9 may 2009





Parabéns aos premiados!

Nuevo Cal e Emilio Xosé Ínsua gañan o Premio Fole de ensaio

Galicia Hoxe, 09.05.2009
Baldomero Moreiras.Ourense.A bola de neve da namorada.

Os dous investigadores, que xa obtiveran o mesmo galardón no 2003, presentaron un traballo sobre Maruja Mallo

Un xurado reunido en Lugo acaba de anunciar os gañadores do XXIII Premio Ánxel Fole, un dos máis prestixiosos galardóns literarios do país, dedicados este ano á artista Maruja Mallo. A decisión, tomada por unanimidade, deulle o premio a Carlos Nuevo Cal e a Emilio Xosé Insua. Ademais, o xurado suxírelles ás entidades convocantes que dediquen a próxima edición deste importante e singular certame literario ao estudo da vida e da obra do poeta Xosé Díaz Jácome, cuxo centenario se celebrará no vindeiro 2010.
Nuevo Cal e Ínsua gañaron xa a edición XVII deste galardón, co ensaio O primeiro Antón Vilar Ponte. Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908), no 2003, ano no que o premio se dedicou á figura do pensador galeguista.
Carlos Nuevo Cal, profesor e historiador viveirense, preside na actualidade o Seminario de Estudos Terra de Viveiro, desde a súa constitución en 1996, e é, así mesmo, membro fundador da Asociación de Amigos del Conjunto Histórico Artístico de Sargadelos e coordinador e fundador da revista Viveiro en Vivo (1988-89). É autor de cinco ensaios ademais de numerosas colaboracións e escritos.
Emilio Xosé Ínsua é doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago e profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES A Basell", de Vilanova de Arousa. Foi socio fundador e membro da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística entre 2001 e 2002, ademais de formar parte do consello da editora Letras de Cal. Colabora habitualmente en prensa e ten editado libros de poesía e ensaio.

2 comentarios:

apicultor dijo...

Parabéns ao galardonados. Ha ser, con seguridade, unha obra seria, documentada e iluminadora.

ourensan@ dijo...

Sempre resulta millor o recoñecemento que a crítica sen máis. Noraboa pola entrada, e tamén pola imaxe que a acompaña, do bo de Baldomero Moreiras -coas súas pombas e os seus traballos mexturando cordas e barro-. Millor que o que está a repetir nos últimos tempos Diola, (!xa son eu quen critico, parezo cura)