"O FRACASO DO BLOQUE"
Xosé Manuel Sarille (Correo Gallego:16/06/2009
Cando Anxo Quintana ocupou a vicepresidencia da Xunta, Antón Losada foi o seu principal asesor. A estratexia bloqueira de goberno consistiu en facer que o BNG migrase para o espazo rexionalista de centro, até daquela ocupado pola tendencia boina do PP. O líder e os seus asesores pensaban que para permanecer no poder neste país o único ideario posíbel era o encarnado até daquela en Xosé Cuiña e arbitrado por Manuel Fraga como se fose o espazo natural de Galicia.
Nas eleccións autonómicas moitos votantes do Bloque ficaron na casa, indignados. Era lóxico porque o elefante nin unha formiga pariu en catro anos. Os votos dese centro non saíron da cesta do PP nin de broma, e o BNG desatendeu ao 25% do electorado galego que segundo as enquisas está á súa esquerda. A consecuencia foi unha enorme decepción.
Antón Losada botoulle a culpa da derrota á deserción dos votantes fieis, como se tivesen a obriga de apoiar incondicionalmente a pésimos políticos, incluso despois de asistir á alucinante operación de travestismo. E os novos dirixentes do Bloque (o de novos é un dicir) anunciaron que no sucesivo buscarían máis esquerda e máis nacionalismo. Activouse o caricaturismo da UPG e nas eleccións europeas as xuventudes imprimiron un cartel cunha estrela vermella máis gorda e colorada que as que se puñan no Kremlin. E namentres, a insolvente candidata púxose diante dun mapa con fronteiras e cousas desas. É entón cando Antón Losada aproveita para dicir que o Bloque perde aínda máis votos por non ficar no centro, que é onde os hai. Como se toda esa pachanga de emblemas e proclamas valeiras tivese algo que ver con facer política de esquerdas. Ou con algo máis que cunha organización ao borde do estado de coma. Mais a funeraria situación sérvelle agora a Losada para mangarlle a manta aos antigos compañeiros de cama e tapar con ela o seu lado.
O Bloque fracasa porque está KO, pero fracasa sobre todo porque abandonaron os principios intervencionistas e socialdemócratas, precisamente cando a crise estaba a punto de facer que volvesen. Foi o outro día e nótase moito. Por iso soan a oco e non son críbeis.
89 comentarios:
Deixa que se queden quietiños, có asunto da crise. Si hai que pagarlles algo, págaselles. Pero que estén quietiños.
As que tivemos que aguantar outros que facíamos esta mesma análise, pero antes das eleccións.
os da foto: vaia par...
Un pouco de nostalxia: 20 de maio de 2007.
Nin unha formiga pariton en ctro anos. Insolvente candidata.
O Sarille non só é da miña xeración, tamén é do meu barrio. Teño moitos motivos para terlle lei, téñolla e non se perderá por isto. Ora ben: non sei se se relé. Como tampouco en ningún momento xustifica os asertos categóricos que constitúen parte esencial das súas colaboracións xornalísticas, carezo de elementos dunha discusión na que tampouco nunca o vin presente.
O peor de todo: paréceseme moitísimo aos da UPG. En que eles actúan e el fala desde ese alí perfectamente inaccesible; para min cando menos.
Efectivamente, Anónimo das 04-05 pm.
O Bloque fracasa non por ser máis ou menos de esquerdas ou nacionalista, senón pola inoperancia das súas políticas, pola distancia entre o que primeiro dicían e o que logo fixeron, e pola mediocridade dos seus candidatos, postos aí non pola súa valía senón porque fixeron méritos dentro dalgunha das familias idolóxicas.
Opus Gay!
Dear Arume,
Dá gusto ler o blog do 20 de maio de 2007, e non tanto polas chorradas que dicía eu daquela. E non me faga falar máis.
Esquecín asinar no "post" anterior: MS.
Faime graza ler o "profético" comentario que "alguén" deixou hai dous anos ne sepost ao que se refire Arume:
"Eu creo, como xa dixen aquí nalgún momento, que Quintana é unha bendición para o Bloque, aínda que moitos bloqueiros aínda non o entendan e suspiren polos tempos gloriosos do beirismo. A súa vontade de facer ao Bloque politicamente adulto é evidente, e diso forma parte a súa moderación das mensaxes e mesmo a atenuación de certos elementos diferenciadores do simbolismo bloqueiro."
Amén.
MS, díganos, quen firmaba ese profético post?
Concordando en bastantes cousas co que di o Sarille, porén non estou de acordo en cualificar de "insolvente" a Ana Miranda. Era a mellor candidata que se podía presentar: nova, activa e con coñecementos da cuestión europea fóra de toda dúbida.
Outra cousa é que o deseño da campaña das europeas do BNG opacase a candidata en aras de promocionar a un Guillerme Vázquez que mantén un discurso que soa, máis que a vello, a resésego.
Avecíñanse malos tempos para o BNG, certamente.
