6 feb 2009

O arraiano Martin Sheen e o poeta cimarrón,
Manuel Rivas

Ferrinianos e ferrinistas
O autor de 'Con pólvora e magnolias' recibe unha homenaxe no seu 70º aniversario
XOSÉ MANUEL PEREIRO 06/02/2009

Homenaxe a Méndez Ferrín, de MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Méndez Ferrín, por ANTÓN BAAMONDE
Ferro. Pan por pan 7-2-09
Foi onte o día de Xosé Luís Méndez Ferrín, homenaxeado en Vigo cunha cea e un libro de homenaxe, ‘A semente da nación soñada’.Estiven alí co corazón, non coa presenza física. Ferrín, a quen os amigos máis ferrinianos chaman o Ferro, é hoxe símbolo de moitas cousas. Antón Baamonde, que nunca foi ferriniano, comenta nun blog o impacto (perdón, don Vicente) que supuxo na nosa cultura a aparición de libros como Con pólvora e magnolias ou ‘Crónica de nós’: eu podería dicir onde estaba e con quen o día que lin por vez primeira eses libros.E o mesmo cabe dicir de obras mestras como ‘Arraianos’ ou ‘Estirpe’. Co tempo tiven a honra de presentarlle en Auria algunha novela e de ter con el certo trato de amizade, con citas periódicas en Celanova ou en actos da Academia. Hoxe teño outra imaxe do Ferro que en nada diminuíu a súa valía literaria, ó tempo que agrandaba a súa calidade humana.

98 comentarios:

Anónimo dijo...

Despois de dicir que é unha merecida homenaxe, creo que o bo do Manolo Outeiriño se pasou co botafumeiro.

Anónimo dijo...

O de mito(lóxico) de Baamonde gustoume. Resulta interesante comprender o efecto que causa Ferrín.

Anónimo dijo...

¿Foi o apicultor á homenaxe? ¿Que dixo o Manolo?

Anónimo dijo...

Parabéns ao mestre polas súas setenta primaveras.

Anónimo dijo...

Non, non fun á homenaxe. Cadrábame moi mal. O que dixo Manolo está contra o final da reportaxe de El País.

Anónimo dijo...

Nas homenaxes os botafumeiros arrean con forza e perfuman o ambiente, as veces, faise insoportabel, pero sucede en case todos, todos.

Anónimo dijo...

Merecida homenaxe a un grande escritor, talvez o mellor do derradeiro cuarto de século nas letras galegas. Entendo que teña unha corte de seguedores literarios. Non son quen de entender, e restrégome os ollos cada vez que o comprobo, o seu efecto hipnótico como suposto "mestre" en terreos como a política ou o pensamento. Capaz de xuízos asisados xunto dun sectarismo a proba de bomba, Ferrín causa abraio por defender nesta altura do século a invasión soviética de Hungría en 1956, por poñer un exemplo só entre os menos espectaculares. Porén, cómpre dicir que Ferrín é o mellor dos ferrinianos. Entre os seus "botafumeirantes" hai intelectuais espléndidos da bohemia coma Outeiriño, escritores mellores e peores, e auténticos toleiráns. As capeliñas da cultura galega serán obxecto de estudo curioso polos estudosos dos sistemas literarios e dos sistemas culturais no futuro....
Dito isto, ogallá Ferrín gañe o Premio Nobel de Literatura. Pero, como bo escritor, mal político. E A Trade de Ouro, sinceramente, é unha revista moi, moi mellorábel. Xunto de artigos moi bos figuran nela libelos panfletarios...

Anónimo dijo...

Si, claro. Ferrín: bo escritor, mal político (a que me recorda iso?). E que máis?

Anónimo dijo...

Ferrín, queirámolo ou non, sempre foi un tipo coherente politicamente.

Outros, pola contra, fixeron pinchacarneiros ideolóxicos para que agora poidamos dicir: "Que bo político!" Non si?

O seu marxismo leninismo parécenos intragable? Pois moi ben. Pero vexamos tamén a outra cara da moeda da súa ideoloxía: a súa defensa da independencia de Galicia. Algo que, noutros lares, defende Esquerra Republicana de Cataluña. Tamén iso nos parece un "erro" ideolóxico?

Anónimo dijo...

Supoño, MS, que non haberá que ser marxista leninista para defender a independencia de Galicia.
Ainda podería dicir máis, penso que as dúas posicións son contradictorias. Acláreme unha cousa, os de Esquerra que son marxistas leninistas ou independentistas?.

Anónimo dijo...

Supoño, MS, que non haberá que ser marxista leninista para defender a independencia de Galicia.
Ainda podería dicir máis, penso que as dúas posicións son contradictorias. Acláreme unha cousa, os de Esquerra que son marxistas leninistas ou independentistas?.

Anónimo dijo...

Ferrín "imprescindible"
A singradura vital, creativa e ideolóxica de Xosé Luís Méndez Ferrín quedou nidiamente debuxada onte pola noite nun multitudinario acto con motivo do seu 70 aniversario. O auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo quedou pequeno para acoller os centos de amigos que quixeron acompañar o autor de ‘Con pólvora e magnolias’
MAITE GIMENO

O escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín onte pola noite no Centro Social Caixanova de Vigo onde recibiu a homenaxe de numerosos amigos

Recibido por un emotivo aplauso, Méndez Ferrín viu como se debullaba a súa existencia rodeado por Ánxela Bugallo, Xosé Manuel Beiras, Antón Reixa, Margarita Ledo, Manuel Bragado, Víctor Freixanez, Xosé Ramón Barreiro, Alfonso Álvarez Gándara, Alfonso Paz Andrade, Camilo Nogueira, Luis Carballo, Manuel Forcadela, Ramón Villares, César Portela até completar unha lista con máis de 300 persoas que asistiron ao acto de homenaxe ao autor. Encargado de conducir a homenaxe, o poeta e narrador Anxo Angueira, comezou cun parágrafo do primeiro conto escrito por Méndez Ferrín na década dos 50, con só 14 anos: Medo. Este texto foi, ao ver de Angueira, "a primeira pedra dun edificio extraordinario" da posterior actividade intelectual, social e política "que medrou e expandiu até converterse en imprescindible para Galicia". O poeta asegurou que é impensable imaxinar o pasado recente da cultura sen a figura de Méndez Ferrín a quen definiu como un "referente da literatura galega" e como "figura imprescindible". "Con esta homenaxe queremos dicirche que sen o teu traballo, a túa entrega e o teu xeneroso sacrificio a literatura galega palidecería e o coñecemento do mundo sería máis pequeno e limitado", afirmou Angueira. Acto seguido, indicou que o camiño cara ao "horizonte dunha Galicia libre sen todo o que nos diches" sería máis longo e máis duro. Logo, o académico Francisco Fernández Rei explicou a xestación do exemplar de A trabe de ouro dende 2006 en homenaxe a Ferrín, para definilo como "camarada, compañeiro, amigo e mestre" e lembrar as décadas de traballo compartido.
GALICIA HOXE 7.2.09

Anónimo dijo...

Unha Galicia independente cun réxime marxista-leninista? Non, grazas!

Anónimo dijo...

Eu sempre pensei que Ferrín nunca deixou de facer literatura, eis o problema. É literatura falar de independentismo, literatura romántica. É literatura falar de marxismo-leninismo, próximo a política ficción porque non é ciencia ficción. Todo un maestro.

O fodido é cando pretendedes racionalizar a arte. Se Ferrín fose intelixentísimo estaría a tronzarse de risa coas súas bromas. Pero moito me temo que toma as súas intervencións políticas a sério. O cal fai que eu o rebaixe de intelixentísimo a moi intelixente.

Por eso, eu para tranquilizarme, axeito esa realidade ós meus desexos. E penso que Ferrín , porque o aprecio, e caseque estou cos Ferrinianos, cando fala de política, en realidade está a facer literatura.
Eu miroo con toda a indulxencia, maestro.

Anónimo dijo...

Maite Gimeno estaba ao meu lado cando anotou o de camarada, compañeiro, mestre, amigo, irmán. Deume a impresión de que marchaba antes de se acabar o acto. Coma min.

Anónimo dijo...

O que Lobo di "E penso que Ferrín , porque o aprecio, e caseque estou cos Ferrinianos, cando fala de política, en realidade está a facer literatura" recórdame a outras cousas que se teñen dito sobre el desde os anos 60. Por exemplo, nunha recensión que fixo R. Piñeiro a "Retorno a Tagen Ata", cando Ferrín estaba no cárcere: "Ferrín, un bo rapaz pero no camiño equivocado e coa cabeciña chea de paxaros" "Ferrín confunde realidade con literatura".

Hoxe, partidos como Esquerra Republicana ou Eusko Alkartasuna queren a INDEPENDENCIA das súas nacións. Por que non podemos defender nós a independencia da nosa?

Anónimo dijo...

Non me respostou querido MS, pregúnteille se para querer a independencia de Galicia, hai que ser marxista-leninista.
Pregúntollo, por que se fose así, bórreme.

