7 dic. 2009

T x V (s+t+sv+pn) = F

A fórmula de Alfonso Vázquez Monxardín .
(Manuel Vidal Vilaverde en Galicia Hoxe 7.12.2009).
“As repúblicas con apelidos, como o de ‘popular’, esmagaron as liberdades”
Esperemos altura de miras na redacción do novo decreto por parte do goberno e flexibilidade por parte da oposición.


Afonso Vázuez Monxardín é director do Instituto de As Lagoas, en Ourense, cidade na que vive Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, ourensán, de corenta e nove anos, casado, dúas fillas, licenciado en Xeografia e Historia, con especializades en Prehistoria e Arqueoloxía, Arquivística e Biblioteconomía e Xeografía e Historia de Galicia. É catedrático de Lingua e Literatura Galega no ensino medio desde 1983. Na actualidade Director do IES As Lagoas de Ourense. Coñece bastante ben Bos Aires e a evolución da colectividade, porque lle interesa e porque impartiu docencia cos ollos abertos, alí –en centros galegos e nalgunha "extensión universitaria" de Arxentina, Brasil e Chile– nos anos 87 a 92. Impulsor do proxecto Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Apaixonado do multilingüismo e das viaxes gústalle practicar a alteridade e meterse na pel do outro para ver as cousas desde alí. Ama Europa occidental, gústalle hispanoamérica, pasear, o xamón e o cocholate. Non lle disgusta defender opinións minoritarias –a favor das nucleares, Israel...– e cre que un dos problemas é a falta de xenerosidade para buscar puntos de encontro e a inexistencia da reflexión autocrítica. Nin sabe nin lle interesa nada do deporte e desconfía de calquera dogma político, relixioso ou científico, e pensa que todas as xeneralizacións son malas incluída esta. É escéptico vital. Estivo con Marcos Valcárcel e outros amigos no Clube Alexandre Bóveda, e tamén con eles facendo as exposicións, vídeos e unidades didácticas para a SXPL durante uns anos. Coordinou a fotobiografía de Xoaquín Lorenzo para Xerais en 2004, unha biografía del para Ir Indo e colabora libérrimamente na prensa (GALICIA HOXE e La Región) desde hai tres ou catro anos. En maio pasado rapou o premio Aurelio Carracedo de xornalismo na Deputación de Ourense. Séntese máis "civil servant" que funcionario. Gústalle opinar, levar a contraria e encóntrase máis cómodo facendo que desfacendo.


Afonso, ti ben sabes que o identitario nacional galego non é outra cousa que o idioma, de aí entendo eu que procede todo. Son seculares os ataques nacionalistas españois para a súa destrución. Galicia ou Galiza é para eles unha "rexión" submedita con valores folclóricos, o demais, mesmo dende o punto de vista cultural, apenas existe, cal se fose un desiderato da subcultura. Todo isto, ao meu ver, forma parte dunha actitude colonizadora e colonizante que induce á destrución e mesmo á desaparición do fundamental da cultura galega, que non é outra cousa que o idioma. Se o idioma morre, nós somos uns mortos, uns desaparecidos... Cal é a túa opinión diante desta breve reflexión?