Encontro moi cambiado ao Apicultor, como se arrandea!
Ana Miranda era a candidata ideal. Pero a oculatación dela, do deputado que tivo o Brooklin -Mr. Nogueira-, e da coaligación coa de ERC etc. foi de escándalo.
Incluso na folletería nin aparecía texto asinado por ela nin referncia especial de GV a ela.
O único obxectivo do B. foi potenciar ao descoñecido GV e presentarllo á súa militancia por medio da mensaxe onanista de "só con nós Galiza traparratrá".
A linguaxe vitimista, de "xa o dicía eu",empatiza coa militancia máis mediocre. A outra bota as mans á cabeza.
Ana Miranda é sensata, políglota, viaxada, sedutora, etc. Pero véxoa máis no traballo de técnica eficaz de apoio que de cabeza de cartel. Aínda que era a mellor.
O PP-PSOE xa pode presentar un androide, un replicante, que o persoal vota sen chistar.
Nós perdemos, entre outras cousas, por acudirmos ás concentracións a favor do pobo palestiniano no canto de irmos aos velorios, para confortarmos e acompañarmos os familiares dos defuntos.
Non lle hai que dar tantas voltas.-
Medela, teño entendido que se perdeu por a poboación urbana e da costa, Ferrol-Coruña, non lembro se pontevedra. Anque os rituais de "dó" son necesarios para o benestar psicolóxico, neste caso non servirían para nada.
Vostede ten unha óptica rural. Tamén pode que falara vostede metafóricamente, entón entendémonos.
Hola Lobo!!!
Pensa Vde., querido amigo, que o persoal que habita a zona argüidamente máis 'urbanita' do noso país ten unha mentalidade realmente urbana?
É dicir, levamos na mesma desde o comezo do neolítico e con apenas trinta anos de residencia en algunha cousa que se parece cunha cidade xa nos transformamos en animais de asfalto, tipo Los Angeles, New York, Berlín ou Londres?
Eu pénsolle que non, Lobo...
Non van aos velorios os do BNG?
Eu pénsolle que si, amigo Medela.
Eu vou aos velorios.
E penso que no país aínda está sen resolver o conflito matriarcado/patriarcado co falso transfert (importado)machismo/feminismo.
Conflito solventado en Los Angeles en favor do patriarcado/feminismo.
E nesa auga revolta saca boa tallada o PP, que penso que aposta polo matriarcado.
E non me explico a razón pola cal os candidatos do PSOE/PP, sobre todo estes últimos, nunca son cuestionados, sexan quen foren, fagan o que fixeren, gañen ou perdan.
E tamén non me explico a razón pola cal os candidatos nacionalistas son ollados con microscopio electrónico.
Debe de haber algunha razón de tipo edípico, porque non mo explico.
Saúdos, señor Arume.-
Sarille é escuro de máis, non só non se relé senón que opina coma se estivese por riba do ben e do mal,e esquece o que non lle acae ben nun determinado momento.E apoios upegallos cos que de maneira asamblearia e democrática tomou o poder da Mesa?
E que debe facer (á leniniana) un partido se a xente acude ao microscopio electrónico para ver se o seu candidato/a candida ben? Ou é que coa diagnose sicoanalítica sobre complexos de edipo dase por satisfeito e agarda á seguinte malleira?
O do matriarcado non o dou seguido.
Nas cidades (onde a asistencia aos velorios pasa algo máis desapercibida: coincidin nun coa exalcaldesa Corina Porro pero tamén andaba por alí Santi Domínguez, daquela aínda non tenente) non consta baixada de electores/as por abandono en acompañamentos no sentimento.
A señora Corina Porro perdeu hai uns anos a presidencia da cámara de Vigo.
Sufriu un exame tan pormenorizado, tan electronicamente microscópico como o que neste post está a experimentar a señora Ana Miranda?
A iso me refiría, señor Arume.
E penso que ten que haber algo fantasmático, edípico ou mesmo de abducción OVNI para explicar estas diferenzas de criterios cara uns e outros.
Evidentemente a señora Porro é a alma deste país. Representa (e sen a máis mínima intención ofensiva) todo o que impide que este país avance. E, tamén evidentemente, calquera tentativa de mudanza, como a que pode representar a señora Miranda, choca frontalmente coa nos alma inmovilista, eternamente retroalimentada coa obsesivamente repetida Corina de turno.
Como se atreve Ana Miranda a abalar os alicerces inmovilistas deste país??? Que horror!
Vamos ver quen vén sendo esta rapaza, non vaia ser que...
Entendo moi ben a que se refire, pero tampouco dubide que este é blog que afina cos afíns, por aquelo de falar do coñecido, e aplana e reduce a símbolo ao contrario. Por iso hai unha identificación mecánica dos pepeiros e mesmo dos pesoistas e, sen embargo, sinte a necesidade de saber quen ou de quen vén sendo o que levanta o dedo nas asambleas.
Sorte na selectividade, Arume. E teñan boa noite.
