3 mar. 2009

Pasou o que pasou
andoliña 3-3-09
MARCOS VALCÁRCEL

É certo que esta foi a campaña máis sucia da historia da democracia en Galicia. É evidente que a dereita mediática, en Madrid e na Coruña, queimou as naves para chegar a isto. Pero o goberno bipartito non perdeu a Xunta por isto. Ou non só por isto, se prefiren.
Os máximos responsables socialistas e nacionalistas teñen que reflexionar. E escoitar máis a sociedade civil. Unhas cantas voces avisaron nos últimos tempos do desencanto de boa parte das bases sociais socialistas e nacionalistas, do impacto da crise económica fronte a unha administración demasiado distante, da incomprensión para a maioría dos votantes dunha xestión dual a costas do socio de goberno. "Mellor que mande un só, total todos van chupar", dicíame convencido un rapaz de menos de trinta anos. Ulo foi o voto xuvenil?
O peor do conto, para a xente de esquerda, é ter que aturar o nivel de interpretacións dos tertulianos das televisións. Onte mesmo, Fernando Ónega dicía que o PP en Galicia é algo así como un Partido Galeguista. Non sei se se refire ó mesmo partido que hai dúas semanas apoiaba cos seus cargos políticos unha manifestación contra a normalización do galego. Eu é que xa non lles entendo nada...

24 comentarios:

Anónimo dijo...

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTO O peso da realidade
Superada a situación de infarto da que falabamos onte, e dado o proceso e os resultados finais do escrutinio electoral, agora só temos diante o peso da realidade. O Partido Popular de Galicia gañou as eleccións obtendo unha maioría absoluta incontestábel e o Goberno bipartito composto polo PSdeG-PSOE e polo BNG perdeu, non sen fatal estronicio, a Xunta de Galicia, sufrindo ambos os partidos un importante voto de castigo por parte dun sector considerábel de cidadáns. Esa é a realidade e a súa inmediata percepción, porque a cousa -"realidade" vén do termo latino "res", que significa cousa- é, sen dúbida, máis complicada; aínda que Aristóteles insistise en que a "única verdade é a realidade", ben corrixido despois o filósofo polo artista arxentino León Gieco, que sostén nun dos seus temas musicais que "a realidade baila soa na mentira". Mais abandonemos o xogo conceptual e vaiamos ao cerne da "res" material, da realidade pura e dura. Dous partidos que gobernan de xeito conxunto durante practicamente catro anos, con todo o poder nas súas mans, con todas as ferramentas que o poder democrático fornece, perden as eleccións en beneficio do único partido da oposición. E iso a pesar, sexamos serios -especialmente no caso particular do BNG, as cousas como son-, do bo traballo realizado no labor ou exercicio de goberno. Velaí, por exemplo, as consellarías dirixidas por Teresa Táboas, Alfredo Suárez Canal e Fernando Blanco, xunto á secretaría xeral da que era responsábel Carme Adán, políticos todos eles que, pese a quen pese, levaron a cabo, con entrega persoal indiscutíbel e aplicación de intelixencia, un traballo político que será lembrado no tempo e, sen dúbida ningunha, oportunamente recoñecido. Outra cousa é que este traballo realizado non tivese, no seu momento, o debido eco positivo na sociedade. Mais agora xa é tarde para iso. O peso da realidade imponse. Comeza unha inevitábel travesía do deserto. Aínda que Quintana diga, xulguen vostedes a ocasión, que "o pobo galego decidiu e o pobo é sabio".

Marcos Valcárcel López dijo...

agardo que a reflexión do nacionalismo VAIA MÁIS ALÓ DISTO ...

XABIER PÉREZ IGREXAS
contradiscursoRevés, non derrota
Dicir que o resultado das eleccións do pasado domingo non foi completamente inesperado sería mentir. Ninguén agardaba que o proceso de cambios que se iniciara tras a derrota de Fraga fose ser interrompido por unha maioría absoluta do PP de Núñez Feijóo.

