21 jun. 2009

PREMIO OTERO PEDRAYO 2008: MARCOS VALCÁRCEL
Fotos: Pepe Trebolle


















45 comentarios:

A.B.M. dijo...

Sen dúbida que calou no ánimo de todos os presenntes, Marcos Valcarcel apelando a inmensa figura de Don Ramón Otero Pedrayo. Marcos sen dúbida quere que o seu espiritu nos influa, que o seu amor a Galicia nos transparente un futuro do que podemos participar, que o seu universo baixo as estrelas de Xelmirez nos sirba de horizonte a espiritualidade.

Galicia grazas a Otero Pedrayo, grazas a Marcos Valcarcel latexa orgánica nas entrañas de moitos galegos, con vida propia, insuflando espíritu. A percepción estética de Galicia, moitos, sobre todo os que somos de dereitas, debemoslla a Otero, a Risco, e a Marcos. Con eles constitúese nunha realidade que orienta as nosas decisións políticas.

Vivimos tempos axitados tamén no seo do PP, non lle é negado a ningúen que temos tensións con Galicia ao fondo,e a língua a flor de pel.

A.B.M. dijo...

Sen dúbida que calou no ánimo de todos os presenntes, Marcos Valcarcel apelando a inmensa figura de Don Ramón Otero Pedrayo. Marcos sen dúbida quere que o seu espiritu nos influa, que o seu amor a Galicia nos transparente un futuro do que podemos participar, que o seu universo baixo as estrelas de Xelmirez nos sirba de horizonte a espiritualidade.

Galicia grazas a Otero Pedrayo, grazas a Marcos Valcarcel latexa orgánica nas entrañas de moitos galegos, con vida propia, insuflando espíritu. A percepción estética de Galicia, moitos, sobre todo os que somos de dereitas, debemoslla a Otero, a Risco, e a Marcos. Con eles constitúese nunha realidade que orienta as nosas decisións políticas.

Vivimos tempos axitados tamén no seo do PP, non lle é negado a ningúen que temos tensións con Galicia ao fondo,e a língua a flor de pel.

Criselda dijo...

Parabéns de novo a Marcos, que ten máis que merecidas as homenaxes se lle fagan e os premios ou distincións que se lle poidan dar.
Verbo do comentario de A.B.M., agradezo que confese que no PP non cavilan todos igual sobre a lingua e a cultura propias de Galicia. Sabémolo. Agora só falta que contribúan Vds. tamén a poñer sentido común e a frear esta teima desgaleguizadora que lles entrou os que chegaron á Xunta.

Eva Robles dijo...

Parabéns dende Valdoviño, ata aquí chegan cada día as novas das túas medallas, premios e demais, moito ánimo. Unha aperta
Eva e José Manuel

Rosa dijo...

E ninguén di nada da intervención do representante da Xunta? Dito doutro xeito, que dixo? Que quixo dicir? Ou, simplemente, déronlle os papeis escritos para outro acto totalmente diferente e el, obediente co cargo, leu (sen pensar nin entender el tampouco o que lera)?

XDC dijo...

Pois eu digo que me gustóu o que dixo.

XDC dijo...

A interveción do representante da Xunta e a do Marcos, o único que tuvo "chicha". O do Baltar, todo "palla".
O recital poético, acolloante.
O violinista, fora de serie.
O pianista, non tivo ocasión de lucirse. O acompañamento consistía case exclusivamente en arpexios.
O acordeón, no seu sitio.

ROSA dijo...

Recoñezo a miñas grandes carencias no mundo da oratoria, de verdade. Por iso digo sinceramente que non entendín o que dixo. Non entendo o que dixo no marco que o dixo. Entendo o marco que era pero non entendo o que dixo.
Non digo que o que falou estivera mal ou ben. Non. Digo que para o meu entender non tiña nada que ver coa entrega do Premio Otero Pedrayo. É como, é un dicir, se vostede me pregunta que hora é e eu contesto que “todo cambia nada é”(Heráclito de Éfeso dixit). De seguro que entre horas, cambios e permanencias hai moitas relacións, pero é moito máis sinxelo para xente do común coma mi dicir simplemente que o meu reloxo marca agora as dúas e vinte da tarde.

arume dos piñeiros dijo...