Señor Ms, acabo de localizar o post profético e encontroo moi coherente, de feito tome nota dos pasos de Quintana, e xa me dirá se non remata no PSOE.
Sorte igualmente, amigo Saavedra.
ANTÓN BAAMONDE
Cando ún fala cos amigos afíns ao bloque e intenta captar o estado de ánimo ou de espírito no que agora se moven os nacionalistas a sensación que tén é que ese campo está nun estado de suspensión. As partículas están aí, esparexidas, pero calquera suceso pode levalas dese estado máis ou menos homóxeneo á outro nivel de gran degradación: ao caos e a disolución.
No ambiente está que hai que reformulalo todo, que hai que volver a empezar polo principio, non dando por evidente ningunha das verdades que durante vinte ou trinta anos alimentaron esa subcultura ineficiente. Pero, ao mesmo tempo, a sensación de impotencia, de incapacidade e de falta de coraxe para abordar esa transformación. Nótase a falla de liderado e apóderase dos espíritos esa sensación de que todo é leve. Que se alguén non fai algo rápido -un golpe de timón certeiro, unha sabedoría que se erga sobre o ermo actual- ese campo pode estar abocado a ese triste nove por cento das últimas eleccións…
“Alí onde nace o perigo nace a salvación” escrebeu Hölderlin. Pero o nacionalismo galego contemporáneo nunca deslumbrou pola súa brillantez ou intelixencia….
No artigo de Bahamonde o que non se ve é ningunha intelixencia nin brillantez por parte del, un ilota que se vende por un prato de lentellas.
Ou que grandes argumentos señor Bahamonde!!!!,
que intelixencia!!!!
Que fácil é facer leña da árbore caída, pero estou convencida de que a intelixencia do BNG subiu dende que o botaron a vostede.
Non se incomode a todo porco lle chega o seu San Martín e todo xudas acaba atopando a súa figueira.
Que fácil é facer leña da árbore caída, pero estou convencida de que a intelixencia do BNG subiu dende que o botaron a vostede.
Non se incomode a todo porco lle chega o seu San Martín e todo xudas acaba atopando a súa figueira.
Para intelixente xa te temos a ti, Baamonde: superhipermegaestrela do pensamento crítico.
Outra luminaria piñeirista pouco valorada por culpa do totalitarismo nacionalista dominante na Galiza das últimas décadas.
Bahamonde agora traballas de espía dobre entre o Psoe e o PP?.
Canto che pagan por esa tarabélica intelixencia?
Unha columniña en spanisch no El Pais?
Andarás orgasmando polas rúas de Compostela, feliz de ti, que fas tan bo uso das línguas, ano a ano,dos teus pagadores.
Felice.
Citar a Hölderlin é un toque de distinción, de cultura, de refinamento, de intelixencia, de diferenza. Por iso Baamonde cita a Hölderlin, para diferenciarse da masa badoca e inintelixente que forman os nacionalistas. Non hai como ir de disidente para crerse unha intelixencia superior, un cranio privilexiado. Baamonde Hölderlin. A Galicia emerxente. E mais que emerxerá ao abeiro do governo dos defensores da liberdade que ocupan a Xunta. Seguiremos investigando os disidentes hölderlinianos, tan cultos eles e alonxados das hordas zafias.
Gracias Arume, por colgar o artigo do noso paiaso, pim, pam, pum, favorito.
Encuentro muy oportuno el artículo de Bahamonde. Es de los nuestros. Los nacionalistas gallegos efectivamente son evolutivamente inferiores, menos inteligentes que los españoles. VIVA ESPAÑA!
Non se confíe Anónimo neofascista español, que este Baamonde cambia de posicionamento segundo a oferta do mercado.É algo caracteristico dos neopiñeiristas
Outro profeta do SI, da tolerancia, da (post)moderniadade, do galeguismo "non excluínte", etc, etc.
Efectivamente, esta frase do tal Baamonde é para enmarcar:
"Alí onde nace o perigo nace a salvación” escrebeu Hölderlin. Pero o nacionalismo galego contemporáneo nunca deslumbrou pola súa brillantez ou intelixencia."
A este home había que poñelo a impartir un máster dalgunha cousa, home. Que tal de neo-piñeirismo?
Anónimo del VIVA ESPAÑA!, ustede que tiene tan buen ojo clínico y que lo sabe todo, permítame una pregunta nomás: El Antoniño Bamonde del artículo, aligual que el Cancio y el Pedrito Arias, también era de los que lucía la piroliña en las playas de Baroña y que una vez unos lugareños y lugareñas de índole nacionalista estuvieron apiques de descalabrársela con una guadaña barbera y atávica? Digo yo, porque a lo mejor daquellos despelotes y amenazas lugareñas vinieron estos viramentos y petulancias culturales. Qué complicado es este mundiño de los inteletos.
Si, si,si que yo también se la vi !!!
Chegaron os frikis da rede.