Os resultados castigaron severamente o PSOE e o BNG, pero tamén a opcións autopresentadas máis á esquerda do Bloque (caso de Nós-UP ou a FPG), e agromaron con porcentaxes de votos nada desprezábeis, o rexionalismo populista de Xoán Gato e a súa Terra Galega e a ultradereita españolista de UPyD (xuntos suman máis de 40.000 votos), o que debuxa un estraño novo panorama político. Ábrese un novo período de previsíbel involución, de retroceso, da man do neofraguismo, que tentará botar por terra os avances conquistados nos catro últimos anos.

Este pésimo resultado, que o é, ten que provocar necesariamente no seo do BNG un debate sosegado pero profundo, nunha imprescindíbel chave autocrítica, do que tirar conclusións, acometer cambios e asumir responsabilidades. Porén, quen conclúa que este revés electoral supón a derrota do nacionalismo como proxecto político equivócase completamente, xa que obviaría o papel capital que xoga o movemento nacionalista en Galiza, articulado en diferentes organizacións, con incidencia en practicamente todos os sectores e segmentos. Dende o eido estudantil, até o sindical, pasando polo medio ambiental, o cultural ou o veciñal.

O nacionalismo non soamente opera no marco electoral-institucional, senón que é precisamente a súa importante introdución social e a súa capacidade para mobilizar e autoorganizar o pobo galego, que haberá que reforzar e acrecentar, a demostración de que o proxecto de emancipación nacional e social latexa máis aló da aritmética parlamentar.

Debemos asumir o resultado e as lamentábeis consecuencias que terá para o noso país. Asumilo, para comezar dende xa a traballar arreo, con enerxía, firmeza e ilusión non só para recuperar o terreo perdido, senón para conquistar, convencendo, inda máis espazo e apoio social en favor do proxecto revolucionario que encarna o nacionalismo galego.

XDC dijo...

Non podo comentar o escrito anterior. Cando lín o de "ultradereita españolista de UPyD" paréi de ler. Hay tanto por leer no mundo, como para perder o tempo con memeces.
Esta clase de reacciós que che fan "desconectar" pudo ser tamén unha causa de que electorado non valorara certas boas acciós do BNG. As caralladas botan todo por a borda. Como cando tés a unha rapaza no bote despóis de un impecable "traballo" e a cagas por unha carallada calquera.

Marcos Valcárcel López dijo...

DE VIEIROS ...

A UPG e o “quintanismo” intentan contemporizar unha crise interna logo dos malos resultados
As dúas forzas que rexen o día a día da organización frontista queren gañar tempo para buscar saída mentres que o sectores críticos preparan batalla.

R.Vilar - 21:10 03/03/2009
Tags: BNG líder Quintana
Os dirixentes do Bloque Nacionalista Galego decidiron facer boa a máxima de que as cousas hainas que facer en frío. As dúas grandes forzas que trazaron a estratexia nacionalista dos últimos anos (UPG e “quintanismo”) decidiron que, polo menos a curto prazo, non se asuman responsabilidades persoais polo fracaso electoral do domingo.

Consideran que é preciso maular a derrota durante algunhas semanas antes de iniciar o “proceso de reflexión”. O punto de inflexión vaino marcar un Consello Nacional que ten que celebrarse este mesmo mes. Este órgano, composto por arredor de 90 militantes, será o encargado de poñer en marcha un debate que en principio rematará na Asemblea Nacional prevista para outono. As razóns deste “impass” son varias. A principal é que a caída do bipartito, que sorprendeu a case todos, tradúcese cando menos nun punto e aparte na estratexia dos últimos anos, centralizada basicamente na acción de goberno.

Un dirixente confesáballe a Vieiros que a derrota do domingo ten moi desorientada unha militancia que precisa respostas xa que non acaba de comprender porque o BNG non é quen de remontar nunhas autonómicas dende o xa afastado 1997. Dende aqueles históricos comicios (o Bloque obtivo 395 mil votos), a organización frontista perdeu unha media de 40 mil votos en cada loita polos escanos do Hórreo. O feito de que os tres anos e medio de goberno non parasen esta tendencia fai inaprazábel unha nova análise da realidade política do país.