Xa me está intrigando a min o discurso do representante da Xunta. Supoño que corresponsal satisfará este suspense.

NóS por Eire dijo...

Seica me chivan que se cadra pode aparecer aquí en breve...

Marcel Swann dijo...

Querido Marcos Valcárcel:

Noraboa polo merecido premio e polo teu atinado discurso en clave oteriana, mais, sobre todo, pola cantidade de amigos fieis que tes.

É nos momentos duros da vida, cando un ten que tirar para adiante e seguir traballando a pesar de todo, cando un os valora máis.

fiz dijo...

Pois a min pareceume case todo perfecto. Porque no fondo todos sabemos do que é capaz o señor Baltar, o único fóra de sitio, que no momento que Marcos pinchou un pouco púxose a escribir como se non fóra con él, ou ninguén se decatou do detalle???

Foi fantástico todo o que dixo, correctísima a actuación, e a verdade é que o marco da entrega do premio estivo moi logrado...as actuacións, de matrícula.

Noráboa e merecidísimos parabens...

Anónimo dijo...

O representante da Xunta leu, efectivamente, un papel moi xeral que valería para calquera tipo de acto. Nesta ocasión puxo no medio un par de frases que viñan a conto.

o libro dos amigos dijo...

"E eu atrevome a dicir hoxe aquí que Otero Pedrayo está esperando aínda pola dereita galega. Ou, dito doutro xeito, que a dereita galega ten moito que aprender, ten moito que coñecer a través da obra de Otero Pedrayo. Para empezar esa apelación pola fala, esa necesidade de construción do País sobre o seu idioma, sobre a súa cultura propia, esa harmonía social que o propio Otero recomendaba como modelo de vida." (Marcos Valcárcel)

Pois eu tamén felicito a don Marcos polo premio e polo discurso, e deséxolle o mellor, pero non lle concedería o honor intelectual do parágrafo que figura entre comiñas á direita galega. Unha excesiva xenerosidade para quen non a merece. A direita galega é un apéndice mais da direita corrupta,incivil, prebendista, intransixente, guerracivilista, aznárida, roucovarelaepiscopal, e mais vale que Otero estexa lonxe dela. Cando hai quen acusa a Feijóo de "xenocidio cultural" e quen critica a "onda neofranquista" do PPdeG, quer dicer que Otero non está "esperando pola direita galega". Ogallá a direita galega non chegue nunca a Otero, por moito que haxa xente de direitas que o teña lido con proveito. Tempo tiveron de "aprender" do de Trasalba; pero non, eles non están para aprender senón para ignorar e desprezar a quen non entenden, non lles convén ou non poden manipular. Otero é patrimonio de todos e por todos está esperando, menos pola direita cavernícola e "enquisadora". Aínda que só for polo último capítulo de O LIBRO DOS AMIGOS dedicado a Castelao e nas palabras que nel lle dedica ao de Rianxo. Quen escrebeu "E con Castelao remata iste libro dos amigos pequeneira colleita do que penso neles decotío", non pode estar esperando pola direita galega. Nunca. Otero espera e devece polos amigos, polos libros dos amigos, non pola direita baltárida, que representa todo o contrario do que el representaba. Non, eu non lle concedería o honor intelectual dese parágrafo.

Señorito de Reboraina dijo...

Algo se está cocendo:
UN EXERCICIO DE RESPONSABILIDADE.
El correo Gallego.21-06-2009
Rafael Cuíña.
Leo estes días con gran preocupación sobre as diferentes posturas na nosa sociedade sobre o chamado "Decreto do galego", que dan conta dunha alarmante fractura social entre os que consideramos que o idioma nai de Galicia debe ser un motivo de orgullo, e polo tanto, de potenciación sociocultural, e algunhas "pseudoelites" das nosas cidades, alarmadas por un suposto risco de desaparición do idioma castelán en Galicia.

