6 feb 2009




Feijóo arreda o número un por Ourense por cobrar comisións a través dun paraíso fiscal .

O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta xustifica a decisión de sacar da lista a Luis Carrera Pásaro polas súas "irregularidades con Hacienda" .

EL PAÍS 6-2-09

55 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Se alguén agardaba que o PPG recuperase o goberno da Xunta ...

Anónimo dijo...

Gustariame ver a cara de parvo que lle quedou ao candidato non nato. Mais sempre nos quedará Pedrito Arias.

Anónimo dijo...

Hosperas Pedrín, caen chuzos do ceo.

Hai dous días contoume un alto cargo socialista, amigho meu: "todos faríamos igual se pudéramos". Ía referido a un alto cargo de Obama que evadíu ó fisco cen mil euros.

Estou empezando a pensar que a virxinidade produce cáncer.

Anónimo dijo...

Boeno. Agora os do PP xa non poderán ridiculizar ao PSOE ourensán polo de Abelardo P. Gabriel. Un argumento menos.

Igual contaban con que saíra o tema máis tarde, en plena campaña. ´Non me extrañaría que o "dossier" saíra do propio PP ourensán.

Anónimo dijo...

Certo DKV, o enemigho agardaría o fragor da campaña para sacar o dossier e ser máis devastador.

Aghora terán que buscar unha muller "espíritu santo".

Anónimo dijo...

Eu "paso" de votar nestas elecións. Que lles dean bertorella a todos. Aos partidos políticos (PSOE, PP, BNG), aos sindicatos e aos medios de comunicación. Exilio interior, ensalada de primeiro, polbo co cachelos de segundo, queixo de Arzúa de sobremesa e amén. Tiña razón o piñeirismo: a política é unha merda.

Anónimo dijo...

O que deber rir polo baixiño é O'noso presidente Baltar. Non aseguraria eu que non fose il o que filtrase o tema. O candidato im-posto por Núñez parecía tamén para dicir o dos Peares que tiña mando nesta praza...
Creo que non vai ter repercusión negativa ningunha. Inda máis, se cadra postiva para o PP local. "Mira ti que honrados somos. Porque o cachamos a tempo, senón o que podería facer o home".
Aí si señor. Agora vai unha moza de primeira -é o tempo das mulleres- e de Verín, que é como a terra-terra e non eses señoritos de Vigo que viñeron acabar con Caixa Ourense d'o noso Kaito.
E síntome solidario co pásaro en cuestión. ¿Quen de nós leva control e lembra de memoria os movementos de todas e cada unha das súa contas? Por exepmlo, se vostede me transfire 250.ooo euros a unha conta miña nas caimán, seguro qeu tardaba en enteirarme.
O único que me pareceu censurable é que cando lle pregunta se ten esa pasta nas Caimán, responde "quen me dera". Ah si? Ou sexa que ía a polo bote?
Eu, pola contra a MS, vou votar. Nulo, claro. ¿Que vos parece se escribimos unha frase simpática?
¿Abrimos concurso? E visto lo vito, tanto me ten quen saia.

"Tan bos son uns coma outros",dixo pegándolle unha chupada ao pito. Isto de que eu era igual ca os demais foi o que máis me gustou.
(Final da Arrasadeira, de EBA)

Anónimo dijo...

A falta de rigor fiscal (gama que vai desde o sen factura ata a defraudación) é tan do costume entre nós, tan xeopoliticamente característica, que a un lle vén á cabeza cantos "escándalos" aboiarían a pouco que a ventoíña se poña a funcionar e a peneira leve pouco escrúpulo.

A retirada do chairego Carrera é de libro: suma millonaria, Illas Caimán, cabeza de lista; tamén é un toque americano máis nesta campaña. A miña dúbida, de quen le e lerá pouco sobre o caso, radica aquí: defraudou realmente?; seríalle evitable cobrar así?

E, sobre todo, aquí: poderá isto constituír un paso cara ao establecemento dunha tributación adecuada e responsable? Non nos lerá quenlla ningunha; que, se si, podo presumir sorriso cheo de dentes.

Anónimo dijo...

O primeiro paso para chegar a unha tributación responsable sería que os cidadáns percibiran que os gobernantes non tiran cós cartos.

Anónimo dijo...

Indudable ironía galaica de los intervinientes......

Anónimo dijo...

Dende xa, perder un imperdible deixou de ser o colmo dos colmos. porque ser presidente de Caixa Ourense, e por a bo recaudo os propios cartos vía Ourense - Lisboa - Caimán, supéralle con moito.

Anónimo dijo...

E o que me fai tremer é a cuestión: " Qué carallo virá buscar na política xente coma esa".
(E os que haberá dentro, xa. Sin distinción de partidos).

Anónimo dijo...

Pois eu creo que, por toca-lo carallo exclusivamente, o Sr. Carrera Pásaro podería ser deputado perfecmente.
Explícome. Como é el o que figura na papeleta é el o que será elixido. Despois, se queren que corra a lista, e se el está de acordo, deberá demitir. Non creo que, despois de presentada e publicada a lista poda ninguén apealo á forza. Non vexo posibilidade "legal" de que despois de presentada a candidatura se poida chamar á Xunta Eletoral por teléfono e dicirlle, "Oe, que este non, o outro". Nada diso. E incluso que non creo que haxa nada previsto para renunciar de candidato en período de precamapaña.
Para que correse a lista sen renuncia, creo que só habería unha posibilidade: matalo. Asi, meus señores, que non lle toquen moito o carallo a este señor con desprestixios excesivos que se non pode dicir, pois quédome co choio e vou durmir e cobrar ao Horreo. De pensar.

Anónimo dijo...