Anónimo dijo...

Se a relevancia dunha persoa se mide polo nivel dos seus detractores, ao mellor Ferrín é menos grande do que cremos.

Non sei a quen carallo importará que un pseudónimo marche pola metade dun acto ao que non foi.

Ide refregarvos a boca e a ver se vos dan unha subsecretaría en Cultura.

Anónimo dijo...

Reafírmome no dito: Ferrín, grande literato (uns gostarán máis da súa literatura, outros menos, iso é cuestión de gostos: eu aprecio moito o seu relato breve, pero fun incapaz de rematar "Bretaña, Esmeraldina"; ao mellor é por non ser partidario dunha Galiza independente e marxista-leninista, onde Ferrín fose coma Shojolov ou Gorki, leitura obrigatoria nas escolas e presidente da Unión de Escritores Galegos con capacidade de dictaminar quen é bo e quen vai a Siberia).

Ferrín, politicamente estrafalario. Non por defender o independentismo, que o defende máis xente con argumentos diferentes. Senón por cultivar en exceso esa coherencai que o leva a non ver os erros no pasado. Algúns aprenderon deles. Ferrín, polo visto, non. Son paveros eses que xamais cambian, que aos setenta anos din o mesmo que aos vinte. A dúbida que me fica é: È un xenio clarividente que aos vinte xa alumeou a semente dunha Galiza nova? É un inmaduro que confunde literatura e mundo onírico e ficcional con análise da realidade e a formulación de estratexias? É un exemplo acrisolado de fidelidade aos principios, e por tanto de inconmovíbel e invendíbel integridade, fronte a tanto oportunista, dende os coroneis upegallos até os quintanistas acomodaticios? Ou non pensariamos o que pensariamos de calquera que aos setenta anos nos viñese coa matraca de cando tiña vinte anos: probiño, non dá para máis politicamente? Eís a cuestión. En todo caso, mantéñome tamén en que Ferrín é o mellor dos ferrinistas. Algunhas respostas en típica clave sectaria (se non estás comigo estás contra min, se cuestionas o grande oráculo és un traidor e vendido etc.) confírmano.
Posdata: Alguns dos libros de Ferrín levan a mención de teren sido editados coa axuda do Ministerio de Cultura (do imperialista Estado español). A maiores, algúns lembramos a Ferrín, montado a cabalo nun lugar da raia seca, nunha reportaxe de TVE-2 hai como 21 anos, onde dicía (en perfecto castelán e sen subtítulos): "Para muchos españoles, el exilio empezó por aquí". Son os galegos españois? Se o oráculo tal dixo, señores ferrinistas incombustíbeis, deberían facer todos tal. Tamén poden facer como na vida de Brian e seguir a escisión do que ficou coa zapatilla de Brian (é dicir: UPG-lp, UPG-lp-españolista, etc.).
Co anterior só quero provocar un pouco, polo menos nun senso: Tanto incienso e santificación en vida é, cando menos, vomitiva. Méndez Ferrín dentro de cen anos será lembrado como un grande escritor, que é o que é, gañe ou non o Nobel. Taménn como alguén que dinamizou a vida cultural galega e creou unha capeliña de fideis literarios e políticos. Ao mellor a UPG de dentro de cen anos tamén o homenaxea como un dos seus míticos fundadores. Supoño que daquela se esquecerán as saídas de tón de Ferrín, os seus máis que dubidosos xuízos de valor en moitos dos seus artigos de opinión, a súa defensa de criminais coma Stalin ou Mao a capa e espada, etc. Iso é o que a literatura ten de grande: que os autores viven através da súa obra.

Anónimo dijo...

Sr Isildur, tranquilícese. A xenreira e o resentimento estano consumindo. Tómese unha tila e acougue un pouquiño. Os seus argumentos gañarán en ponderación e claridade. A non ser que vde teña un asunto persoal que resolver! Como din os ingleses : an axe to grind!

Anónimo dijo...

Xa sei que despois da morte de Franco todo quedou "atado e ben atado" e que os que redactaron a constitución vixente consultaron telefonicamente cos militares todos e cada un dos seus artigos, especialmente os referidos á organización do territorio (Iso non se di nos libros de historia ao uso, pero sábese)

Malia o anteriormente exposto, hoxe pódese defender o independentismo mesmo se non es marxista leninista, sobre todo en sociedades menos drogo-dependentes de España. Mesmo en Galicia é posible que moitas persoas teñan esa arela, aínda que a racionalicen dicindo: "Non pode ser nestas condicións. Non se pode ser estrafalario". E así, entre uns e outros, non se consegue nada.

Ferrín "estrafalario politico"? Non máis estrafalario ca outros cuxas actuacións políticas si tivemos que padecer.

Anónimo dijo...

Eu fun ao acto porque aprezo moito a Ferrín (o que obviamente non quere dicir que haxa que quedarse co pack enteiro) e tamén a Angueira que foi o presentador do acto, pero marchei antes, moito antes, polo que eu sei, de que rematara: deume tempo a ver a Paco Fdez. Rey, a Antón Santamarina e a Leo de Matamá. Xa sei que non lle importa a ninguén: nin siquera a min. Pero como se afirmou que non estivera...

Sobre o resto dos comentarios do anónimo dominical das 11:20, en fin.

Anónimo dijo...

Xa sei que despois da morte de Franco todo quedou "atado e ben atado" e que os que redactaron a constitución vixente consultaron telefonicamente cos militares todos e cada un dos seus artigos, especialmente os referidos á organización do territorio (Iso non se di nos libros de historia ao uso, pero sábese)

Malia o anteriormente exposto, hoxe pódese defender o independentismo mesmo se non es marxista leninista, sobre todo en sociedades menos drogo-dependentes de España. Mesmo en Galicia é posible que moitas persoas teñan esa arela, aínda que a racionalicen dicindo: "Non pode ser nestas condicións. Non se pode ser estrafalario". E así, entre uns e outros, non se consegue nada.

Ferrín "estrafalario politico"? Non máis estrafalario ca outros cuxas actuacións políticas si tivemos que padecer.

Anónimo dijo...

!A ver hom¡, podo ser partidario da independencia de Galicia, sen ser marxista-leninista, si ou non?.
Polo que dí, si, pero enróllase no dos militares e con Franco que morreu antes de nacer eu, e non lle sei desas chorradas.
Meu amigo MS, voullo pór máis doado. Nunha Galicia independente, podería sen ningún problema ser do Atlético de Madrid?.

Anónimo dijo...

Estou plenamente de acordo co que di Lobro Neghro: "Eu sempre pensei que Ferrín nunca deixou de facer literatura, eis o problema".

Porque pura literatura -por fortuna inocua- é ir hoxe pola vida de marxista-leninista-independentista, pensamento Stalin-Mao (e todo sátrapa asimilable).

A laudatio a unha suposta coherencia inalterable non se compadece cunha ollada aos feitos concretos desa suposta coherencia. E así debe ser, abofé. Non hai homes de aceiro... ou de titanio, senón de carne e óso. Daquela, esteticismo politicamente estéril, pose, é o que máis abunda.

Algúns confunden a literatura coa política. Que o faga un home de idade provecta porque esa foi sempre a súa forma de ver o mundo, pode ser comprensible, que non disculpable. Pero que o segan facendo epígonos, polo xeral de menor talento, é notoriamente risible e patético. Eís o problema... e de aí o disparate permanente, o ditirambo como substitución da política.

Por que o independentismo galego non dá saido da minoría de idade, da vacuidade estéril, do capelismo de pub, do sectarismo máis sectario e irresponsable? Algo terán que ver as súas supostas preclaras mentes, capaces -seica- de pensar o futuro (sic) totalmente desconectado do presente.

Para concluír. Se hai alguén que non lle guste que lle bote azúcar: Ferrín, gran literato, un dos máis grandes, unha gloria da nación literaria. Mais tamén Ferrín pésimo político, estratega incompetente, pensador adoito ensarillado nunha caduca mitoloxía pseudo-revolucionaria, unha inutilidade para a nación política.

Como escritor terá un gran capítulo na historia da literatura galega, como político unha simple e condescendente pequena nota a pé de páxina.

Anónimo dijo...

Onde se notan os nervios é na linguaxe dos anti- , . Se eles son os maduros, estrategas, ideólogos e demais, así lle vai ao nacionalismo galego. A impresión que queda é que non soportades nada á vosa esquerda, un territorio de dimensións incalculables, por certo. Ou que non soportades a esquerda, sen máis. A non ser que chamedes esquerda aos articulistas de El País cando poñen a caldo a Chávez, ao Che e a Evo Morales. Esa é a vosa importante diferencia non só con Ferrín, senón con Beiras. Si, ese señor cun discurso de esquerda que continúa sendo o teito electoral do BNG.

Anónimo dijo...

Si. Algúns parece que se compracen en escribir os libros de historia antes de que esta se produza. Epitafios incluídos.