O Partido Popular, no que milito xa hai anos, ten unha obriga moral de defender un dos alicerces fundamentais da nosa cultura como é o galego. O partido escollido pola maioría da nosa sociedade ten que saber que nel estamos xentes de diferentes sensibilidades, que nos preocupa a ambigüedade co noso idioma, a defensa da nosa cultura e promoción de todo aquilo que son os nosos sinais de identidade como pobo diferenciado, cunha visión do Estado complementaria e non excluente. Por iso expreso a miña decepción con algúns sectores do partido que tiñan que liderar o sentimento galeguista que moitos militantes temos, e que están sospeitosamente calados nun momento tan importante para a nosa cultura como é un debate sobre o idioma de Galicia, que pode abrir unha importante fenda na nosa sociedade. Quede claro que non só non comparto ese silencio, senón que o rexeito e critico, con humildade, pero con absoluta determinación. Cónstame que no partido non existe un pensamento unívoco con esta teima, precisamente por chegar a tantos extractos sociais diferentes, o cal fala da súa grandeza. Algúns seguen a facer distincións entre os chamados da "boina" e os do "birrete", unha diferenciación que eu nunca compartín, pois eu sempre a fixen entre os que tiñan como prioridade absoluta os intereses da nosa terra, a súa cultura e a súa "autoidentificación" con políticas ambiciosas e achegadas aos problemas do noso pobo, e os demais... Desa maneira puxo os vimbios o presidente Albor, e interpretouno exemplarmente o presidente Fraga.

O liderado da sociedade galega implica unha gran responsabilidade, a de gobernar para todos, polo que non entendo os complexos que algúns manifestan no seu subconsciente co galego, propios de xentes dispostas a que unha riqueza cultural infinita como é o caso da existencia dun idioma propio que nos identifica como pobo, poida caer algún día na marxinalidade que outros pobos de Europa tristemente teñen cos seus idiomas nai, como é o caso do Bretón ou o Gaélico. Por iso pídolle ao partido sensibilidade, responsabilidade e demostración de orgullo co noso idioma. Ao Partido Popular de Galicia que eu mamei ninguén podía darlle leccións de galeguismo; hoxe, ás veces, non o teño tan claro.

Ou non?

A.B.M. dijo...

Non somos xa poucos os que non nos encontramos cómodos nun partido no que se introduciron elementos extraños que non se acaban de simbiotizar,e permañecen alleos e indolentes respecto da nosa identidade galega. Madrid traballa cada día producindo mais lonxanía, cada días resulta mais dificil entender se nos queren como somos ou nos queren instrumentalizar para que sexamos como eles queren que sexamos, algo que se ven revelando que ten que ver cada vez menos con nós.
A onde imos chegar?
A un PP completamente transformado onde a identidade galega sexa un elemento indesexado e residual?.
Que nova identidade é esa que nos propoñen, centrada nunha ambición absolutizadora, non se dan conta que no centro o que hai é un baleiro, que vai seguramente ser enchido por unha idea perigosa de grandeza nacional.?
Que vais ser de nos?
do mundo herdado, do noso mundo, que imos facer de todo o que nos deu a xente: o poder politico. Hannos de entender cando lle vaiamos dicir que nos voten para algo do que nos verdadeiramente non participamos?, que a nos mesmo nos soa extrañó?.
Porán a súa confianza unha vez mais en nos, só en nos, porque cren vernos, de verdade na súa mirada, e seremos capaces de traizoalos?

Disculpen estas atrapalladas reflexións motivadas polo artigo de Rafael Cuiña, fágoas expresando o que é un complicado sentimento, que se sostén nunha tensión, que sei, sabemos que se terá que resolver. E fágoas publicas porque ten que haber, sempre ten que haber algo mais alá.

Anónimo dijo...

Dereita galeguista? Non, home, non. Dereita rendista, enchufista, caciquista, improdutivista, etc.