A calquera que lese profundamente a Hörderlin, como esixe e súa lectura, non se lle ocurriría utilizar un verso del, completamente desccontextualizado, para a finalidade que o utiliza Baamonde, ou se se lle ocurrise non o faría por respecto ao poeta. Só alguén que leu superficialmente e sen enterarse a Hörderlin é capaz de tamaña estulticia.
Unha persoa minimamente formada en socioloxía ou en politoloxía, nunca diría o que Baamonde afirma respecto da intelixencia dun grupo humano.
Coa súa tese, fai innecesarios os estudos sociolóxicos, políticos e psicolóxicos. Mídase o coeficiente de intelixencia dos grupos políticos e a partir de aí fáganse as conseguintes clasificacións e organigramas sociais, especificando as funcións, e as prognoses sobre os seus comportamentos.
A calquera cunha mínima sensibiliade ética non se lle ocurriría privar de intelixencia a ningún grupo humano, simplemente por participar dun ideario político.
Esta afirmación sitúa ao señor Baamonde entre os reaccionarios máis perigosos, autistas e incapaces de comprender ao "outro", e por suposto completamente incapacitado para o diálogo.
Por estes tres motivos, derivados da afirmación deste señor, son da opinión de que non paga a pena deterse máis nel, porque se unha persoa como Baamonde vai de intelixente, é por dous motivos, un ou porque este país vai moi mal, demasiado mal, ou porque este señor é un idiota moral, cousa pola que finalmente me inclino.
Chegou, pontificou e quedou tan pancho. Parabéns, señor Rairo, vostede si que entende do que faga falta.
A min non me metan nestes rollos que vou tolear outra vez.
Moi ben os seus razonamentos, parabens, señor anónimo que todos coñecemos, xa se sentía a súa ausencia
ANTÓN LOSADA
Logo da desfeita da Europeas, colocándose de novo por debaixo do 10% en apoio electoral e perdendo sobre todo nas cidades, o BNG ten diante de si dous camiños. O primeiro é perseverar na senda da “satisfacción moderada” da que fala a UPG ao valorar os resultados. Seguir empeñándose en buscar votantes e país onde nin hai, nin se lles agarda. Enrocarse na análise Sartriana na que inferno son os outros e todo é culpa do bipartidismo, de Pepe Blanco, da dereita caciquil, dos medios de comunicación ou dos galegos, que non saben ver o bo aínda cando llo pos diante.
O segundo é asumir a crúa realidade de que o nacionalismo en Galicia aínda está en proceso de construción. Fai tempo que non medra nin progresa porque non sabe dotarse das ferramentas que fagan posible esa evolución: uns cadros renovados e preparados, unha organización competitiva, un liderazgo forte e non hipotecado, un discurso pegado ás demandas e necesidades da sociedade que pretende gobernar e unha oferta de políticas públicas que garantan a eficiencia, a calidade e o valor social da acción pública. Para empezar a andar nesta dirección de xeito crible, semella inescusable a saída da sala de mandos de Paco Rodríguez e todo canto representa o a posta en marcha dunha profunda renovación da oferta a presentar nas vindeiras municipais.
O primeiro camiño leva, a curto prazo, á irrelevancia electoral e política. O segundo leva, a longo prazo, a competir pola maioría. De aquí ás vindeiras eleccións galegas é o tempo que lle queda ao nacionalismo para elixir o que queira e máis lle conveña.
Arume, non sei con cual dos dous camiños propostos polo Losada estarás de acordo. Co primeiro non podes estar de acordo porque anda Sartre polo medio. E co segundo tampouco, sendo como és tifossi do Barça e dado o seu carácter fortemente florentino. Non me digas que o de "cadros renovados e preparados, unha organización competitiva, un liderazgo forte..." non está inspirado no programa mais rabiosamente neoliberal do Florentino merengue. Xa nos explicarás cual é o teu terceiro camiño.
Para o señor Losada:
"Logo" non é sinónimo absoluto de "Despois". Non traduce o castellano 'luego'.
'logo' significa 'xa', 'inmediatamente despois'.
"Logo da desfeita" non é expresión escrita en galego.
Non sei por que o señor Losada non escribe en castellano, non mo explico...
Ai logo ven...!
Si me das a elixir.
Mentres escoito esto de fondo, direi que non estou seguro de poder falar sobre este asunto tan desde fóra. Porque a miña opción é destructiva. E non sei se desa demolición (controlada ou non) pode construirse outro partido. Pero hoxe por hoxe resulta o máis doado.
Pero xa digo que non sei se podo falar xa que do que saia tampouco serei eu moi afín: cóstame crer en (cada vez menos) en partidos nacionalistas. Por iso creo que deben ser os que se consideren a si mesmos nacionalistas (que deben por outra parte descartar de novo as diferencias ideolóxicas para fundarse na idea de nación) os que tomen a iniciativa de crearen ese partido.
Se queda alguén (sobre todo menor de trinta anos) nestes momentos.
E o nacionalismo español, señor Arume? Si, ese partido que obtén 20.000.000 de votos en cada proceso electoral?