Anónimo dijo...

Confundir literatura con política é un mal endémico, como se vé polo intervinte que, contra toda evidencia, nos acusa de anti (sic). E xa se sabe que actitudes tan sectarias e impermeables só conducen á sacralización, ao botafumeiro, á edificación dunha Vaca Sagrada.

Mais Ferrín non se merece determinados defensores, abofé que non, porque rebaixan e trivializan a súa figura. Por moito que se arrimen a el, gran parte deles non terán nunca a súa grandeza literaria.

Anónimo dijo...

Parece que, no tocante a Ferrín, as cousas non cambiaron nada dende os anos 70: segue a ser unha das personaxes de maior carisma do país que, polo que se di, engaiola tamén a moitos intelectuais das novas xeneracións. Estas discusións non son novas, son as de sempre. Eu lembro as críticas de Piñeiro pero tamén as de Casares que salvaba ao escritor pero denunciaba o "ferrinismo" e as súas consecuencias.
Pero unha cousa é incuestionable: incluso os que máis acedamente o critican teñen que recoñecelo como unha figura de grande atractivo e interés.
Os detractores máis acerbos son, en moitos casos, grandes coñecedores da súa obra e a súa peripecia vital. Para poucos que militen (ou non ) no galeguismo pasa desapercibido. Algúns escritores (estou certo) envexan secretamente a súa aura e a persoaxe segue a medrar. Tamén Beira pertence a esta categoría.
Poderase estar ou non dacordo coas suas teorías políticas e as súas posicións estéticas pero ninguén poderá dicir que non é unha personaxe libre ou que adaptou o seu discurso as comenencias persoais ou que pretendeu medrar no mundiño literario facendo concesións ou cedendo a exixencias alleas: da proxecciónda súa obra fóra do país sempre se desentendeu a pesar de estar en óptimas condicións durante moitos anos.
Se teño que posicionarme direi que en todos os aspectos considero a personaxe válida para o país ( como tamén Beiras por falar dos vivos) porque lles dan ás nosas cousas unha dimensión moi difícil de conquerir e de repetir.
Nun país onde predominan tanto os lévedas, os tépedos e os mantidos non está de máis unha voz libre como a de Ferrín, serve de contrapunto.

Anónimo dijo...

Señor non sei quen: eu estou acougado, home. É que provocar aos mitómanos é un pracer irresistíbel, que lle vou facer, sobre todo os domingos á mañá. O exceso de doce empalaga ao máis larpeiro, e o ditirambo continuo tamén.
Coincido con Apicultor e Lobo Neghro: XLMF, gloria da nación literaria, se cadra da "nación-cultura" para quen crea nela. XLMF, certo papel no pasado recente do nacionalismo de esquerda. Pero tamén, visto en perspectiva "dialéctica", orixe dalgún dos seus males. XLMF, imcombustíbel nos principios e nas fidelidades, grande atranco para a propia madureza política do independentismo á esquerda do BNG, ese que se presenta con dúas candidaturas ás eleccións e que ten hoxe por hoxe como meta electoral, quizabes, sobordar ao Partido Humanista. Talvez menos ferrinismo-leninismo de capela e máis madureza política lle tería vido mellor ao propio independentismo, non si? E a comparanza con Beiras, pois... Unha cousa é o Beiras poético, e outra o político, que foi ben práctico e pragmático, e dende logo nos 80 e 90 foi por vieiros ben diferentes aos da torre de almasí literaria de XLMF. O Beiras do 1997-2001 non citaba nos seus discursos o marxismo-leninismo de louvanzas a Mao e Stalin...
Dito todo o anterior, señores ferrinianos e ferrinistas: Galiza ten problemas máis acuciantes que se Ferrín si ou Ferrín non. Pero sigan matando ao mensaxeiro. Eu vou cobrar o meu soldo mensual da CIA, aínda que estou cabreado: con Obama gáñase menos que con Bush, mágoa...

Anónimo dijo...

Un exemplo do que eu dicía é, por exemplo, isto que disque se di no libro homenaxe que aínda non lin:

Xabier Cordal asegura que Ferrín é "unha das figuras políticas que fundamentan a Galicia contemporánea", canda a Rosalía/Murguía e Castelao: "Ferrín protagoniza a ruptura coa galeguidade burguesa e enxerta o nacionalismo no cadro revolucionario mundial". Cordal engade que "para dar forma a esa simbiose pendente" foi "decisivo" o contacto de Ferrín e o comunista exiliado Luís Soto. "Ferrín logrou conciliar as máis esixentes teoría e práctica da vangarda dos seus días. En primeiro termo, a que levara a Fidel Castro ou Ho-Chi-Minh a desafiar a orde imperial mediante respostas nacional-populares, tal e como antecipara James Connolly que debía combaterse o imperialismo", di Cordal.

Como para enmarcalo!

Anónimo dijo...

Ultimamente vexo por aquí a moitos preocupados polo futuro do independentismo galego!

Anónimo dijo...

No Future!

(Sex Pistols)

Anónimo dijo...

Dicídelo por Chávez ou por Evo Morales?

Anónimo dijo...

A miña solidariedade cos independentistas que foron moídos a paus pola policía española na manifestación de onte contra Galicia Bilingüe.

Anónimo dijo...

Eses rapazolos o que foron foi a facer máis visíbel a manifestación dos bífidos, a darlles cancha, a darlles argumentos para que segan coa matraca antigalego e para que poidan presentarse como vítimas da intolerancia. Pensan que indo a tocarlles o carallo paran o fascismo, pero o único que fan é darlles máis publicidade. Así se fai patria, nenos, así se defende o galego. Non sodes máis idiotas porque non entrenades. Facédeslles o xogo e non vos decatades. Están encantados con vós por darlles publicidade gratis.

Anónimo dijo...

Falemos con claridade. Eu tamén penso que eses contramanifestantes o único que conseguen é dar publicidade gratuita aos de GB e munición aos sectores máis reaccionarios e antigalegos. Pero vese que lles pesa máis emular a imaxe heroica dun Che Guevara que defender con racionalidade e por medios pacíficos a nosa lingua.

Anónimo dijo...

No fragmento que escolmou antes o Apicultor, dun texto que só lin por enriba, paréceme encontrar en efecto algunha hipervaloración do Ferrín político; persoa, por certo, cuxo pensamento nesa área estaría por ser establecido, redactado ou cando menos publicado.

As miñas lecturas dinme que Soto e Ferrín tiveron papel importante nos xermolos do nacionalismo de esquerda, vai xa case para medio século. Na lista, con todo -e deixando a un lado figuras como o propio Beiras, Franco Grande, posiblemente Ramón Lugrís e desde logo outros-, posiblemente non sobraría incluír máis nomes; o de Bautista Álvarez quizá non sobraría. Seguro que outros contertulios poderían engadir algunha cousa máis.

Anónimo dijo...

15000 palabras contén o vocabulario de Ferrín, segundo Santamarina. O de Navia dixo tamén que no de Shakespeare hai 23000.

Anónimo dijo...

Arume, eu lera que o de Cervantes era de 13000. Que hai de eso, vostede que é técnico na materia.

Anónimo dijo...

Vocabulario activo ou pasivo?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pois pouca atención lle dediquei eu a isto. Vou mirar. Díxoo para encomiar a riqueza léxica de Ferrín.

Anónimo dijo...

Vai haber que mandar facer o Bacharelato de novo a esta columna de pedantiños de café.

Porque o nivel de certa xente que pontifica aquí anda máis ou menos parello en diversos temas: o Quixote ten máis de 23000 palabras; Beiras foi pensador marxista, pero non de práctica revolucionaria (compréndese que esa palabra e a soa mención do Che vos produzan sarabullo); Franco Grande, notorio opositor antifranquista, ten de independentista de esquerdas máis ou menos o que apicultor.

E sobre todo é de moi mal gusto, ou se cadra ínfula de compadreo intelectual compostelán, chamar a Manuel Outeiriño "o bo de Manolo".

Solidarizámonos aquí cos dez detidos e incontables mallados pola Policía Española na concentración antifascista.

Anónimo dijo...

Amigo anónimo, seica ser de esquerdas e independentista e bon, e de dereitas ou algo de dereitas, ou pouco de esquerdas, para entendernos, é malo?.

Xaime dijo...

E no tocante a solidarizármonos cos mallados e detidos pola policia na manifestación antifascista, fale por vostede -que non se sabe quén é - e non por mín.
Xaime da Pena

Anónimo dijo...

Ser de dereitas é malo, si. Aínda que tamén houbo dereitistas que eran boas persoas. A Hitler encantábanlle os nenos.

Anónimo dijo...

Home, anónimo das 06:41:00 PM, mal gusto por mal gusto coido que é que moito máis mandarnos "facer o Bacharelato de novo" e chamarnos "pedantiños de café". Co agravante de que ademais é ridículo. Só lle faltou poñer "de provincias" no canto "de café" para retratarse en todo o seu esplendor. Mais facémoslle caso nunha cousa: retiramos o de "o bo de...", e así fóra "compadreo".

