13 may 2009

O psicotécnico.
A.V.M.Galicia Hoxe.12.05.2009 .
Imaxe:Cadro de Joan Miró.

O mundo existe desde moito antes de que nacésemos nós. E os carnés de conducir existen desde moito antes dos centros psicotécnicos. Creo lembrar que empezaron alá no primeiro goberno de Felipe González e non tanto por necesidade social sentida senón como medida político-adminstrativa tendente á xeración de emprego novo no sector médico. Como o lector sabe, os psicotécnicos teñen a imaxe pública de seren unha especie de fielato onde un vai cada cinco anos deixar uns trinta e tantos euros para que certifiquen que están ben de saúde e lle prorroguen a vixencia do carné ou lle dean un permiso de armas, cousas ambas que veñen sendo máis parecidas do que a primeira vista puidese parecer.
No fondo, e tiña razón o lexislador, a xente non ía protestar por pagar un novo trámite cada cinco anos. A filosofía, ademais, era impecable. Só podía lerse en postiivo: incrementar o control sobre a saúde e capacidade real e efectiva de conducir ou portar armas. E ademais ao facelo a través da creación ex-novo de despachos privados, non se recargaría os médicos da seguridade social de traballo, e todos contentos.
Pois non de todo. Desde a valoración positiva do seu papel e dos novos que van asumindo -como o de xestores na tramitación das renovacións- eu non o acabo de ver claro, porque a min, miren que lles vou dicir, non me desacouga pagar impostos. Xa me gustaría pagar máis polo que iso supón de que ingresaría eu máis tamén. E penso así, claro, interesadamente en primeiro lugar por ser funcionario: creo que debemos animar o persoal a que achegue cartos, máis ou menos contenta, no peto de quen nos paga a nós. E despois, porque sei que os recursos para facer estradas, AVEs, hospitais e dotar os centros de ensino, non saen de darlle á manivela de facer billetes senón á contribución colectiva. E sobre todo das clases medias. Porque aos ricos de verdade, tanto lles ten ir ao médico a Santiago, a Navarra ou a Huston, ou mandar os seus fillos a que llelos eduquen en Inglaterra, Suíza ou USA. Por iso, porque me gusta que o estado funcione ben e dea servizos de acordo co que acheguemos, non acabo de entender como o certificado de que un está apto para conducir non o poida facer o médico que o leva no sistema público. ¿Quen sabe máis da saúde dun, o doutor que o segue día a día, mes a mes, ano a ano ou aqueloutro amable profesional que lle fai un par de preguntas -¿usa vostede lentes?, ¿ten algunha enfermidade que lle impida conducir?- e xa está. Porque as máis das veces é así. Dous minutos, trinta e seis euros.

17 comentarios:

bouzoski dijo...

Kamarada, moi oportuno. Parece que está a punto de caer unha nova lexislación.

É certo, ese trámite é un imposto indirecto. Agora ben, a dexeneración, como sempre, dase nesta provincia e noutras, pero tamén hai escepcións. En Zaragoza, ou en Barcelona, algúns chegaron a cumprir a lei "a rajatabla" e obrigaron a pechar ós "telderetes". Eiquí eu ata tiven competencia da garda cerril, algún membro de Allariz que coñecía as caducidades ía por as aldeas ofrecendo os servizos "completos", todo o papeleo máis o certificado. Cando tentei falar co teniente coronel, filtroume un capitán-segredário afirmando que probablemente non houbese só un, senon varios actuando dese xeito. Engadíu algo arquetípico, chacho, que o animal totémico desta provincia debería ser un marrello. Non lembro o nome dese capitán.

Os psicotécnicos son unha tomadura de pelo ós cidadáns.

Eu cheghei a rexentar tres: verín,xinzo, e ourense na rúa concello. Lembro neste último asomar a testa do noso Marcos que viña con urxencia pero non quedou. Por certo, galeguicei os tres, axudoume o noso Caneiro en Verín, pero desde o punto de vista comercial non servíu para nada. O de Verín e Xinzo aínda existen, e se ides por alí daránvos, se todo sigue como planifiquei, o certificado en galego e as fichas-interrogatório están en galego. A imaxe de marca elaboráronma os do clube da esquina.

Sí señor. Pero os psicotécnicos son tomaduras de pelo, ou de cartos ós cidadáns. Creados nos tempos da ucd para dar saída ós médicos, canto paro. Despois meteron ós psicólogos e aparecín eu cando o noso Pachi xa estaba moi instalado. Falei moito con él, fun delegado en galicia dunha forte asociación estatal da que os seus centros eran sócios. E teño anécdotas sabrosísimas, tanto dos clientes, como do segredário xeral dos socialistas de gahlicia que me demostrou ser un home do século XIX. Vai?.

Anónimo dijo...

Siga, siga, Buzoski. Conte, conte, non pare, "que no pare la música", porfa...

lobo neghro- dijo...

O Buzoski acabou con síndrome de stress postraumático e con unha grande ansiedade que mesmo parecía o demo.