Unha reflexión que reduza o identitario ao idioma é falsa. Irlanda, por exemplo, é unha nación na que a lingua propia pinta pouco e Suíza séntese nación sen ter lingua común. É máis os sinais de identidade que asociamos a Irlanda veñen case todos en lingua inglesa presente en amplos territorios da illa desde o medioevo, non o esquezamos. Falamos de U2 ou autores como James Joyce ou Bernard Shaw. Ata despois da revolución francesa, que se teoriza o concepto de "nación", digamos que incluso ata o s. XIX ao poder tanto lle ten o que fale a xente; como se ladra: as pequenas liberdades do subdito. Así se explica que non houbese grandes problemas de transmisión da lingua neses séculos –a Cultura Popular estaba absoluta e plenamente viva– e así chega ao inicios, case a mediados, do s. XX. O noso problema, creo, están máis vinculado ás influencias dos medios audiovisuais modernos, a unha inercia social negativa e a que os promotores do galego non nos amosamos suficientemente atractivos, intelixentes e eficaces para inverter esa tendencia e gañarlle a partida a unha historia que nos viña bastante do revés. É obvio para calquera observador que o compoñente cultura e lingua é central na descuberta e construción da identidade galega moderna. Pero é unha realidade interpretada pluralmente, non na liña exclusionista e de enfontamento que subxacen na pregunta. A maioría dos intelectuais e escritores non presentaron nunca unha relación de incompatibilidade entre a súa galeguidade esencial que recuperaban e construían con ilusión e unha España que asumían tamén, sen complexos, como propia, aínda que con desexos dunha transformación estrutural na liña do hoxe existente. Falo, por exemplo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Risco, Otero... Agás Méndez Ferrín e o seu núcleo, non hai nin houbo intelectuais independentistas de nivel.
Así, digo eu, dentro das opinións minoritarias (froito do totalitarismo capitalista) paga a pena defender as nucleares e a política agresiva de Israel en Palestina?

Non entendo ben que teñan que ver as opinións minoritarias co "totalitarismo capitalista", pero considero que a nuclear é unha enerxía limpa, barata e moi pouco agresiva co medio en comparación coas térmicas, carbón, petróleo, etc. Por iso hai que potenciar as enerxías limpas, ou sexa, a nuclear e as renovables. E sobre todo, hai que aforrar máis e gastar menos, pero non debemos excluír a nuclear pois tampouco serve de nada no mundo globalizado dicir que non ás nucleares aquí e que as teñan os países veciños. Hai que deixarse de tópicos resesos e o das nucleares é un deles. Respecto da cuestión territorial de Israel e Palestina –a necesidade recoñecida de dous estados seguros que propugnaba a ONU xa en 1948 -, do desafío á orde mundial que representa o terrorismo islamista e doutros asuntos máis ou menos conexos –Afganistán, Iraq, Irán, Pakistán,Somalia– cómpre dicir que é un tema moito máis complicado do que nos fan ver uns medios de comunicación españois –incluídos os galegos– que tender a ver por un só ollo. "Xudeu malo, musulmán bo". Cada un debe "termar" dos seus amigos para forzalos á paz no canto de "encirralos" para que se maten.

Afonso, non cres ti que a autocrítica as máis das veces non é unha autocompracencia para se xustificar mesmo dende a metodoloxía da inexistencia?
Cústame entender a pregunta –limitacións miñas, supoño– pero creo que se de algo carece este país, é de autocrítica. Por exemplo, o tránsito desde a oposición frontal, visceral, radical, á autonomía por parte do nacionalismo galego maioritario nos setenta, á asunción normalizada do marco autonómico e constitucional como campo onde se debe desenvolver o traballo político, fíxose case ás escuras e sen ningunha autocrítica pública nin recambio de dirixencias. Así parece que non se valora o sistema, que se acepta transitoriamente como mal menor e cando se toca poder, é só unha festa de novos ricos. Outras autocríticas precisas serían as dun "establishment" cultural que se repite e se reparte inericalmente, a dun goberno que se meteu nunha liada de linguas do demo e debe agora topar saída, e outras moitas. ¿Fixemos todo ben os promotores do galego?¿Non estaremos repetindo vellas mantras sen entender o s. XXI? ¿Non foron tremendísimos erro, visto o visto, o conflito ortográfico ou a politización partidaria da lingua –por este, ese, aquel–, por exemplo? Non se trata de autoflaxelarse pero debemos de saír da pequena covacha de cada un e ver as cousas desde fóra. Incluso desde o punto de vista do contrario, pero sobre todo desde eses falantes que seica abandonan o galego nas súas casas, nas súas bocas, por tristísima decisión inercial e persoal, pois dentro das bocas non chegaron as leis con Franco nin chegarán agora.