Ah, elixir non é sinónimo de escoller.
En galego, elixir, elección.
Escoller, escolla.
Se me dan a escoller...
Agradezo as indicacións sobre a ortodoxia lingüística. Para heterodoxos coma min, moi inobedientes e teimudos no elixir da liberdade, son necesarias.
Sobre nacionalismos españois, "a mí el pelotón, Sabino, que los arrollo!"
A analoxía pode ser interesante se nace un partido nacionalista (máis) de dereitas e outro (máis) de esquerdas. O que parece difícil (e vostede o aclarou fenomenalmente na metáfora da manifa propalestina e o enterro caseiro) é manter esa alianza entre militantes de notables diferencias ideolóxicas baixo a arbre común da defensa dun ente chamado Galicia que non todos saben definir eficazmente.
Formiguiñas paridas"; para gusto do disparador.
De nada, señor Arume, e moitas grazas polo de ortodoxo.
No entanto, un libro como "El dardo en la palabra" é obxecto de culto. E ninguén trata por ortodoxo ao autor.
Claro, como el gallego es para hablar con las vacas... No vale de nada más allá del Padornelo.
E non sabe o que me alegra que Vde. se autodefina como heterodoxo. Lembro un magnífico libro que me deixaran os Reis Magos, dun tal Caro Baroja.
E sobre Sabino, remítoo aos comentarios de María Escario, que cobra do erario público. É claro que a insigne periodista, con tanto saír na tele, xa se tornou algo habitual...
E Deus Noso Señor nos libre dun país en que as persoas non tiveren notables diferenzas ideolóxicas.
Eu apañaba o coche e non paraba ata Portugal.
Nada, señor Arume, vivan las caenas!!!
Pois a min tanto o de Antón Bahamonde como o do Losada parécenme atinados, como demostra a enxurrada de descualificacións a cachón que ben se poden multiplicar por mil sen que a realidade cambie. Si moita achega en blogs como este de lectura de inciados pero nada na sociedade que en menos do 10 por cento apoia esas ideas. O problema é que hoxe tampouco hai outras desde o nacional galego. Se cadra non é so que haxa que repensar o nacionalismo politico. Se cadra hai que repensar a forma de entender a identidade. Se cadra en vez de asumirmos ideais de identidades excluintes -como os coloriños dos mapas que incordiaban a Castelao- e que no noso favor non son seguidos pola sociedade máis alá das marxinalidades que adoito coñecemos, temos que esculcar camiños de confluencias no macromarcos politicos do centro do primeiro mundo.
Pois a min tanto o de Antón Bahamonde como o do Losada parécenme atinados, como demostra a enxurrada de descualificacións a cachón que ben se poden multiplicar por mil sen que a realidade cambie. Si moita achega en blogs como este de lectura de inciados pero nada na sociedade que en menos do 10 por cento apoia esas ideas. O problema é que hoxe tampouco hai outras desde o nacional galego. Se cadra non é so que haxa que repensar o nacionalismo politico. Se cadra hai que repensar a forma de entender a identidade. Se cadra en vez de asumirmos ideais de identidades excluintes -como os coloriños dos mapas que incordiaban a Castelao- e que no noso favor non son seguidos pola sociedade máis alá das marxinalidades que adoito coñecemos, temos que esculcar camiños de confluencias no macromarcos politicos do centro do primeiro mundo.
O importante non é o estado, e o futuro do BNG, que é obvio que está nunha situación crítica e moi dificil. O importante é o nacionalismo que é mais que o BNG, organizado ou non.
En canto a repercusión social, pois estamos en internet, e ten os seus límites e as súas peculiaridades.
Señora Susana se está dacordo con Baamonde pois vostede mesma defínese como outra idiota moral.
Señora Mancini: Vde. coñece algunha cousa de máis excluínte que o espírito mesetario cando tenta interpretar o nacionalismo periférico?
"Gallego de mierda"
"Catalán tacaño y maleducado"
"Vasco terrorista-asesino"
Dígame, señora, quen vén sendo aquí o separatista?
Cumprimentos, señora.-
señora Susana Mancini hai moita xente que vive de "confluencias", como a que "algúns" queren realizar entre o PP e un pretendido galeguismo e para iso andan de mensaxeiros levando cheques para untar á xente, por exemplo aos integrantes da RAG ou ao AELG e outros.
Internet ten a influenza que ten pero seguro que moitísima máis que a que tiña Piñeiro desde a súa "mesa camilla"
Arume ten razón, só queda a destrución, algúns do BNG non son da UPG e non están pola opción primeira pero non por iso teñen estómago para dixerir discursos como o do Losada, sabendo o que sabemos despois de catro anos gobernados por cargos coma Losada, Quintana e outros.
Máis BNG debe irse e formar un partido novo, pero ten que asumir o coste de toda a xente que manda pra casa, xentes a que non lles sirven outros Cuiñas por moita renovación que representen respecto a UPG e tampouco van quedar coa UPG e o seu tono de bronca e enfado permanente.