El País

Baltar ya gasta el doble en personal que la Diputación de A Coruña

Ourense invierte lo mismo en personal que la Diputación de Castellón, que triplica su presupuesto - Los sueldos superan en siete millones la inversión

CRISTINA HUETE - OurenseOurense - 22/06/2009

En la planta principal de la Diputación de Ourense, a unos metros del despacho del presidente, José Luis Baltar, un grupo de conserjes (dos sentados en una misma mesa y dos de pie, por falta de espacio) pasa sin gran cometido su jornada laboral. No hay documentos en las estanterías ni ordenadores a la vista. Uno de los bedeles traza garabatos imaginarios sobre la madera.

En el edificio Simeón, 33 porteros hacen turnos para atender las tres entradas del contenedor cultural que la institución dedica a sala de exposiciones.

Ambas estampas definen bien la política de personal de la Diputación de Ourense que preside el incombustible José Luis Baltar, a la que acuden diariamente más de mil personas (1.100 en este momento, según cálculos de la oposición) que perciben mensuamente de ella sus salarios. El porcentaje que dedica a pagar las nóminas, el 35% del presupuesto, es el doble de lo que gasta en el mismo capítulo la Diputación de A Coruña.

La principal fábrica en número de empleos en la provincia, tras Coren, arrastra una deuda que roza el límite legal (67,3 millones de euros de un presupuesto de 86 millones) aunque Baltar sigue contratando masivamente pese a la escasez de puestos y cometidos en interminables convocatorias de oposiciones.

Casi siempre en periodo electoral, las pruebas acaban favoreciendo a personas vinculadas a su propio partido o a su entorno familiar.La Diputación de Ourense destina a pagar a su personal el 35% de todo su presupuesto. El caso no tiene parangón en Galicia. (..)

Para encontrar un caso similar en España, hay que buscarlo en Castellón, el feudo de Carlos Fabra, donde la Diputación invierte una cifra similar en personal, 29 millones, pero dentro de unas cuentas, 170 millones, que duplican a las de su compañero de partido. Según el último censo actualizado en enero de 2008, la Diputación de Castellón atiende a 594.915 personas. La de Ourense, sólo a 336.099.

(...) En Ourense hijos, mujeres y parientes de alcaldes de la provincia, cuando no ellos mismos, trabajan para la Diputación. La "red clientelar" que sistemáticamente denuncia la oposición, es, a la vista de los presupuestos, la principal razón de ser de la institución. (...)
No hay dinero para inversiones, pero Baltar reparte "sin control técnico y bajo su propio criterio", subvenciones a asociaciones y particulares por más de 2 millones de euros.

Los aspirantes a estas ayudas hacen cola un día a la semana en la antesala del despacho del presidente en espera de la dádiva. Es la jornada de más tarea para los conserjes que deben ordenar los turnos. Luego Baltar firma esas concesiones discrecionales "sin que el demandante presente un programa o figure en un registro de asociaciones", según denunció el BNG.

Anónimo dijo...

Baltar reparte, non como outros do mesmo PP que se quedan con toda a parte, esta é a diferencia. Cos outros todo queda entre as celebridades e Madrid, e para Galicia "muchas graciñas por vuestros votiños"
Un deputado, dádelle un deputado galeguista a Galicia, saido dun PP alleo ao pais e recuperaremos o espítitu da terra dende a Galicia mais profunda.

detective crepuscular dijo...

