Impagable.
Chívannos un video da Coruña da man dun activísimo, contertúlio desta nosa casa, o astur-ponferradino, itálico-vigués, ARUME DOS PIÑEIROS. E un usuario que prefire quedar no anonimato, desta volta fotos interesantísimas antigas, da mesma cidade.
Alguén apunta máis tarde, non sabemos se o mesmo ou un anónimo diferente, da línea A Coruña-Carballo, e Pontevedra, nos anos 60-70, son autoría dun fotógrafo inglés especialista ao parecer quen as compilou.
Aos dous, -ou tres-, obrigadiño polas piadas.
6 comentarios:
E aquí hai unhas magníficas fotos do sistema de tranvías e trolebuses (troles) d'A Coruña, A Coruña-Carballo, e Pontevedra:
http://www.trolleybus.net/index2.htm
Son fotos en color tomadas por un aficionado inglés a estes temas, que veu varias veces a Galicia nos anos 60 e 70.
Tempos aqueles Flex, Sigma, Corberó, Anís el mono, Sweppess, La casera, catro latas, seiscentos, Gordines, mil quinientos, Erreoitos,...
Noraboa Arume, non só pola descuberta, senón tamén pola victoria.
Non é descoberta miña. É dun bó e sobre todo xeneroso amigo que de forma anónima deixou esta fascinante referencia.
No outro, pois que quere que lle diga: unha sorte de campionato. Ou de campionatos. Non todos os días se xoga ao tenis.
Hai xa anos emitiron no programa Galicia a fondo unha reportaxe que poñía estas imaxes do tranvía que adoitaba coller Arsenio para ir xogar ao Dépor, tamén se miraban imaxes do trolebús Pontevedra-Marín realmente espectaculares.
interesantísima achega tamén para a literatura.
Publicar un comentario