6 ago 2009



A portada norte

Afonso Vázquez-Monxardín

Temos unha catedral impresionante. Fermosa. Orixinal. Dinámica. As portadas norte e sur, o Pórtico do Paraíso, o ciborio, a claustra nova, o retablo de Cornelius, a éxtase barroca do Santo Cristo Ese románico transición gótico que foi mudando desde a tripe ábsida á xirola actual Certamente por moi próxima que a teñamos non debemos deixar de admirala e mimala. Así, fixemos desde sempre e o 3 de xuño de 1931, grazas á sensibilidade republicana polas cousas da arte, foi declarada ‘monumento nacional’.

Só os máis vellos do lugar lembran xa o vello coro no centro da nave maior (foi removido en 1937 e trasladada a sillería á capela do Santo Cristo e ao pé do altar maior). Pero moitos recordamos a última grande intervención, a construción da escaleira da fachada oeste, a da Praza de San Martiño, cousa que foi alá polo ano do noso señor de 1972.

Sabemos tamén que a nosa catedral ten pinta de castelo. Sobre todo desde que lle liberaran e refixeran as ameas da súa fachada sur. Estas e os torreóns danlle unha aparencia compacta e case civil. Así, tamén é coñecido que foi lugar de ‘encastelamento’, de acobillo, de refuxio nas liortas nobiliares e cidadáns da fin da idade media. Nunha destas, a portada norte sufriu o indecible. Foi no enfrontamento entre o Conde de Lemos e o de Benavente en 1471, tal e como nos conta na súa fermosa e recomendable web de visita virtual elaborada polo Bispado de Ourense.

Ben. Pois témola abandonada. Tamén a portada norte está abandonada. Hai moitos anos, contra 1963, fíxose un tratamento moi bruto consistente nun baño de cera quente para impermeabilizar a pedra. Por iso -máis que polo lume dos combates Lemos-Benavente- é polo que ten ese ton escuro. Pero a humidade seguiu subindo por ósmose polo interior e a pedra foi amolecendo e arestora está esconchando. Se un ve as fotos de hai uns anos e observa a realidade actual das dúas figuras das columnas, colle medo.

É imprescindible unha actuación decidida para que non se esfarele de todo. E se cadra valorar a reposición ¿por que non? dos fustes decorados das dúas arquivoltas na parte oeste ou as cabezas que faltan xa de vello. E limpar o tímpano que hai por riba da fachada, na escena do descendemento da cruz que ao redor do pobre Cristo hai, digámolo finamente, vinte centímetros de ‘guano’ e todo tipo de obxectos-lixo enganchados nas puntas escorre-pombas.

Portada norte e Capela de San Xoán, habémosvos pór na lista con San Francisco, Banco de España, e cárcere vello, para cando veña de novo a Ilustración. Se é que algo queda daquela.(La Región:04-08-2009)

4 comentarios:

Donnacona, de Stadaconé dijo...

Kamarada Monxergas, creolle que a escalinata oeste da praza de San Martin debeu ser construida nos anos 1977/78. Lembroo porque se estrenara o instituto que vostede dignamente dirixe e eu pasaba todo-los dìas por alì para acudir as aulas.

A caròn, na rua dos Arcedianos, tìnhamos a nosa sede os anarquistas.

Ainda estou no Québec, e non deixo de ver unha contradicciòn que os separatistas porten na solapa un sìmbolo pre-revolucionario e borbònico, a flor de lis.

Donnacona, de Stadaconé dijo...

Eu prefiro que se caia a cachos. Tanta teima por conservar, conservar. Conservadores!. Hai que evoluir, hai que ir morrendo e deixerlle paso a outros.

Mira como unhes vaqueiros (segundo o Medelinha, celtas-cows), acabaron con toda-las naciòns autòctonas e non pasou nada. Foi o devenir da història.

O Lemos atacou a porta Norte?. Osperas, eu pensaba que fora a porta sur. Por eso o seu encastelamento.

Non sei se foi Amèrica que me contaxiou pero eu aghora pàsolle moito de conservar nada. Un dìa vira unha peste que arrase media humanidade, entòn non lle teremos azos de reconstruir nin conservar nada. Dedicarèmonos a vivir dìa a dìa.

Que ghrandes foron os nosos avòs!.

Ollo coa ghripe, ollo coa industria quìmico-farmacéutica que està detràs. O Danald Rumsfeld, no decir dun grande serial-killer,"o home màis despiadado que conocì jamàs" ( en castellano para sublinhar a maldade), està detràs do tamiflu e dos intereses da ùltima burbulla (bolboroto?, como traducides "burbuja")que parìu o sistema.

E as catedrais a caer. Que a decadencia produce boa literatura.

XDC dijo...

Non fora o conde de Benavente o que entrara cós cabalos por a porta Norte, e escarallara todo?

Donnacona de Stadaconé dijo...

Se non é vero é ben trovato.