21 jun. 2009

O pan de cada día
Víctor F. Freixanes
La Voz de Galicia, 21/6/2009
(Tractorada.Foto R.Escudero.Galicia Hoxe)

A lingua galega tamén está no conflito do leite. E nas estadas da construción naval. E nas cadeas da automoción e as industrias auxiliares. E nas traballadoras de Caramelo. E nas pequenas e medianas empresas de transformación. E nos transportistas que moven o peixe do Berbés ou do Muro cara aos grandes mercados de Madrid e Barcelona. E nos caladoiros de Boston ou de Namibia. E nas familias que teñen un fillo ou unha filla que acabou na universidade e anda a petar nas portas do país para atopar traballo porque non quere marchar fóra. E nas parellas novas que non dan asentada a relación porque viven de bolseiros, pelexando cada ano pola renovación de contratos precarios. E nas contratas da construción. E nas pagas dos xubilados? A lingua (tamén) está neles, vive neles, existe porque existen eles: os homes e as mulleres do común, o país, en definitiva.
O vello señor Manuel, que ten unha explotación de quince vacas en Lousame, está desesperado. O xenro anda estes días co tractor polo mundo adiante. Non apañando herba para as cortes, senón atrancando o tráfico nas cidades, porque o sistema (a economía familiar, coa que manteñen a esperanza dos fillos) seica se lles vén abaixo. «¿Non son estes os problemas do país?», espetoume o outro día, non sen certo reproche na mirada. «¿Quen vai pagar os créditos cando veñan petar os bancos na porta?».
O vello señor Manuel non entende esta lideira do galego. «¿A quen lle estorba o galego?», exclama. ¿A quen lle estorba? E engade cun chispazo de intelixencia nos ollos, quizais tamén de malicia, ou de antiga sabedoría: «¿Non será todo un enredo para que non nos preocupemos realmente polo que nos está pasando?».
O que nos está pasando, a xuízo do señor Manuel, é que o país se nos está indo das mans e non hai ninguén que terme da escorrentía. «Ou sacamos adiante a casa, a economía, o pan diario das familias, ou cerramos. Todo o demais son andrómenas, cortinas de fume. Iso é o que teñen que ver os políticos. Para iso lles pagamos». Está ben isto da lingua, memoria dos avós, valor de cultura e identidade que queremos que continúen os fillos. Pero se o país se desfai, se a economía estanca, se a casa se baleira porque hai que volver marchar polo mundo adiante, todo o resto é fantasía. A lingua está tamén no conflito do leite (que é a desfeita da nosa economía rural, necesitada de modelos e de recursos para modernizarse). E nas estadas dos estaleiros. E nos caladoiros onde faenan os nosos barcos? Hai anos que llo veño escoitando a Díaz Pardo, vello capitán: sen economía non hai cultura; sen un país estable e seguro do seu, con horizonte de futuro, con oportunidades para que os fillos o continúen e traballen, nin hai lingua nin hai identidade. A cultura (e o idioma) hai que entendelo así, parte dun todo que ou se sostén ou esmorece, tal que un sistema de vasos comunicantes.

6 comentarios:

lobo neghro dijo...

Almorzo e cea, festa do marisco, festas de ourense.
Acabo de ver un gran cartaz anunciando as comerechainas do almorzo e da cea, no sopé da ponte vella.

Alguen me pode confirmar; estos tipos quixeron decir xantar en troques de almorzo? ou realmente van comer marisco de "desaiuno" versus almorzo, e de cea?.

Paréceme, por favor confirmádemo, que os expertos festeiros de ourense, do bloque, neo-falantes- p.que-os-hà de parir, chámanlle ó xantar "almorzo".

Paréceme aldraxente a estas alturas. Ou estou eu trabucado?.

G dijo...

Así é lobo negho, ten vostede toda a razón. A comida do mediodía é xantar e a primeira comida do día é o almorzo. Non por ser neofalantes é porque non se fai o esforzo de aprender ben o galego!