E de certo que acertou comigo: non teño nada de "independentista de esquerdas", esa entelequia.

Como o cortés non quita o valente (e perdón polo calco castelán), eu tamén pido a liberdade inmediata para os detidos, xaora.

Anónimo dijo...

Moi ben, eu a cambio retiro a ironía de que algúns dereitistas eran boas persoas, señor "apicultor".

Anónimo dijo...

Non encontro o sitio onde se afirme que Franco Grande fose independentista. Non quita, porén, que desempeñase un papel cando xorden correntes de esquerda no ámbito galeguista.

De todos modos, un sempre está disposto a aprender se hai de quen; ou se, aparte de suspendelo a un, se restitúe a parte (histórica) maltratada.

Por outra banda: solidariedade e apoio a quen se contramanifesta sen agredir; vaia vestido de vaca ou lucindo pasodobre. Deica aí chego eu.

Anónimo dijo...

Pois perfecto, anónimo das 09:30:00 PM. Mais sego mantendo que dicir "é o noso presidente da República das Letras Galicianas, mesmo o noso presidente da República de Galicia" é pasarse co botafumeiro. E engadiría algo máis: tamén é impecablemente cursi.

Con todo, pódelle pasar a calquera. Ninguén está exento dunha "efusión lírica" de cando en vez.

Anónimo dijo...

En relación aos detidos, vou decir unha frase. Aprendina dos políticos:
- "Teño plena confianza na acción da xustiza, e non quixera entorpecer a sua labor con declaraciós".

Anónimo dijo...

Os medios de comunicación falan da "kale borroka" que montaron os que participaban na contra-manifestación. Que iso o fagan Antena 3 ou La sexta, case normal, mais que o fagan algúns xornais galegos paréceme incrible.

Houbo moitos contramanifestantes pacíficos. Por exemplo, os do chamado "movemento ridiculista", que tratan de parodiar a ideoloxía (lingüística) e o auto-noxo que esconden moitos dos Pilinguis, como un tal Manquiña, que baseou gran parte da súa carreira cinematográfica en España facendo de galeguiño coitado (por non dicir parvo=

Galicia Pilingui concentrou escasamente tres mil persoas. Moitas delas viñan de fóra de Galicia. Alí podíanse ver militantes e simpatizantes do PP, de UPyd... de Falange Española... E seguro que tamén sobrevoaba pola Quintana o espírito (que non a carne) dalgún afiliado ao PSOE.

Anónimo dijo...

Este video, que se encontra na páxina de A NOsa Terra, é moi esclarecedor dalgunhas cousas que pasaron. Alí vese o home que nunha das noticias da Voz de Galicia pasou como agredido, cando foi el o que iniciou a agresión.

http://www.anosaterra.org/nova/os-antidisturbios-cargan-na-protesta-de-galicia-bilinguumle-.html

E facéndolle os coros, os berros de "libertá, libertá". [Algúns, aínda que non o queiran, non poden deixar de ser galegos]

Anónimo dijo...

Perigosa vaca revolucionaria detida pola poli española:

http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=55268

Movimento ridiculista en acción:
http://blip.tv/file/1753058/

Anónimo dijo...

A mín, acciós como as de eses fulanos parécenme simplonas, visceráis, case respostas instintivas. Desde logo que son "naturáis", como é "natural" no rato abalanzarse cara o queixo na rateira. Ou no xedrecista aficionado que só pensa no que pode capturar no momento inmediato pero é incapaz de pensar na "partida".
Claro que nesa clase de acciós simplonas e inmediatas é onde está a "diversión". É doado meterse no corpo algunha clase de sustancias excitantes e ir "pasalo" ben, sen pensar nas consecuencias, que ao fin e ao cabo é polo que se xuzgan os actos.
Por eso, anque non na letra, concordo no espíritu do escrito do anónimo que dixo que "non son máis tontos porque non entrenan".

Anónimo dijo...

As accións do "movemento ridiculista" están na liña de empregar a ironía para desenmascarar os que realmente pensan que "o galego só serve para falar coas vacas". Algo moi parecido facía Castelao nas súas Cousas.

Por outro lado, afirmar que os que interviron na contra-manifestación ían bébedos ou drogados, e que o facían "para pasalo ben, paréceme un xuízo moi precipitado.

Xaime dijo...

por que non escribe como marcel swan, querido amigo, ou non é marcen swan, querido ms?.
Xaime da Pena

Anónimo dijo...

Ufffffffffffffffffffffffff O castellano está en evidente perigo.
Ten alguén o e-mail do Capitán Trueno, Sigrid de Thule, Crispín, Goliath, Jabato, Taurus, Roberto Alcázar, Guerrero del Antifaz, Flash Gordon, Millán Astray ou algún parecido con esta cuadrilla??
Xa foxen os super villanos de AMI, e os rapazolos de NÓS-UP, ben seguro!!!

Anónimo dijo...

A manifestación dos "bilingüistas" era totalmente legal, e o dereito a manifestarse pacíficamente é un dos pilares das democracias. Polo que se ve, como a moitos dictadores, a moitos a democracia sólo lles sirve cando se usa para os seus propios propósitos, e as manifestaciós sólo son boas cando promoven as suas propias ideas. Vaia demócratas do carallo. Aparte de simplós, de meramente adrenalínicos, vaia demócratas do carallo. Ou é que a democracia é secundaria, diante de algo tan "sagrado" como o galego?.

Anónimo dijo...

A manifestación de GB era "legal", como tamén é "legal" a morte, pasiño a pasiño, do galego.

Mellor quedar na casa. Así, cando o galego morra de morte morrida, ninguén nos poderá dicir que non fomos legais, non?

Hai tantas cousas legais que combater! E tantas que, en teoría, son legais e non se cumpren!

Anónimo dijo...

Pregunta:
O pacífico señor de 60 anos supostamente agredido cando está falando por teléfono e cuxa foto cun ollo hinchado sae en La Voz de Galicia non é Chencho de Lugo, coñecido e histórico falanxista ?

Anónimo dijo...

E o galego morre de morte morrida máis rápidamente coas acciós irresponsábeis de eses "singermornings" que o único que fan é botar por terra o traballo serio, sen histrionismos, de tanta xente, entre os que se atopan bastantes habituáis de este blog, vostede, ms, un de eles, na miña pouco autorizada opinión.

Por certo, cambiando de tercio, parabéns ao Chesi por a concesión do "Premio Morogo" de este ano.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Se se quere facer visible a loita a favor da independencia, como se indica nos foros habituais do independentismo galego (non o digo eu), non cabe dúbida de que a contramani foi un éxito rotundo.
Se se pretende gañar espazo na praza pública, cos medios de comunicación existentes, está claro que as imaxes ofrecidas non son as máis edificantes.
Non sei con cal destas dúas opcións se queda o espectador destas imaxes.
Pero é evidente que quen actúa así debería ter en conta as consecuencias equívocas (é dicir: con varias interpretacións: para a súa galería ou para galerías diversas) que vai provocar calquera dos seus actos. En termos de eficacia para o futuro.

En calquera caso, e sobre a cuestión que plantea MS, cre vostede que unha contramani coma a do domingo beneficia en algo? Esa é a pregunta, que ten que ver coa eficacia, que me imaxino moitos se farían antes de tomar a decisión de convocala.

Anónimo dijo...

Exacto, Arume. As acciós evalúanse por os resultados, non por as suas motivaciós.

Anónimo dijo...

Imaxino, sí, que na manifestación habería bastantes "fachas" dos de verdade, "pijos" remilgados, e fauna similar. Xente, tamén.

Anónimo dijo...

La Voz de Galicia:

O vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, afirmou ser galegohablante por parte de nai, aínda que confesou que, nun acto ao que acudiu no Barco de Valdeorras falou en castelán como rebelión ante as imposicións.

Blanco fixo estas declaracións nunha reunión con xornalistas no Pazo do Castro da localidade ourensá, dúas horas antes dunha cea con milleiro de veciños, alcaldes e representantes da comarca de Valdeorras. Asegurou que se falaba en castelán é en rebeldía pola imposición, sen concretar de quen, e engadiu que é un «deber e obrigación» de todos os galegos falar as dúas linguas.

Anónimo dijo...

Eu non fun a Santiago domingo pasado, nunca cheguei a considerar tal posibilidade. O motivo -non formulado, por innecesario- para min mesmo, anda máis ou menos nas coordenadas que indica o Arume na última mensaxe.

