Adiante ou atrás.
ANTÓN LOSADA. Galicia Hoxe, 08.05.2009
Xosé Cid. Ourense. Home recostado
Disque o BNG ten unha cita coa historia. As dúas almas do nacionalismo galego volven verse as caras logo de tempo cohabitando. Os delegados teñen diante de si a eterna escolla que non damos resolto: ou tirar para adiante ou facelo para atrás. Ou refuxiarse nunha concepción ultraconservadora onde todo tempo pasado e toda Galicia pasada foron mellores –e todos os problemas se amañan co slogan: como ser máis nacionalista e máis de esquerdas– ou aventurarse sen medo nunha concepción máis complexa, incerta e insegura, onde o nacionalismo se constrúe co país e con vocación de aprender del, e non de facerlle aprender lección ningunha.
ANTÓN LOSADA. Galicia Hoxe, 08.05.2009
Xosé Cid. Ourense. Home recostado
Disque o BNG ten unha cita coa historia. As dúas almas do nacionalismo galego volven verse as caras logo de tempo cohabitando. Os delegados teñen diante de si a eterna escolla que non damos resolto: ou tirar para adiante ou facelo para atrás. Ou refuxiarse nunha concepción ultraconservadora onde todo tempo pasado e toda Galicia pasada foron mellores –e todos os problemas se amañan co slogan: como ser máis nacionalista e máis de esquerdas– ou aventurarse sen medo nunha concepción máis complexa, incerta e insegura, onde o nacionalismo se constrúe co país e con vocación de aprender del, e non de facerlle aprender lección ningunha.
25 comentarios:
A Antón Losada vaille máis a segunda, non si?
Cando o domingo acordou, o dinoPaco aínda estaba alí.
Vai, madia leva se non. E a min, tamén.
AL di: a eterna escolla que non damos resolto: ou tirar para adiante ou facelo para atrás.
Está claro que nos derradeiros anos escolleu aquela alternativa que nos leva cara atrás, aquela que fixo do BNG -BNG.
A cuestión que se plantexa nesta asemblea e se seguirá dominando a opción que turra do nacionalismo cara atras ou se producirá un cambio.
En fin... a coherencia de AL queda de manifesto cando dí que a opción mais ultraconservadora é ser máis de esquerdas. Será por iso que Galiza vota o PP, porque son máis de esquerdas? Non sei, estou feito un lio.
Quen queira nacionalismo de centro-dereita que o cree e que o defenda, o que non se pode é cambiar os principios fundamentais e fundacionais do BNG, pois iso supón matar o único nacionalismo que existe, o de esquerda.
Recomento a lectura de Despois de Waterloo (III). Reflexións, de Carlos Méixome.
O dramático é que ninguén ten a pedra filosofal para que o nacionalismo galego recupere posicións. E se a este problema lle engadimos a dubidosa calidade política de boa parte dos seus dirixentes (de todas as tendencias), o asunto enceréllase de tal modo que pouca solución lle vexo a medio prazo.
Digo eu por dicir algo.
Que fallo mais garrafal o dos organizadores do e-vento asambleario non telo programado para o domingo seguinte facéndoo coincidir co día das letras. Unha oportunidade histórica para que o espírito de Ramón Piñeiro pudese saudar e reconfortar os asamblearios, derramar sobre deles a sua experiencia metafísica da saudade e conseguir o milagre filosófico da palabra xusta e benéfica, para que todo transcorrese dentro da mais estrita normalidade e os desviacionistas, alterodoxos e descarreirados entendesen dunha vez por todas que a obediencia ao galeguismo ben entendido é un deber patriótico que ultrapasa xeracións, épocas e contextos. Amén.
Como algo hai que dicir, será bo desexarlles que atinen co que fagan. Non contentarán a todos,nin falta que fai. Sobran opcións políticas (ou sobran os políticos)Galicia é diferente tamén nisto.
O BNG leva anos poñendo mediocres en listas, cargos, postos e postiños, xente sen capacidade, sen cultura, xente vaga, e esta é a colleita, exemplos en Ourense hai dabondo.
