do PG.
Non sei que lle diga, non coñezo ao autor do artigo e sobre o seu contido, constata feitos pero ten erros de bulto na análise dalgunhas persoas.

Anónimo dijo...

Aínda chegando tarde e a piques de saltar a páxina, non quero deixar sen resposta o último comentario do Arume: se así for con referencia ao outro medio (habería que cortar tea), non era sen tempo que alguén dese un tratamento decente. LVG leva anos e anos disparando sen merecer comentario; prisas e outros facendo o que poden sen que eu lea imputación turiferaria. Que hei contar eu sobre uns e outros, aínda que non teñan quen lles escriba.

Un feito obxectivo é que co novo xornal o panorama vese máis completo; e que nalgún pago deu acidez de estómago. Que non pareza mal se non me poño triste polo primeiro e se, de momento, esquivo o malhumor do segundo.

Noutra orde de cousas: xusto e necesario.

Anónimo dijo...

Non será por min o comentario: a ninguén se lle escapan os incensarios de EL PAíS cara o PSOE (ultimamente escasamente axitado, por certo) nin as veleidades (interesadas) da Voz de Galicia. A min xaora non (denu, pero así como digo unha cousa digo a outra. E para incensarios este último que saiu está bastante cargadito de perfume. E, curiosamente, en español. Abandona o BNG o asunto do idiomA (pregunto, porque non atopo neste teclado o signo de interrogación).

Anónimo dijo...

Habitualmente, Arume, os comentarios con segundas, retranca ou o que sexa non van por ninguén en concreto, aínda que por veces si que se refiren a unha actitude compartida por varios (ou moitos) de forma explícita ou implícita, voluntaria ou cadroulle. Canto a Xornal de Galicia: está por ver a evolución, aínda que, en principio, supoño que o que máis chama a atención nel, como periódico galego, é que poñer a parir o BNG non sexa elemento identitario. Isto é un esaxero, claro, pero igual non tanto tampouco.

Outro detalle: que non é un medio do Bloque, entre outras cousas, nótase precisamente no perfil lingüístico, sobre o que habería -e pódese- que cortar tea e tea. Última miudeza: non hai diario galego que rexistre tal variedade de opinión publicada; resístome a considerar isto como un defecto.

Anónimo dijo...

Non será do pero si pro, por moita diversidade que di que hai. Noutro post Apicultor advertía do tempo que leva subindo no ascensor o amigo Quintana. Non hai edificio con tantos pisos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Coma sempre, os de Galpón de Breogán: Unha xenialidade.

Anónimo dijo...

Con franqueza: iso do ruralismo como novo eixe identitario beneguista leva camiño de converterse no novo tópico da política nacional; xa o lin tantas veces que me tarda un motivo novo. Veremos se algunha lectura do libro de conversas fornece algunha orientación, aínda que para iso haberá que lelo, claro. Polo demais, o tempo dirá.

Tocante ao medio: nin do nin exactamente pro, Arume; tamén se ha de ver. Tocante á diversidade na opinión (capítulo que ocupa unha boa, pero ben boa parte do xornal), non hai máis ca facer balance. Comparativo, se se quere.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Faga, faga. Que haxa moitos non quere dicir que haxa moito. (Non vale a lista acumulativa de xornal.com)
Por certo, pouca muller ou case ningunha.

Anónimo dijo...

"Que se o libro de conversas fornece algunha orientación?" Hai que recoñecer que és un home políticamente ben optimista, amigo González. Queres o meu resumo nunha liña? Pois aquí a tes: Se se mudasen os papeis e o guía ou orientador das conversas fose Quintana e o "respondedor" fose Barreiro, non se notaría a diferenza. Ou dito doutra maneira mais breve: Se a cousa fose ao revés, sería o mesmo libro. Ou mais breve aínda: Conversas de vicepresidentes, sen mais.

Anónimo dijo...

Obviamente, non teño a lista. Pódese achegar un a ela consultando o xornal durante quince días eguidos, e seguramente atopará vde. case todos os nomes de xornal.com. O meu, os martes cada quince días.

Mulleres? Non lle sei, supoño que non menos cós outros. Na redacción aínda hai, entre elas a encargada de Opinión, Lucía López Bayo.

De calquera maneira: non teño por que nin penso facer un panexírico de Xornal de Galicia. Iso si, se outros pensan incidir no demérito, agradecería panorama comparativo. Dentro do país este, incluída a cuestión de xénero.

E voume, que me teño que ir. Dicía o Curras de Mareas vivas.

Anónimo dijo...

