Nominado/s premios ALG-2009
A Asociación de Escritores en Lingua Galega no apartado mellor blog literario, acordou nominar a :
- …mmmm…, Estíbaliz Espinosa
- Das orixes de marzo, Helena González
- Lándoa. Marxes de Texto, Arturo Casas
- Henrique Marques-Samyn, Henrique Marques-Samyn,
- O levantador de minas, Alfredo Ferreiro
- As uvas na solaina de Marcos Valcárcel
O fallo dos Premios Aelg darase a coñecer o 9 de maio durante a Cea das Letras, que terá lugar no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
"O premio para a Institución que se caracterizase polo seu contributo á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais, este ano vai para a Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura do seu director desde o ano 2000, Marcos Valcárcel, cuxo labor representa o compromiso da institución coa nosa literatura mediante o desenvolvemento de múltiples actividades relacionadas coa escrita literaria e a figura do escritor/a."
==============
Foto de M.V. José Paz.
Rostro: Maruja Mallo.
4 comentarios:
Parabéns outravolta.
Parabéns!
Parabéns para Marcos e para a iniciativa.
Parabéns, irmán. A ver se nos vemos para darche un abrazo enorme. Apertas fondas
Publicar un comentario