Incluir en la papeleta (de cualquier partido):

"Credito agotado. Gracias".

Anónimo dijo...

O que dó Xan Paisano tamén o penséi eu. O seu é nome que figura na papeleta. Como lle salia dos güevos de ser diputado, é diputado elexido por o pobo. Todo depende dos resultados. COmo o seu voto sexa de algún xeito decisivo na constitución da nova Xunta, non sei qué pode pasar.

Anónimo dijo...

Que é coma decir: "Deus sabe qué vota quen vote PP".

Anónimo dijo...

En Ourense, claro.

Anónimo dijo...

Sobre todo, tendo en cnta que despois do pasado xa non ten compromiso ningún có PP.

Se chega a ser chave, de algún dos moitos xeitos posibles, sen compromiso con ningún partido, sempre pode "vender a moto" de que él veu á pólítica para servir á xente, que o PP defraudóuno, pero que o desexo de servir ó Pobo segue vivo en él, que non vai renunciar a un acta avalada por a cidadanía, etc, etc...xa me entenden.

Qué película!!!.

Anónimo dijo...

O primeiro paso sería ter auténtica conciencia de que sen pagar impostos non se poden ter servizos; nin cos impostos dos funcionarios nada máis. O segundo, o que vde. di, da Cova. Pero eu vou cheo de subterfuxios; páguese e punto.

Marcos Valcárcel López dijo...

Me hicieron un ingreso desde las islas Caimán. Es un problema de estética"
CRISTINA HUETE - Ourense - 07/02/2009


Vota Resultado 7 votos
Luis Carrera Pásaro, ex director de Caixanova y candidato estrella del PP en Ourense, recibió dinero desde un paraíso fiscal en las islas Caimán. En contra del argumento ofrecido ayer por el presidente del PP gallego, que dijo haberlo apartarlo de la lista porque "no estaba al corriente con la Hacienda pública", Carrera confesó a este periódico que está "al día fiscalmente" y que el motivo de su caída de la lista obedece a que cobró "una cantidad de dinero de un banco internacional", el Banco Privado Portugués, que tiene sede en distintas ciudades del mundo. "Me hicieron el ingreso desde la sede de Caimán, ese es el problema", explica el economista.

La noticia en otros webs
webs en español
en otros idiomas
El dinero que recibió era el pago a su trabajo, a través de la empresa de asesoramiento económico que posee, "en busca de implantación en Galicia" para la mencionada entidad financiera. "Nada ilegal", en su opinión.

Carrera tilda de "problema de estética" este cobro que "no es en absoluto ilegal". Una cuestión de estética que cree que "afectaría negativamente al PP" motivo por el que sostiene que ha decidido renunciar a la candidatura "de mutuo acuerdo con Feijóo". El candidato orensano señala que tardó en comunicar este hecho al presidente gallego del PP porque no se dio "cuenta" de su trascendencia. El que fue presentado públicamente como "el candidato estrella de Feijóo", que evidenciaba así un ejercicio de renovación de las listas, señala en el momento de su caída que, en realidad, era el candidato de Baltar. "Fue él quien me fichó como director general de Caixa Ourense cuando era secretario del consejo de administración y fue él también quien me fichó como número uno de la lista del PP provincial". "Que quede esto muy claro y que no se engañe la gente", insistió.

El PSOE, a través de su cabeza de cartel en Ourense, Manuel Vázquez, pidió la dimisión de Feijóo y Baltar y que expliquen "de dónde salió el dinero" de las Caimán. El candidato del BNG en la provincia, Alfredo Suárez Canal, dice que el caso demuestra que las listas del PP "dejan mucho que desear".

el pàis 7.2.09

Anónimo dijo...

Tamén eu pensei en non votar, pero ante a perspectiva de que volvan ao poder os de sempre, coas firmes promesas de botar abaixo os escasos avances en política lingüística, por exemplo (Corina Porro, etc.), coa súa xestión opaca e nunca cuestionada pola prensa e opinión pública ( como se iso fose o seu dereito natural), coa súa rede clientelar ben tupida, decidín facerlle caso ao meu "eu" máis pragmático e ir votar o 1 de marzo.
Xa teño anos abondo para que no horizonte da miña vida só exista PP.
Outra alternativa non hai!

Anónimo dijo...

Miren do que se está falando en Croques:


Anónimo dijo...
Home D. Perfecto podia vostede, como bon periodista que é, contrastar un pouco mais as informacións sobre todo vindo de onde veñen.

http://novas.xunta.es/node/13837
21:50
Perfecto Conde dijo...
Agradézolle ao comunicante Anónimo anterior a súa puntualización. Non sabía da emisión desa nota emitida pola Conselleraía de Medio Rural que gustosamente reproduzo a continuación e que desexo moito que sexa verdade.
Perfecto Conde

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2009.- Medio Rural sinala que as únicas 2 persoas procedentes de Cartelle que aparecen citadas na información divulgada polo Partido Popular aprobaron a oposición en anteriores lexislaturas, e na actualidade están en postos de libre designación, o que evidencia a falta de rigorosidade da documentación publicada coa pretensión de confundir á opinión pública. Na mesma información cítanse persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, cun interese oculto por confundir á cidadanía.
En canto á contratación de veciños do municipio de Cartelle en Seaga ou no Centro Tecnolóxico da Carne, insiste en que os criterios de selección de persoal son transparentes, xa que contan con baremos públicos para avaliar aos aspirantes. Pode haber persoas simpatizantes ou militantes procedentes de calquera municipio e forza política, pois iso non é motivo excluínte para desenvolver estes traballos.
Unha proba da transparencia é o feito de ter recorrido ao INEM para cubrir postos vacantes en Seaga, o que garante que entraron todos os profesionais que optaron a traballar nesta empresa pública, previa superación dunha proba de aptitude física precisa para desenvolver as tarefas encomendadas, polo que resulta imposible a recomendación de persoas por simpatía, afiliación política ou municipio de orixe.
Na información publicada, cítanse tamén nomes de persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, mestres e veterinarios de profesión que traballan no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, en Fontefiz, o que desvirtúa as afirmacións realizadas en base a datos sen contrastar.
Para Medio Rural, este tipo de acusacións sen fundamento e malintencionadas obedecen a unha estratexia desesperada por querer deturpar o labor realizado por profesionais cualificados, que conseguiron a súa praza por méritos propios, e que demostran a súa valía ao servizo da Administración pública e dos cidadáns.