O BNG pode que chegase ao seu final, que se esgotase, e que non tiña nin un primeiro camiño nin un segundo. Pero esto non significa unha depresión do nacionalismo como está a demostrar o movemento cívido a favor do idioma. Galicia é mais, moitísimo mais que o BNG, o nacionalismo sociolóxico está activo, mais activo que estes ultimos tempo en que o BNG gozaba de mellor saude. O pais precisa doutras formas políticas que o BNG non está en disposición de ofrecer. Pero o pais camiña, vai cara adiante, mobilizase e dotarase de novas formas politicas. E Antón Baamonde e os neopiñeistas serán recordados como o que son uns listillos que que ían vender o idioma ao Pp e foron cachados in fraganti, e pasaráselle a conta.
Así sexa,
Algo que debe cambiar é a capacidade da sociedade de pasarlle contas aos mais ineptos. Este señor Losada xunto con outros foi que levou mediante o quintanismo ao BNG ao seu peor descalabro, e curiosamente ainda se cre en posesión dunha lúcida capacidade de analise e reservase a propiedade de de exito.
Este señor é un vulgar tomboleiro.
Señor Arume, xa que se toma a molestia, seleccione algo con mais materia gris para poder comentar mais sustanciosamente.
Que nun país haxa persoas con notables diferencias ideolóxicas vai ser difícil de eliminar, por moitas gañas que teña vostede de se exiliar no Portugal. Pero que nun só partido caiban todas, pois xa me parece excesivo, por moita axuda de deus que suplique ou por moito aforo que teña o pavillón de esportos de Riazor.
Sobre o culto a san Lázaro Carreter, patrono do Real Zaragoza, outros devotos máis fieis e ortodoxos ca min poderán elevar sus oraciones y cantar sus alabanzas.
Sobre o enlace das formiguiñas paridas, só quixera notar que Anxo Quintana é parlamentario. E polo tanto debe rebatir polo miudo no parlamento todo o que expón no XdG. Non entendo moi ben por que necesita esa tribuna cando está tan próximo á acusadora e pode mesmo discutir con ela no lugar central da discusión política.
Quere isto dicir, no fondo, que o parlamento non serve, non funciona?
Dito esto á marxe das bondades da lei de dependencia por el desenrolada (non sei, iso si, se como nacionalista ou como socialdemócrata).
Ao Sr.Losada vanlle baixar os lectores tamén, con tanto manual de participante de faladoiros, baleiro de contidos.
Cando vai falar do principal problema do Estado: Madrid.
Con case 3 veces a poboación de Galiza xa (e ben se sabe por que medran), que forza política vai ganar ali, que non lles prometa máis cartos ou o que o mesmo, máis centralismo económico e político. Iso non repercute directamente contra os nacionalismos?. Que forza é mester pra rebatelos?. Pode gobernarse o Estado sen ter bos resultados en Madrid?.
Sr Losada olle pra todos os viligos.
Niste intre o problemático non é o Bloque senón a derrogación do decreto que vai facer o PP.
Aínda non suced3eu e depende da presión que se exerza para que non o fagan, os da RAG estanlle dando aire, iso é unha traizón á lingua propia de Galiza. É xa dar por morto o que aínda vive. Pero xa se sabe o que está facendo nos últimos anos a RAG.
Os seuis integrantes se non está de acordo coa liña política actual deben destituír aos artífices desa tendencia ou dimitir.
Niste intre o problemático non é o Bloque senón a derrogación do decreto que vai facer o PP.
Aínda non suced3eu e depende da presión que se exerza para que non o fagan, os da RAG estanlle dando aire, iso é unha traizón á lingua propia de Galiza. É xa dar por morto o que aínda vive. Pero xa se sabe o que está facendo nos últimos anos a RAG.
Os seuis integrantes se non está de acordo coa liña política actual deben destituír aos artífices desa tendencia ou dimitir.
Xa que me piden textos, este gustoume moito. Non ten que ver co tema do post, pero si con certa deriva/desviación/derrota.
Do blog Alicia Crece
Aí atrás publicaron o texto dunha miña charla na que bromeei sobre, por exemplo, gracias e grazas e a historia recente da nosa literatura. No proceso corrector o gracias foi corrixido e sospeito que o (pouco) contido de parte do discurso quedou absolutamente fóra de lugar. Por exemplo.
O outro día escoitei nunha charla dos Amigos do Jofre unha sentencia magnífica: unha muller madura, de pelo branco, fermosa e con firme voz, dixo que o galego está convertido nunha lingua litúrxica, que xa non se inventan palabras... Doía escoitar unha verdade tan grande. Pois se inventas palabras, ou se as rescatas, se as roubas dos bares, se te asomas ós riscos, os propios gardas do tesouro teñen tendencia a facerche recuar, a cambiar os inventos ou as escoitas polos palabros de moda dos cemiterios normativistas.