A cuestión identitaria galega, o idioma leva o risco de desaparecer polo castelán impositivo e totalitario?
Falar das linguas só con descualificativos non axuda nada. Teño a impresión de que igual que os Reis Católicos entraron co apoio popular contra unha nobreza feudal –como sabe calquera medievalista–, así a lingua debeuse "coar" case sen notar, porque pertencía a ese mundo do poder distante e viña asociada a moitos outros cambios como a imprenta que o galego non chegou a tocar daquela. En calquera caso, non vai desparecer ningunha lingua en Galicia. Pero como non podemos ser parvos debemos tratar de ver sempre máis alá dos prexuízos, propios e alleos, e sinalar desde a promoción da identidade lingüística colectiva ao redor do galego, os espazos de comunicación que lle imos reservar a un castelán que sabemos falar todos xa e que nos é tan útil polo mundo físico e virtual adiante. Ante a dixuntiva teórica da desaparición dunha das linguas faladas en Galicia –galego ou castelán– eu quedo coa necesidade de promoción e clarificación da convivencia. Só hai que pensar e acordar colectiva e lealmente como o facemos. O demais son soños ou pesadelos.

Os teus libros de cabeceira, se me permites a expresión, cales son?
Non teño libros-totem. En tal caso o Coromines. Apaixónanme os dicionarios e as orixes.

O mundo é un lugar común ou é un disparate propiciado pola autarquía?
Un lugar común diverso, fermoso e, fóra das democracias occidentais, organizado dun xeito bastante disparatado. Se cadra hai que afacerse a convivir con eses disparates para vivir en paz. Pero será complicado deixar o noso saboroso etnocentrismo de tratar de impor a igualdade da muller, o respecto á sexualidade de cada quen, e a historia esa de "un home un voto"e o valor supremo da vida e da xustiza.

O galego, como idioma, está en perigo de extinción, ou polo contra é unha imposibilidade contra os que pensan inútilmente diferente?
Non me gusta ver a palabra "galego" na mesma frase que: perigo, extinción, contra, imposibilidade, inutilmente. Non está, evidentemente, en perigo de extinción. (E se así fose, non se debería falar mal da vaca na feira). Convén si, amar e saber que se pode amar de moitas maneiras. Non fai falta chegar ao bondage. Cómpre ser tolerante e buscar puntos de encontro. Unha lingua dunha ideoloxía, sería suicida. O galego non está nesa situación –nin monopolio ideolóxico, nin perigo de extinción– aínda que por activa e por pasiva haxa quen se empeñe niso.

Nos credos, discretamente onde se sitúa Afonso Vázquez- Monxardín?
Son un laico orgulloso da cultura xudeo-cristiá, por ser esta a que evolucionou ata facer posible que dentro do sistema cultural que dominaba nacese o agnosticismo, o ateismo, a cultura científica, e a groseira blasfemia sen castigo público. ¿Politicamente? Buf. Supoño que algo que combinase o radicalismo á italiana de Emma Bonino e Panella, co movemento libertario, o liberalismo, a raíz socialdemócrata, a esencia galeguista e o pensamento futbolístico de Arsenio. Así de sintético e ecléctico vexo o mundo.

Que libro non escribiches e aínda pensas escribir?
Unha historia de política ficción sobre a época do corraliño en Arxentina e algo en clave optimista sobre o pasado da lingua galega. E do futuro, que carallo.
Poderías facer un autorretrato teu, con palabras e adversidades?Un tipo normal, nada nada delgado, que pronuncia o "erre" á francesa, de sangue A + coma todos, casado hai máis de vinte anos, madrugador, que, como mortal, odia corrixir exames, que se encontra a gusto coa familia e coa vida, viaxeiro vocacional pero nunca turista, que sabe onde tomar un café por 80 céntimos en Venecia, que sempre estudou na pública, amante do multilingüismo, a quen lle gusta cociñar cousas de comer que non de mirar, escribir a pluma, que ten un móbil rosa, e obviamente, como estas frases, un pouco desordenado. As adversidades, mellor deixalas estar que xa virán soas.

Cal é a solución, ao teu sentir, para achegarmos a unha República Popular Galega?
Deus nos libre dunha República Popular Galega! Todas as repúblicas que levaron apelidos acabaron esmagando as liberdades dos cidadáns!¿Por que ía eu desexar que nos achegásemos a tal disparate?