Anónimo dijo...

Non hai dúbida que LA Voz de Malicia está nunha campaña anti BNG que roza o paroxismo.

Anónimo dijo...

Tamén está en campaña o ABC, pero teñen ou non razón?

Anónimo dijo...

Ás veces ao mensaxeiro había que matalo

Anónimo dijo...

Pois o Pasaro foi renunciar á Xunta Eleitoral... porque quixo. Agora xa non ten volta atrás.
Xa non será deputado.

Anónimo dijo...

Ninguén quere comentar a "saída do armario" do presidente-editor de La voz de Galicia?

Anónimo dijo...

Zola tivo que exilarse. Igual había que tentar a roupa antes de case fusilar os clásicos. Pero tampouco non é grave: á fin e ao cabo, aquí pouco máis se le có periódico, o case sempre, nin sequera os.

Anónimo dijo...

Imaxino que non haberá orde cronolóxica nin xerárquica entre a obriga dos contribuintes a pagar impostos e a obriga dos goebrnantes a non tirar cós cartos. Debe de ser un "sistema de lazo cerrado", un sistema autoretroalimentado. O cidadán defrauda porque percibe que os cartos públicos están mal administrados, e o gobernante gástaos según os seus intereses ou os do seu partido porque "eses defraudadores cidadáns non merecen nada".
Esas dúas medias naranxas atópanse entón nun estado de "retroalimentación negativa".Como adoita a suceder nesa clase de espiráis, o círculo vicioso debe romperse por a parte máis controlable do sistema. O número de contribuintes é abismalmente superior ao dos gobernantes. Ademáis, é imposible escollelos. Por tanto, a única solución realista consiste nun cambio de actitude da clase política. Ou, sinxelamente, de clase política. Xa saben: "Non cambias a xente. Cambia de xente".

Saudos desde unha ValenÇa do Minho fría chuvosa e plomiza. Miro cara o río. PAsan, ameazando desmadre, augas que pasaron antes por Lugo.

Anónimo dijo...

EN Ourense, O xornal é "A".

En Vigo, "O".

EN Lugo, "O".

Na Coruña, "A".

A partir de agora quredovos ver escreber "todos os periódicos e periódicas".

Anónimo dijo...

Eu entendo que, neste concreto noso país, a desconfianza con respecto ao poder vén de tempos onde a tributación (ou exacción) non era ao Estado como se concibe agora. É absolutamente lóxica a desconfianza do galego popular con respecto a un poder que non se percibía precisamente como servidor do pobo e da xente.

Ora ben: arestora, e tendo en conta o nivel de instrución pública, ¿segue sendo de recibo fundamentar o "só non defrauda quen non pode" na desconfianza verbo dun poder malgastador? A min paréceme, máis ben, pretexto ad hoc para continuar nunha práctica da que nos custa tanto desfacernos que nin pensamos seriamente en facelo. Se eu levo algunha razón, sería colofón de ouro o adiar o propio cumprimento dos deberes fiscais ata a clase política se volver modélica en efectividade. O recurso promete tan demorada dilación como áureo soño.

Páseo ben en Valença. Ultimamente mellorou ben a cociña por aí.

Anónimo dijo...

Hoxe Santiago Rey, director de La Voz de Galicia, escribe un artigo de opinión no que, remedando o título de "Je accuse", trufa doses de resentimento barato, populismo salva-patrias e, o peor, numerosas incoherencias.
Nel o único editor independente de España di cousas como:

- Pide un pacto PSOE-PP e expulsar do goberno ao nacionalismo

"Ese ánimo positivo me llevó a decir públicamente en noviembre del año pasado que es tiempo de fraguar un gran acuerdo. Y lo reitero ahora: nada se alcanzará sin una acción concertada, que sume esfuerzos para aprovechar las oportunidades. Un gran acuerdo social, no solo entre políticos, que cuaje en un gran proyecto de Galicia en el que todos puedan sentirse cómodos y confiados."

- Na defensa dos intereses de Galicia, unha de cal e outra de area.
Por unha banda:

"Los estados federales que son ejemplo en el mundo han establecido mejores pautas de relación y cohesión interna que las que se están dando en España en asuntos tan enloquecidos y carentes de lógica como la financiación autonómica, la educación, la ruptura de la unidad de mercado o el gravemente deteriorado principio de la igualdad entre ciudadanos."

Mais pola outra:

"Y por la falta de compromiso que nos está haciendo perder de nuevo el tren de la historia en cuestiones tan fundamentales para el futuro de esta comunidad como las infraestructuras, la energía y el desarrollo tecnológico. La lentitud y la ineficacia en estos campos solo vienen a confirmar que Galicia no ha reaccionado todavía con presteza ni a sus propios desequilibrios internos ni a la amenaza de una península hemipléjica, donde todos los motores económicos y sociales se concentran en la mitad oriental y toda la rémora y la falta de perspectivas se quedan en el abandonado paraíso del Finisterre."