Se os señores Rafael Cuiña e A.B.M. son realmente tan galeguistas como dicen e están tan descontentes coa liña oficial do PP, non sei que pintan nun partido que ten entre as suas divisas o exterminio total do galego. Acaso pensan que o PP aínda é un partido recuperábel para o galeguismo que eles profesan? Cren que desde dentro poden traballar polo milagre da tranformación do PP nun partido sensíbel á diversidade? Co formigón que as autoridades xunteiras governantes lle están a botar ao galego para esmagalo e sepultalo, o único EXERCICIO DE RESPONSABILIDADE que lles cabe aos señores Rafael Cuiña e A.B.M. é abandonar o barco pilotado polo espectro de Aznar e buscar agarimo ideolóxico nun partido mais propicio ao galeguismo. "O povo, o individuo e a lingua é o mesmo. Como os queres separar? É como separar o sangue do corpo. A lingua é espiritualmente tan forte como o sangue." Pero aos señores Rafael Cuiña e A.B.M. xa lles podes ir con músicas espirituais e sanguíneas, que eles fan ouvidos xordos e aférranse á militancia no partido reaccionario e antigalego por excelencia. Se con iso teñen a conciencia tranquila... Eles verán o que fan. Despois que non digan que desde a Solaina non lle demos un bon consello.

A.B.M. dijo...

No Pp hai mais sensibilidades que a exquisita do excelentísimo conselleiro de cultura. Ainda hai cousas que se teñen que perfilar, xogadas que acabar, estamos no inicio dunha orientación ideolóxica que pode variar, pero precisamos da comprensión da sociedade mais alá do PP. A liña oficial ten que se decatar de que vai cara o fracaso, e rectificar, e aí estamos nós, esa é o noso compromiso agora.

detective crepuscular dijo...

"A liña oficial ten que se decatar de que vai cara o fracaso, e rectificar, e aí estamos nós, esa é o noso compromiso agora" (A.B.M.)

Si, ho, si, "aí estamos nós". Ahí está, ahí está, viendo pasar el tiempo... Como se non estivérades. E quen sodes vós, os salvadores das esencias galeguistas do PP? A milésima parte boinagaleguista que espera polo "fracaso" da liña birreteoficial para facer valer as suas teses? Xa podedes esperar baltarianamente emboinados polo "fracaso" dos feixóos. Entanto vós, boinas de Lalín, soñades con con birretes destronados (como se alguén crese neses contos de boinas e birretes), eles, o Jesús Vázquez, a Marta Fernández Currás e o Anxo Lobezno (como xa hai quen lle chama) seguen empeñados no seu quefacer destrutivo do galego. Non vos han deixar rastro de galeguismo no que contemplarvos. Faime caso, amigo A.B.M., e bótate fóra desa seita antigalega e neofuribundaliberal, se é que aínda che corre un pouco de sangue galego polas veas do espírito. Vente para a Solaina, que aquí somos todos galeguistas no bon sentido da palabra e lixeiramente de esquerdas. O mais de esquerdas son eu e xa ves o que mordo. Mellor tratado que aquí non vas estar en nengures, e menos na seita. E se non o fas, pídoche por favor que non empregues o nome de galeguista en vao.

A.B.M. dijo...

A que se deben eses insultos a todo un grande profesional como é Anxo Lorenzo. É que se vai ser bó ou mal profesional segundo para o goberno que se traballe?. Antes era magnífico e agora non?. Por sorte hai institucións con probada raigame galeguista e coa suficiente visión como para non caer neses maniqueismos, como a nosa Real Academia Galega, que soubo comportarse diplomáticamente dende o mesmo momento do cambio de goberno, ou o Consello da Cultura Galega. Hai que recoñecer que estas institucións teñen mais visión política respecto da cultura e a língua galegas que os dous partidos da oposición xuntos, con todas as súas organizacións satélites. E iso é o que compre, visión de pais e non de pendello electoralista, ainda que as veces sexan incomprendidos e o seu profundo compromiso posto en entredito por quen só queren venganza por ter perdido unha elecciósn que pensaban gañadas. É un grave exercicio de irresponsabilidade a axitación que están promovendo dende os ámbitos nacionalistas, unha irresponsabilidade que ao final vai ir contra da propria lingua, comprender isto, require unha visión, como digo de mais sosego e longo alcance polo que parece, lonxe das capacidades reflexivas dos axitadores nacionalistas.
O pais facémolo todos, tamén nós, porque sen nos, non será o pais, senón o seu pais.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Maniqueísmo: Pexorativo. Tendencia a interpretar a realidade sobre a base dunha valoración dicotómica.