As vindeiras semanas van ser claves para ver os diferenetes posicionamentos. De momento, a UPG decidiu abrir un proceso de discusión interno para “repensar” a súa estratexia. Na formación que lidera Francisco Rodríguez consideran difícil seguir contando con Quintana para pilotar a nave. Porén, tampouco quere unha dimisión que abra unha imprevisíbel loita polo poder. Dúas citas aconsellarían un aprazamento da decisión até o outono: as eleccións europeas e o congreso da CIG.

No “quintanismo” non hai aínda un posicionamento unánime. Mentres que algúns dos seus membros cren que Quintana non ten crédito para un terceiro intento electoral, outros dirixentes deste sector consideran que o de Allariz aínda ten algunha marxe de manobra.

Falta tamén por ver cal será o papel dos críticos neste debate. Até o de agora excluídos sistematicamente das listas e con escaso poder de influencia nas decisións internas, estes sectores poden recuperar protagonismo nas vindeiras semanas. Un destes colectivos, Esquerda Nacionalista, fixo público un comunicado implacábel coa dirección frontista.

Mentres tanto, o BNG intenta superar a conmoción da súa terceira caída electoral consecutiva, unha situación á que nunca tiveron que enfrontarse nin socialistas nin “populares”.

apicultor dijo...

Para os que propoñen o independentismo como a pedra filosofal do nacionalismo, esta noticia de Vieiros (a ver se se enteran):

O independentismo de esquerdas permanece na marxinalidade electoral

Menos de tres persoas por cada mil das que votaron o domingo optaron por algunha das dúas únicas forzas arredistas: FPG ou NÓS-UP.

F. A. - 12:00 03/03/2009

O descontento por parte do electorado do BNG con algunhas das súas políticas dentro do Goberno bipartito alentou as esperanzas de cara a estas eleccións das forzas máis escoradas á esquerda dentro do independentismo. Tanto a Fronte Popular Galega como NÓS-Unidade Popular agardaban pescar votos no caladoiro dos nacionalistas defraudados.

Xurxo Martínez González, candidato da FPG polas listas de Pontevedra e colaborador habitual deste xornal, recoñece a circunstancia aínda que prefire restarlle importancia ao resultado, e lla dar ao xeito en que a formación fai partícipe a cidadanía dos movemento sociais. "O arredismo sempre foi unha opción con menos apoio; partimos dunha situación complicada para conseguir que a xente nos dea o seu voto", afirma.

A FPG non só non foi quen de aumentar o número de sufraxios e dar o salto cuantitativo que levan anos a buscar, senón que empeorou os seus resultados: conseguiu 2.736 votos nas eleccións deste domingo, 246 menos ca en 2005, é dicir, o 0,17% do total, unha centésima por baixo do acadado hai catro anos. "O último día antes das eleccións a xente vota fronte a algo: 'Fronte ao PP votamos isto'", xustifica en parte Xurxo Martínez.

Dende a formación mostran a súa preocupación polo éxito da "dereita españolista" de cara ao futuro, tanto pola maioría absoluta do Partido Popular como pola suba de UpyD, o partido de Rosa Díez. Xa non só polas previsíbeis políticas económicas que os populares van levar a cabo, senón tamén pola orientación cultural e lingüística do novo Goberno.

Martínez González considera que se chegou a esta situación en certa medida polas "políticas timoratas ou pouco ambiciosas do bipartito a nivel urbanístico, ambiental, lingüístico, ...". Máis concretamente, dentro do BNG e dentro do nacionalismo, afirma que "cómpre unha reflexión ampla, unha volta ao frontismo".

