3 mar 2009


Pedagoxía política
aFONSO Monxardín, g.h.-3-3-09. Debuxo de R. Patiño.

Un día, hai para aí vinte anos ou así, comezaba eu unha visita ao Parlamento británico cando unha vella desas de gafas picudas e plástico na cabeza para a chuvia se achegou onda un bedel e pediulle que lle fose chamar o deputado do seu distrito, que non sei que lle tiña que dicir. Entrementres nós subimos ao poleiro a tempo de ver como o subalterno entraba e libraba dun crispado discurso do reverendo Ian Presley a un deputado daqueles que estaban apertadiños nun escano e que parecía a espera do médico en día de feira en vila pequena. Aos dez minutos xa nós cheos de espectáculo, baixamos. E alí estaba a boa da señora rifando co seu representante, aceando co dedo índice, mentres el aturaba impasible, sentados ambos nun banquiño á entrada da sala.
Como anglófilo confeso pareceume preciosa e entrañable esa proximidade entre a rúa e o poder. Proximidade si, pero iso non quere dicir darlle a razón sempre á xente, demagoxicamente, pois ás veces a opinión pública convértese só nun perigo público. Como cando se mesturan sangue e sentimentos. Digamos o caso do asasinato da parella de gays de Vigo onde a opinión pública en forma de xurado público absolveu o inabsolvible. É preciso xulgar desde a lei e non desde os sentimentos, ideas e prexuízos. Para iso lles pagamos a profesionais. Non quero eu esa responsabilidade. E nos últimos tempos vexo os nosos políticos coxeando do pé de querer congratularse sempre coa xente que máis sae ou berra nos medios de comunicación.
Falemos claro. Coa dor das persoas debemos ser solidarios e punto. Pois temos a seguranza de que o puro sufrimento non é fonte inmaculada de sabedoría. Así, os pais das nenas asasinadas en episodios macabros non teñen por que ser recibidos polos presidentes de nacións. Esas persoas despois desas experiencias traumáticas desexan, loxica e humanamente aínda que non o digan, vinganza. Queren cambiar leis movidos só pola dor e esgazamento íntimo e non por coñecementos forenses. E non señores. Non pode ser. Que falen, que se desafoguen cos amigos, coa familia, -ou cos deputados provinciais se queren-, pero os presidentes dos estados non deben de andar ás cousas das dores íntimas e de circos mediáticos.
Hai que educar á opinión pública para facela máis responsable, máis esixente co poder, e non darlle a razón sempre e tratar de gobernar en función de Salsa Rosa.

30 comentarios:

Anónimo dijo...

Neste artigo hai elementos para que o BNG reflexione e vaia tomando nota, pois a casa non se empeza polo tellado. Que os seus deputados abran oficinas para que os cidadáns lles podan plantexar os seus problemas. Que empreguen Internet do mesmo xeito e non só para darse publicidade tipo "QuinTV". Que aprendan a escoitar os problemas dos cidadáns, mesmo dos que non pensan coma eles.

Anónimo dijo...

" Somos funcionarios del estado, no césares. Razón tenía aquella mujer que en Bitinia me increpó en el sentido de que si no tenía tiempo para escucharla, tampoco lo tenía para reinar".

Memorias de Adriano. Margarita Yourcenar.

A mín pásame con frecuencia de atoparme con eles e non ter tempo para escoitar. Outros si escoitan todo o que faga falla. Troitiño escoitaba. Patchi escoita. Quin fai que escoita pero está no seu mundo. Pako escoita mal, escoita as chorradas dos chorras e non escoita outros porque ese extraordinario executivo non ten tempo, está moi ocupado. Alex escoita.....

Anónimo dijo...

Aquí non pasou nada. Non se vai acabar o mundo coa vitoria do PP.

Despois de todo, Gayoso e o Luar seguirán nas súas pantallas. Méndez (o da Caixa) durmirá igual de tranquilo que antes. La Voz y la Lucha continúa desfaciendo entuertos y luchando contra los políticos corrutos, antes e agora co PP. Os emigrantes continuaremos catro anos máis na puta emigración (aínda que algúns esteamos xa a pensar en "naturalizarnos" via empadronamento). Os parados, seguirán aumentando. A prensa amiga do poder seguirá recibindo axuda do poder. As autovías e os trens de alta velocidade, a financiación, o novos estatuto... todo esto está previsto, con ZP en Madrid. A Cidade (?!) da Cultura ($$$) seguirá a darnos satisfacións. E as galescolas agora se chamarán garderías, pero en vez de mandilón galego os nenos levarán un traxeciño de Emilio Tucchi.