Visión de país e non pendello electoralista.
Sosego e longo alcance/ capacidades reflexivas dos axitadores nacionalistas.

Anónimo dijo...

UNHA SEREA CONTRA O GALEGO

Marta Fernández Currás era, ata hoxe, a conselleira xeitosa do goberno de Núñez Feijóo. Sempre sentada á súa beira esquerda nos consellos da Xunta, parecía unha valquiria misteriosamente pousada na mesa onde se toman as grandes decisións administrativas de Galicia. A súa proclamada indepedencia e o seu glamour de muller arrebatada polo profesionalismo e por algo de distanciamento dos potes políticos, podían presentala como a esperanza branca dun goberno conservador que chegou á Xunta disposto a devolver Galicia ás covas da predemocracia.
Agora resulta que non era unha valquiria senón simplemente unha serea agazapada nos regatos do PP á espera de emitir o seu canto fúnebre contra o idioma galego. Hoxe ergueu a súa voz no Parlamento para dicir que “non tén sentido que un excelente médico non pase un exame por non saber galego”. Seguramente non diría o mesmo se ese médico non soubese español.
Pola súa biografía oficial, a serea que administra a Facenda galega é economista e inspectora fiscal. O que se ignoraba dela ata agora é que soubese tanto de socilolingüística e de Medicina para pronunciarse tan radicalmente sobre o que precisan ou non os doentes galegos. E o que ignora ela mesma é que os excelentes médicos galegos (Novoa Santos, Rof Carballo, García Sabell, Manuel Cabaleiro, Xaime Quintanilla, etc.) sempre foron amantes, practicantes e sabios coñecedores do idioma galego. Ata no propio partido para o que traballa agora a conselleira-serea hai un deses médicos excelentes que foi presidente da Xunta: Xerardo Fernández Albor. Ou é que se pode sanar ben a xente sen entendela perfectamente no seu propio idioma?
Que falta tería a loira administradora da nosa Facenda de pronunciarse tan radicalmente? Se non foi por simple ignorancia, debeuse deber a algo moito pior aínda. Tamén é Marta Fernández Currás dos que levan agochado no cerebro un militante extremista do nacionalismo español? Válianos Deus! Estamos rodeados.

Publicado por Perfecto Conde en 15:20

Susy Mancini dijo...

ABM e Rafael Cuíña.
Con calma e tesón, é a súa responsabilidade logralo. Desde logo os galegos fixeron perder ao bipartito non para isto. Fagan o posible por centrar a cousa. E non lle presten moita atención a estes laretas insulatantes deste blog, que como vostede me ensina, son catro gatos.

Anónimo dijo...

ABM é o xove médico pediatra ourensán, militante do pp?

detective crepuscular dijo...

Amigo A.B.M., a situación de emerxencia conflitiva que está a viver Galiza por culpa da política obtusa e do "xenocidio cultural" (en palabras de Suso de Toro) que está a levar a cabo o PP a todos os efeitos e con todas as consecuencias, non é para facerse a vítima nen para aplicar o catenaccio discursivo do seu último comentario. Se vostede quere mostrarse implacábel e exercer a crítica sen reparos, ten terreo de avondo na sua propia casa política sen ter que meterse na dos demais. O do "xenocidio cultural" de Suso de Toro, que non é santo da miña devoción, é contundente de mais e obrígaos a vostedes a reflexionar en profundidade. O dos "insultos a todo un grande profesional como é Anxo Lorenzo" que di vostede, e que logo recalca Susy Mancini co de "laretas insultantes deste blog, que como vostede me ensina, son catro gatos", pois que quere que lle diga, non os considero tais. Anxo Lorenzo, de quen o descoñezo práticamente todo, pode ser un grande profesional, e mesmo unha eminencia mundial e amigo seu, pero non esqueza que como secretario xeral de política lingüística da Xunta é susceptíbel como o que mais á crítica política e ao seguimento escrupuloso dos que nos sentimos galegos e nacionalistas. E se para tal temos que dedicarnos a mover á xente e berrar na rua contra os seus intentos esmagadores do galego, non duvide que seguiremos na "axitación" (vexo que van mellorando vostedes, xa que o que en tempos do seu mentor chamaban subversión agora déixano en axitación). Algo é algo. Volvendo ao insulto, que mais quixera que chamarlle Anxo Lorenzana, por aquilo de lembrar a Paco del Riego, e non Anxo Lobezno, como hai quen lle chama. Salvador Lorenzana/Francisco Fernández del Riego, grande exemplo de inteireza galega para os desertores/esmagadores do galego. Ao que desprezan non querendo aprender del. "España é unha entidade fundamentalmente militar, totalitaria, intransixente coa diversidade", como di o outro. Como a España do PP e da sua comparsa (con G) na Galiza. O PPdeG é a España incrustada na Galiza. Da cual o amigo A.B.M. forma parte, por moito que el pense que non.