De cara ao futuro -dentro de dous anos volve haber eleccións municipais-, a FPG agardará a que se produza ese debate interno dentro do Bloque, que se defina a posibilidade de que os sectores críticos tomen unha postura e que se abra un abano de posibilidades, para resolver tamén eles as decisións políticas a adoptar.

Positivo a salientar para Xurxo Martínez é que se ha volver a mobilización social, logo de que durante estes últimos anos de goberno progresista "os sindicatos tentaron amainar os ventos". Augura, neste senso, que as centrais "tensarán a corda co empresariado" e que pola súa banda haberá que estar activos para combater as políticas económicas e laborais da dereita na rúa.

NÓS-UP tamén se estanca
Consultado por este medio, o responsábel nacional de Organización de NÓS-UP, Bruno Lopes, preferiu non facer valoracións sobre os resultados electorais até que os órganos de dirección fagan unha lectura máis detallada dos mesmos. Carlos Morais, membro da Dirección Nacional, informou de que este martes á tarde farán público un comunicado coa avaliación de NÓS-UP dos comicios.

A formación independentista, que ao igual que a FPG aspiraba a recoller algúns dos votos que o BNG supostamente podía perder pola esquerda dentro da corrente soberanista (eis o caso do ex responsábel de Acción Social do BNG na Arxentina, Guillermo Somoza), tamén baixou en número e en porcentaxe de votos.

En concreto, NÓS-UP perdeu 276 votos e unha centésima respecto a hai catro anos: en 2005 obtiveron 1.749 sufraxios, un 0,1% do total, mentres que o domingo chegaron aos 1.473, o 0,09% no conxunto de todo o país.

Sumando votos dunha e outra forza, obteríase un total de 4.209 votos (0,26%) por 4.731 (0,28%) de 2005. É dicir, entre dúas e tres persoas de cada mil das que exerceron o seu dereito ao voto nestes comicios deron o seu apoio a unha das dúas únicas forzas a nivel nacional que na actualidade se definen como independentistas e de esquerdas.

Anónimo dijo...

Hai un grave problema: os nacionalistas acutiais non teñen nen puta idea de o que é Galicia nen eu, conste). Nen das súas xentes, a maioría das cuais lles importa un carallo os parques eólicos, as gelascolas, a paridade e a cona bendita. Queren o de sempre: comer, beber e follar. Nada máis. Menos filosofía e máis andar polas rúas das cidades e pobos. Queren ser felices e reproducirse. As "abstraccións" da(s) esquerda(s) lle resultan alleas: non lles importa Breogán senon J. Ballan (r.i.p.). Por favor, esquerda-nacionalista: nos rescatedes ó país do que non quere ser rescacado. Polbo, Gayoso, Kiro e xa está. É mellor iso que a coca, por exemplo. Menos profetas. E, por certo, a foderse. Vale máis vivir na merda que na utopía.

lobo neghro dijo...

Poderíamos facer socioloxía aportando comentarios do pobo. Dos que votan, anque non vos gusten nin concordedes, anque sexan unhas memeces. E se as son habería que facer "apostolado" e desplazar voluntarios tipo ong para educalos.

Vai un de 48 anos, vendedor nunha ferreteria e apuntame: "non aturo que a Tareixa Paz gañe 100 000 euros ó ano, e que contrate a súa irmá de asesora, con outro soldo de cen mil. Se non fora a súa irmá podería ter contratado a miña filla. Iles non poden ser iguales".

Creo que os próximos afialiados ó psoe e bloque, a futura alternatia, teñen que pasar por escolas de formación ( apunto a idea) espartanas. E facer pactos con os calvinistas para aprender de eles.