Ora ben, en diversos momentos hai quen antes do criterio de efectividade sitúa a arela de expresión; son dúas formas de oportunidade diferentes, ningunha por certo preferible nin ética nin politicamente. Para min a acción ridiculista ten sentido, e non deixa de ser saída pacífica nunha situación que pode resultar fondamente irritante. Os colectivos contrarios ao ensino en galego teñen dereito a manifestar tal posición; ora ben, ¿non poden resultar algúns dos argumentos exhibidos -considerar de facto o idioma galego cousa allea, limitar a acción institucional como moito ao espazo oficial, calificar a posición dos demais como 'fascismo lingüístico', pretender ser ponderados na propia expresión e ao tempo albergar baixo o seu manto todo tipo de intolerancias e intolerantes- prepotentes, insultantes, agresivos, merecentes dunha resposta?

Reitero o que dixen cando o de María San Gil, que xaora xa hai quen anda a evocar en letra impresa: defendo o dereito á contramanifestación dentro, obviamente, dun límite que esixe espazo osixenado para os defensores da outra posición. Polo que vexo, escoito e leo non me parece que os ridiculistas a sobrepasasen. Leo tamén que a policía andaba a identificar contramanifestantes pola vestimenta que levaban ou a lingua que falaban, e que arrestaron varias vacas falsas.

Igual, ademais de criticar os ridiculistas, era ben comentar tal posible exceso que, xaora, aplaude o ámbito, digamos, contra-galego; ese que incluíu este domingo a AVT e a súa vinculación explícita de política lingüística e terrorismo de ETA. Sen que ninguén, que eu saiba ata o de agora, demandase deles unha rectificación.

Anónimo dijo...

Canto a José Blanco, non sei se as súas andrómenas lle merecen creto a ninguén a tales alturas. Onde vai xa que non fala galego en público, e mesmo entrevistas e debates na TVG e Telelugo son como moito alternando ambos idiomas. Vaites, vaites.

Anónimo dijo...

Pepe Blanco non fala galego nin na intimidade

Anónimo dijo...

Que unha acción precise de unha resposta, en abstracto, non quere decir que esa resposta podia adoptar calquer forma concreta.

Si ao meu reloj se lle acaba a corda, pra que volva a andar teño que facerlle entrega de un "aporte enerxético". Pero ese "aporte enerxético" debe adoptar unha forma ben particular e diferenciada: hai que darlle voltas, de un xeito concreto, á pequena rodiña. Non vale quentalo ao lume, nin subilo a un edificio moi alto, nin aplicarlle descargas eléctricas. Das infinitas formas de darlle resposta concreta á necesidade abstracta do aporte enerxético, sólo hai unha, por certo ben pouco intuitiva, que surte efecto. Estrellalo contra unha parede, deixa ás visceras máis satisfeitas, claro. Pero non vale para nada.

As relaciós sociáis son algo ben máis complexo que a maquinaria de un reloj. E moitos seguen pensando nelas coma si fora algo tan simple coma un ruxe-ruxe.

Anónimo dijo...

Non vexo en que se parecen bailar un pasodobre ridiculista con tirar cousas contra a parede. Se falamos de tirar botellas contra o adversario a cousa cambia; pero considero que iso quedou excluído como aspecto defendible no comentario do luns, 9, ás 9:44.

Anónimo dijo...

E que opinan das provacacións de Michael Moore e dos activistas contra o foro de Davos, etc... ?

Anónimo dijo...

Para os que (aínda) non se queren enteirar.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009021100_16_259889__CONTRAPORTADA-Xose-Manuel-Sarille-politica-linguistica-Goberno-actual-peor-Fraga

Presidente honorario da Mesa pola Normalización Lingüística
Xosé Manuel Sarille : ´A política lingüística do Goberno actual é peor que a de Fraga´
"Pedro Arias será o primeiro deputado, despois de Rajoy, que falará en castelán, de forma militante, no Parlamento galego"


Xosé Manuel Sarille. / tucho valdés

Profesor de galego nun instituto compostelán, é autor do libro 'A impostura e a desorientación na normalización lingüística' (Candeia Editora), unha visión crítica e pesimista sobre a xestión dos políticos no ámbito do idioma. Xosé Manuel Sarille (Lugo, 1956), fundador da Mesa pola Normalización Lingüística, considera que o BNG, o tradicional defensor do galego, se desentendeu do asunto

ISABEL BUGALLAL | A CORUÑA -A súa radiografía da situación do galego?

-Todos os partidos políticos teñen experiencia en xestión en todo tipo de institucións galegas, e tanto o PP, como o PSOE e o BNG tiveron ocasión de facer as súas políticas. Sen embargo, non hai ninguna diferenza sustancial na súa xestión da lingua galega. E non hai síntomas de que vaia cambiar a situación porque os nacionalistas chegaron ao poder. Non vexo vías ou enerxías que non estiveran xa ensaiadas na vida pública. Pesimismo? Non, é realismo puro e duro.

-Cre que hai un retroceso?

-Sen dúbida algunha. Retroceso hai sempre que non se lle poña remedio a un problema e siga deteriorándose. Non só iso. O 15 de setembro de 2006, cando chega o bipartito, Quintana di que pola lingua non vai haber problema. E desenténdese do asunto. Nestes catro anos, o bipartito fixo o decreto de reforma do ensino e nada máis. Un decreto que está moi por debaixo do que se falara -ir cara unha plena galeguización- e se queda nun 50%, moito menos avance que con Fraga. E non hai máis nada. E cando os francotiradores se poñen en marcha piden unha lei para obrigar aos comerciantes a rotular en galego. Eu creo que isto é un erro descomunal. O que hai que facer é unha política de atracción, dar diñeiro a cambio de que, voluntariamente, se galeguice o comercio. A política non debe centrarse na lei, senón no estímulo. E logo deixa flancos como a Radio Galega ao descuberto. A Radio Galega ten unha segunda canle de música, para a que non teñen unha política cultural nin lingüística. A política do bipartito é a mesma que levaba a cabo Fraga pero con menos eficiencia.

-Non ten unha visión moi optimista da clase política galega.

-Non, non a teño. Agora mesmo, non a teño do Goberno bipartito, e do BNG en particular, que son os que máis compromisos tiñan coa lingua. Non hai moita capacidade para resolver un asunto complexo como é o da lingua, pero a parte disto hai unha deriva política cara un novo lugar onde non interesa a cuestión da lingua. Ao Bloque non lle interesa pór en marcha nada que teña que ver co idioma.

-Por que?

-Porque é a posición dos boinas, de Baltar e de Cuíña, na que a lingua non debe ser una cuestión de conflito, nin de debate.

-A actitude do PP pos Fraga ante a lingua?

-O PP, ata o remate de Fraga, era un PP moi condicionado pola base rural, que chegou a ser hexemónica na organización. De aí xurde unha sensibilidade polas cuestións propias do país, entre elas o idioma. O idioma en clave moi suave, que non quere dicir normalizalo, que avance socialmente. E nese tempo quedan nun segundo plano as capas sociais urbanas, sempre moi vinculadas á Corte, ao centro; unha clase media cidadá. Ese grupo é o que agora está dominando o PP e ocupa os postos de saída para as eleccións. Incluso con peculiaridades. Por exemplo, eu creo que Pedro Arias non é un ovni dentro do PP. Creo que é un personaxe que incrustan aí para cumprir un papel rompedor. Creo que Pedro Arias chegará ao Parlamento galego e será o primeriro que falará de forma militante en castelán desde Rajoy. Esta é una novidade. E tamén, o medo que teñen ante o empuxe de Rosa Díez, necesitan frear ese empuxe. Por iso, a manifestación do domingo de Galicia Bilingüe.

-De aí a manifestación?

-Por todas estas razón. Eu creo que a manifestación de Galicia Bilingüe é una manifestación de odio cara a lingua galega e cara a cultura propia do país. Isto, que durante anos estivo subxacente, exprésase agora máis polo dito e pola emerxencia de ese grupo lerrouxista, que non se sabe moi ben por onde tira pero que aproveita moi ben os instintos e tira do elemental, que é o caso do partido de Rosa Díez.

-Por que fracasou a normalización lingüística?

-Fracasou porque a xente, a estas alturas, non asumiu que a lingua é un patrimonio colectivo que implica a todo mundo, e así está no Estatuto de Autonomía e na Normalización Lingüística. Non é só un problema de vontade, senón de capacidade.

-Solucións?

-Eu neste momento non as vexo. O que pasa é que cando dis isto, consideran que es un pesimista. Solucións? Os partidos non fixeron nada substantivo. Hai quen pretende abrir un debate profundo dentro do BNG para activar novas políticas. Ogallá! Pero eu non as vexo.

-Acercar o galego ao portugués e ao brasileiro?

-A actitude pode ser: mire imos cambiar e introducir no ensino, desde a Primaria, o estudo da literatura galego-portuguesa para coñecer o galego-portugués medieval, e non rematar o ensino, como agora, sen ter visto nunca un texto de portugués ou do brasileiro actual, o cal, tendo en conta a cercanía, é unha aberración, tanto persoal como dende o punto colectivo, de país, pola potencialidade que implica poder comprender e vincularse con ese mundo. Pero ao estar tan pechados, Extremadura nos está a comer as papas, e está a xestionar todos os fondos interfronteirizos de Europa. En Extremadura hai nestes momentos 14.000 rapaces estudando portugués como lingua optativa. Galicia debería ter outra actitude porque ten unhas potencialidades naturais evidentes, porque significaría amplificar moito as capacidades do galego e chegar a moitos máis lugares.

