

As librarías Eixo, Tanco e Torga; as editoras Difusora de Letras, Artes e Ideas, Duen de Bux e Linteo;
e os escritores Marcos Valcárcel, Camilo Franco, Xerardo Méndez,
Xosé Francisco Fernández Naval "Chisco" e José María Pérez Álvarez "Chesi"
temos a honra de convidalo/a ao acto de presentación da asociación profesional
Gremio Literauria
Gremio de Editores, Libreiros e Escritores de Ourense
que decorrerá o próximo martes 16 de xuño a partir das 20:15 h. no Liceo de Ourense, rúa Lamas Carvajal, 5.
O acto contará coa participación de Manuel Ramos, Chisco Fernández Naval e Xavier Paz
así como intervención de Camilo Franco acompañado do músico Magín Blanco.
3 comentarios:
Xa me ghustaría poder andar por aí, por eses lares amicais da Atenas galega, pero a vella auria queda lonxe, moi lonxe...
Apertas fondas para todos os amigos.
Cando acordou, o literaurio aínda estaba alí.
Xa vexo que non parades. E unha ledicia ver que xente coñecida continúa a súa laboura a prol da literatura nesa querida e literaria cidade de Ourense.
Unha aperta
Publicar un comentario