11 mar. 2009

A lexislatura nefasta
XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR
ECG. 10-3-09


Aí teñen aos socialistas de Galicia. Feitos un sinvivir porque o Bloque non lles deixou lucir o talento nestes catro anos. Abatidos por non saber transmitir ao público os logros acadados polo goberno bipartito; debe tratarse dunha revelación profética a transmisión esa. Di o Conselleiro de traballo que non conseguiron chegar aos electores para explicarlles o positivo da xestión e a continuación enumera unha serie de conquistas, que todas xuntas veñen tendo a solidez aproximada da auga. Despois, intuíndo que algo fallou cos votantes de sempre, afirma que deberon amosar máis a ideoloxía de esquerdas. Pois non, porque non se trataba de soltar palabraría ideoloxista, senón de afrontar con siso e con valentía as reformas que Galicia necesita e que agora ninguén vai levar a cabo.
Máis pinturero está aínda Méndez Romeu, Conselleiro de presidencia. Convencido tal vez de que emulou ao Conde de Floridablanca coas súas reformas administrativas, atrévese a botarlle a culpa de todo ao socio de goberno, como se a perda de votos non fose idéntica nos dous partidos, como se o PSdG non xestionase a sanidade sen resultado ningún, a educación, o medio ambiente. E agora quere entrar a matar nas coalicións municipais.
O semiótico italiano Gillo Dorflles explica que para ser un profesional consolidado de calquera cousa é preciso dominar os ritos da profesión. O taxista de Roma pode conducir ben ou mal, pero ha de saber sacar o brazo pola xanela e soltar no momento axeitado unha frase cargada de futuro que deixe secos aos camiñantes. O lexionario será valente ou covarde, pero levará o pelo do peito por fóra dos botóns da camisa e o aire de desafío no ricto.
O político galego (isto non o di Dorfles) pode ser malo ou pésimo, pero actuará tamén como se as eventualidades fosen o principal. Dirá que non souberon transmitir, que o do lado era un desastre, que a campaña foi porca. E certamente, eses son factores que normalmente importan moito. Por iso os nosos falan desas razóns como se en Galicia tamén fosen fundamentais. Mais aquí hai unha cuestión previa que eles non nomean, porque ninguén se ataca a si mesmo.

411 comentarios:

«El más antiguo   ‹Más antiguo   401 – 411 de 411
Xosé M. González dijo...

Sae case a dez diarios: obviamente, non nos imos de aquí.

lobo neghro dijo...

Acaban de comentarme que o noso coselleiro de educación, "de cuyo nombre no puedo acordarme", amonestou un alumno por facer unha exposición en galego. "El gallego podería dejarlo para casa", ademáis de advertilo con outras palabras de que a cagara.

Xa vo-lo confirmarei co nome de implicados.

Voume escarallar de risa véndoo "intentar" falar en galego de modo ritual. Ou non o fará?.

Acéptanse apostas.

MS dijo...

Parece que Zapatero suspende nas enquisas de popularidade e a maioría dos españois cre que a situación económica vai a peor.

Por certo, a súa nova ministra de cultura, Ángeles Sinde, asinou no seu día do "Manifiesto por la lengua común". Por que a puxo aí Zapatero? Para contentar o lobby-pijo-progre-cinamatogrático- madrileño-SGAE do cine eghapñol? A verdade é que hai cousas que non se entenden... A ver se vai ser que Sarkozy levaba razón.

A Couce da Inxustiza asomella moi contenta da "reducción de gasto" que vai traer o novo goberno "galego". Atención ás pérolas que solta o novo conselleiro de educación nunha entrevista no Gonorreo Galileico:

"Temos moito voto prestado polo do galego no ensino"

"Nós entendemos que houbo unha imposición que ten que desaparecer, que a xente teña dereito a elixir e que poida incluso ter competencias en máis de dúas linguas."

MS dijo...

Pero o peor do asunto é cando este conselleiro afirma o seguinte:

"Pode ser que haxa xente que non queira volver á situación de antes, onde había de bilingüismo harmónico, que non xeraba ningún problema, iso é o que intentamos."

XDC dijo...

Para os que non sexan de Ourense: Xosé Aurelio Carracedo, que da nome ao premio, era un periodista da Voz de Galicia, falecido en accidente de tráfico. É un premio dado por a Deputación de Ourense.