Anónimo dijo...

Mesmo os chipiritifláuticos quintanistas e bipartidistas propagando-progresistas da prensa e do ensaio (Barreiro, argh!) non quedarán no paro. Poderán continuar con esa labor ou laboura de escribir folios e folios cheos de asisadas análises sobre a derrota, como xa antes asinaran sisudas análises sobre a máis que probable vitoria dos bipartidos.

Anónimo dijo...

Están moi ben eses "baños de realismo" para os políticos, que viven nas suas "turris ebúrneas". Queñes viven no "mundo real", sin privilexios, reciben ese baño diariamente. Cada catro anos sigue sin ser suficientemente "hixiénico". Fan falta mecanismos que posibiliten o contacto "en tempo real" cós verdadeiros pensamentos da cidadanía.
As miradas perdidas e as caras desencaixadas dos membros do BNG e do PSOE, parecen decir "En qué mundo vivía eu...?".

Anónimo dijo...

Ian Paisley, témome. O Presley era outro, ;)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Esta é a visión desde dentro.

BLOG DPASO
Tras o naufraxio (1): Tamparrantán
Tamparrantán. É unha palabra do dicionario materno que non aparece no da RAG. Define unha sacudida brutal, unha descarga eléctrica forte, un golpe sorpresivo e contundente, tamén o infarto. O día 1-M sofrimos un tamparrantán electoral maiúsculo. Máis que unha causa hai unha multitude de razóns para compoñer a explicación do fracaso electoral do BNG e do PSdeG. Comezo a debullar algunhas que a min me parecen relevantes e que quizais para moitos non expliquen nada.

Duplo poder

A comparanza do acontecido en 2005 e 2009 permite chegar (agora) a unha primeira conclusión: hai tres anos e pico o Partido Popular perdeu as eleccións por non ter feito unha oferta renovada do seu liderado, daquela máis que gañar o BNG e o PSdeG perdeu Manuel Fraga e a súa oferta continuísta. Con Feijóo, ou mesmo con X.M. Barreiro, é ben posíbel que conservaran a presidencia da Xunta de Galicia, bastáballes cun pouco de frescura e redeseñar máis audazmente o seu cartel electoral para volver sumar unha maioría parlamentaria. Non o fixeron e perderon. En todo caso, nós non lle concedimos demasiada importancia ao resultado (paradoxal) daquelas eleccións: o BNG e PSdeG faciámonos co goberno e o Partido Popular quedábase co (resto do) país.

A repartición, ratificada despois nas eleccións municipais, supoñía que mentres as forzas da coalición ocupaban os principais centros de decisión da sociedade política, o Partido Popular se acantoaba no centros de poder da sociedade civil e en poderes políticos de segundo nivel. A ilusión e a confianza ilustrada no goberno como forza transformadora agochou aos nosos ollos, ou nos fixo desprezar, esa situación efectiva de poder dual. Gramsci Consultores teríanos dito que poder sen coacción e con baixa capacidade de convicción non caducan hexemonías, aínda así a potencia dos novos recursos de poder parecían suficientes para modificar co tempo a correlación das súas forzas e as nosas debilidades. Galiza tiña de partida dous gobernos: o do PSdeG-BNG e o do Partido Popular.

Nestas condicións, non inéditas xa que o mesmo sucedera nos tempos do goberno tripartito de González Laxe, ao Partido Popular bastáballe con resistir pero ao PSdeG e ao BNG non lle era suficiente con dirixir as institucións do autogoberno galego. Gramsci Consultores podería ternos advertido tamén que o Partido Popular perdera o consenso pero conservaba a autoridade, e que a coalición BNG-PSdeG gobernaba pero non era dominante. Jimmy o Santo [Andy García], o protagonista da magnífica Cousas que facer en Denver cando estás morto, formulouno dun xeito máis gráfico: «Podes ser un home cun garfo nunha terra de sopas.» E aí estabamos nós cun garfo intentando gobernar a terra de sopas do Partido Popular.

Anónimo dijo...