Ten sentido hoxe en día a monarquía entre a democracia?
Resúltame intrascendente a diferenza organizativa entre as xefaturas de estado en Suecia e Finlandia. A monarquía pertence ao mundo da maxia e da tradición. Non vexo o inconveniente en que haxa algo arbitral, non elixible, e que pode ser unha vía útil para algúns temas como a relación coas repúblicas hipanoamericanas. Inda máis, o feito de que sexa España unha monarquía, creo que contribúe a esta relación grazas ao que podíamos chamar, asimetría estética. Ademais ¿quen serían os candidatos con posibilidades á presidencia da República? ¿Aznar e Felipe González? Mellor deixalo estar. O que me resulta antipático é a pervivencia actual de innominadas monarquías absolutas onde o poder real pasa de pais a fillos ou a irmáns, como Corea do Norte, Cuba ou Siria.

Na docencia o galego está en crise?
Evidentemente o galego anda bastante desacougado. Esperemos altura de miras na redacción do novo decreto por parte do goberno e de ambos –goberno e oposición–, altura de miras, intelixencia e flexibilidade na busca de puntos de encontro para sacar a lingua –e a súa promoció–- do debate político. Outra cousa sería suicida. Obviamente.

Que imaxe con palabras poderías ti retratar do tempo, Afonso?
Enténdolle mal as preguntas, ten que desculpar. Para min o tempo ten rostro de guía turístico. En 1979 visitei o Teatro Olimpico de Vicenza. Vinte anos despois volvín de novo e alí estaba el. Antes, un home maduro, lanzal, de ollos gazos, cunha voz penetrante que gustaba de falar alto. Vinte anos depois era un vello decrépito, amouchado, que arrastraba os pés e a fala e tiña imaxe de nazi acabado. Ei-lo tempo.

Soñas cunha República Socialista galega?
Sería un pesadelo. O mesmo que a República Popular. O chamado "socialismo real" foi o que foi. Antes de caer o muro a xente escapaba dun sitio para outro e non ao revés. Igual que a lei prohibe posters de Hitler debía facer o mesmo cos de Stalin. Fóra da xestión socialdemócrata do sistema non hai nada no campo da esquerda. Fóra da xestión liberal do sistema non hai nada no campo da dereita. A cousa é fácil. Os intentos de construír algo mellor que as vellas democracias occidentais foron fracasos sonoros e dolorosos, por un lado e por outro. Logo estou contento onde estou. Perfectible, claro, pero aos poucos.

Escéptico e vital non é unha contradición nos termos?
En absoluto. Son vital porque son escéptico. A vida vou tratando de decidila eu, e as miñas circunstancias, claro. Pero o que dá vida é a dúbida. Non me creo grandes verdades porque mas digan, lea ou vexa na televisión. Os escépticos somos independentes pero non necesariamente indiferentes.

Son inivitabeis as bandeiras como patrimonio dos seres humanos?
Mentres existan estacións de servizo, equipos de futbol e festas nas aldeas, si.
Ah. Tamén está iso da politica. Hoxe aos concellos, rexións, nacións, estados, supraestados, a ONU, a todos lles gusta o desenvolvemento téxtil. Ben. Pero como demostra o Paseo de Elduayen en Baiona, é máis fermoso cando hai moitas de cores combinadas que se son todas iguais. A nosa, branca e azul ten cores bonitas e tranquilas de auga e ceo.

Que tal te levas coa poesía, coa novela, co ensaio...?
Coa poesía, lamentablemente, non todo o ben que debería, Fardel do eisiliado, de Seoane, gústame moito e Novoneyra paréceme marabilloso, aínda lembro algún recital del. Coa novela lévome mellor e son omnívoro. Paseino moi ben no verán coa triloxía de Stieg Larsson e estou pensado en ir a Portugal para compar A viagem do elefante e Caín, porque Saramago, como escritor, gústame moito. Estou debullando O museo da inocencia de Pamuk. Non teño moito tempo para o ensaio, o último tocho, sumamente recomendable, Postguerra de Tony Judt.