Anónimo dijo...

Rafael Cuiña
No pecado vai a penitencia
09:45 24/06/2009

É importante a coherencia na vida, e para algúns –cada vez menos- tamén na política. Supoño que cando alguén toma decisións que poden considerarse “antinatura”, corre o risco que algún día, o que tiña que ser non sexa, e o que é, non o atures.

Unha máxima de Confucio que levo marcada a lume no corazón, fala da necesidade de esixirse moito a un mesmo e pouco aos demais, para desa maneira aforrar disgustos; un axioma incontestable, aplicable ás relacións entre familias políticas, máis obsesionadas coa supervivencia no poder caïa quen caïa, que na coherencia dun discurso ideolóxico perfectamente artellado, que faga non mudar principios anteriormente inmutables, por riba de discutibles intereses persoais. As alianzas entre tribunos para designar cónsul tiñan que facer fronte ao desexo do César (neste caso chámenlle “Cesariño”, pola súa capacidade de liderado), mais cando rachan pola obsesión de poder dalgún, poden provocar novas alianzas con novos tribunos que por pensar lexitimamente de forma diferente na súa concepción do Imperium, provoquen que rachen os que tiñan a mesma. Non vale todo con tal de estar subido sempre ás túas cuádrigas manexadas por aurigas desexosos de baixarte delas, para iso é mellor apearte para non corre-lo risco de morrer contra os muros da dignidade existencial.

O cónsul sabe do perigo do tribuno que o apoiou sen crer nel, e agora busca gardar as costas, para que as dagas que outros levaron no lombo non rematen no seu, pois unha vez alcanzado o “consulato” con lexitimidade, é lóxico que poñas os teus propios centurións para gardar as costas. Agora tiran a pedra e esconden a man; as mensaxes na procura de apoios da túa xente para facer fronte ao cónsul que algúns uparon, poden volverse en contra e obrigarte a vivir de xeonllos mentres outros preferiron a dignidade de morrer no coliseum.

Ferven as burgas e a súa auga xa non cura. Auriense enfrontase ao lexítimo cónsul de Gallaecia demasiado tarde. O disco volve soar e non estamos na canción que queremos estar…

Ou non?

A.B.M. dijo...

Que dúbida cabe de que o o día no que se bvote a sorte vai ser o da aprobación do novo decreto que regulará o uso da língua no ensino. Alguén cruzara o rio do olvido, e chamará aos galeguistas polo seu nome. Ese día os "idus" están anunciados, ainda que non sexa marzo.

A.B.M. dijo...

Que dúbida cabe de que o o día no que se bvote a sorte vai ser o da aprobación do novo decreto que regulará o uso da língua no ensino. Alguén cruzara o rio do olvido, e chamará aos galeguistas polo seu nome. Ese día os "idus" están anunciados, ainda que non sexa marzo.

arume dos piñeiros dijo...

