Pan por pan.
La Región 6-2-09.
La Región 6-2-09.
Vexo na televisión ó noso conselleiro do Medio Rural catando de vagariño unha copa de viño nun acto institucional ó que ten que asistir polo seu cargo. Sabendo da austeridade abstemia de Suárez Canal, a cousa ten o seu mérito. Por iso imos dedicarlle estes versos de Murilo Mendes, un gran poeta modernista brasileiro:
‘As redondezas do vinho. As asperezas do vinho. /
As veleidades do vinho. As veludezas do vinho. /
As calorias do vinho. Os labirintos do vinho. /
As branquidades do vinho. As verdolências do vinho. /
As rosaledas do vinho. As inverdades do vinho. /
As bordalesas do vin ho. As borgonhesas do vinho. /
As fluidezas do vinho. As espessuras do vinho. /
Os jaguardentes do vinho. As águas duras do vinho. /
As florisbelas do vinho. As florisfeias do vinho. /
Os operários do vinho. As excelências do vinho. /
As sonolências do vinho. Os maremotos do vinho’.
4 comentarios:
"El hombre que no estuvo ebrio alguna vez en su vida, es p...pe......pe........pe...(conxestión do que o conta, é un tatexo), es pe....pe....peeeeligrooso!". Contado por Emilio Rojo, pero non sei de quen é.
Suárez canal parécese a Robespierre na película "Dantón" de Wajda, apodado "El incorruptible". Nin unha cana ó aire, nin unha gota de viño.
A esa clase de citas, as paparotas, "ás que teñen que asistir por o seu cargo" nunca fallan, non. Mesmo cando a "obrigatoriedade" a asistir é máis que discutible.
Noutra clase de situaciós "fodidas" ás que de verdade estan obrigados a asistir, ou non van porque teñen a "axenda completa" (as paparotas e o cobro de dietas teñen prioridade), ou mandan a un "representante".
Lémbrame a eses "empresarios" que lle dicen á muller que chegan tarde á casa porque teñen que alternar cós clientes ou con outros empresarios, "en razón do seu cargo". Polo xeneral, malisimos empresarios.
Nas escolas de hostelería ensínaselle aos camareiros que si teñen necesidade de beber un vaso de auga, que o fagan de costas aos clientes, por respeto. E eses políticos sempre enchendo o bandullo diante dos fotógrafos," en razón do seu cargo", na hora en que tiñan que estar traballando de verdade.
En xeral, da Cova, de Suárez Canal non se pode dicir precisamente que se esconda en situacións "fodidas"; por exemplo, desas que queiman.
Bonito agasallo o do patrón; supoño que o conselleiro en funcións a agradecerá no que merece. Engado eu un detalliño de Villon:
Vierge Marie, gente déesse
Garde-moi place en paradis :
Oncque n'aurai joie ni liesse
Ici-bas, puisqu'il n'est permis
De boire ce divin nectar
Qui porte nom de Balestard ;
Qu'à des gens fortunés en ce monde.
Or, suis miséreux et pauvret,
Si donc au Ciel, ce vin abonde,
Viens, doulce Mort, point ne m'effraye.
Porte-moi parmi les élus
Qui, là-haut, savourent ce cru.
Teño que darlle a razón, XM González,no que toca ao Suarez Canal.
Máis que a acción concreta de ese conselleiro, eu comentaba, en xeral, a "suposta obligación, en razón ao seu cargo" por parte dos políticos, a asistir a determinados actos, tantas veces inútis e concebidos coa mera finalidade de facerlles "chupar cámara".
Publicar un comentario