O tempo, que é para ti o tempo, Afonso?
Algo que se escorrega entre os dedos das mans, que me fai ver as fillas máis medradas cada segundo, que me vai aconsellando quitar os lentes para enfiar as agullas, que me permitiu enterrar a bisavós e avós e que espero permita ás fillas –e á súa descendencia futurible– enterrarme a min. Ou sexa, o lugar etéreo dos elos entre as xentes e os lugares.

Tempo e vida, cal é a ecuación posíbel?
T x V (s+t+sv+pn) = F. (Ou sexa, o Tempo da Vida, multiplícase por unha combinación de saúde, tranquilidade, satisfacción vital e poucas necesidades e todo iso é igual á felicidade.


43 comentarios:

Tito dijo...

Enhorabuena, Afonso, por tus respuestas a las preguntas siempre enrevesadas y tendenciosas de este hombre.

Saludos,

Tito Saavedra

Cousas leredes dijo...

Yo también me sumo a la enhorabuena a Alfonso Vázquez Monjardín por sus comedidas respuestas a ese talibanciño nacionalista que se cree periodista.

También animo desde aquí a los amigos de este blog a colgar más artículos, si cabe, de Monjardín.

Una poema dedicado al entrevistado de un autor al que cita:

CREDO

Eu creo que iste mundo é moi fecundo
e que hai algunhos ríos hidroeléctricos,
pero que os ventres das doridas nais
sexan montós de trigo,
nunca podrei creelo.

Creo que a lúa é aquela cousa
que está no teito da noite,
pero que o avión que pasa rum, rum,
fungando por enriba, sexa insecto,
nunca podrei creelo.

Creo que os homes pecan sete veces
por sete veces sete cada día,
creo na xeometría,
creo no átomo tan pequeniño,
pero que haxa unhos seres
capaces de leer tranquilamente os xornales
sin sentir tremer de noxo as vísceras,
nunca podrei creelo.
Cambio de tema e por exempro digo:
Elisabeth un ciclón made in U.S.A.
sementou o Caribe de cadavres
Bombas en seta, pun e tiranías,
negro linchado en Little Rock, Arkansas,
os dereitos do home en guerra fría.
Cambio de tema e verbigratia digo:
qué desgracia tan grande ser poeta,
oficio de chorar sin cobrar nada,
oficio de cuspir na mar inmensa
e de chantar pancartas no deserto.
(Poetas conformistas desta terra
­testicular emporio de esqueletes­
mentras o home loita, chora e sofre,
cantade a violeta, a margarida,
e desfollade a rosa reticente
dos vosos mínimos problemas...
decide si a todo e medraredes).
Cambio de tema pra decir etcétera,
etcétera, xa sabes, en voz baixa,
con puntos suspensivos
que ocultan as palabras prohibidas
que loitan por saírme,
que xa me están saíndo
con fórceps de xenreira e de cabreo:
hai algo que está podre en Dinamarca
e fede que alcatrea dende sempre.

Dempois entonarei un gran Tedeum
laudamus optimista pra dar gracias
ao ceo poderoso
que me labrou esí como me vedes,
pedra deixada, cousa estremecida,
canle de tempo e soño. Digo, un home.

SurOeste dijo...

Vou meditar polos carreiros do Pasatempo betanceiro nos posíbeis significados da expresión "asimetría estética" entre a España monárquica e as súas 17 (eran 17?) fillas republicanas.

Anónimo dijo...

Con vinte coma ti Alfonso, este país sería outro e sería mellor. As preguntas de manual; as respostas, de intelectual, dos de verdade.Segue así amigo
Unha aperta

Xosé Manuel Carreira dijo...

O malo nesta vida é que soprar e sorber non pode ser!

Antonio Crespo dijo...

Muy bien Alfonso con personas como tu Galicia estará a salvo de fanáticos de la lengua, la cultura y la política.

Germán Sueiro dijo...