Obviamente Ian Paisley, glup.
¿Estaría pensando en Isabel?

Desculpen

Anónimo dijo...

Gracias ó blog atopoei ó sr. Monxardín e a moitos outros, que non deixan indiferente coas súas opinións. Confésome seguidora incondicional, cando non o leo dende "as uvas" vou buscalo directamente ás columnas de La Región.
Independientemente do que diga e de como o diga, sempre me fai esbozar un sorriso. Gracias.
E gracias tamén por traer á miña memoria palabras que xa tiña un tanto esquecidas porque non as emprego habitualmente, dous exemplos: estafermo (algunha vez recibín ese calificativo, sendo rapaza,de boca dunha avoa algo encomodada) e regandixa (fermosa palabra, que sonoridade!).
Un saúdo dende Madrid.

Anónimo dijo...

Os medios de comunicación de dereitas, ó aveiro destas desgracias familiares, están tratando de radicalizar a opinión pública para favorecer a partidos políticos máis "sensibles" ós seus interses empresariais.

Lamentablmente as multitudes son fácilmente manipulables. Espertan de vez en cando, ó dar cos fuciños no chan, pero axiña volven durimir, entre outras moitas razóns, pola desidia dos seus gobernantes.

Coido que nestes intres estamos pasando por un deses ciclos. Máis tarde ou máis cedo afuciñaremos.

Anónimo dijo...

Xosse, mira que o núñez feijoo é un superdotado, de grandes capacidades xestoras. É imposible que o faga todo mal. Fará boa xestión.
O malo é o xigantesco aparato de intereses que o sustenta. Por non sei que principio da termodinámica vai querer sobrevivir, e hai que alimentalo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Feijoo dice que los padres eligirán el idioma de las asignaturas troncales de sus hijos
El futuro presidente de la Xunta de Galicia ha asegurado hoy que no quiere ninguna «imposición» lingüística en clase y que «se acabaron las galescolas».
EFE 5/3/2009 Actualizada a las 11:39 h
Opina (0 opiniones) Valoración (9 votos)
El futuro presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, aseguró hoy que no quiere ninguna «imposición» lingüística en clase, por lo que aseguró que «se acabaron las galescolas» y volverán las escuelas infantiles en las que los padres elijan la lengua en la que estudien sus hijos.

En una entrevista en una emisora de radio recogida por Efe, Feijoo explicó que estos cambios educativos comenzarán a producirse con la derogación del decreto del gallego que «ha iniciado un conflicto lingüístico en Galicia no conocido» y la elaboración de una nueva propuesta con tres premisas básicas.

En primer lugar, los padres elegirán el idioma en la educación infantil de 3 a 6 años; además, los alumnos podrán dirigirse en clase al profesor en cualquier idioma, al igual que hacer el examen en castellano o gallego o estudiar por libros de texto en ambas lenguas; y los padres dirán el próximo curso en qué idioma quieren que estudien sus hijos las asignaturas troncales.

«Vamos a intentar seguir promocionando el uso del gallego» pero «en marco de libertad lingüística», subrayó el líder popular, quien reconoció que existe «expectación» por conocer esta propuesta del PPdeG sobre la lengua y que no diferirá mucho de lo que explicó.

Preguntado acerca de cómo se podrá compaginar la opción que elijan los padres, en el caso de que no coincida, Núñez Feijoo destacó que lo que no pude hacer es «duplicar el sistema educativo» porque los recursos económicos «no son ilimitados», por lo que opinó que «lo mejor es no anticipar» y ya se hará el ajuste cuando se plantee su necesidad.

Tras confesar que no le gustaría un doble circuito de aulas y separar a los niños, aseguró que fue el bipartito el que inicio este modelo pero sólo con la posibilidad de estudiar en gallego.

En su opinión, «es de sentido común» que los padres elijan la lengua en la que han de estudiar sus hijos y también es «razonable» que sea el alumno el que decida en qué lengua se comunica con el profesor y hace el examen.

Al hilo de ello recordó que cuando él estudiaba «no era posible hablar gallego en escuela, sólo en el recreo» y añadió que ahora empezaba a ocurrir lo mismo en determinados pueblos de Galicia «pero con el castellano».

Por eso, subrayó que la discusión debería centrarse en el inglés tanto en la Comunidad gallega como en el resto.

