Cea literaria.
A noite máis importante.
A Asociación de Escritores entrega hoxe os seus galardóns, que este ano inclúen por vez primeira o recoñecemento ao mellor blog .
A Cea Literaria da AELG terá lugar no Hotel Puerta del Camino de Compostela a partir das nove da noite.A Cea das Letras, na que a mexicana Elena Poniatowska recibirá a distinción de Escritora Galega Universal, servirá para coñecer as obras que, na opinión dos membros da AELG, son as mellores das publicadas no ano 2008 en cada un dos xéneros literarios, ademais de tradución, traxectoria xornalística e, desde a edición deste ano, mellor blog. Premiarase, igualmente, a Institución que, segundo os escritores e escritoras, fixera un labor destacado en prol da cultura galega.
A inclusión do mellor blog amosa, ao mesmo tempo, a vontade da asociación para non deixar fóra ningún soporte nin ningunha expresión, creando así un galardón que é único, polas súas características, en Galicia. Nese apartado, os finalistas son os blogs .?mmmm? de Estíbaliz Espinosa [estibalizes.wordpress.com]; As uvas na solaina, de Marcos Valcárcel [www.asuvasnasolaina.blogspot.com]; Das orixes de marzo, de Helena González, [dasorixesdemarzo.wordpress.com]; Lándoa. Marxes de Texto, de Arturo Casas [landoa.blogspot.com]; Henrique Marques-Samy de Henrique Marques-Samyn [marques-samyn.blogspot.com] e O levantador de minas de Alfredo Ferreiro [olevantadordeminas.blogaliza.org].
No apartado de traxectorias periodísticas, os finalistas seleccionados foron Ana Romaní, Bieito Iglesias, Camilo Franco, Gustavo Luca de Tena, Marcos Valcárcel, Xosé Manuel Eyré e Xosé Manuel Pereiro.
Entre os asistentes á cea non figura o novo conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, que tiña problemas de axenda. Si estarán, pola contra, os portavoces de Cultura dos tres grupos parlamentarios da cámara galega.(De GH
6 comentarios:
Fotos do evento mañán nesta bitácora, please.
E logo onde vai o noso Conselleiro de Turismo, que non pode asistir? Seguriño que está até as cellas metido na organización do Xacobeo, o grande reto.
Esperemos que haxa información xa hoxe.
Esperamos un día de Ledicia para o Amigo Marcos.
Fotos... seguro maña.
Información ... penso que tamén
Pois por alí estaremos moitos
Finalistas dos Premios AELG 2009
Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix):
1. A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre
2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres
3. Fume, Antón Fortes Torres
4. O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
5. PAlAbrAs brAncAs, Elvira Riveiro
Poesía:
1. A melancolía dos corpos, Xulio López Valcárcel
2. Acendede as almenaras: cántigas de amor, de amigo e de escarnio, Bernardino Graña
3. Amor Amén, Iolanda Zúñiga
4. Construcións, Eduardo Estévez
5. Cultivos transxénicos, Carlos Negro
6. Hordas de escritura, Chus Pato
7. Látego de algas, Antón Reixa
8. Libro de Alicia, Olalla Cociña
9. Migracións, Rafa Villar
10. Non son de aquí, María do Cebreiro
11. O xeito de Freud, Carlos Lema
12. Reversos: días adiados, Ramiro Fonte
Teatro:
1. Fume / Insomnio, Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns
2. Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro
3. Nachtmahr, Raúl Dans
4. Unha primavera para Aldara, Teresa Moure
Ensaio:
1. Anti Natura, María Xosé Queizán
2. Caderno de notas, Jenaro Marinhas del Valle
3. Fendas abertas: seis ensaios sobre a cuestión nacional, Carlos Taibo
4. Fin de século en Palestina, Miguel Anxo Murado
5. Historia de Ourense, Marcos Valcárcel
6. Miro Casabella e a nova canción galega, Xan Fraga
7. O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios, Luís G. Soto
8. O natural é político, Teresa Moure
9. Por unha Galiza liberada e novos ensaios, Xosé Manuel Beiras
Tradución:
1. A conxura dos necios (John Kennedy Toole), Eva María Almazán García
2. As flores do mal (Charles Baudelaire), Gonzalo Navaza
3. Cantos e fragmentos (Safo), Raúl Gómez Pato
4. O xiro postal (Sembène Ousmane), María Isabel García Fernández
5. Un home na escuridade (Paul Auster), Eva María Almazán García
Narrativa:
1. A choiva do mundo, Xosé Manuel Pacho Blanco
2. A verdade como mal menor, X. Luís Martínez Pereiro
3. Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás
4. Festina lente, Marcos S. Calveiro
5. Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva
6. O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
7. O profesor de vegliota, Manuel Veiga
8. O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo
9. Os nomes do traidor, Xurxo Sierra Veloso
10. Shakespeare destilado, Xesús Constela
Mellor traxectoria xornalística (Aelg-Colexio de Xornalistas):
1. Ana Romaní
2. Bieito Iglesias
3. Camilo Franco
4. Gustavo Luca de Tena
5. Marcos Valcárcel
6. Xosé Manuel Eyré
7. Xosé Manuel Pereiro
Mellor blog literario:
1. …mmmm…, Estíbaliz Espinosa
2. As uvas na solaina, Marcos Valcárcel
3. Das orixes de marzo, Helena González
4. Lándoa. Marxes de Texto, Arturo Casas
5. Henrique Marques-Samyn, Henrique Marques-Samyn
6. O levantador de minas, Alfredo Ferreiro
Acabo de encotrar ó Chisco que viña de levar a E. Poniatowska a ver Finisterre.
Compostela é unha cidade deliciosa.
Vimos como se transformou con bastante tino e tento dende hai 25 anos. Ourense, en troques é unha ruína. Cidade cloacal. Por moito que vos doa ós edípicos que a tratades de "Áurea".
Publicar un comentario