- O seu periódico recibe axudas económicas de Xunta, mais non tolera qeu outros tamén as reciban. Por iso:
"las ayudas al sector de la automoción, inoperantes si tienen como objeto ocultar los dramáticos efectos de la crisis hasta después de la batalla electoral."

E tamén:
"No contentos con maquinar continuas campañas de imagen, o de intentar domesticar a la prensa, no faltan incluso políticos que deciden crear sus propios medios de comunicación para garantizarse al precio que sea la foto más favorecedora."

- Reclámase galeguista ao xeito dos homes de Galaxia mais logo di, na liña de Galicia Bilingüe, que

"Protesto porque el idioma que antes fue negado [o galego] ahora se quiere imponer sin contemplaciones ni concesiones al sentido común.

- Tamén afirma unha cousa sen probala:

"En el ámbito político, todo se traduce en guerras partidarias (incluso dentro del mismo gobierno), en espionajes (incluso dentro del mismo partido), en delaciones y en intereses personales."

Anónimo dijo...

Propoño unha adiviña:
Que gran escándalo de corrupción protagonizado polo BNG publicará mañán La Voz de Galicia?

Anónimo dijo...

Saúdos, xa desde Ourense, para Arume dos Piñeiros & Sra.
Saiba, amigo Arume, que a tertulia que mantuvemos esta tarde nesa viguesa cafetería,"Van Gogh", foi unha das máis pracenteiras, pra mín, dos últimos tempos.

A noite do sábado ao domingo, amigo Xosé Manuel González, pásámolo no hotel "Termas", de MonÇao, a carón do balneario. Cincoenta euros a noite con dereito a un almorzo-buffet que tiraba para atrás. Anímese a un week-end de relax cando ande moi baldado de correxir exames.

Caso de corrupción,no BNG?.

Mmmmmmm.

Colocación de medio concello nunha delegación, xa está.
Non sei qué do transporte de discapacitados, xa está.

Nin idea.

Pero facemos unha porra! Cinco euros cada un!. Mellor, dous euros, que cinco euros son case mil pesetas.
DOus euros para a porra:

"SOBORNO Á XUSTIZA".

Anónimo dijo...

Eu diría compra masiva de potitos para as Galescolas( coas comisións correspondentes, por suposto)

Anónimo dijo...

""E o que me fai tremer é a cuestión: " Qué carallo virá buscar na política xente coma esa".
(E os que haberá dentro, xa. Sin distinción de partidos)."", afirma xdc un pouco máis arriba.

Alguén propuxo cando a suposta sucesión de Aznar: Se o que perdeu -R.Rato- foi facerse -máis- millonario coa presidencia do FMI, ¿que habería para o que gañou?

Lido por aí: Os lóxicos antigos denominaban "syllogismus cornutus" ó dilema que nos leva onde non desexamos ir, sexa cal sexa o brazo que decidamos escoller.

Lido un pouco máis abaixo: Nun artigo aparecido hai pouco no Frankfurter Allgemeine Zeitung ('Was von Dauer ist'. 9-2-2002), Ralf Derehrendorf compendiaba con elocuencia a situación. O 36% das cincocenteas persoas máis ricas da Gran Bretaña proceden do mundo do espectáculo ou do deporte. Fixéronse ricos, por así dicilo, por sufraxio popular. ¿Como identificalos cos antigos opresores? ¿Con que argumentos discutirlles a súa riqueza unha vez que teñan pagado os seus impostos?

Non sei. Ó mellor non vén a nada todo iso. Pero eu continúo pensando que, moito máis alá da caída do Muro de Berlín e, por suposto, da intoxicación anti-política e anti-políticos teimudamente dispensada polo Ancien Regime, o problema está na esquerda, nunha esquerda moi, pero que moi desubicada desde a fin da Segunda Guerra Mundial.

Perdón pola inxerencia e saúdos.

Anónimo dijo...

"Os mercados votan todos os días" que di o Soros. Non sí, O Mesmo?.

Pero eu referíame a outra cousa. Hai xente que quere ganar cartos á costa de calquera cousa("De aquellos que creen que el dinero lo puede todo, cabe esperar que harían cualquier cosa por dinero"). E non precisamente ofrecéndolle aos demáis uns servicios, elevados ou mezquinos eso é outra cuestión, por os que estes voluntariamente paguen. Máis ben aproveitando os resquicios do sistema legal,económico, etc, que, por falta de control suficiente, que é como decir "por ignorancia de alguén", permiten un fraude do que se podian aproveitar. "Cazadores de oportunidades de fraude", podíaselles chamar. Esas mesmas oportunidades irán buscalas á política. Hainos de dereitas e de esquerdas. O que pasa e que cada unha das duas clases saben buscar "oportunidades de fraude" de diferente natureza.

En realidade, detrás de case toda gran fortuna hai un gran fraude, un gran engano. Un aproveitamento da ignorancia da xente. A "información perfecta" que regula os mercados perfectos non existe.
Por poñer un exemplo baseado no que vostede dí: a inmensa fortuna de moitos músicos de prestixio mundial é posible sólo porque a maior parte da xente non é quen de tocar tres notas seguidas en ningún instrumento musical. Como moitos "escribientes" e mediocres funcionarios do pasado se fixeron de ouro aproveitando o analfabetismo da xente. Eso non quere decir que os cartos gaños por eles non foran totalmente legáis, claro. Pero eu aborrezo a quen sólo sabe gañar cartos facendo o posible porque os outros se manteñan na ignorancia.Como aqueles talleres mecánicos da miña infanza que se aproveitaban dos paisaniños que non sabían cambiar unha buxía, e lles cobraban de carallo. Por eso me gusta o "fluxo de información", canta máis mellor. Por eso admiro a quen consigue facer cartos facendo máis listos aos demáis.