Sobre qué lengua utilizará cuando intervenga en el Parlamento, Núñez Feijoo manifestó que «con carácter generalísimo el gallego» y precisó que tanto las resoluciones de la Xunta como las notificaciones administrativas se harán en las dos lenguas.

A su juicio, en Galicia «hay una pérdida del uso del idioma gallego» atribuible probablemente a una «mala política lingüística y a la imposición del idioma» por parte del anterior Ejecutivo.

Preguntado por su plan de austeridad cuando llegue a la Xunta, el presidente del PPdeG afirmó que va a «adelgazar» el Gobierno en un 20 por ciento, hasta las 10 Consellerías y cuatro delegaciones provinciales, con más coordinación y consenso, entre otras medidas.

Anónimo dijo...

¿E que lle parece, Arumes?

Anónimo dijo...

Entrevista en el programa "La Mañana" de la Cadena Cope, de Federico Jiménez Losantos

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un desastre.

Anónimo dijo...

Desastre ó cubo. Como pode o sistema educativo dun país estar suxeito os gustos, intereses e conveniencias dos iluminados de turno, cambiar cada pouco, sen ter en conta o feito anteriormente. Consenso ... que será iso ? foder o que se poida ó rival político e punto.

Anónimo dijo...

Moi boas. Coido que hai un erro inicial no artigo sobre o xuízo ao asasino (presunto -ou sexa, xamón en portugués) dos homosexuais:
É certo que o xurado popular trabucouse, pero ¿non será menos certo que os avogados e fiscais non souberon situar ao xurado na claridade que se lle pide? ¿Se cadra falaban noutro idioma durante o xuizo, en avogadés ou xurislingua? ¿Se cadra o xurado non entendeu ben o que se lle estaba a preguntar? ¿Se cadra hai sectores xudiciais que queren afundir o xurado popular e para iso precisan decisións xudiciais chocalleiras?

Polo do asunto Feijoo: coido que haberá unha redución do número de horas en galego. Non é unha debacle. De feito, visto o mal que falaban en galego moitos mestres, é o mellor que podería pasar. E ademáis os libros de texto semellaban traducidos do castelán co Apertium ou con calquera sistema operativo similar.

Eu, pola miña banda, estou cheo. Cheíño de aturar imbecilidades. o BNG ten que refundarse ou teremos que prescindir del para construír un nacionalismo moderno e democrático. Un nacionalismo do século XXI. Comentaban por aquí que fixeran ben moitas cousas, pero que non as souberan comunicar: Eu afirmo que nunha democracia se non comunicas é que non gobernas. Pásache igual que ao xurado do asasino de Vigo: que se non souberon entender se cadra é porque os profesionais que tiñan que facerlles comprensíbeis as cousas non fixeron ben o seu traballo.

Falades de leis feitas. Eu boto de menos máis proximidade e menos leis. Agardo aínda porque alguén da Consellería de Vivenda se poña en contacto comigo para responder a un escrito que presentei hai meses diante dun organismo deles. Agardo a demisión da concellal do BNG no concello onde vivo que afirmou, despois do atraco ao chalet de Kina Fernández, que iso era "polo modelo urbanístico que seguía o concello". Agardo a petición de perdón por non ter podido acodir coa familia a ver o espectáculo da demolición controlada do mausoleo de Fraga.

NUNCA MAIS aturar imbecilidades. A esquerda é esixente, certo; non perdoa cousas que á dereita si lle perdoan, certo; e que? Se non queredes aturar os votos da xente de esquerdas, formade un partido de dereitas. A ver como vos vai.

Anónimo dijo...

Eu propoño, xa, varias consellerías:

1. Manuelita Bestero para o Frente de Juv... perdón, para muller, xuventude, familia e drogodependencia.

2. Celso Currás para a Consellería de Educación, para que leve á práctica as súas ideas sobre o bilingüísmo harmónico e mais eses magníficos artigos sobre educación que escribe na Voz.

3. Pérez Varela para Cultura, para que remate o que outros non deron rematado e volva contratar, se se pon a tiro, ao amigo Leni Kragüit.

4. Pedro Airas para calquera consellería que el queira.

5. Logo habería unha serie de consellerías destinadas a persoas cuxos nomes teñan algo que ver cos seus departamentos: "Castor" para Agricultura, Gandeiría e Montes. "Orza" para Economía. "Deus Amor Paz", para Asuntos relixiosos. "Lalín", para infrastruturas.