Tarde há de piar, pero seghuro que buscará xeito de facelo. Coñezoo ben que é dunha aldea perto da miña do meu toco e da aldea de dacova.
Os psicotécnicos alcatrean, pero tamén se pode aprender e quitar algo positivo deles.

ms dijo...

Eu, antes de me retirar, quero ter un psicotécnico, a ser posible nunha desas pintorescas localidades que sinala bouzoski.

Atenderei as solicitudes dos prorrogatarios co cu ben chantado nun sillón de escai, detrás dunha mesa de chapa de fórmica portuguesa, e cunha máquina de escribir e un cigarro na boca, expenderei certificados previo pago de, digamos, corenta pesos. Prezo de amigo.

A proba xa máis psicotécnica consistirá en completar unha das pantallas do Tetris. Se o cliente erra antes de chegar á segunda, sempre terá unha axudiña, non vaia ser.

Eu persoalmente, desde unha unidade móbil, nunha fregoneta modelo "Ebro Siata", irei de parroquia en parroquia extendendo psicotécnicos de parroquia en parroquia. O meu primeiro cliente será o cura, para dar exemplo, e logo todos os demais: o delegado do movimiento, a mestra...

bouzoski dijo...

O da freghoneta inventouse nesta provincia. Para que dighan que non "semos" creativos, sexa de facer certificados fora do centro, e implicar outra a-xentes.

Tampouco entendo porque necesitando a presencia de tres profesionais, cumpríndose a rajatabla noutras localidades, eiquí, terra-cáníbal, mirou a administración hipócritamente para outro lughar e deixou facer "daquela maneira". Eso sí, os de tráfico dábanlle a sancionciña todo o que podían. Hipócritas. Quedoulles un tufo militar do antígo réxime que fede. Foi un corpo militarizado.

Ata que se xubilou un castrón femenino hai pouco, a virxe maría levitando, que curiosamente ten un fillo no bloque con cargo na universidade, ata que se xubilou eu non descansei. Nunca aturei tantas humillacións. Porque cumplir a lei a rajatabla nesta provincia é caseque imposible, pero non imposible se houber máis siso e máis sentido da empresa. Como cumprir a lei é caseque imposible ( entón para que carafio a fan) estabamos, e están todos vendidos, e pagando os impostos revolucionarios da administración sen ousar levantar a voz ou opinar.

A administración é perversa, notablemente a de tráfico. Nunca eliminarán ese imposto indirecto fedorento porque despois lle caen alí todos a renovar o carné. Os psicotécnicos compiten deslealmente entre sí, pero a administración non ten competencia. E aghora van e inventan que o trámite de renovación tamén o fagha o psicotécnico ( en tempo real, para eliminar as posibles freghonetas).

Fiscalmente os psicotécnicos están totalmente pillados. Todos os certificados ingresan na administración e compútanse. Pero aghora descargan o traballo e obrigan ós psicotécnicos a tramitalo. Eso non está mal porque a mor parte do tempo pásase oubeando, pero eu o que discuto é sobre a necesidade de facer o psicotécnico. Prácticamente a día de hoxe o único que se fai é unha proba de agudeza visual. E todos caladiños como putas.

Xenerou a burrocrácia tal "economía" parásita que a ver quen o desmonta aghora.


Psicotécnicos, non!.

Movemento cívico pro-supresión dos piscotécnicos.

ms dijo...

Camilo Nogueira, falando clariño sobre Piñeiro (vexan todo o vídeo), e desmontando de paso algunhas simpáticas teorías dos seus bos e xenerosos haxiógrafos:

http://www.vieiros.com/nova/74070/a-estratexia-de-galeguizar-os-partidos-espanois-resultou-un-fracaso-rotundo

bouzoski dijo...

Fun eu negociar o integrar o meu psicotécnico no do Pachi.

"Eu facturo 3,5 e teño de gastos 3.5", así aguantei tres anos. "Pachi se tu facturas 10 e tes de gastos 4", cifra bastante aproximada daquela. "Xuntémolos en sociedade, xuntos facturamos 13.5 ou máis por efecto de arrastre, e seguimos a ter de gastos 4". "Cumplo co cometido dun dos técnicos, coñezo o know-how, non son un traballador calquera, e dasme a participación que consideres oportuna por debaixo da miña aportación".


REspòsta do Pachi: "Xa caerán os frutos maduros na miña cesta".

Desde entonces sei que é un tipo limitado e nunca terá una grande empresa.

arume dos piñeiros dijo...

Como se miden e certifican os fracasos absolutos? Quen pode facelo?

lobo neghro dijo...

Ten tino veciño que te van crucificar.

lobo neghro dijo...

Arume, que vols diure?.

Qui a échoué?.

bouzovirich dijo...

O Pachi comprou o psicotécnico de Ourense nunha arroutada. Non tiña os cartos e esa noite foinos buscar, onde pudo. É audaz, intrépido, e valente, grandes valores para a empresa. É emprendedor.