Anónimo dijo...

nestes días chéganme insistentemente novas de que esta vitoria do PP estaba máis que cantada. Na zona de Lugo, algúns militantes dese partido hai dúas semans que daban por case seguro o triunfo e os seus esforzos multiplicáronse por 10. Raxoi trasladouse a Pontevedra . Noutros lugares dinme que as súas enquisas cada vez eran máis demoledoras para o bipartito. No balance de Km percorridos cada xornada, Feijoo ganaba por goleada.
No BNG soaban sinos de que isto podía pasar e os ánimos estaban polo chan. Criticaban aos votantes máis fieis de hipercriticismo e demasiados escrúpulos.O PSOE comenzou a campaña co Touriño presidente e o "quen poidera namorala". Despois cambiaron radicalmente, atacaron ao Bloque, pediron a maioría absoluta nunha especie de aceno demencial e desesperado ao electorado e , ao fin, puxéronse ás ordes de Pepe Blanco que tentou en van endereitar o rumbo. A prensa , consciente da situación, non deu cuartel.
Teño a sensación de estar no medio dunha tremenda farsa.
Eu xa non entendo nada. Nunca sospeitei este final e pódo asegurar que tento manterme informado dos acontecementos políticos.
Realmente os dirixentes do bipartito eran conscientes da situación? Non houbo máis capacidade de reacción?
Son istes os líderes que necesita o país?

xdc dijo...

JAJAJJ Anónimo das 10:54.

Igual, sí, alguén ten que "reflesionar" menos e abrir máis os ollos..

ms dijo...

Recollo do blog "El voto con Botas" de Fermín Bouza o seguinte dato. Nnha enquisa do CIS, formulábase a seguinte pregunta "Despois destas eleccións, cre vostede que sería desexable un cambio de goberno en Galicia?

Esta pregunta facíaselle á xente de acordo co que votaran nas anteriores eleccións galegas. Pois ben, estes son os resultados:

- Dos que votaran PP no 2005, un 87.7% quería un cambio de goberno.

- Dos que votaran PSOE, un 25%

- Dos que votaran BNG, un 46.9% e non sabe un 8.7%.

- Dos que non votaran en 2005 por ter menos de 18 anos, un 53.9.

- As porcentaxes dos que non votaran por outros motivos ou votaran en branco rondan o 50%.

Que cada quen (especialmente os dirixentes do BNG) tire as súas propias consecuencias.

O dato do CIS:

http://votoconbotas.trincheradigital.com/wp-content/uploads/2009/03/cambio.jpg

http://votoconbotas.trincheradigital.com/?cat=10

Anónimo dijo...

Beiras pide a demisión da executiva do BNG e a refundación da fronte:

http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=24399

http://www.vieiros.com/nova/72524/beiras-peta-enriba-da-mesa-ldquo-hai-que-refundar-o-bng-rdquo

Anónimo dijo...

É certo que esta foi a campaña máis sucia da historia da democracia en Galicia. É evidente que a dereita mediática, en Madrid e na Coruña,
Non estou dacordo con estas afirmacións. EL MUNDO non pinta nada entre nós ou pinta moi pouco, influencia ningunha. La Voz si que o fixo e o artigo Yo protesto, non foi respondido nin desenmascarado. o señor Fernández Latorre ten a súa independencia na dependencia económica da publicidade do poder, pero quere máis. O traballo político real e efectivo adoita verse pouco e así nin Táboas, nin Suárez Canal nin Blanco...nos medios coruñeses e demais só saíron as promesas incumpridas de Quintana, case non hai familia galega que non conte con parentes dependentes e o prometido e publicitado non chegou nunca... e o asunto galescola moi mal levado inda que fose con moi intención... Non debemos sacralizar ese pobo sabio... mais creo que funcionou o sentido común.
Por certo, a maneira de falar dos dirixentes do BNG nin é popular, nin é dialectal... nin sei que é...por que ese gusto de diferenciarse da lingua común... por certo tampouco é estándar...

Anónimo dijo...