6. Secretario de comunicación: calquera comentarista de La Voz, constitucionalistas incluídos.

Unknown dijo...

Quen me dera propietario dunha imprenta... Todos eses sobres, carpetas, membretes, cartelística... O nome da Consellería de Dona Manolita (proposto por MS) fará correr ríos de tinta... que furor! E que despilfarro, mais unha vez.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu creo que hai varias cousas sobre o idioma que se misturaron de forma interesada (torticeira e malévola, seguro) e que moi probablemente tampouco o goberno soubo explicar coa debida e decidida pedagoxía.
Sen entrar no fondo do debate, unha cuestión son as galescolas (educación infantil de 0 a 3 anos), outra a lei consensuada sobre o galego (que rexeitan os de GB, pero o PP acepta malia todo porque foron eles os que a escribiron e a aprobaron) e outra o decreto 124/2007.
Eu creo que sobre o primeiro, eliminarán a denominación e a iconografía, pero manterán a promoción de escolas infantís. Tamén intentarán pasala a educación (e aí terán que regular o emprego da lingua), que era tamén proposta do PSOE e entendo que en último termo do propio BNG, xa que todos vían un pouco estraño que dependera de Vicepresidencia. Como primeiro paso, deixouse así, pero era notorio que máis axiña ca tarde había ir a Educación.
Sobre o segundo, creo que non farán absolutamente nada. Os sectores máis radicais de Galicia Biingüe (que os hai) xa amosaron estes días o seu temor a que Feijoo non varíe un ápice esa lei: seguirán dando a batalla, como anuncian, pero entenden que esa é demasiada solicitude.
Sobre o terceiro, estaba escrito desde o momento en que, tras un lapsus, Feijoo se opuxo xa hai case dous anos ao decreto de desenrolo da Lei. Non dixo tan claro o da derrogación (por qué non derogación, Saavedra?) como agora, pero nos primeiros momentos xa deu a entender que era ese o seu obxectivo.
O curioso do caso era que a máxima oposición ofrecida por Galicia Bilingüe se centraba no rexeite frontal do famoso "alomenos un 50% en galego". Agora, cunha decisión radical, vai todo o decreto ao tacho.
Con esta claudicación do PP diante das protestas de Galicia Bilingüe, Feijoo métese nun berenxenal orzamentario de moito alcance, sen contar coas dificultades prácticas que leva unha proposta dese tipo de dar gusto e pracer a nais e pais tan preocupados pola saúde mental dos seus vástagos.
Por contentar ás masas copistas, que se podían diluir cun par de faenas de aliño ben sinxelas aproveitando a autoridade concedida polas urnas, Feijoo comete un erro de incalculables proporcións, á marxe, digamos, do enfrontamento social que supón con boa parte da cidadanía partidaria dunha defensa activa do galego.
E perdón de novo pola extensión. Pero quería explicar unha das dimensións (hai outras) da miña palabra desastre.

Anónimo dijo...

gente da minha terra

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Do Feisbu de Feijoo:

Juapo: no te olvides del Ribeiro, please. En el Foro Social "Temos dereito a Saber" ya hemos celebrado tu victoria, que sabemos nuestra también. El viernes te mandaré saludos por mi padre. Un fuerte abrazo. Me ha encantado eso que has dicho de "se acabaron las galescolas". Yo soy gallega hablante pero no me gustan las imposiciones. No me gustaban cuando el cole (en clase había que hablar castellano, que vieja soy, madremía) y no quiero que a mis hijos les pase lo mismo. A mi no me gusta el gallego normado. Me parece tan artificial. El que hablo sí, pues es mi lengua, pero el otro me parece un esperanto que no doy digerido. Y lo del coche también: Citröen da de comer a muchos gallegos. Estamos esperando por ti, y por la derogación del proyecto del parque merdambiental

Anónimo dijo...

Yo tampoco doy digerido ese esperanto. Y eso qu'el insigne Castelao ya lo decía: el idioma es que no se siente en la barriga.

X.L. dijo...