Volvín por un momento, e contéstolle ao precedente: só nas dúas páxinas que levo lidas, encontrei máis ca no seu perentorio resumo. Pero que lle hei dicir ante tal e tan familiar displicencia.

Desculpe que non lle devolva a fineza caracterizándoo a vde., pero estou en inferioridade: non teño o gusto nin encontro pistas. E agora si, que vaia ben.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Esta é a lista, un pouco atrapallada, de xornal.com:

VÍCTOR CORCOBA
La España del desempleo

LUIS CARAMÉS
Una caja de música

J. Mª MONCASI
El autobús de los ateos preocupados

ROGELIO DIZ
Palestinos muertos

LÁZARO CANDAL
El talento de Messi, único

JAVIER G. MÉNDEZ
Fantasmas

ANTÓN REIXA
CO2

XOSÉ M. PALMEIRO
Gaza: sobrevivir a que prezo

JOSÉ LUIS GÓMEZ
Diez nuevos gurús para una nueva era

VICENTE VALLÉS
El juego del perdedor

MONCHO PAZ
Aviso para navegantes

ROSA ANEIROS
Amor amén

FERNANDO JÁUREGUI
Ibarretxe y López, en el banquillo

ISAAC BIGIO
Gaza sin gasas

JOSÉ PARDINA
Otro Bernd para G+J

JULIÁN SÁNCHEZ
Venéreos (1)

XOSÉ MEXUTO
Obama segundo Hemingway

ARTURO LEZCANO
No te absolverá

RAMÓN CHAO
Una teja en meirás

FERNANDO MACÍAS
Dos gobiernos, ¿y qué?

F. M. HIDALGO
Campaña electoral

PABLO G. MARIÑAS
Gobernar fai identidade

FRAN GARCÍA
Adiós, Bush

TINO SANTIAGO
A través del cristal vasco

A. ABERASTURI
Para qué sirve la ONU

XAIME DA PENA
O medo ao descoñecido

LITO GARCÍA ABAD
Viviendas opacas

IGNACIO CAPEÁNS
Campaña carnavalesca

LUCIANO FARIÑA
A sus majestades de Oriente

FERNANDO OJEA
Apoteosis de derechos

ANA PASTOR
Somos la única alternativa

XULIO RÍOS
Fendas comunitarias

JUAN E. VERGARA
A paus en Gaza

XESÚS LÓPEZ
Gobernanza i ecosistema hídrico

A. CAMPOS ROMAY
Elegancia institucional

ENRIQUE ARIAS
Medio siglo de Fidel

XOSÉ M. PEREIRO
Tarde de compras e conferencias

ANTÓN PATIÑO
Canción da choiva

ANTONIO SANGIAO
Lendoiro, a lo Panenka

MANOLO CASAL
Ibarretxe seduce al Partido Popular

ENRIQUE CURIEL
¿Hornos crematorios?

CARSTEN MOSER
La teoría de los vasos comunicantes

GEORGE W. BUSH
El conflicto de Oriente Medio

MANUEL L. PRADO
El botellón y la pescadilla

J.L. RDEZ. PARDO
Vento e muíños de vento

PACO RODRÍGUEZ
O Vaticano e a homosexualidade

LUCÍA LÓPEZ BAYO
Ansia de paz

MIGUEL BOO
Hamás, asasina de palestinos?

LUIS DEL VAL
A todo gas

YOLANDA CASTAÑO
Nadal en liberdade

ANA RODRÍGUEZ
Unha bágoa, un voto

XAVIER VENCE
Os custes do español

XAN CARBALLA
Xogo de billar cunha única bóla negra

JOSÉ BLANCO
Las encuestas y el PSOE

OCTAVIO RODRÍGUEZ
Simples números

LOIS OREIRO
TDT

O. LESCAYLLERS
Cuba, 50 años de sombras

CARMEN GARCÍA
¿Respeto a la Constitución?

IGNACIO RAMONET
Cuadros para cambiar el mundo

M.A. FERNÁN VELLO
Idiomas irreais

CELSO CANCELA
Xogar á contra

LUIS MARIÑAS
Todas las sangres

IRIA ABOI
Veñan 20 máis!

A. BRUNETE
La Navidad del postulante

SILVIA CARREGAL
A Selección Galega merece máis

MARÍA REIMÓNDEZ
Palabras que non chegan

MANUEL BRAGADO
Gaza: abrir camiños para a paz

XOSÉ M. GONZÁLEZ
Verde e vermello

ANXOS G. FONTE
Sarmiento no cuartelillo

XABIER P. IGREXAS
O vento é noso

NATALIA ALONSO
Adúlter@s

F. RODRÍGUEZ
A desconfianza interesada

DAVID FORMOSO
Dúas Galicias, dúas televisións?