Anónimo dijo...

Quizáis por eso me gusta o xedrez, e non me gustan nada os xogos de naipes. No xedrez, todo está a vista.
Estes "dossieres" que van saindo estes días parecen os "naipes" de un xogo no que os partidos políticos sólo sacan certas informaciós cando lles convén a eles. Que a cidadanía esté informada do que saben do adversario político , é o de menos. Sólo o sacan como arma, en beneficio propio("A información é poder en canto non a usas"). Non hai verdadeiro interés na información ao cidadán. Por eso me repugnan. Como o "escribiente" que decía antes.

Anónimo dijo...

Non, xdc, non. A cita non é esa. A cita, na cabeceira da primeira entrega d'O Padriño de Mario Puzzo é: DETRÁS DE TODA GRAN FORTUNA HAI UN CRIME.

Empecemos por aí e logo a ver a onde chegamos.

Pódolle contar, como anécdota, a crucifixión dun cura, completamente integrista, nos anos sesenta, ó que se lle ocorreu dicir nunha homilía o día de San Xosé Obreiro: (Cita máis ou menos literal) Se cúmprisemos o mandato de restituír, ¡cantas grandes fortunas se virían abaixo!

Un pobre cura, máis revirado que Deus, que de pronto aceptou o sopro do Espírito. A ver se nós, ilustrados postmodernos, desencantados da política, substentadores da antiglobalización -de lonxe- e habitantes da cálida Auria/Arcadia -é un dicir-, non somos quen de chegarlle ós nocellos o ese pobre cura que non mediu o alcance das súas palabras.

Anónimo dijo...

Xa, xa coñecía a sua frase. Pero eu, recícloa ao meu xeito.

Anónimo dijo...

Amen, logo.

Anónimo dijo...

Hoxe en Italia, este manifesto, asinado, entre outros, por Umberto Eco e Claudio Magris. Podo traducilo se queren.

Rompiamo il silenzio
“Il cammino della democrazia non è un cammino facile. Per questo bisogna essere continuamente vigilanti, non rassegnarsi al peggio, ma neppure abbandonarsi ad una tranquilla fiducia nelle sorti fatalmente progressive dell’umanità… La differenza tra la mia generazione e quella dei nostri padri è che loro erano democratici ottimisti. Noi siamo, dobbiamo essere, democratici sempre in allarme”.
Norberto Bobbio

Rompiamo il silenzio Mai come ora è giustificato l’allarme. Assistiamo a segni inequivocabili di disfacimento sociale: perdita di senso civico, corruzione pubblica e privata, disprezzo della legalità e dell’uguaglianza, impunità per i forti e costrizione per i deboli, libertà come privilegi e non come diritti. Quando i legami sociali sono messi a rischio, non stupiscono le idee secessioniste, le pulsioni razziste e xenofobe, la volgarità, l’arroganza e la violenza nei rapporti tra gli individui e i gruppi. Preoccupa soprattutto l’accettazione passiva che penetra nella cultura. Una nuova incipiente legittimità è all’opera per avvilire quella costituzionale. Non sono difetti o deviazioni occasionali, ma segni premonitori su cui si cerca di stendere un velo di silenzio, un velo che forse un giorno sarà sollevato e mostrerà che cosa nasconde, ma sarà troppo tardi.

Non vedere è non voler vedere. Non conosciamo gli esiti, ma avvertiamo che la democrazia è in bilico.

Pochi Paesi al mondo affrontano l’attuale crisi economica e sociale in un decadimento etico e istituzionale così esteso e avanzato, con regole deboli e contestate, punti di riferimento comuni cancellati e gruppi dirigenti inadeguati. La democrazia non si è mai giovata di crisi come quella attuale. Questa può sì essere occasione di riflessione e rinnovamento, ma può anche essere facilmente il terreno di coltura della demagogia, ciò da cui il nostro Paese, particolarmente, non è immune.

La demagogia è il rovesciamento del rapporto democratico tra governanti e governati. La sua massima è: il potere scende dall’alto e il consenso si fa salire dal basso. ll primo suo segnale è la caduta di rappresentatività del Parlamento. Regole elettorali artificiose, pensate più nell’interesse dei partiti che dei cittadini, l’assenza di strumenti di scelta delle candidature (elezioni primarie) e dei candidati (preferenze) capovolgono la rappresentanza. L’investitura da parte di monarchie o oligarchie di partito si mette al posto dell’elezione. La selezione della classe politica diventa una cooptazione chiusa. L’esautoramento del Parlamento da parte del governo, dove siedono monarchi e oligarchi di partito, è una conseguenza, di cui i decreti-legge e le questioni di fiducia a ripetizione sono a loro volta conseguenza.

La separazione dei poteri è fondamento di ogni regime che teme il dispotismo, ma la demagogia le è nemica, perché per essa il potere deve scorrere senza limiti dall’alto al basso. Così, l’autonomia della funzione giudiziaria è minacciata; così il presidenzialismo all’italiana, cioè senza contrappesi e controlli, è oggetto di desiderio.

Ci sono però altre separazioni, anche più importanti, che sono travolte: tra politica, economia, cultura, e informazione; tra pubblico e privato; tra Stato e Chiesa. L’intreccio tra questi fattori della vita collettiva, da cui nascono collusioni e concentrazioni di potere, spesso invisibili e sempre inconfessabili, è la vera, grande anomalia del nostro Paese. Economia, politica, informazione, cultura, religione si alimentano reciprocamente: crescono, si compromettono e si corrompono l’una con l’altra. I grandi temi delle incompatibilità, dei conflitti d’interesse, dell’etica pubblica, della laicità riguardano queste separazioni di potere e sono tanto meno presenti nell’agenda politica quanto più se ne parla a vanvera.