No día seguinte díxolle ó resto dos traballadores, tendes que comprarme un porcentaxe, senon ,
Rúa!. Despois gabábase de que él era o xefe, a mandar, e os outros a traballar. Lembro os tempos en que caseque lles infundía medo.

Este é o segredario xeral dos socialistas de galicia. Un intrépido emprendedor, de armas tronar. O xefe.

Peor foi que vindo do c.d.s. recalase antes no pp, petando na porta, pero no decir de algunhas testemuñas estaba o p.p. cheo, notablemente por os cíumes de Miras Portugal.

Que carallo lle pasa ó psoe?.

Claro que Pachi fai un discurso de esquerdas, pero acredita no que dí?.Como pudo evoluir tan rápido?. Hai evolución posible?
Un home que me afirmou sen rubor que cando conducía o seu mercedes ía vendo o "suelo urbanizable". Un crack!.

Que putísimamente mal están os socialistas de ghalicia!, chachos. Ou cree "l'éternelle araignée" que vai poder utilizar ó Pachi ó seu antollo e despois prescindir de él?.Non sabe con quen xoga.Anque ben sexa posible que o Pachi non dé máis de sí mesmo, que non é pouco. Estamos na sociedade das redes, da flexibilidade, da "liquidez", e os xefes do século XIX non son adaptativos, teñen demasiadas rixideces.

O problema é que o psoe nunca tivo un xefe tan contundente, xefe, xefe, como don xosé luís, e necesitábao. O problema é que a sociedade acadou unha complexidade e dinamismo que un tipo destos non abarca, necesitamos organizacións moi plurales, creativas, flexibles, e xenerosas. E eles non o son.O aparato non o é. Pero como ostentan poder non chegan a velo. Pensan que están lexitimados. A cruda realidade vainos ultrapasar.

L'éternelle araigné é Louis XII de Francia, pasouse toda a vida tecendo conspiracións. Mirádelle para o careto para ver a quen se vos parece.

Ollo, Pachi non deixa de caerme simpático porque dí as cousas, non vai de retorcido nin de falso. Fala e escoita, ademáis sabe tomar decisións. Pero o seu estilo é século XIX. O xefe.O xefe batendo cun puño na mesa, "e descolocanse todas a fichas do tableiro,volvéndose a colocar, pero siguen a ser as mesmas fichas". "Nestes momentos non asumo ningún cargo porque me da a impresión de que fagas o que fagas é negócio que vai dar perdas".

Home, o tipo, malo, malo, o que se dí malo non é.

"Ou aceptades a miña proposta para a executiva ou rompo a baralla".
Resposta de Touriño: "a mi ni dios me echa un pulso".

Acontece que todos os demáis son unhes funcionariños.
Ademáis manexa cartos, o unto, e achégase por os seus métodos e talante ó poder real. Conseguiu neutralizar "La región", e ata Rubín anda suave. Pero la chunta de ghalizia, deus santo, con que porcentaxe nos vai deixar traballar, o xefe, e cal vai ser a súa comisión?. Abandonou definitivamente a visión estereoscópica do suelo urbanizable?. Utiliza por fin un c6 comme il faut?. Canto costou a súa casa de Carballiño?, algúns afirman que un auténtico panteón.

De onde emana ese complexo de querer ter, querer ser, acaparar,ou é por amor ó pobo, por voluntade de servicio?.

O egoísmo sale caro, e manter o ego tamén.

Aínda así, non é o peor de todos. Pero moi fodido debe andar o psoe, máis que o bloque, o bicho é máis profundo.A procesión vai por dentro.

Miñas donas e meus señores, os políticos non lle deixan de ser unha probe xente escasos de afecto verdadeiro, con bastante soedade, compensando as carencias coa ostentación do poder e das posesións.

Eso é o camiño socialista?.

Perdón a todos por as valoracións, pero os factos relatados son auténticos. Que cada quen saque as súas conclusións que poden non coincidir coas miñas.

Fredulfo Episcopum dijo...

O veciño do lobo di:

"Non se debe jamás permitir que continúe un problema para evitar una guerra porque no se la evita, sino que se la retrasa con desventaja tuya".
Niccolò Machiavelli.

ms dijo...

Para os fracasos absolutos non fai falla ir ao psicotécnico, nin á xestoría, nin tes que recoller o certificado correspondente do director do "cursiño". Xa o levas ben postiño no careto.

lobo neghro dijo...

Que forte!.

Absoluto?.

bouzoskoskava, dijo...

Deime por aludido no de fracaso absoluto, sentino así; debe ser por o de galeguizar os partidos españois, non-si?.

A mín doime e aféctame a día de hoxe a non integración do psg no psoe, esos espñoleiros. Aféctame a atomización de todos os socialistas.

Anónimo dijo...

...a atomización de todos os socialistas que fai que un "fenómeno" como pachi vázquez chegue a xefe absoluto, Duce...

Adulfo epsicopum auritano dijo...

Benvidos os doutores Andelencio (mestre canteiro), e Barqueiro (mestre carpinteiro de ribeira).

Xa me dirán vostedes.