Eu, Apicultor, son da idea de que non vivimos un tempo de grande calidade nos líderes políticos. Ao mellor ata é unha das causas (non a única, xaora, nin avulta o cincuenta por cen) da abraiante influencia xerontocrática, dito sexa co debido respecto (agora que un aínda o dá mantido).
Porén, eu vexo neste proceso bastante indicios alentadores. Primeiro, hai un debate aberto, aínda que non aboiaron aínda cuestións de fondo canto a liña política inmediata. Segundo, xurdiu por fin un polo alternativo á UPG, que malia algunha avaliación inicial e interesada (non teño razóns dabondo para considerala conscientemente difamatoria), non ten como obxectivo pactar coa UPG senón medirse. Terceiro, a UPG leva camiño de non amañar como outras veces, cun acordo confortable que permita seguir mandado na cociña e que outro poña a cara. Cuarto, hai calidade nunha serie de líderes e agroman figuras novas.
Mostra notoria de que algo serio se move no corpo afiliado. Dentro de corenta e oito horas habemos posiblemente saber se o movemento é marea.
Moi ben, información da Asemblea en vivo, co voso sesgo e para que toda aquela persoa militante ou non, do BNG, do PP, do PSOE ou de Falange Española de las JONSS, se entere ben do que pasa alí dentro.
Visión tradicional.
Pero alguén pensa que, a esta altura, o PP, o PSOE, o PNV, Falange, Bautista, a CIA, o CSI e o Mosad carecen de información en tempo real do que pase alí dentro?.
Posición novidosa. Por fin alguén o dixo.
Antón Lousa-da fala das duas almas ou concepcións do nacionalismo, a "ultraconservadora" e a "máis complexa, incerta e insegura". Tería que especificar un chisquiño mais, porque as opcións a debate son cuatro e non duas. Cuais das cuatro pertencen á primeira e cuais á segunda? E as concepcións do nacionalismo que ficamos fóra do proceso refundador porque xa estamos refundados, temos "alma" ou non temos "alma", somos "almas" ou non somos "almas" do nacionalismo. Non me estraña que Dorrío estexa "feito un lío".
Xosé M. González, crés realmente que despois dos cuatro últimos anos, por non remontarnos mais atrás, nos que a militancia do BNG permaneceu calada e aceitou mansamente a condición vicepresidencial derivada do governo bipartito como un dos mais grandes logros políticos da sua historia, e que de non ser pola maioría absoluta do PP continuaría calada e submisa, contemplando desde a grada o ben que nos vai tocando poder e participando do governo da Xunta, "algo serio se move no corpo afiliado"? Como xa sei que non me vas responder, e ben que fas non respondéndome, porque aos desalmados non se lles responde, fago miña a tua non resposta. Aquí por non moverse non se moven nen as "almas", que segundo o Lousa-da só hai duas, como se as demais fósemos "almas mortas". Vaiche boa.
Antón Losada simplifica ben as cousas dun xeito interesado. Cando Quintana fixo a foto do iate, él foi dos poucos que a defendeu como unha mostra da capacidade do BNG de relacionarse (ou quizabes empatar) coa sociedade. Co paso do tempo, aquela foto fixo o seu dano, mais a Antón Losada xa se lle esqueceu. Sempre haberá outros pra botarlles as culpas.
Balonga, teño entendido que Quintana non fixo nin mandou facer a foto do iate. Supoño que o que defende é o valor da entrevista, polo tipo de interlocución que supón.
Niso tamén estou eu dacordo con el, en termos xerais. Ora ben, seguramente Quintana non contaba co estrago electoral que tal foto publicada nos últimos segundos ía producir. No que me toca a min, quixen así mesmo crelo, tocante a fotos e outros bailes. Notoriamente enganouse el, qye ben caro lle custou e custa; enganeime eu, e a miña vida segue, digamos, incólume.
Canto á singularidade do actual proceso asembleario, a min paréceme obvia. Penúltimo comentario da miña fonte máis habitual.
Os mais nacionalistas e de esquerdas teñenlle medo ao futuro, refuxianse no pasado, son ultraconservadores que pensan que todo se soluciona impondolle ao pais un slogan.