ELVIRA SOUTO
Tabu

LUISA CASTRO
Credo

JOSÉ CASTRO
Bienvenidos a casa

MANUEL DE CASTRO
¿Por qué se mata un asesino?

BENXAMÍN VÁZQUEZ
Renacer polo Nadal

WIFREDO ESPINA
La independencia, ahora no

A. FRANCO TABOADA
El barril de Diógenes

JOSÉ A. GACIÑO
Escándalo de adultos

MARIANO CABRERO
Vivir quiere decir soñar

BEATRIZ GUIANCE
"Colgar" aos nacionalistas

CHARO ZARZALEJOS
Aplausos a Bruselas

MONCHO IGLESIAS
O neno do pixama a raias

ISRAEL NAVA
Números de gracia

J. F. RODIL
Bolonia

SUSANA L. ABELLA
Estamos facendo todo o posible?

J. DEL VALLE-INCLÁN
Energía limpia

YOLANDA DÍAZ
Lei antidemocrática e continuísmo

VICTORINO NÚÑEZ
Bicefalia o esquizofrenia

JOSÉ RIVELA
Arquitectos y Picnic

ENRIQUE L. VEIGA
As boas maneiras en política

XOÁN VÁZQUEZ
O BNG, Quintana e a presidencia

VICENTE MARTÍN
El horizonte del Ibex

CLARA CASTILLA
Maldita inocencia

ANXO QUINTANA
O Plan de Vivenda Protexida

ASUNCIÓN SOTO
Las urnas pueden evitar la inmoralidad

CARLOS AYMERICH
A política en tempos de crise

ALBINO MALLO
Xornal de Galicia: nace una ilusión

ERIKA REIJA
Los centollos de Afganistán

XOAQUÍN LEICEAGA
Que nos está pasando?

MERCEDES GALLEGO
Presupuestos del Estado

CARMEN CARBALLO
Outro xornalismo...é posible?

XOSÉ RAMÓN POUSA
Os medios deben reinventarse na rede

ADELA FIGUEROA
Direitos humanos

JOSÉ L. OROZCO
Seguir mellorando a Lugo

MARÍA SEOANE
Coroas de laureis

A. NÚÑEZ FEIJÓO
O fracaso da política económica

LIDIA SENRA
Ilegal?, irreal?, ou prezo francés?

IRENE MARTÍNEZ
A Cumbre do G-20

LUIS MOYA
Merluza a la madrileña

JUDITH PAZO
¿Julián Muñoz o Cachuli?

JAVIER DORADO
De minipisos y minibares

ANA PARRA
La comida anual

IRIA LÓPEZ
O xornalista que trababa aos cans

A.J. PARAFITA FRAGA
La evolución del credo nacionalista

ENCARNA OTERO
J. M. G. Le Clézio: Premio Nobel

XOSÉ A. GRANDÍO
Os nosos aforros

OLGA CASTRO
Aborto. As cousas son así.

TENSI ÁLVAREZ
A fiscalía e a sinistralidade

MANUEL BALTAR
Tempo de silencio

PURA ZATO
Posguerra

LOLI RODRÍGUEZ
Poligamia

XABIER R. BLANCO
El Senado

X. A. PÉREZ-LEMA
Si, podemos

ANNA WITTENBORG
¿Hacia un nuevo liderazgo en Europa?

ANTONIO GRANDÍO
Murió un hombre bueno

J. M. BESTEIRO
Autorretrato

JOSÉ LUIS MONTERO
O calor fai mal

FRANCISCO ABUÍN
Manolo Jove, historia de una intuición

VICTORIA DÍAZ (+)
71 años del 18 de julio

CONSUELO BAUTISTA

QUIQUE ALVARELLOS

CRISTINA LOSADA

ISMAEL REGO

JESÚS SALGADO

MIGUEL ANGEL CORTIZO

MIGUEL TORAL

ANTONIO ERIAS

ANTONIO FRANCO

MAR BARCÓN

CARLOS CARNICERO

BIEITO RUBIDO

MANUEL CERDÁN

Anónimo dijo...

Obviamente, o elenco non é válido para o cotexo: nel figura Díaz Cabanela, falecida hai varios anos; George W. Bush, que non publica no Xornal de papel; líderes políticoa que tampouco; sinaturas que hai moito que non actualizan. De considerarmos que é representativo, a pluralidade é obvia; pero non vale.