----------------------------------
----------------------------------
O xogo das palabras proscritas:
Brumeiral, cazata, penecas, apavorante, títere, tristérrimo, papeleo, quizabes, bueno, apagón, morredeiro, rollo, chuminada, apaixoado, cañón, vacío, fachendear, santigarse, lío, xentalla, melée, espelexamento/espelexar/pelexo/pelexa, cocoroto, joder, boquiaberto, medoñento, ó, encarraxada, ralentizados, dios dios dios dios
apousa!
Íntegro/Enteiro en/na de Alicia Crece.
Máis BNG non son outros que os que se arrimaron segúndo o BNG colleu poder; polo tanto deduzco que non son moitos e dudo que poidan ter algunha forza para lograr un Partido Nacionalista e de Centro.En canto a Baamonde, non entendo a xenreira que lle teñen neste blog do... pim pam pum?.....pódese estar de acordo ou non con él, pero si estades en contra del tamén o estades contra a UPG, e vexo que sodes antiupegallos,cal é a diferencia con Baamonde?
Coido que de taberna xa estamos cheos e compre posibilitar ó BNG outra volta, e por certo, a UPG non é o BNG, cando menos para min, e non todos os nacionalistas son BNG.Compre diferenciar ben as cousas.
CAMBA
Podemos estar contra ou a favor do BNG ou a UPG, pero Baamonde é especial pola súa baixa cualildade moral.
Será porque é un espia?
Canta envexiña ruinciña dos inquisidorciños covardiños e eivadiños.
Certo, certo,moitísima envexiña por lamber cus, ser tan guapo ter princpios morais, e ter tan boa fama, todo envexiña, tes toda a razón e mais.
O que fixo o Bloque, en canto acadou o poder, foi facer táboa rasa de todo o que ata ese momento tentara facer crer, e imitar ao PP na súa política caciquil, mesmo superándoo no enchufismo e no nepotismo, e, xa non digamos, nas bailotadas quintaneiras coa terceira idade,¡vergoñento!
Por outra banda, como presentindo a curta duración do seu reinado,a imposición " pura e dura" dos seus sinais de identidade (sempre á procura desa identidade que nunca atopan), e esa liorta coa lingua (foron os que a xeraron), impoñéndoa ao estilo máis ditatorial como, pero á inversa, aconteceu no franquismo. Finchados e prepotentes, non se decataron de que se ían esnafrar e así foi. Endexamais voltarán a onde estiveron.Eso agardo.
Iso a quen lle vai pasar é ao PP se é que Baltar non asume de vez o seu papael de líder da dereita galega, porque o "Frijol" así que deixe á Galiza incendiada marchará cos seus secuaces para Castela co "rabo" entre as pernas.
Acouga Anónimo, mais, os tardofranquistas estan no PP e non perderán un sinal indelébel. Non rabies que tampouco serán eternos.
Azuzena ti si que vales.
Xa o sei non fai falla que mo digas ti !!.
Di Anton Vilar Ponte,
Hai pois unha política para nós: a gran política da lingua. se conseguimos interesar nesta política aos novos intelectuais e ás xerazóns que veñen, volveremos ser fortes. Pobo que recobra a súa lingua, recóbrase a si mesmo; pénsase como se fala e fálase como se pensa. Cando morre un idioma, morre un pobo porque a palabra é o elemento esencial da formación do home.
Que palabras tan axeitadas paraa situación que vivimos.
NOVAS IRMANDADES DA FAALA XA!!!
Dixo Castelao " Eu diríalles máis, prohibistes o galego nas escolas para producirdes no espiritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben"
Dixo Vicente Viqueira : " Alma nosa es ti, lingua que fuches creada na nosa historia, modo divino de expresión saído das entranas do pobo galego "
Anxo Quintana está nun lugar o Parlamento (a súa Mesa) que non dá moita opción a entrar en debate; que debese ou non estar aí é outro tema, que xa foi tratado.
Por outra(s) banda(s): non é a institución parlamentaria grande caixa de resonancia en bastantes momentos; que quen foi responsable dunha área gobernativa rebata por extenso e escrito a imputación e política de que o sucede e foi oposición, paréceme adecuado. Tamén, en termos xerais, o contido do artigo de opinión asinado por el, que mesmo me sorprende un pouco tendo en conta o seu escaso protagonismo xa fundamentado en razóns de saúde.