"Esperemos altura de miras na redacción do novo decreto por parte do goberno e flexibilidade por parte da oposición."

Muy bien Alfonso, pero tengo una duda, donde estás tú, porque si no estás ni en el gobierno ni en la oposición...?. No sé...hai gente mal pensada que supondrá que cobras de los dos, y no son palos.
Una apertiña.

Anónimo dijo...

"...as respostas, de intelectual"

Intelectual larsoniano.

Anónima dijo...

Os naZinalistas antediluvianos,coma o entrevistador, son os que esnaquizaron a convivencia pacífica que, desde que se instalou a democracia en España, se mantiña entre as dúas linguas: galego e castelán.
Os naZinalistas antediluvianos, coma o entrevistador,son os que botaron a Galicia, de novo, nos brazos da dereita.
Estes naZinalistas, coma o entrevistador, que coas súas imposicións, intolerancia, totalitarismo e exclusivismo foron quen, cando chegaron ao poder,de conseguir que xurdira a xenreira entre uns galegos e outros e o rexeitamento a todo o que eles tan mal defendían. Pésimos promotores do galego. Pésimos.
Acertadísimas as respostas do entrevistado, tende en conta que as preguntas non podían ser máis simples, tópicas e carentes de interés (son as que os nazinalistas repiten a cotío, non dan máis de si).
Gracias ao entrevistado, e ao entrevistador diríalle: vén por outra!

lobo neghro dijo...

Vexo en MonJardin ( eu como vin de francia sempre lín este apelido en francés),un heterodoxo.
Gosto de ler os heterodoxos do xornal "El Mundo" que se publican baixo a rúbrica "otras voces" os sábados. Este último publicaron unha entrevistas a John Zerzan, politólogo e pensador anarquista.
Os heterodoxos aportan frescor e desconstriñen.

Os que pensaron parecido a MonJardin na época da guerra fría foron crucificados pola esquerda, ou por o pensamento hexemónico que dominaba a cultura. Lembro aghora a Camus ou J.F.Revel en Francia. E hoxe hai que darlles a razón.
A razón no tocantes ó que pasaba detrás do telón de aceiro.

Non por eso todo o que afirmen os "Heterodoxos", sobre todo cando opinan de tantos temas dispares, pode ser considerado co mesmo valor. Son só eso, opinións.

Nas do noso amigo hai audacia, o cal no é pouco, sobre todo para exercer a política onde este valor citado escasea. Eu quero políticos con afouteza, o que dá carisma.
A veces eu véxolle un chisco de exhibicionismo.Tamén se ve moito camiño trillado,reflexións madurecidas e moita cultura.Gostaría também saber que tasa de lectura ten.Cecais o haxa que colocar entre os de capacidade de fotolectura, sexa, os veloces.

E aínda así, tamén lle vexo outras ideas "adheridas" por os colonizadores do subconsciente. Perdoe pero eu empezo a discrepar.Algunhas ideas tomadas á lixeira, verbo, a necesidade das nucleares. O puto lobbie nuclear. Teñoo tan claro que me la suda el cambio climático. Comeronnos o coco co inferno, co ollo de deus-gran-hermano e aghora caeunos a escaseza de petróleo e a bondade das nucleares.

Eu vexo cos meus ollos , e espero que vostedes vivan para velo tamén, desmontar as martavelas dos montes, e rachar os encoros para que remonten as anguias e os sábalos. A enerxía non será un problema no futuro (30,40 anos), se facemos unha correcta e tamén unánime xestión da investigación entre todos.Todos,fora competencias. Os problemas a vir cecais nin os nosos mellores poetas os soñen hoxe.

Claro que hai que aforrar. Entón como se coce eso tendo o sector enerxético en maus de buitres-capitalistas-consumistas que basan a súa xestión no máximo consumo?.
Cando morreu Reinoso-Reino, escapóuselles ó gabinete de prensa o lapsus-linguae: "Que bó era, tiña un plan para doblar o consumo enerxético en dez anos!".Este servidor fartouse de darlles leña ( a Unión Penosa), e aghora vestiron pel de cordeiro e falan en "aforro". Se son lobos, entre nós coñecémonos ben.Fiádevos.