Soprattutto, il risultato che ci sta dinnanzi spaventoso è un regime chiuso di oligarchie rapaci, che succhia dall’alto, impone disuguaglianza, vuole avere a che fare con clienti-consumatori ignari o imboniti, respinge chi, per difendere la propria dignità, non vuole asservirsi, mortifica le energie fresche e allontana i migliori. È materia di giustizia, ma anche di declino del nostro Paese, tutto intero.

Guardiamo la realtà, per quanto preoccupante sia. Rivendichiamo i nostri diritti di cittadini. Consideriamo ogni giorno un punto d’inizio, invece che un punto d’arrivo. Cioè: sconfiggiamo la rassegnazione e cerchiamo di dare esiti allo sdegno.

* * *
Che cosa possiamo fare dunque noi, soci e amici di Libertà e Giustizia? Possiamo far crescere le nostre forze per unirle alle intelligenze, alle culture e alle energie di coloro che rendono vivo il nostro Paese e, per amor di sé e dei propri figli, non si rassegnano al suo declino. Con questi obiettivi primari.

Innanzitutto, contrastare le proposte di stravolgimento della Costituzione, come il presidenzialismo e l’attrazione della giurisdizione nella sfera d’influenza dell’esecutivo. Nelle condizioni politiche attuali del nostro Paese, esse sarebbero non strumenti di efficienza della democrazia ma espressione e consolidamento di oligarchie demagogiche.

Difendere la legalità contro il lassismo e la corruzione, chiedendo ai partiti che aspirano a rappresentarci di non tollerare al proprio interno faccendieri e corrotti, ancorché portatori di voti. Non usare le candidature nelle elezioni come risorse improprie per risolvere problemi interni, per ripescare personaggi, per pagare conti, per cedere a ricatti. Promuovere, anche così, l’obbligatorio ricambio della classe dirigente.

Non lasciar morire il tema delle incompatibilità e dei conflitti d’interesse, un tema cruciale, che non si può ridurre ad argomento della polemica politica contingente, un tema che destra e sinistra hanno lasciato cadere. Riaffermare la linea di confine, cioè la laicità senza aggettivi, nel rapporto tra lo Stato e la Chiesa cattolica, indipendenti e sovrani “ciascuno nel proprio ordine”, non appartenendo la legislazione civile, se non negli stati teocratici, all’ordine della Chiesa.

Promuovere la cultura politica, il pensiero critico, una rete di relazioni tra persone ugualmente interessate alla convivenza civile e all’attività politica, nel segno dei valori costituzionali.

Sono obiettivi ambiziosi ma non irrealistici se la voce collettiva di Libertà e Giustizia potrà pesare e farsi ascoltare. Per questo chiediamo la tua adesione.

Anónimo dijo...

E aquí (Galicia, España), arume, non habería que facer un manifesto igual?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pois si, amigo Marcel Swann: aquí está traducido e dedicado expresamente a vostede, amigo das barcelonas.
Perdón polos erros. A traducción é moi literal, pero tratei de que conservara o vello estilo da retórica italiana. Algunhas palabras (aínda que a min me gustan) quizáis poidan soar raras. Pero o substancial queda claro.