A outra opción, mais alá da equerda e da dereita construe o pais co pais, man con man, nunha horizontalidade idílica, aprendendo, abrindose ao novo, e sen impor nada.
Gracias Antón Losada Maniqueo por axudarnos a distinguir o ceo do inferno.
Apunte filolóxico para que Saavedra remate (quen, por certo, non dixo nada das últimas noites de sábados e mércores: aínda agardo a exaltación guardiola):
Nihilismo vén de nihil nada, di o artigo citado. Aniquilación creo que tamén.
El quintamismo sin Quintana se llama Máis BNG.
Así comeza a entrevista con Aymerich en EL PAÍS.
No lapsus están sempre as quintasesencias.
Copio de por aí:
"A militancia hai que activala para algo mais que para pór cartaces" (Aymerich)
"Hai que pór ao día o proxecto político do nacionalismo" (Beiras)
"Non podemos permitir que o BNG se desinche como forza política nacionalista e transformadora" (R. Villar)
"Hai que dicir mais Nós e menos Eu" e "Temos que ser o que somos e dicilo con claridade: nacionalistas de esquerdas" (G. Vázquez, hoxe mesmo, no Xornal)
Que palabras (palabras palabras palabras) mais formosas. Todos nacionalistas e de esquerdas (tarde piaches, Guillerme). E aos militantes hai que activalos para algo mais... Que queres dicer con iso, Aymerich, que até o de agora os militantes tivéstelos para pór cartaces, levalos como ovellas aos mitins para lle aplaudiren aos caudillos sacrosantos (entre os que ti te achas) e que cada cuatro anos ratifiquen co seu voto manso a vosa preeminencia intelectual? Manda carallo con esta tropa de vividores da aureola nacionalista de esquerdas. Xa se ve cuando governan. Evidentemente, Aymerich, a min nunca me terás de militante para pór cartaces nen para que te vote.
Primum vivere: o xenuíno señorío non adoita precisar eséxetas e ben pode desdeñar apoloxetas. Este Guardiola team resúmese no propio fluír sedoso e a enxurrada de nomes (Kaká, C. Ronaldo...,...,...) seica alegados como único remedio futuro para o eterno rival.
Cantos estrategas andarán a botar contas sobre o custo de Messi?
Deinde philosophare: de nichil, seica, innovación baixolatina. Mirar para adiante cando un anda, ou andar mirando para atrás. Pero non hai lapsus, Arume: é a introdución do medio, non declaración do entrevistado.
Eu non son precisamente antiquintanista. Pero, polas trazas, o tal +BNG non mira precisamente o pasado, nin sequera o inmediato. Pódese matizar, ao mellor na tarde-noite. Que aproveite.
Certo Xosé M.González que Quintana nin fixo nin mandou facer a foto do iate,que por certo coido que foi no ano 2005.
Non embargante, non muda o tema central. Losada estaba no Goberno e se ben foi correcto tentar atopar formas de relacionarse coa sociedade, ao final rematou como rematou, polo tanto non ten agora autoridade ética para repartir calificativos de bos e riños, como fai, xa que logo cando estiveron gobernando, parece ser que gozaron dunha ampla liberdade.
No fondo, o que acontence é o descoñecemento que temos todos da sociedade galega e a desproporción de forzas cos outros dous partidos.
Quizabes os galegos,Recuamos para adiante, e se antes lle fixemos aprender galego ao Sr. Touriño, agora fagamos o mesmo co goberno de DANFeijóo.
Arume, eu volvendo ao de Guardiola, só espero que o amigo do meu povo que o sábado pasado saiu coa toalla do Real Madrí quedara escarmentado da meia ducia e hoxe non repita o abandeiramento patriótico e se concentre na xornada de reflexión que ten por diante para mañá na Asamblea votar o mellor para Galiza. Non quero nen pensar que hoxe gañe o R. M. e mañá, coa resaca zumbándolle aínda nos miolos, se presente na Asamblea coa toalla. Mellor que perda o R.M., pola dignidade nacional do BNG.
Publicar un comentario