Il non sería máis congruente a socialización da mor parte do sector enerxético?.

Cando relea o texto, podo encontrar outros puntos de discrepancia, pero este da bondade das nucleares, xa me fai saltar porque gañou moito terreo.Demasiado.

Sen máis, parabéns, Monxergas.

Balonga dijo...

Que ben, que hoxe é dia feriado e así a anónima das 12,24 poderá folgar.

Iacobus Von der Stein dijo...

Ata Monxardín podería retrucarse a si mesmo, por iso, so por iso xa é bon.

Xosé Manuel Carreira dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Xosé Manuel Carreira dijo...

Está claro que agora case calquera fala de nucleares, ate os xornalistas e intelectuais mas recomendo a lectura do post técnico de Míguez (que é enxeñeiro industrial):

Sobre o peche de Garoña

ou, dándome autobombo, o meu propio post (eu son enx. de camiños) ao respeito:

Nucleares e dúbidas razoábeis


E sobre a cuestión da lingua, non sendo eu un experto en sociolingüistica e agradecendo a moderación intelectual de Monxardín, sigo dicindo que é moi difícil nesta vida soprar e sorber. Ás veces, mesmo tratando de ser conciliadores, non queda outra que denunciar claremente a implantación do dereito á ignorancia da lingua galega que nos queren vender como laissez faire. Hoxe será o dereito a ignorar o coñecemento do galego, mañá será a obxeción de conciencia a aprender o darwinismo, o big-bang, a física cuántica, a xenética, partes da historia que sexan incómodas, etc... en nome da liberdade á ignorancia.

arume dos piñeiros dijo...

Das preguntas de Vidal eu quédome cunha que me chamou a atención: escéptico e vital, contradicción nos termos, cando para min é redundancia.
Que lonxe estamos, ás veces, uns dos outros!!

Anónimo dijo...

Non han nada máis patético que un converso alardeando da súa neo-fe e, ao mesmo tempo, poñendo a parir aos demáis, iso si, con moita "lucidez" e espírito crítico.

As respostas de Alfonso Vázquez Monjardín (nin "Afonso" nin "Monxerdín") non son nin orixinais, nin de enfant terrible, nin de de heterodoxo de nada. Ó revés: son as da ortodoxia sanchopancesca, satisfeita de si mesma, benpagada, "tranquilidade, satisfacción vital e poucas necesidades" como di el, nesa posición tan "realista" da socialdemócrata que nos goberna, con catro millóns de parados.

As súas observacións sobre o futuro da lingua e o que hai que facer para defendela son derrotistas, desmobilizadoras, aínda que as disfrace de realistas, lúcidas, "independentes" ou dialogantes. É a postura cómoda do "ya os lo decía yo" que se sitúa no xusto medio entre os que desprezan o galego e os que dan o calo pola lingua todo o día de Dios.

Anónimo dijo...

Monjardín es uno de los nuestros, monarquico, español por historia y gallego de ocasión.

P. Outomuro dijo...

Un digno sucesor de la generación Nós, un gran gallego, cultísimo,inteligente y de extremo talento. Para mi que supera con creces a Risco, Otero y Castelao juntos.

Robert Plant dijo...

Pois a min quen me parece un predicador de si mesmo é o tal Villaverde: dogmático, doctrinario, blindado na súa "verdade" e cun punto narcisista só disculpable se fose minimamente lúcido ou, cando menos, un chisco enxeñoso. Pero mada. En realidade sempre fai a mesma entrevista. Estupendo Monjardín.

arume dos piñeiros dijo...

Un dos adxectivos máis utilizados é o de lúcido, co seu correspondiente cualidade. Enténdese que todo o que opina posúe esa característica (claro no razoamento, na expresión e no estilo): pero non sei por qué sempre se emprega cando a opinión do tipo coincide coa nosa.
E non falo de Monxardín, pero é palabro manoseado que xa non significa nada.

arume dos piñeiros dijo...