La Voz de Galicia:

Xosé Manuel Beiras, anterior portavoz nacional del BNG, ha demandado hoy, en nombre del colectivo Encontro Irmandiño (EI), la dimisión «inmediata» del conjunto de la dirección ejecutiva del Bloque, tras el «batacazo monumental» del pasado domingo.
Beiras compareció en conferencia de prensa para explicar el posicionamiento de su grupo ante la «grave crisis política del nacionalismo organizado» que deriva de unos resultados electorales «para muchos inesperado, no para nosotros».
Además, el Encontro Irmandiño pide también a la dirección ejecutiva un «ejercicio de autocrítica» para reconocer los errores propios y la celebración de una asamblea general «ordinaria» con el anterior sistema de participación directa de la militancia, y no por delegados, como se estableció en la anterior asamblea.
El dirigente nacionalista ofreció estas declaraciones acompañado por otros cinco miembros del Consello Nacional del BNG (máximo órgano entre asambleas), Mario López Rico, Xosé Constenla, Cristina Amor, Concha Trigo y Martiño Noriega, e insistió en que no hablaba a título individual, sino como portavoz de este grupo organizado dentro del Bloque.
También recordó que hacía tiempo que no se presentaba así ante la prensa, pero agregó que, «de ahora en adelante, será más frecuente de lo que fue hasta ahora».
Tras insistir en el «fracaso» de los encargados de llevar adelante el cambio «después de la era fraguista, de franquismo sin Franco», para que la alternancia supusiera un auténtico cambio político, Xosé Manuel Beiras, consideró que es preciso «lanzar un mensaje» a la militancia del BNG, su base social y a la ciudadanía de izquierdas para «que se abra un punto de luz en este panorama», pero insistió en que «las cosas tienen que empezar por los órganos de dirección del BNG».
«Es preciso que dimitan», por una cuestión «de salud indispensable», sobre todo porque -dijo- es el compromiso que asumieron en la asamblea del otoño pasado.
Además de la dimisión, Encontro Irmandiño exige que «procedan a una autocrítica», porque no se puede continuar con el método de «atribuir reiteradamente los problemas a causas externas y autoeximirse de responsabilidades», cuando los errores propios -explicó- «son las variables que se pueden controlar».
Para Beiras, «eso debe hacerse ya, de inmediato».
También pidió que fuese «de inmediato» la convocatoria de una asamblea general ordinaria, que «es urgente y no se puede esperar al otoño», y propuso que fuese «de participación directa de la militancia, no de delegados», lo que consideró «uno de los pilares de la democracia interna del BNG».
Explicó asimismo que ésta participación directa es «lo que está haciendo toda la izquierda social en el planeta que combate a los que trajeron esta crisis».
Hasta la celebración de la asamblea, Xosé Manuel Beiras cree necesaria la constitución de un «órgano interino de gestión» para la gestión cotidiana y la puesta en marcha de la asamblea, que -resaltó- no puede realizar «el mismo aparato vertical», sino restableciendo la pluralidad y la «estructura horizontal», que le dio la energía al BNG para salir del «exilio interior» en que se encontró.
Xosé Manuel Beiras llamó a un «proceso de diálogo» con todos los sectores del Bloque «que estén por esta labor de refundación del BNG» y retornar al camino que «fue abandonando progresivamente».
El dirigente, que consideró un «desenfoque descomunal» haber considerado llegar a la Xunta como un fin en sí mismo, preguntado si esta estrategia podría provocar un «vacío de poder», se preguntó, a su vez, si ese vacío no existe ya y si «esta dirección» tiene alguna credibilidad «ante los ciudadanos».
También respondió que existen «resortes» para que la próxima asamblea sea de militantes y no de delegados, que hay posibilidades de calendario, a pesar de las elecciones europeas, y se negó a hablar de «nombres».

Anónimo dijo...

Quintana dimite, a "xente" non te admite!

Vaite, non te amarres ao posto que che queda, non fundas ó BNG contigo, soberbio.

xOssse dorrío dijo...

Eu tamén quero que dimita Anxo Quintana!

... e moitos outros máis.

Estou dacordo con Marcos, as alarmas levan meses sonando e ninguén as atendeu ata que o lume estaba xa nos pes.