Monxardín: moito coidado.Ese premio foi a "morte periodística" de máis de un agraciado, non fai falta que che de nomes. Aceptar esa cantidade de cartos da Deputación de Ourense non debe ser unha "compra" das tuas opiniós verbo de esa institución e do partido que a goberna. Xa me entendes.

lobo neghro dijo...

Carracedo era extraordinario, boa persoa, bó profesional, sabía, e investigaba. Os "enemigos" recoñecían a súa talla. Era o mor especialista na "casa Franqueira" da que son deudores tantos. Estaba mal pagado en "La Voz de Galicia", un soldo ridículo para un home da súa talla. Hoxe sería "imprescindible", de vivir. Morreu nunha p. curva en Bandeira vindo para Ourense, a súa casa. Traballaba desde facía pouco en Santiagho, hai 23 ou 24 anos. Eu daquela xa reivindicaba unha estrada de alta capacidade, hoxe a autovía está sen rematar. Canto tarda todo.
Para que a íamos querer aghora?. Ninguén ladra por os retrasos, en troques parece que o Ave é asunto de vida ou morte. Falso todo.

lobo neghro dijo...

O Monxergas ven pouco por eiquí.
Un día pilleino lendo un comentario meu de había duas semanas.

Xosé Manuel Carreira dijo...

As que eu coñezo:

Oposicións para ministerio de Fomento -> Temario claro e criterios limpos.

Oposicións para organismos da Consellería de Obras Públicas e de Medio Ambiente -> Temarios escuros e criterios de avaliación e contratación pouco obxectivos.

Oposicións para Concellerías de Urbanismo -> Unha casa de p....

ms dijo...

El País:

Lourenzo e Pillado, dous dramaturgos en armas contra a fundación de Aznar


A intervención pública de Manuel Lourenzo, dramaturgo e primeiro Premio Nacional de Galicia na especialidade, comezou explicando o inusual da convocatoria: "Paréceme moi correcto como cidadáns dicir o que se pensa". E acto seguido, o pretexto: "Debemos responder aos atentados continuos contra o patrimonio xeral dos galegos, é preciso tomar medidas". Con Lourenzo (O Valadouro, 1942), na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, compareceu o editor Francisco Pillado (A Coruña, 1941). "Somos dous, pero en realidade somos miles de cidadáns", argumentou o dramaturgo.

Un panfleto sobre a normalización do galego editado pola Fundación de Estudios y Análisis Sociales -o centro teórico do PP que preside José María Aznar- actuou como detonante para a rolda de prensa dos dous amigos. "Eu son sartreano", afirmou Pillado, "e penso que as persoas se definen cando falan e cando calan". E contra oito páxinas de dislates a conta da identificación entre analfabetismo e idioma do think tank da dereita, Pillado e Lourenzo reclamaron o posicionamento do novo presidente da Xunta.

"E que ten que dicir Núñez Feijóo? Pensa responder á FAES?", preguntouse Pillado. Polo de pronto, os comparecentes propuxeron solución simbólica, expeditiva e inalcanzábel: "O presidente da Xunta debe declarar persoa non grata a Aznar; senón, que o fagan os concellos da esquerda". Pillado, que dirixe Edicións Laiovento, anunciou que un grupo de expertos xa prepara réplica ao informe asinado na fundación de Aznar por Andrés Freire.

"Fálannos de liberdade lingüística, a nós, que nunca gozamos dela", queixouse un Manuel Lourenzo que levou o seu discurso pola experiencia propia. "Non me estraña toda esta impudicia", sinalou, e lembrou un libro de cando cativo, España, mi patria: "Dicía 'Galicia, la tierra más hermosa según la naturaleza, la más negra según la ley'; esta invasión e saqueo vén de lonxe, continúa a doma e castración, só que nun Estado liberal".

Para os dramaturgos en armas, o texto Las paradojas de la normalización del gallego non é unha anécdota, "porque detrás está a FAES, un ex presidente e o PP". "Trátase dunha fruslería que non merece ser contestada cientificamente, pero si como cidadán", concluíu Lourenzo.

lobo neghro dijo...

