Espirrou o marrau.
Alfonso Vázquez Monxardín-L.R-6.05.2009
Alfonso Vázquez Monxardín-L.R-6.05.2009
Blas Lourés. A miña muralla.Pintor de Lugo.
Permítanme que me ría, pois é bo rirse de todo un pouco, aínda que a cousa seica pode non ser de risas. Ou si, vai ti ver, que eu nada sei. O único, que hai xente preparada que revira o fuciño. Pero eu, perdoen a miña falla de cabeciña, non. O caso é que creo que na permanente campaña de atemorización do cidadán, de sacarlle as responsabilidades de encima, de dicirlle que non se preocupe que xa hai quen pensa por el, agora tócalles meternos medo cos contaxios das catarreiras dos marraus aos seus irmáns humanos. A cousa, certo, non soa ben, pois un cruzamento, aínda que sexa de virus, que teña por participantes a marraus, pitas e persoas, parece produto dunha bacanal ilóxica e nada seria. Pero eu non me lles acabo de asustar, porque hai científicos traballando. Que se fose polos aprendices de homes do saco En fin, que na sociedade actual, neste mundo global, o que non sexa esdrúxulo, ou sexa importantísimo, perigosísmo, grandísimo, ou o primeiro do mundo -tipo Nadal-, pasa a ser un ninguén -tipo Fernando Alonso- nestas horas baixas ou unha cousa sen importancia ningunha, un ‘fibilete’. E esta terrible xerarquía dos enormes titulares pasa, sobre todo, coas noticias ruíns. Só se é mala malísima é noticia das boas. Pero para iso ten que haber miles ou, se é posible, millóns de mortos. O tsunami, si señor, foi unha noticia das boas: defuntos de tres continentes dunha tacada. O 11-S, outra, pois aínda que o número de mortos non foi excesivo (a metade dos finados en accidentes de tráfico en España nun ano) foi feita no lugar e da forma máis noticiable. Ademais era o atentado máis grande da historia da humanidade e restransmitido en directo pola tele. Si señor. Noticia de primeira. Moito mellor que a de Bophal, onde morreron vinte mil, o 3 de decembro de 1984, pero eran da India e alí seica hai xente de sobra.
E as ameazas ¿que me din das ameazas? Se non supoñen a posibilidade de desaparición da humanidade, non parecen se quera noticia. ¿Lembran o efecto 2000? Os orde nadores de todo o mundo ían volverse tolos e disparar bombas a esgalla, abrir embalses de golpe, facer chocar satélites, despistar semáforos... Despois tocoulle ás pobriñas ‘vacas tolas’ que non sei se chiflarían de ver tanto na tele ás palas mecánicas recollendo conxéneres e levándoas a ‘medas’ de incineración. ¿E que foi do tema? Pois, nada. Temos mellor carne ca nunca e a min que me gusta o fígado, sempre o topo na carnicería. ¿E lembran o dos aerolitos que caían do ceo e os agoiros dicían que se ía conxelar non sei que capa da atmosfera e ía caer toda xunta enriba das nosas cabezas, e nós sen o escudo de Obélix? ¿E o quecemento global, neste ano de tres meses de neve en Manzaneda? ¿E aquela gripe aviar que traía tolas as pitas e que tan barato puxo o riquísimo polo asado? ¿E o Ébola? Que iamos furrichar todos sangue polos ollos. En fin, dentro dun mes nace un xato de dúas cabezas en Xinzo ou gaña a Liga o Madrid e xa falamos doutra cousa... E a seguir traballando.

2 comentarios:
A culpa (xudeo-cristiá), é vosa, hipertrofiados dos medios de comunicación. Por que ledes?, por que mirades a tele?. Por que estades sempre ó axexo nos medios. Pasede de todo ou fodeivos. Burgueses!.
Nos montes e na floresta non nos enteramos de nada, e non pasa nada.
Na película "La delagada línea roja" de Terence Malick, creo que ese é o director, unha das esceas que máis me chocou foi ver o avance dos soldados americáns nunha illa do pacífico totalmente estresados, tensos, atentos a calquer señal do enemigo, prestos a tirar, mascando chicle como condenados, sufrindo intensamente....e....tópandose con un autóctono de tez oscura, un ´"aboríxen" que os cruza e nin se entera de que vai a cousa, tranquilo, non dí nin mu, nin se asusta. Parecía un Papú.
O mundo non existe,cona, por moito que no-lo queiran facer creer.
Unha tribu africana está convencida de que os monos non falan para que non os fagan traballar.
Vos que non se vos note moito que sodes listos que pronto vos colonizan o subconsciente. FAghede coma min, botádevos ó monte, facédevos lobos.
Publicar un comentario