Pola miña propia experiencia teño que dicir que esta xente parecía vivir nun mundo aparte. Tal é así que aló polo mes de xullo acudin Consellería do Medio Rural a denunciar certos abusos na contratación de traballadores, abusos que comprendían incluso a violación de dereitos fundamentais do traballador, como é o limite da xornada laboral, a saber 40 horas, algo que parece saber todo o mundo menos nesta consellería dirixida por un nacionalista, un partido que leva no seu símbolo unha estrela vermella, reflexo da unión dos traballadores do mundo. Esta persoa, a posteriori acusada por un medio de comunicación de ter a medio pobo "colocado", preguntóume: "Que pasa? Sempre estadades protestando nesta Consellería? E que somos os únicos que facemos as cousas mal?"

Evidentemente non eran os únicos pero ían en cabeza. Pero esta escea evidencia a súa actidude cada vez que algún militante lles chamaba a atención por estar facendo políticas contrarias o ideario do partido, deixaban as razóns a un lado e pasaban ó ataque persoal directamente e valéndose para iso do seu cargo, utilizando toda a forza do "seu poder" contra aqueles que por seguir defendendo os nosos ideais fomos tachados de "estorbo, molestos -diría Jorquera-, inútiles,...

Como a todo porco lle chega o seu San Martiño" a estes non ía ser menos, e así chegaron as eleccións... e entráronlles as presas, empezaron a precisar daqueles que antes éramos un estorbo pero, claro, xa non estábamos pola labor.

Tanto é así que eu podo afirmar -sen sentirme, en absoluto, ningún traidor a patria, como dixo Quintana- que nestes derradeiros meses pasei de ser Responsable Local de Xunqueira de Ambía, cargo do que dimitín, a pasar totalmente da campaña do BNG e, por suposto, non ir a votar.

Como din por ahí, en moitos foros: pra caciquear, mellor que o fagan os do PP

lobo neghro dijo...

Dorrio, es un indisciplinado, e asi non se gana a guerra.

xOsse dijo...

Certo... así non se vai a ningun lado

meu abó dixit

lobo neghro dijo...

Supoño que deus nosos señor, na súa infinita sabiduría e bondade, creou ós indisciplinados para faceren de acicate dos disciplinados, e assim entre todos render máis e mellor.

Quend dí que os virus fortalecen o sistema?.

O malo é que os disciplinados non agradecen a nosa función e nos eliminan á mínima. Para que veña outro indisciplinado máis aghresivo a cumplir coas tarefa.
Et cétera.

XDC dijo...

Amigo lobo. Nos rebaños de ovellas, as ovellas van todas detrás das outras. Menos unha, que se move con decisión por calquer motivo, que é detrás da que van as outras.

Vostede sabe que nun banco de peixes, os seus membros móvense en función do grupo, grazas á sensibilidade a sutís cambios da presión da auga na sua pele. Os científicos fixeron o seguinte experimento. Atrofiaron nun peixe a zona cerebral asociada a esa sensorialidade. Ao botar u peixe de novo á auga, e comenzar este a moverse con total libertade, ignorando ó grupo, todos os demáis o seguían. Saque as suas propias conclusiós.

Un camión, por inexperiencia do chófer, saéu bruscamente fora da carretera. O conductor que iba tras de el botóuse tamén fora. Pensóu que o hipotético obstáculo que trataba de esquivar o camión sería con maior motivo demasiado grande para el.

XDC dijo...

Cando xa hai un galo no galiñeiro, o mellor, si quere seguir no galiñeiro, é non ser outro galo, senón unha galiña.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O camión ese que saiu da estrada, que levaba: ovellas, peixes ou galiñas?

MS dijo...

PENÉLOPE (Xosé María Díaz Castro)

Un paso adiante e outro atrás. Galiza.
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos tesu ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

lobo neghro dijo...

DAcova, sermos ghaliñas para que nos ghalen?. Ghalistros!.

filomeno2006 dijo...

Electorado gallego, electorado pragmático