Anónimo dijo...

ai, ai, ai, non se laien e disfruten das fetas:

Tras un fin de semana no que o espíritu festivo foi entrando xa na venas dos cidadáns, mañá comezan oficialmente as Festas de Ourense. O feito, feito está. O amplo elenco de artistas que conforman o espectáculo ‘Auria’ porán ás nove da noite o punto de arranque cun singular pregón na Praza Maior. Agora só queda disfrutar dunha semana puramente festeira.

Todo está en marcha para as Festas de Ourense 2009. Que expectativas ten marcadas a Concellería de Cultura?

A elaboración do programa para as festas comeza xa nas festas do ano anterior para compensar aspectos que non se completaron nesa edición e polo tempo que require seleccionar os concertos. O que buscamos foi facer unha programación co maior número posible de estilos musicais tratando de chegar a tódolos gustos, tódalas idades e diferentes espazos da cidade. E creo que o conseguimos pois temos dende música de bandas e corais ata house pasando polo pop, rock, hip-hop, sen olvidar a artistas de recoñecido éxito como Aute, Manolo García, Los Suaves ou Amaral. Pomos empeño na música porque creo que, aínda que non é o único, si é unha cuestión esencial cando de festas se fala. Se ben, tamén, tivemos unha atención especial ás actividades para os cativos, tratando de ocuparlle o tempo durante todo o día xa que non están en periodo escolar. Pero hai toda unha serie de actividades complementarias como gastronomía ou o Mercado Medieval que non podemos esquecer.

Este é o seu segundo ano ó fronte da organización. Serve dalgo a experiencia do ano anterior?

Sempre se aprende, sobre todo dos erros, pero movilizar a tanta xente en tantos espazos diferentes e incluso nas mesmas horas, pois hai días con seis actividades ó mesmo tempo, non é tarefa sinxela. Ademais, dada a época de crise na que estamos, tenta mos axustarnos mais ca nunca a uns orzamentos pero tentando facer un programa atractivo e con baixo custe para os cidadáns nas actividades de pago. O concerto de Amaral, por exemplo, costa 15 euros e en Valladolid 35. En todo caso, o que intentamos foi facer unha festa para todos e seguro que haberá algún fallo, pero espero que sexan os mínimos e que a cidadanía os entenda. Detrás das festas hai moita xente traballando e hai que apostar por elas pois son un elemento dinamizador e que xenera economía.

Traspés coas atraccións, coa Batalla de Frores. Que foi o máis complicado de organizar?

O máis difícil de organizar é a distrubición dos espazos en xeral e este é un problema que se evidencia en Ourense dende os últimos 20 anos. A cidade non ten un recinto feiral onde concentrar tódalas actividades e eso nótase, aínda que eu non estou moi convencida de que cun espazo así as festas fosen mellores, non sei se eso resolvería o problema.

Hai iniciativas que quedasen polo camiño?

Sempre hai, sobre todo nos contactos con grupos musicais, pero en xeral creo que todo o que nos propuxemos se acadou. Ben é certo que sempre se desexa ter máis e mellor, pero hai que ser realistas.

Como cre que vai a responder a cidadanía?

Ourense é unha cidade festeira, demóstrao saíndo ás rúas que é o mellor disfrute que pode haber. Este ano, coa iniciativa ‘Máis música’, enchemos distintos puntos da cidade dese espíritu de festa, buscando que sen grandes palcos nin un gran despliegue a festa estea na rúa e en todos os recunchos da cidade. Creo que a cidadanía responderá ben ó programa.

Como vai a vivir Isabel Pérez as festas?

Tentarei disfrutalas ó máximo e non dubido que o lograrei porque creo nelas. Ter responsabilidades na súa confección fai que as mires dende o outro lado e esteas pendente de cousas nas que a xente non repara, pero tentarei participar delas como Isabel Pérez e non como concelleira de Cultura. Xa teño claro que estarei no concerto de Aute e no certamen de música de bandas. Ademais, para min resulta moi gratificante ver sorrir ós nenos coa súa festa.