Non entendín moito da enigmática reflexión de Cuíña: algo intúo, pero queda todo por comprender. A min a mistura de cónsules e emperadores non me casa. Será iso. Isto élles outro réxime: nin república nin imperio. Á rapañota system.

o veneno do autoodio dijo...

O río do esquecimento baixaba cheo de cadáveres porque alguén, nun EXERCICIO DE IRRESPONSABILIDADE imperdoábel, botara nas suas augas cantidades industriais de veneno da marca AUTOODIO.

detective crepuscular dijo...

Don Arume, está claro do que fala Cuiña: da FESTA DO ESQUECIMENTO de Xinzo de Limia. Césares, cónsules, centurións, río do esquecimento... Non hai dúvida. A pista definitiva aportouna o señor A.B.M., que debe ser amigo do Rafael, ao falar de "o río do olvido" (escrebeu olvido no canto de esquecimento para despistar, pero de pouco lle valeu, o ollo avizor do crepúsculo está sempre á espreita). Non hai como ter un detective no blog. A ver se este caso, que podemos chamar O Caso do Artigo Impenetrábel de Rafael Cuiña, serve para promocionar o meu olfato detectivesco e me fichan doutros blogs.

arume dos piñeiros dijo...

Pois, amigo detective crepuscular, o impresionante do asunto é que nos comentarios do artigo mesmo hai un que di que é "moi preciso". Ben se ve que non estamos na pomada. Ou que estamos en Babia, que é outra desas terras do esquecemento, por autonegación da neurona.

Anónimo dijo...

Algo se está a cocer.

chespirito dijo...

Algo se está a cocer en Dinamarca.

XDC dijo...

Os tempos son chegados?

Pregunto...

o crepúsculo do detective dijo...

Si, aquí algo se está a cuiñar. Rafael Cuiña, home de probada musculatura galeguista e exemplo de claridade e coerencia como non hai outro na nosa terra, non pensa achantarse e está disposto a oporse á facción españolista que domina o PP dos seus amores e mesmo a morrer matando se for preciso polo ben da Galiza que se expresa en galego e que está sendo vilmente humillada polos seus. Antes terán que pasar por riba do meu cadaver galeguista, berra na sua desesperación o noso home atraizoado. Desde a Solaina non podemos menos que posicionarnos a favor das suas teses maltratadas e enviarlle un saúdo solidario. Rafael, estamos contigo! Viva a coerencia!

Si, os tempos son "chagados". Como de costume.

Anónimo dijo...

Pero van ser ben mais chagados, sangrantes.

Sumerio dijo...

A cousa está crara como a auga: Cuiña láiase de que Baltar ensaie movementos inútiles contra Feijóo ( a quen previamente axudou a erguer , aínda sen crer nel), pero ises movementos chocan contra unha ben composta garda pretoriana que o presidente formou no seu redor. Baltar xa non tén o poder absoluto en Ourense. Os tempos son chegados, pero son os tempos de desmontarlle a súa rede caciquil e integrar os seus restos no aparato do partido dirixido dende Monte Pío/ Génova.
Cuiña lamenta que esta demostración de forza é inútil e non terá consecuencias porque está feita a destempo.
É o fin dunha época. Tempo de desfacerse da boina.

Anónimo dijo...

Un diputado, un so diputado e as tornas xirarán 379º. Feijoo merendarase a súa garda pretoriana, e Xenova rascará un grao "cojonero".

Sumerio dijo...

Aínda non está todo perdido. No día da votación no parlamento de Galicia do novo decreto do galego, un sector do PP absterase e non será aprobado. Terán que continuar co decreto actual.
Tamén será un primero sinal para a creación dun novo partido de centro galeguista.

Anónimo dijo...

Sumerio vai atinado.

Keberneros dijo...

O Rosendo ten agora a sartén polo mango, ten unha oportunidade histórica, te que sacarlle as cores...

Anónimo dijo...

De momento pola tensión xerada e polas veladas ameazas no interior, Feijoo, apraza a súa aprobación un ano.
Ano de urxente difusión do envanzeo galeguista.