Anónimo dijo...

O mellor fronte a GB, pasar deles
10/Febreiro/2009

Pídeme un dos comentaristas máis corrosivos deste blog que me pronuncie abertamente sobre os feitos acontecidos este domingo pasado en Santiago a raíz da manifestación da incorrectamente autodenominada ‘Galicia Bilingüe’ e a min só me vén unha palabra á cabeza: tristeza. E debe ser por iso que non adoito referirme a eses asuntos neste espazo… Que queren? Eu prefiro falar de cousas positivas, alegres e friquis antes ca de enerxía negativa, odio e violencia.

E xustamente iso foi o que vin o domingo: enerxía negativa, odio, violencia. Vin odio por parte dos que alí se manifestaban baixo a premisa ridícula de que o castelán está discriminado en Galicia ou de que se pretende “impoñer” o galego. Pero tamén por parte dos que lanzaron obxectos contundentes e converteron a capital do país nunha Euskadi en pleno episodio de kale borroka.


Persoalmente non comparto nin media palabra das supostas reivindicacións de ‘Galicia Bilingüe’ pero entendo perfectamente que queiran manifestarse (con ou sen apoio mediático): é o seu dereito e ninguén debe alteralo. De igual maneira que non me parecería ben que os activistas anti-galego se contra-manifestasen ou rebentasen as celebracións do 25 de xullo ou das Letras Galegas, por exemplo.

E que aconteceu? Que tanto uns, os de ‘Galicia Bilingüe’, coma outros, os neo-kaleborrokistas galegos, conseguiron o que querían: presentarse de mártires ante os seus respectivos seareiros. Penoso e lamentable. Posiblemente se ninguén se contramanifestase -incluídos os ridiculistas- ninguén falaría da manifestación de GB do modo en que o fixeron algúns medios de comunicación (sobre todo de fóra). Habería unha manifestación, poderían compararse cifras de asistencia e punto final. Morrería alí o conto e a outra cousa.

Pero non. Algúns elixiron o camiño contrario. O da bulla gratuíta que trae consigo violencia, altercados, detencións… En fin, mal rollo arredor do idioma que non nos beneficia en absoluto. E no medio de todo isto estaban os amigos ridiculistas… E que podo dicir deles? Pois que me gustan máis cando organizan festas ridiculistas porque si, non en resposta a nada. Porque corren o risco, como aconteceu, de que algúns confundan ridiculismo con radicalismo ao quedaren no medio do fogo cruzado.

A pelota está no tellado dos poderes públicos e das organizacións civís, ao meu entender. Son eles os que deben explicarlle á cidadanía por que se adoptou a lexislación actual para salvar as diferenzas que ten o galego en comparación co castelán. Expoñer con claridade que as dúas linguas deben estar en plena igualdade, que o saber non ocupa lugar, que cada un na súa casa, na súa vida pública e privada, pode falar no idioma que lle pete… pero que hai que garantir que, cando terminen o ensino obrigatorio, os estudantes deben dominar de forma oral e escrita as dúas linguas… e tanto dá que sexan de Muros, da Coruña, de Xunqueira de Ambía ou de Vigo.

En fin. Para min foi un día triste que convén esquecer xa. Dubido moito que volva escribir sobre Galicia Bilingüe ou sobre os borrokeiros. Son unha mala adaptación de algo que desde logo non é galego. Para min non existen, son unha caricatura. Eu tamén teño dereito a un mundo ideal.

Anónimo dijo...

Don XM González, imaxino que domina os chamados "recursos literarios" tales como símiles metáforas etc. Cando falaba de "estrelar un reloj contra unha parede", trataba de poñer un exemplo, non contexto do propio exemploq eu puña, o que é "unha resposta inmediata, instintiva, simplona ,pouco razonada e ineficaz". Imaxino que son eu o que non sabe empregar eses recursos dos que fala ba antes.

EN canto ao de "irritante", son moi irritantes moitas cousas. É irritante para un pai ao que lle violaron e mataron a filla ver o agresor solto por a rua en poucos anos.E outro símil, non busque comparaciós directas. Hai miles e miles de causas de "irritación" cada día, moito maís sangrantes que a de ver a alguén expresar a suas ideas. O Dapena pode´ria ilustranos. E esa xente ten que tragarse a sua "irritación " e "ghoderse". E dan renda solta á sua irritación, sáelle caro, tamén. Así que, a "irritación" que a metan por onde lles caiba.

Anónimo dijo...

O de "meter por onde caiba" é tamén metáfora, ou algo así. Sabe o Arume o nome exacto.

Dos "activistas antiglobalización", penso máis ou menos o mesmo. Esas acciós son "síntomas", pero non o "remedio". Non fai falta estudar medeciña pra saber que non é o mesmo.

Anónimo dijo...

Concha Rousia (Vieiros)

Eu sou Carlos Morais
11:00 11/02/2009

Vou-vos contar duas histórias, a primeira está inspirada no conto da rã de Olivier Clerc. Afinal nós, mesmo depois de que nos sangraram a nossa lagoa de Antela, seguimos a ser um país de água. O conto fala duma rã que não sabia que estava sento cozinhada... E a segunda história fala de um homem que pegou um brinco...

A rã sempre nadara livre na sua formosa charca, sem molestar ninguém, nem percebera que alguém tinha convertido a sua morada em caldeira; talvez porque primeiro a água seguia a estar fria mas aos poucos aos poucos a água foi aquecendo. No começo aquilo não a incomodou, por contra, até lhe parecia que estava mais boa e podia nadar mais. Ora bem, com um ritmo demolidoramente lento, a temperatura da água continuou a aumentar e aumentar, até um ponto em que deixara de ser agradável; mas a coitada da rã já estava a ficar sem forças e não se atrevia a tentar brincar para lado nenhum...

Dali a pouco a água estava realmente quente, aquecia e aquecia... e mesmo antes de se lhe anuviar a sua vista, ainda pôde ela ver como alguns andavam a alimentar o lume que convertia a caldeira no inferno, mas ela já nada podia fazer para fugir da morte... O caso é que se alguém a tivesse lançado naquela água quente ela teria brincado fora sem pensá-lo, mas como foi indo a cousa tão devagar quando quis acordar era tarde... estava entre-cozida, e nem podia já pensar direito...

Então, se ainda não estais como a rã, meio cozidos, pegai um brinco antes que seja tarde demais... Uma de duas, como diz o autor do conto da rã, ‘ou consciente ou cozinhado’ tu eleges, pegar ou não pegar o brinco...

Um brinco como o que eu sempre imaginei pegara o meu pai andando lá por terras espanholas, eram anos 40, quando ouviu um fulano dizer:

“Hay siete clases de gallegos: finos, entrefinos, marranos, y cochinos, unos ladran, otros muerden y otros ni la puta madre que los parió los entiende.”

Meu pai erguera-se do assento dum salto, aproximara-se do homem que acabara de falar e, tal como ele sempre contava...

“metim-lhe uma hóstia e tombei-o no chão, e disse-lhe: ‘Pois a ti entendo-te eu!” O homem ergueu-se ca boca pechada, o mesmo que os outros todos que estavam com ele...” E depois meu pai sempre acrescentava: ‘Só hai no mundo duas cousas polas que eu me bato com outro homem, uma é se ele violentar à minha mãe, e outra é se ele violentar a minha língua...”

Eu não vou negar que a ação do meu pai foi agressiva, mas fora a sua uma reação a um ato violento... Se confundimos violência com agressividade estamos perdidos, mas disso não vou aprofundar neste artigo... Só vou dizer que considero que a manifestação de ‘galicia bilingue’ do dia 8 de Fevereiro foi uns dos atos mais violentos contra nós nos últimos tempos... E eu a poucos de nós vi pegar um brinco e saltar da caldeira... ou mesmo ir pegar uma patada no filho da puta que atiça o lume da caldeira que nos queima...

Só mais uma, última, reflexão... a imagem da rã chimpada na água quente, da que tratará de fugir, fez-me pensar no extermínio do povo judeu; a da rã cozinhando-se no banho-maria fez-me pensar no etnocídio do povo galego...

Anónimo dijo...

Pero serían admisibles as súas movilizacións (non violentas, por suposto) para ridiculizar aos seus adversarios? Serían lexítimas? Pasarían o filtro democrático ?

Por certo, o señor Pedro Arias ( Cancio, etc) eran especialistas neste tipo de accións. A ver que pasa agora!

Anónimo dijo...