Mag dijo...

Falar verdade sobre Ramón Piñeiro

X.L. Méndez Ferrín

VOTE ESTA NOTICIA

Ao comezar o ano dedicado, polas Letras Galegas, ao político e pensador Ramón Piñeiro circulaba unha versión interpretativa da vida e da obra desta persoa que fabricara algúns dos seus seguidores de derradeira hora. Aseguraban que, sendo Ramón Piñeiro deputado do PSOE na primeira lexislatura autonómica, promoveu, co apoio dos "galeguistas históricos" do mesmo partido (Casares, Casal e Conde) esa Lei de Normalización Lingüística que Núñez Feijóo soña con botar abaixo. Pois non, a Lei de Normalización foi proposta por Camilo Nogueira, deputado nacionalista do partido chamado entón POG. A actividade lexislativa do grupo do PSOE liderado por Ramón Piñeiro foi nula ou cuase inexistente, como se pode comprobar achegándose un ao diario de sesións. Iso si, o alter ego de Piñeiro en funcións de Delegado do Goberno e de presidente da Academia Galega, Domingo García-Sabell, recorreu en Madrid a Lei de Normalización Lingüística por considerala excesivamente favorábel ao noso idioma nacional.
Fálase das intensas relacións suprapartidarias de Ramón Piñeiro cuxos dotes suasorios se farían notar no Parlamento sobre todos os grupos representados. Con facer un chisco de memoria, comprobaremos que Ramón Piñeiro e os seus seguidores (Carlos Casares, Benxamín Casal e Alfredo Conde) nas fileiras do PSOE votaron a expulsión dos deputados do Bloque que se negaban a xurar a Constitución e o Estatuto, a saber: Lois Diéguez, Claudio López Garrido e o meu vello amigo Bautista Álvarez.
Montres os "galeguistas históricos" e Ramón Piñeiro votaban a expulsión do Bloque nun acto que, no seu día, clamou ao escándalo, o tamén nacionalista (aínda que "xuramentado") Camilo Nogueira diu a cara en defensa dos seus próximos. As boas relacións suprapartidarias e benevolentes de Piñeiro cos seus colegas parlamentarios excluían os nacionalistas do Bloque. Estas e outras estorias sobre Ramón Piñeiro e o seu conxeito van saíndo á luz aquí e acolá e serven para coñecer mellor a nosa historia política durante o período franquista e pos-franquista. Encóntrase a Academia Galega encetando xa os debates sobre a figura á que o ano próximo lle será congrado o Días das Letras Galegas. Pro novas visións, máis amplas e veraces que as que circulaban nos pequenos círculos piñeiristas que sobreviven moi diminuidos, van saíndo á luz e contribúen a dispersar as miudenzas do mito de Piñeiro. Nantronte foi un espléndido ensaio de Fernando Pérez-Barreiro (Universidade de Compostela). Onte mesmo, o estudo de Garrido Couceiro sobre as relacións de Piñeiro con Castelao en vida deste (A Nosa Terra). Recoméndolles o artigo histórico de X.L. Axeitos que sobre tal personaxe verá a luz axiña na Trabe de Ouro. X. Ramón Pena e o citado Garrido Couceiro dialogaron o pasado xoves sobre dúas enteiras páxinas de FARO DE VIGO e alí apareceron perspectivas novas e datos referidos a Ramón Piñeiro e ao exilio republicano que xaceran coidadosamente soterradas por aqueles a quen lles interesa un Ramón Piñeiro á medida das propias necesidades prácticas. Por fin, cando finalice o ano, a Academia organizará un congreso sobre Ramón Piñeiro que servirá para rematar, e rematar ben, as liñas encetadas e para que todos poidamos chegar a conclusións. A Che Guevara gostáballe repetir que a verdade é sempre revolucionaria, e a Academia Galega non se equivoca nunca ao escoller a figura memorábel do Días das Letras Galegas.

R. dijo...

Todo xudas atopa a súa figueira