Só falades do Bloque. Que opinades do psoe?.
Eu vexo moi preocupante que sexa Pachi Váquez o secretario xeral. Non por él, ten todo o dereito a estar no psoe pese a ser un especulador, nin xiquera empresario creativo, un especulador que ve todo en clave de negocio. Gravísimo a podrea do psoe, a deriva do psoe, a falta de liderazgo do psoe. Refrendando a Pachi parece que todos están ó negocio. Gravísimo. Os cidadáns necesitan unha alternativa e con "máis do mesmo" mellor o fará a dereita que é especialista. Nesta tesitura parece que o psoe como corpus interésalle estar ehí, manter o modus vivendi dunha nomenklatura e coller a aternativa cada 12 anos por unha lexislatura mentras cambian de aceite os outros, sexa os de sempre, a quenes envexan e imitan sen desemulo.

Merdáns!. Covardes!.

Todos os que cheiramos nesta pomada sabemos das implicacións de pachi nos entramados económicos, do poder "real".

Lembrade que antes de declararse esta crisis mundial nin dios se atreveu a piar, algúns o fixeron, sobre o desmadre do sistema, a enfermedade especulativa do sistema. O sistema acabou contaminándonos a todos. A mín váleme para facer unha transposición ó "sistema galego". Non vale, señores. Eu non espero nada deles. Véxome lexitimado para decir a modo, sen presas, sen medo que a opción do especulador Pachi Váquez é o recoñecemento do podrido que está o psoe galego, ( apadrinado por o central), o profundamente tocado e desnortado, momificado, medento, falto de ideoloxía, falto de alternativas, falto de líderes.

Sólo falades do bloque. Pero necesitamos tamén limpar o psoe, os dous son necesarios para este país. Tamén o é o pp, pero o pp leva toda a vida. Necesitamos alternativa, e paradóxicamente o bloque coa súa crise está a mellorar, limpar, discutir, eso é vida, medrar.

O
psoeestá a actuar como se non pasara nada, pero precisamente que non pase nada é gravísimo. O futuro é sucísimo.

Eu non vou calar, estou hasta os collós de calar.

Perdoade pero teño problemas para correxir sobre o antes escrito e o ordenador cómeme letras.

ms dijo...

Creo que la crema de la intelectualidá galaica, esa que se di galeguista, debe empezar a mover o cu diante do que nos vén enriba.

Velaquí un comentario do blog de Brétemas:


As primeiras actuacións do Goberno Galego sobre o idioma son escasamente esperanzadoras. A Secretaría Xeral de Política Lingüística no organigrama administrativo volve a depender da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (como foi adoito durante os gobernos de Fraga), perdendo o seu carácter transversal e a intencionalidade de levar actuacións normalizadoras aos diversos ámbitos da sociedade. Unha clara regresión lamentable que, ademais, sitúa a polémica do idioma só sobre as actuacións no sistema educativo. No entanto, aínda máis significativo ca esta medida política foi o comportamento idiomático dos membros da novo executivo que puiden percibir tras as súas diversas intervencións radiofónicas no día de onte. Escoitei declaracións en castelán até de catro membros do executivo: de Marta Fernández Currás, conselleira de Facenda; de Javier Guerra Fernández, conselleiro de Economía e Industria; de Pilar Farjas Abadía, conselleira de Sanidade e de Samuel Juárez Casado, conselleiro de Medio Rural. Un comportamento idiomático no exercicio do seu cargo moi escasamente respectuoso co ordenamento legal vixente, inédito nos diversos gobernos do Partido Popular, fosen os de Fernández Albor como os de Manuel Fraga (coa aquela excepción dun dos seus conselleiros de Sanidade). Será este 40% a cota que Alberto Núñez Feijoo conceda ao emprego público do castelán nos membros do seu «Goberno 10»?, é esta porcentaxe ou seu xeito de entender o «bilingüismo cordial»? A verdade é que na cuestión do idioma, sen entrar a valorar as declaracións do conselleiro de Educación sobre a modificación do decreto de fomento do galego (cómpre lelas con moito vagar, atendendo a súa firmeza na defensa da política de liberdade lingüística), este goberno mete medo.

«El más antiguo ‹Más antiguo   401 – 411 de 411   Más reciente› El más reciente»