ROMPAMOS O SILENCIO
Nunca coma agora está xustificada a alarma. Asistimos a signos inequívocos de desmoronamento social: perda do sentido cívico, corrupción política e privada, desprezo da legalidade e da igualdade, impunidade para os fortes e constricción para os débiles, liberdades como privilexios e non coma dereitos. Cando os vencellos sociais quedan expostos ao risco, non sorprenden as ideas secesionistas, as pulsións racistas e xenófobas, a vulgaridade, a arrogancia e a violencia nas relacións entre individuos e grupos. Preocupa sobre todo a aceptación pasiva que penetra na cultura. Unha nova e incipiente lexitimidade está preparada para envilecer aquela constitucional. Non son defectos ou desviacións ocasionais, senón signos premonitorios sobre os que se tenta extender un velo de silencio, un velo que se cadra un día será apartado e amosará o que agocha, pero será demasiado tarde.
Non ver e non querer ver. Non coñecemos as saídas, pero advertimos que a democracia está en perigo. Poucos países no mundo afrontan a actual crise económica e social nunha decadencia ética e institucional tan extendida e avanzada, con reglas débiles e contestadas, puntos de referencia comúns pechados e grupos dirixentes inapropiados. A democracia non foi nunca sometida a unha crise coma a actual. Esta pode ser ocasión de reflexión e de renovación, pero tamén pode ser facilmente o campo de cultivo da demagoxia, da que o noso país, particularmente, non está inmune.
A demagoxia é a ruína da relación democrática entre gobernantes e gobernados. A súa máxima é: o poder procede de arriba e o consenso faise subir desde abaixo. O primeiro sinal é a caída da representatividade do Parlamento. Normas electorais artificiosas, pensadas máis no interese dos partidos que no dos cidadáns, ausencia de instrumentos de selección das candidaturas (eleccións primarias) e dos candidatos (preferencias) alteran a representación. A proclamación de candidatos por parte de monarquías ou oligarquías de partido substitúe a elección. A selección da clase política acaba convirtíndose nunha cooptación pechada. A privación de competencias do Parlamento por parte do goberno, onde se sentan monarcas e oligarcas de partido, é a consecuencia, da cal decretos leis e cuestións de confianzas repetidas son á súa vez consecuencia.
A separación de poderes é o fundamento de todo réxime que recea do despotismo, pero a demagoxia é nemiga, porque gracias a ela o poder se extende sen límites de arriba para abaixo. Así a autonomía do poder xudicial está amenazada; así o presidencialismo á italiana, é dicir, sen contrapesos nin controles, é obxecto de desexo.
Hai outras separacións, mesmo máis importantes, que son vulneradas: entre política, economía, cultura e información: entre público e privado; entre o Estado e a Igrexa. Os enfrontamentos entre estes factores da vida colectiva, de onde nacen conflictos e concentracións de poder, moitas veces invisibles e sempre inconfesables, é a verdadeira gran anomalía do noso país. Economía, política, información, cultura, relixión aliméntanse recíprocamente, corrómpense unha con outra. Os grandes temas da incompatibilidade, de conflictos de interese, de ética pública, da laicidade teñen que ver con estas separacións de poder que están tan pouco presentes na axenda politica xusto cando máis se fala delas sen apenas reflexionarmos.
Sobre todo, o resultado que produce máis espanto é o dun réxime pechado de oligarquías rapaces, que sorbe desde arriba, impón desigualdade, quere tratar con clientes consumidores ignorantes e seducidos, rexeita a quen, por defender a súa dignidade, non quere ser servil, mortifica as enerxías frescas e afasta aos mellores. É asunto de xustiza, pero tamén de declive de todo o noso país.
Miramos a realidade, por moi preocupante que resulte. Reivindicamos os nosos dereitos de cidadáns. Consideramos cada día un punto de comezo, non un punto de chegada. Esto é: rexeitamos a resignación e intentamos dar saída ao desencanto.
Que podemos facer, logo, nós, socios e amigos de Liberdade e Xustiza? Podemos facer crecer as nosas forzas para unilas ás intelixencias, as culturas e ás enerxía daqueles que manteñen vivo o noso país e que, polo seu amor e polo dos seus fillos, non se resignan ao seu declive. Con estes obxectivos primarios:
Por riba de todo, opoñérmonos ás propostas de destrucción da Constitución, coma o presidencialismo e a atracción da xustiza cara a esfera de influencia do executivo. Nas condicións políticas actuais do noso país, estas propostas non serían instrumentos de eficiencia da democracia senón expresión e consolidación de oligarquías demagóxicas.
Defendermos a legalidade contra o desleixo e a corrupción, pedindo aos partidos que aspiran a representarnos de non toleraren no seu interior intrigantes e corruptos, comerciantes de votos. Non usar as candidaturas nas eleccións como recursos impropios para resolver problemas internos, para repescar persoaxes, para librar contas, para ceder a chantaxes. Promover, xa que logo, o obrigatorio recambio da clase dirixente.
Non deixarmos morrer o tema das incompatibilidades e dos conflictos de interese, un tema crucial, que non se pode reducir a un argumento da polémica política coxuntural, un tema que dereita e esquerda deixaron esquecer.
Reafirmarmos a liña de límites, esto é a laicidade sen adxectivos, na relación entre o Estado e a Igrexa católica, independentes e soberanos nos cadanseus ordeamentos, non pertencendo a lexislación civil, como pasa nos estados teocráticos, ás ordes da Igrexa.
Promovermos a cultura politica, o pensamento crítico, unha rede de relacións entre persoas igualmente interesadas na convivencia civil e na actividade política, baixo o sinal dos valores constitucionais.
Son obxectivos ambiciosos mais non irreais, se a voz colectiva de liberdade e Xustiza poderá pesar e facerse escoitar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Faltoume a cita de Bobbio ao comezo do Manifesto:


Il cammino della democrazia non è un cammino facile. Per questo bisogna essere continuamente vigilanti, non rassegnarsi al peggio, ma neppure abbandonarsi ad una tranquilla fiducia nelle sorti fatalmente progressive dell’umanità… La differenza tra la mia generazione e quella dei nostri padri è che loro erano democratici ottimisti. Noi siamo, dobbiamo essere, democratici sempre in allarme”.
Norberto Bobbio

Anónimo dijo...

Agradezo e moito esa magnífica achega. ¿Poderiamos saber que medio italiano fixo público o Manifesto? Sería interesante -importante- saber quen presta o soporte a quen queren espallar voces de alarma.

Marcos Valcárcel López dijo...

graciñas tamén pola tradución, ARUME.
Un documento histórico, sen dúbida.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O diario La Repubblica é o promotor da carta, asinada por
Gustavo Zagrebelsky
Gae Aulenti
Giovanni Bachelet
Sandra Bonsanti
Umberto Eco
Giunio Luzzatto
Claudio Magris
Simona Peverelli
Guido Rossi
Elisabetta Rubini
Salvatore Veca
No mesmo xornal, seriamente preocupados pola deriva antidemocrática de Berlusconi, recolle outros pronunciamentos ao respecto, no mesmo día en que morre a pobre Eluana Englaro despois de anos en coma e de meses de indignas campañas e decisións protofascistas (tal nome merece quen pretende mudar mesmo o orde constitucional) do governo Berlusconi.

Anónimo dijo...

Nada que non saibamos por aquí:

(i) Falta de independencia do poder xudicial a respecto do político.
(ii) A estrutura pouco democrática dos partidos.
(iii) Corrupción no ámbito público como imaxe do que pasa na sociedade. Falta de ética.
(iv) A inxerencia da igrexa en cuestións que afectan a todos os cidadáns. O control político e económico sobreos eidos da cultura e da información.
(v) A substitución das ideas de igualdade e xustiza social polo "sálvese quen poida" e o desleixo dos cidadáns, convertidos en consumidores parvos. "Divide e vencerás" como que explota como estratexia de dominio a existencia de fracturas ou conflitos entre grupos sociais, rexionais e étnicos

Anónimo dijo...