Non sei se iste home non será en realidade un perfecto irresponsable que nos vai conducir a unha guerra de consecuencias inimaxinables. Eu son pai de dous nenos en idade escolar. En caso de que teña que optar nas asignaturas troncais (e que pasa coas outras?) a miña opción será o galego en ambolosdous casos. O centro ao que van meus fillos non é moi grande: sobre 400 alumnos.Naturalmente exixirei (xa postos) todo o material pedagóxico e profesores competentes en lingua galega. Portanto non lle quedará máis remedio que duplicar o sistema educativo.
Porei un exemplo:
supoñamos que no presente curso, en 2º de bacharelato hai un profesor de Química que atende a 25 alumnos 4 horas a semana. No curso que ben , deses 25 alumnos 10 collerán a asignatura nun idioma e 15 no outro. As catro horas convírtense en oito horas á semana e, polo tanto haberá que aumentar a plantilla de profesores. O mesmo en outras asignaturas e por todo o país. Tamén haberá que duplicar o material pedagóxico e non se esquezan de algo moi importante: o número de aulas nos centros ( actualmente todos están a tope), os alumnos dividiránse por razóns de idioma como nun apartheid ( a saber as consecuencias), etc.
Desexo que ao señor Feijoo non haxa que recordalo en Galicia como o responsable do esgazamento en dúas comunidades.
Preparémonos para o peor!

Anónimo dijo...

Haberá logo que ir aguilloando na CIG a ver que se fai coa Mesa Sectorial do Ensino, que para este ano nin oferta pública hai. Íanse reunir agora no marzo, pero deberon quedar tan magoados que nin ganas lles quedou. Para duplicar profesores está a cousa.

Anónimo dijo...

Hai que falar o castellano, que é o noso!!!

X.L. dijo...

NO CURSO QUE VEN, naturalmente.

Escoitemos as boas xentes de Galicia
PREMER

Anónimo dijo...

Detrás miña nun bar hoxe estaban Gloria Lago e company, parabenizados por moita xente. Algúns celebraban a victoria (con adxectivos sobre os bipartitos perfectamente imaxinables) do domingo con ledicia indisimulada. Ela mais o seu acompañante trataban de manter máis a calma e recordaban que aínda non estaba todo feito. Sen embargo, pareceume entender que estaban contentos co xa conseguido. Creo que o seu comentario avala o que eu comentaba sobre o innecesario para Feijoo de dar satisfacción a estes aliados ocasionais.
Dame a impresión de que tal ariete, despois de derribada a porta, vai ficar no chan.

Anónimo dijo...

Oghallá, Arume.
Concordo co que dis.
O PP en Galicia é unha especie de PNV estraño. Converteuse por cousas da transción e dos primeiros anos da autonomía no partido "natural" a través dunha asunción "suave", "morna" da identidade galega, isto é sen esa oposición entre galicia-españa, que a maioría dos galegos non ven.
Pensemos ademais que moitos dos de Galicia bilingue son boa xente. Non me cabe dúbida de que Roberto Verino ou Manquiña non son "fascistas" nin "glotófagos" nin nada diso.
Non vexo o PP cambiando a política morna pero avante de Política Linguistica dos seus gobernos anteriores por unha oposición frontal ao galego. Podería perigar a hexemonía e a identificación maioritaria da xente.
En calquera caso, o listón en política lingüística non puido quedar máis baixo no bipartito. Unha pouca lexislación (o famoso decreto do 2007, o catalizador do lío)e pouco máis.

Anónimo dijo...

Oghallá, Arume.
Concordo co que dis.
O PP en Galicia é unha especie de PNV estraño. Converteuse por cousas da transción e dos primeiros anos da autonomía no partido "natural" a través dunha asunción "suave", "morna" da identidade galega, isto é sen esa oposición entre galicia-españa, que a maioría dos galegos non ven.
Pensemos ademais que moitos dos de Galicia bilingue son boa xente. Non me cabe dúbida de que Roberto Verino ou Manquiña non son "fascistas" nin "glotófagos" nin nada diso.
Non vexo o PP cambiando a política morna pero avante de Política Linguistica dos seus gobernos anteriores por unha oposición frontal ao galego. Podería perigar a hexemonía e a identificación maioritaria da xente.
En calquera caso, o listón en política lingüística non puido quedar máis baixo no bipartito. Unha pouca lexislación (o famoso decreto do 2007, o catalizador do lío)e pouco máis.