Desde logo que pasan o filtro democrático. As manifestaciós, legalizadas en tempo e forma, sexan do tipo que sexa, son totalmente democráticas. E consiguen proieción nos medios cando máis festivas e histriónicas sexan. Sobre todo nos medios visuáis. Xa saben que somos "homo videns".
Outra cousa é o valor "conceptual", non "visual", que podian ter, e o que podian aportar de solución real. MEsmo favorecen ao poder e ao "statu quo". A sociedade ten a falsa impresión de que o problema se resolvéu parcialmente polo mero feito de facelo "visible", e quedan xa satisfeitos e sin folgos para artellar soluciós eficaces.

Por certo, mon chèr ami XM González. Non pense que a teño tomada con vostede persoalmente. Actitudes e perfiles como as dos contramanifestantes do domingo coñézoos desde os setenta, como todo o mundo. A mín gañóume para a causa do galego, aos meus coarenta e pico, xa no século XXI, o seu "Entre Hortas e Portas". Foi cen mil veces máis eficaz. Como me pasóu a mín, pasaralle a outros, digo eu. Non sei se me explico.

Anónimo dijo...

As analoxías con Davos son imperfectas. En teoría a protesta contra Galicia Bilingüe prodúcese desde a defensa da legalidade. Galicia Bilingüe pide a derrogación da lei de normalización lingüística: os seus detractores, sen embargo, coma primeiro paso, prefiren a actual situación legal.
En Davos, Michael Moore maniféstase contra o estatus.

Anónimo dijo...

XDC, que vde, á súa edade, fose gañado para a causa do galego ( e por riba sen pasar pola mesa camilla de Piñeiro) é algo que tén que enorgullecer a moitos contertulios das uvas. Nomeadamente ao señor X.M. González e (estou certo) ao señor Marcos.
Moitos dos que pasamos por aquí témolo en grande estima.
Que o saiba!

Anónimo dijo...

As últimas accións de Touriño e Blanco con respecto ao galego penso que merecen unha xanela neste blog que sempre se caracterizou pola defensa do idioma e polo debate político, pois quisera eu saber que pensan os contertulios, son graves as declaracións de Touriño? é de recibo o comportamento de Blanco?

Anónimo dijo...

Decerto que o entendo, da Cova, e ao ler a penúltima mensaxe quedara un pouco preocupado, pois pensei que se irritara algo comigo. En suma: entendémonos. Eu non fun o domingo a Compostela porque o meu sentido da efectividade non pasa por accións coma esas; pero son lexítimas, democráticas e probablemente tamén -nalgunha medida- efectivas.

Polo demais: coincido con parte do pensamento do Sarille, pero desde logo non con algún presuposto. Xaora, de tales cousas non me dou por enterado. Desde logo, sobre a "política lingüística" dos últimos catro anos valía máis falar ca non falar, e a min ben que me gustaba un debate específico. Se for posible.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Desde unha perspectiva nacionalista, toda política lingüística sempre é mellorable. Porque aspira a unha situación, tal e como se expón de forma habitual en todos os foros, de predominio e de hexemonía do galego en todos os orbes. Basta botar unha ollada a calquera dos seus principais defensores para darse de conta desa pretensión.
Tamén é certo que moitos deles promoven un posibilismo de prazos (máis ou menos rápidos, segundo graos) para conseguiren ese nivel/nível, sempre para chegar a un punto moi determinado de completa soberanía lingüística, en sentido análogo ao da soberanía e autodeterminación políticas.
Pero esa é unha das partes da sociedade en Galicia. Hai outras opcións que non aspiran a ese punto, que nin siquera teñen como obxectivo a autodeterminación e que tampouco miran con interese a utilización do galego como lingua principal.
Os principais acordos dos distintos partidos van encamiñados a buscar a intersección (aínda me queda algo das vellas matemáticas de conxuntos) máis ampla posible. Non poden satisfacer a todo o mundo e nunca serán totalmente aceptados. Poden ser aplicados con maior ou menor rigor, pero nunca van ser comprendidos por todo o espectro político.
Pero creo que falarmos de política lingüística sen termos en conta que non todo o mundo é nacionalista nin todo o mundo (nin siquera o presidente) emprega o galego pode resultar escasamente productivo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Son graves as declaracións de Touriño? Ou é grave o que di? É grave que fale en español na intimidade ou que o confese nunha entrevista?
O de Pepe Blanco non lle fai ningún favor a Touriño, habida conta de que este repite ad nauseam que non quere problemas co idioma e que non quere nin falar diso. Será que pola vía do idioma ou máis ben pola usurpación da palabra fetiche imposición hai un xacemento de votos que convén remover?

Anónimo dijo...

A cuestión primeira sería determinar se debe haber unha política lingüística; hai quen di que a (sic) mellor é que non haxa ningunha. Entre nós existe o departamento, sempre funcionou; a lexislación, ata o de agora aprobada por amplo consenso. E iso algún peso específico terá, supoño.

Tal realidade institucional partiu en todo caso dun contexto; este di, primeiro, que o galego é a lingua propia do país; segundo, que sofre un retroceso no uso (ou proceso de minorización) que nin é fenómeno natural nin aconteceu á marxe da política. Permítome engadir: posiblemente poderiamos tamén considerar que implicitamente actúa a idea de que conservar o galego como especie viva é un ben, e que só nós (nación -permítome outra vez-, sociedade, institucións) podemos encargarnos da empresa.

Todo o precedente aínda é postulado -en teoría ao mellor, pero tamén solemnemente proclamado- de uso e asunción común no Parlamento Galego, xaora tamén no goberno; sobre dicir que en ningunha das dúas instancias hai maioría nacionalista. Item máis: no pacto para o goberno bipartito o asunto lingüístico constituíu capítulo propio, marcaba uns obxectivos, políticas e modo de xestión. Todo iso foi pasado polo arco do triúnfo persoal de quen en última instancia reservou para si a totalidade da responsabilidade ao respecto.

Considero que o devandito é a cera que arde. Pode haber quen propoña mudar toda a teoría e establecer unha nova práctica. Se tal, véxase. No entanto, a min vanme valendo os devanditos elementos de consenso; esperaría, por outra banda, que se fixesen valer.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non fai falta recordar que nesta lexislatura o consenso quedou roto. O PP decidiu que a norma establecida polo bipartito ía máis alá do acordo. E, polo tanto, rexeitouna. A decisión adoptada polo PP, a pesar das lamentacións e críticas (tamén en diferentes graos) de nacionalistas e socialistas, surtiu efecto. Paralizou, de facto, calquera movemento en certo sector do PSOE, que pediu á dirección menos rigor na aplicación da nova norma. Constan claros movementos de sectores non (ou anti se se quere) nacionalistas contra o seu desenrolo estricto.
Touriño xogou e xoga o papel equidistante nesta loita, o papel central, case institucional, de árbitro. Se o sabe xogar ben pode obter os froitos, pero pode ser que ningunha das partes quede contenta coa nova situación lingüística. Esta especie de arbitraxe inactivo pode pasar, á larga, factura.

Anónimo dijo...

O PP só reprobou a aplicación do decreto do ensino, non toda a política lingüística nin moito menos a filosofía subxacente, que reitero e considero vixente mentres non haxa formulación de principios novos.

Ben sabido é que o decreto do ensino é o que se propuxo baixo gobernación PP e foi aprobado unanimemente. Resulta igualmente notorio que a aplicación de tal decreto, e sobre todo a verificación de tal aplicación, foi e é calquera cousa menos rigorosa; de feito, eu considero que case parece cousa do inimigo.

Se foi por motivo puramente conxuntural (estar na oposición) ou sectores contrarios aos principios consensuados aproveitaron a conxuntura para cuestionalos, si que pode resultar materia opinable. Pero, desde logo, o que Touriño non é é institucional, porque a filosofía das institucións está ben clara.

Equidistante? Eu diría, máis ben, que nin distante nin próximo; nin no limbo tampouco. Quizá conxuntural, porque o que manifesta ultimamente, na súa posible vacuidade, paréceseme máis ca nada á propia nada.

Anónimo dijo...

Estou absolutamente abraiado (páxina tres, referido fundamentalmente á terceira columna. Quería só dicilo, porque o tal tema vólvese, a cada paso, menos interesante.

Non me refiro, obviamente, ao intercambio de comentarios que se realiza aquí.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A causa principal foi o decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Galicia Bilingüe, que naceu ao tempo dese decreto, vai máis alá: á cerna da política lingüística deseñada mesmo polo goberno Fraga. Impugna a maior.
Pero o PP foi sempre contra este decreto, non contra a política lingüística que precisamente deseñou el. De feito Feijoo leva no seu programa a derrogación de tal decreto de 2007.
Vostede mira a posición de Touriño desde fóra: eu intentei explicala desde a propia intención do presidente. Outra cousa é que poda ser visto así por todo o mundo. Ese é o perigo de estar no medio pretendendo equidistar.

Anónimo dijo...

O que eu penso é que a semente da discordia xa está lanzada, as espadas no alto. So hai que esperar o desenlace final. Como pasa en todos os lugares de Europa onde hai un conflicto lingüístico. Parece que non hai outra alternativa máis que a confrontación. E posible que no futuro haxa que aceptar comunidades separadas. Algúns xa estan poñendo os primeiros tixoles dese apartheid. Tempo ao tempo.