Agradecido, Arume. Supoñía que sería La Repubblica, pero, polo menos eu, non teño acceso a ese xornal por internet.

Xúrolle que tanto o horrible caso da xove Eluana Engaro -¡que fermosa lección de coherencia, ideas claras e contención a do seu pai na entrevista que lin n'El País!- con todo o que o rodea, como o Manifesto en si, causáronme unha moi fonda impresión. É coma unha chamada aburante para deixar dunha vez de ser idiota. Idiota no sentido que os gregos clásicos daban a esta palabra.

Gracias de novo. Mirarei dentro de min e tamén ó meu arredor. Creo que xa non hai cabida para burbullas illantes. Vimos falando desde hai moito da necesaria rexeneración da Democracia, pero non acabamos de definir quen ten que poñerse ó labor. Gracias.

Só unha pregunta: ¿a reprodución que vostede fai é completa? E que penso que ese é un texto necesario, mesmo imprescindible.

Anónimo dijo...

ASí remata hoxe Ezio Mauro o seu artigo impresionante, unha peza antolóxica do xornalismo, sobre o caso de Eluana:

È miserabile sfruttare una morte per trarne un vantaggio politico. È vergognoso trascinare il Capo dello Stato sul terreno della vita e della morte per aver esercitato i suoi doveri di custode della Costituzione. È umiliante assistere a questo degrado della politica. È preoccupante scoprire qual è la vera anima della destra italiana, feroce e crudele nella cupidigia di potere assoluto, incurante di ogni senso dello Stato, aliena rispetto alle istituzioni e allo spirito repubblicano, con l'eccezione ogni giorno più forte e più netta del presidente della Camera Fini.

Con la strumentalizzazione di una tragedia nazionale e familiare, e con gli echi cupi di chi tenta di trasformare la morte in politica, è iniziata ieri sera la fase più pericolosa della nostra storia recente per le sorti della Repubblica.

Anónimo dijo...

Insisto: onde está "Nunca Máis"? Onde os que se laiaban do caciquismo e do enchufismo para entrar na administración pública? Ulos intelectuais españois de esquerda que criticaban a política económica de Ánsar?

Anónimo dijo...

É que non se trata tanto de onde estea esa xente, MS, senón de onde é que estamos nós. ¿Onde estamos nós? ¿Esperando a Godot?

Eu estiven lendo con moito coidado un amplo resumo dun estudo de bioética durante boa parte desta mañá. Beauchamps and Chlindress. Deslicei o meu pensamento por toda a dialéctica que alí se expón, se espalla, se ofrece para a reflexión. Apreciei as dificultades que tal materia presenta, a delicadeza e o respecto co que son enfrontadas. Valorei a busca e a confrontación con outros pareceres doutros estudosos do mesmo campo. Puiden ver como se ten en conta as diferentes cosmovisións e as diferentes culturas que condicionan, ¿como non?, as diferentes posturas diante dos problemas éticos -non necesariamente legais- que este eido relativamente recente da actividade humana nos presenta. ¿E temos que admitir que un individuo absolutamente amoral como Berlusconi e unha manda de cans doentes con faixas vermellas ou moradas entren nese sacrosanto espazo da dignidade a liberdade e a fraxilidade do ser humano sen o menor respecto, sen ningunha delicadeza, coma animais adoecidos, propagando excomuñóns, proferindo improperios inadmisibles, denigrando a paternidade responsable e solidaria, deturpando o máis mínimo sentimento de humanidade, condenando a verticalidade reclamada e practicada duns seres humanos perfectamente conscientes do que queren, prostituindo a esencia mesma do Deus Pai do que pretenden ser voceiros, únicos voceiros cualificados.

Eu non quero poñerme ó seu nivel, tan baixo, tan mezquiño nivel, pero se puidese, se a miña vontade e a miña voz fosen vinculantes co meu desexo, maldiciríaos. Maldiciríaos no nome xusto e sinxelo do home, do ser. Sería unha maldición ontolóxica, metafísica,vinculante, xa digo, neste mundo e en calquera outro que poida existir.

Menos mal que o pai da grande, cada vez máis grande Eluana Englaro, semella ser -é sen dúbida- un home dunha altura moral formidable.

Lé, MS, o Manifesto e o artigo de Ezio Mauro que Arume dos Piñeiros nos brindou. Leos con atención e repouso, e síntete concernido. Somos ti e mais eu, e non Nunca Máis nin a nai que os fixo a quen se nos está pedindo unha resposta, un compromiso agora mesmo. E a resposta e o compromiso parecen inexcusable. Por nós mesmos e por quen veñen detrás de nós.

Marcos Valcárcel López dijo...

ó ler os últimos comentarios deste fío, síntome moi satisfeito, e tamén orgulloso, de ter lanzado ó ciberespazo esta plataforma de debate
grazas a todos/as

Anónimo dijo...

Penso, amigo Marcos, que pode proclamar con todo dereito a súa satisfacción e o seu orgullo por concitar unha manchea de nobres voces ó redor de nobres temas.

Eu decidín, vista a deriva dos acontecementos que nos envolven, intentar dar o mellor de min nas miñas intervencións nesta casa. Forma parte do compromiso ético que reclamo para min e para a sociedade que me contén. Vostede, se quere, pode tomalo como unha forma de sumarme á homenaxe e recoñecemento dos que vén sendo obxecto nestes últimos tempos. Saiba tamén, que houbo unha ocasión, en Trasalba, na que tomamos un par de viños xuntos.
Saúdos afectuosos e agradecidos.