CIS Estudio nº 2.796. Post-electoral de Galicia. Elecciones autonómicas, 2009 Marzo 2009 PREGUNTA 13a: SÓLO A QUIENES HAN SEGUIDO O SE HAN INFORMADO A TRAVÉS DE PERIÓDICOS DE LA CAMPAÑA ELECTORAL SOBRE LAS ELECCIONES AUTONÓMICAS CELEBRADAS EL PASADO 1 DE MARZO (Pregunta 13)
Pregunta 13a
¿Y qué periódico prefiere Ud. para informarse? (Respuesta espontánea)
Total A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
El País............................ 8,6 8,0 7,0 9,6 9,7
El Mundo........................... 2,4 2,4 2,0 1,1 2,9
ABC................................ ,6 ,2 ,3 ,8 1,4
La Razón........................... ,2 ,0 ,3 ,3 ,5
El Público......................... ,4 ,6 ,0 ,0 ,2
El Correo.......................... 1,1 1,8 ,0 ,3 ,9
La Voz de Galicia.................. 45,6 68,6 40,8 35,3 17,3
El Ideal Gallego................... ,9 1,9 ,0 ,0 ,0
La Opinión......................... ,7 1,6 ,0 ,0 ,0
Xornal de Galicia.................. ,5 ,6 ,3 ,6 ,2
El Correo Gallego.................. 3,5 6,7 ,7 ,0 1,1
Diario de Bergantiños.............. ,1 ,2 ,0 ,0 ,0
Diario de Pontevedra............... 1,8 ,0 ,0 ,0 5,9
Faro de Vigo....................... 16,8 ,0 ,0 2,5 52,3
Atlántico.......................... ,1 ,0 ,0 ,0 ,2
Diario de Arousa................... ,1 ,0 ,0 ,0 ,2
El Progreso........................ 4,7 ,0 44,5 ,0 ,0
La Región.......................... 5,2 ,0 ,0 44,1 ,2
Periódicos digitales............... ,1 ,0 ,0 ,0 ,2
Periódicos económicos.............. ,1 ,3 ,0 ,0 ,0
Periódicos gratuitos............... 1,5 1,8 ,0 ,0 2,0
Todos.............................. ,6 ,8 ,0 ,0 ,7
Otras respuestas................... 1,3 2,2 ,3 ,3 ,7
(N)............................. (1770) (818) (187) (206) (558)
═══════════════════════════════════
CIS Estudio nº 2.796. Post-electoral de Galicia. Elecciones autonómicas, 2009 Marzo 2009
PREGUNTA 13b: SÓLO A QUIENES HAN SEGUIDO O SE HAN INFORMADO A TRAVÉS DE LA TELEVISIÓN DE LA CAMPAÑA ELECTORAL SOBRE LAS ELECCIONES AUTONÓMICAS CELEBRADAS EL PASADO 1 DE MARZO (Pregunta 13)
Pregunta 13b
¿Y qué cadena de televisión prefiere Ud. para informarse? (Respuesta espontánea)
TOTAL Coruña (A) Lugo Ourense Pontevedra
La 1............................... 31,7 33,4 25,9 26,5 33,7
La 2............................... 1,4 1,0 ,6 ,4 2,7
Antena 3........................... 13,4 14,6 11,1 13,4 12,7
Cuatro............................. 4,5 5,3 3,8 3,4 4,1
Tele 5............................. 12,1 11,3 9,4 10,7 14,8
La Sexta........................... 1,8 2,1 1,0 2,0 1,6
TVE (sin especificar).............. 1,1 ,8 2,1 3,6 ,2
TVG................................ 20,9 16,5 34,2 31,6 17,1
RTVGA (sin especificar)............ 7,5 9,0 9,6 2,4 6,5
Otras televisiones gallegas........ ,0 ,0 ,0 ,2 ,0
Canales TDT........................ ,5 ,7 ,2 ,6 ,4
Canal Plus, CNN.................... ,4 ,4 ,0 ,2 ,5
Intereconomía...................... ,3 ,3 ,0 ,0 ,7
Todas.............................. 1,4 2,0 ,0 ,6 1,6
(N)............................. (2303) (1004) (300) (288) (711)
CIS Estudio nº 2.796. Post-electoral de Galicia. Elecciones autonómicas, 2009 Marzo 2009
PREGUNTA 13c: SÓLO A QUIENES HAN SEGUIDO O SE HAN INFORMADO A TRAVÉS DE LA RADIO DE LA CAMPAÑA ELECTORAL SOBRE LAS ELECCIONES AUTONÓMICAS CELEBRADAS EL PASADO 1 DE MARZO (Pregunta 13)
Pregunta 13c
¿Y qué emisora de radio prefiere Ud. para informarse? (Respuesta espontánea)
TOTAL A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Cadena Ser......................... 34,8 29,1 26,7 26,9 51,7
Radio Nacional de España........... 10,5 13,4 12,7 9,9 4,7
Cadena Cope........................ 12,2 11,9 14,5 10,3 12,7
Onda Cero.......................... 12,4 12,6 12,1 11,7 12,3
Punto Radio........................ ,7 1,0 ,0 ,9 ,4
Radio España....................... ,4 ,7 ,0 ,0 ,0
radio Galega....................... 13,4 12,9 24,8 25,1 5,1
Radio Voz.......................... 2,2 3,6 1,2 1,8 ,0
Otras radios gallegas.............. 1,3 2,1 ,0 ,0 ,8
Todas.............................. 1,6 2,1 ,0 ,0 1,7
Otras respuestas................... 2,4 2,6 ,6 ,9 3,4
Publicar un comentario