Anónimo dijo...

O PP promoveu tal decreto; só bastante recentemente Feijóo se manifestou en contra. O que poida ter iso que ver coa outra asociación, que de momento non é suxeito político, podería dar que falar canto a balances ou mudanzas partidarias, tamén referente a servidumes en período electoral.

Aplíquese isto último así mesmo a Touriño. Porque non me parece que pretenda tanto unha imposible posición equidistante (de que e que, tendo en conta o vixente espírito e letra institucionais?) como unha hipotética detracción en votos. Penso que a súa intención vai por aí, en clave puramente partidaria. Moito tería que afirmar, poñendo cara e corpo, para que eu o vise, precisamente, como presidente. A posición virtual (equidistante da nada e a nada) chega un momento en que se esvae, se nalgún outro significou algo.

Dúas comunidades? U-los barrios separados, a transmisión consolidada, a respectiva cultura en compartimentos máis ou menos estanco? O galego como cotidianeidade está en devalo, e este é o gran argumento oculto dos contrarios e indiferentes á súa persistencia e consolidación. Ei-la nai do año que os 'bilingües' ora eluden ora din que non entra no xogo.

Anónimo dijo...

Tag: gallegos a la española (coma o chiculate)

Modo "vai rañala, Manquita españolita: ON"

Di Manquita (antes Manquiña) na entrevista que "Hai unha total imposición lingüística" e que os do bipartito queren "impoñer oficialmente o cariño á lingua".

Preguntouse algunha vez Manquita se é posible vivir en galego en Galicia. Chamar a Telefónica, gas, etc., en galego? Educar aos fillos en galego? Ir a un xulgado e poder empregar o galego? Encender o terebexo e que non te asalten vintecinco canles do TDT en español? Ler a meirande parte dos xornais galegos e ver cando menos o 50% en galego?

En que país vive este fulano? Evidentemente, en España. En España e en España en Galicia.

Tamén di Manquita que a lingua, coma o cariño, non se impón. Mais o españo, con ou se cariño, con ou sen vaselina, cálzanolo as 24 horas e os 365 días do ano.

Mais vexamos a traxectoria profesional do interfecto. Pasemos por alto o feito (curioso á vez que irónico) dos seus papeis como novo xandasbolas ou como narcotraficante, sempre facendo escarnio dos galegos. Si: fan graza. Mesmo a min me fan graza, pero o que queda é o pouso antigalego.

A relación deste conacho co galego foi inversa á que moitos galegos (emigrantes ou non) tiveron coa súa lingua ao longo das décadas. Mentres moitos galegos tiveron que falar o españoliño para detentar os seus postos de traballo e así llelo transmitiron aos seus fillos, este señor non. Tirou proveito do galego nos inicios da súa carreira en Galicia e logo "si te he visto no me acuerdo". Pertence polo tanto ao longo rosario de comenenciudos bilingües, que tanto abondan no eido do xornalismo, empezando por Pedrito Arias (que agora quere falar en español no Parlamento) e seguindo cos Carlitos Rodríguez de marras. Viven DO galego, non EN galego. Como Touriño.

Anónimo dijo...

O decreto 124/2007 non determinou a aparición de Galicia Bilingüe, pero si a propiciou. Pero a min non me consta que tal decreto fose promovido polo PP. A data é da metade da lexislatura: pasaran xa dous anos da chegada do goberno bipartito. As hemerotecas poderán falar do regate de última hora de Feijoo, nas primeiras horas receptivo e, despois, vaia un a saber a razón, rexeitante do decreto. Cando empezou o ano académico en setembro, os de Galicia Bilingüe comezaron a matraca. Ao comezo, se non lembro mal, os do PP marcaron distancia, pero aos poucos e en sectores moi de Vigo (que foi onde naceu o movemento: santo tomé de freixeiro, como sabe moita xente) foron incorporando a militantes pepeiros (e a algúns socialistas). A estas alturas, o PP actúa (pero non ofrece con claridade cobertura práctica) a carón deles. A entrevista hoxe de EL PAíS explica ben a relación entre PP e Galicia Bilingüe.
Eu volvo insistir en que Touriño nas súas intervencións sobre o asunto parece asumir o papel de árbitro (que pode reportarlle réditos, xa digo, pero tamén reproches coma o seu, amigo Saavedra), como figura institucional (reiteración de conceptos obvios como respecto á legalidade, escrupulosa actuación normativa): é raro escoitalo falar de cuestións referidas á situación lingüística ou sobre a realidade do galego. Só fala de legalidade e de aplicación da lei.

Aproveito ademáis para comentar sobre este particular último que Galicia Bilingüe plantea toda a discusión sobre un aspecto único, elemental, reiterativo, inamovible: a legalidade.
Hoxe é meridiana Gloria Lago na entrevista: non discute a desaparición do galego, nin a súa situación debilitada, próxima á morte morrida, nin o predominio do castelán en todos os orbes da vida diaria. Ese asunto (é unha consigna repetida por todos eles) non é motivo de discusión: a realidade non se discute. Non interesa. Só se discute en termos xurídicos, en termos legais: e a pregunta é "teñen os pais/nais asegurado por lei a liberdade para elixir a lingua en que queren sexan educados os seus fillos/as?
É unha pregunta de só dúas contestacións: non admiten ningún matiz, ningunha explicación ou desviación sobre a pregunta. Esa é a súa estratexia constante.
Logo veñen eses argumentos peregrinos, hiperbólicos e falaces que o talento (escaso, ao meu entender) de cada un dos seus representantes pode desenrolar. Pero a machacante pregunta está en todos os foros.
Se queren material bibliográfico, teño eu unha porción infinita del: o correo da universidade está cheo de sofistas deste xénero.

E perdón pola extensión.

Anónimo dijo...

Se comento todo esto, é porque o discurso contra Galicia Bilingüe non pasa do vituperio e ademáis entre xente que participa da mesma idea.
Na discusión política convén saber os mecanismos do outro, recoñecer os instrumentos da dialéctica. O vituperio (o contrario da laudatio) é un ingrediente ocasional do discurso, do que non convén abusar.
Hai que pasar, e perdón pola pedantería, do xénero epidíctico, que busca o deleite e a compracencia, ao deliberativo, que busca a persuasión e a victoria no dilema, na disputa.

Anónimo dijo...

A base filosófica para o Decreto do galego no ensino xestáronse na última lexislatura Fraga, a partir dunha iniciativa e texto do Director Xeral de Política Lingüística, Xesús Pablo González Mariñas; supoño que aínda estará nas hemerotecas. Non sei se Feijóo o debe considerar, como tal, vinculante ou procede recapacitar recoñecendo que se recapacita; iso si, o meu sentido da coherencia indica que ou unha ou a outra. Desde logo, non houbo ningunha das dúas: fagan figura dun asubiante e eu acabo de cheghar.

Asubía Touriño? Xa nin sei, deica tal punto chega a vacuidade. Mire, Arume, un Presidente debe arrostrar o risco do vituperio que a miúdo é reverso do panexírico; é frecuente que o mesmo Presidente sexa obxecto de ambos, en aras da claridade. Pode un Presidente de Galicia non ter discurso persoal -real ou aparente- sobre a lingua galega? Árbitro era Petronio. Este figura máis ben xuíz de liña que como moito indica o offside (provisional ou definitivo?) dos demais.

Unha referencia aos outros: eu non teño discurso contra GB, a relevancia de tal grupo e postura non abonda para tanto. As miñas razóns coinciden co que vde. di: ou discutes coas súas regras ou non hai discusión; por ende, aínda che poden chamar fascista lingüístico e ti ter que aceptar o termo con deportividade porque seica é a súa opionión. Cónstame persoalmente; outra historia -menor e inconclusa- que se contará se cadra no seu día, de ter continuación.

Anónimo dijo...

Calquer avance lexislativo en favor da lingua está lastrado por un feito profundamente antidemocrático e do que non se fala dabondo: a constitución e a súa imposición do español , a unica lingua que é obrigatorio coñecer. Xa sei que todos vdes o saben pero non así a opinión pública en xeral.Este coñecemento, nas xeneracións máis novas que so conciben viver en democracia e que son sensibles ao que é ou non é xusto, sería demoledor para os argumentos de GB, pero tamén para os partidos políticos que os aproveitan e o coro mediático que os apoia ( fagan a proba, discutan o tema con algún adolescente). Porque este argumento se utiliza tan pouco. A que hai tanto medo.

Anónimo dijo...

Interesantes as declaración de Palmou hoxe no Xornal. Entre outras cousas di que o goberno de Albor tentou que o coñecemento do galego fose obligatorio no territorio de Galicia e que foi o PSOE quen recurriu ante o Tribunal Constitucional botando abaixo esa posibilidade.
Haberá que estar atentos e ver a evolución do PP despois das eleccións: os da boina están moi calados.