Aproveito a entrevista con Monxardín para sinalar algo que me parece impide ao galego tomar posición dominante na sociedade: non isa suposta identificación co nacionalismo (que eu comparto, pero non é achacable ao propio nacionalismo que fai diso (como é a súa obriga) a súa bandeira: faltaría máis!!) senón o que parece máis obvio: a identificación con cuestións, temas, asuntos supostamente galegos. Este blog é un bó exemplo: cando se fala de cuestións que afectan ao mundo enteiro por igual, aquí ninguén participa; se o tema ten que ver con algo de nós (ou feitos análogos, verbigracia Euzkadi ou Catalunya), enseguida aparecen os comentarios. O galego é un instrumento de comunicación para falarmos do que sexa, pero sempre estamos dando as voltas ao mesmo muiño e iso, de veras, cansa. E moito. E cansa ao propio galego que non sabe saír deses asuntos, mil veces repetidos.
Mírese un escaparate de libros: hai infinidade de temas que nunca serán motivo de análise en galego. Vexo libros sobre pintura flamenca, sobre os árabes en Europa, sobre Vassili Grossman no frente ruso, sobre a crise económica, sobre o impacto das novas tecnoloxías no xornalismo, sobre Paul Newman ou John Lennon, sobre a forma de tratar a un neno, sobre autismo, sobre a transición. Nunca en galego. Se traducimos, sempre é de ficción (novela, novela, novela) e moitas veces libros que tamén están traducidos ao castelán de forma simultánea. Sinceramente, a min me gustaría empregar o galego para falar de cousas que non teñen nada que ver con Galicia.
Alomenos algunha vez na vida.

arume dos piñeiros dijo...

Por certo, Robert Plant: que facía vostede aquí.

XA, de pe dijo...

Coido que Monxardín é o mais lúcido dos amigos de Marcos.

XA, de pe dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Lúcidos, máis lúcidos!
(Foron as verdadeiras "famous last words" do Goethe)

Anónimo dijo...

Para ANONIMO das 7:05 de hoxe, Inma Conceçao:
Fail. Fail again. But smail better.
Non está mal, eh?
Vémonos en Nazca. Falaremos das intelixentes propostas de Alfonso. Case todos os Alfonsos son bós: Alfonso X, Castelao, Vázquez-Monxardín. Home, sempre hai a excepción: Paso ou Ussía. (Dos Alfonsos Borbóns mellor non falamos, ou?).

apicultor dijo...

Cando se é incapaz de discutir argumentos sempre se entra na burda descualificación ad hominen, como fai o Anómino das 02:01:00 PM. Que se isto, que se aquilo, que se patatín, que se patatán, ... todo con tal de non ir aos argumentos e rebatilos, confrontalos ou matizalos. Isto si que é verdadeiramente patético.Que gran diferencia en relación ás intervencións de Carreira ou de Lobo Neghro, por exemplo.

Afonso (pois Afonso pon no seu DNI se non me equivoco) Vázquez-Monxardín (que creo que tamén lle pon así) expón con claridade as súas ideas, que poden ser, como todas, discutibles, en todo ou en parte. Eu, en particular, discútoas en parte e matízoas noutra parte, mais concordo cunha gran maioría delas. Pero como iso xa o fago cando me cadra tomar uns viños con el, pois voulle aforrar a todos vostedes a molestia de ler un tostón, de resto pouco interesante.

En calquera caso, os meus parabéns por esta estrevista.

Anónimo dijo...

Síntome gratamente sorprendido de que haxa entrevistados capaces de dar respostas intelixentes a preguntas tan necias.
Parabéns, D. Alfonso.

Robert Plant dijo...

Disculpe, Arume, non lle podo dicir que facía aí. Estou moi pouco lúcido. Non o vexo nada claro.

Anónimo dijo...

Yo propongo que Alfonso Vázquez Monjardín se convierta en editorialista e ideólogo de cabecera de esta nueva etapa de cordialidad lingüística de las Uvas. De hecho ya lo es, dada la gran cantidad de artículos suyos que aquí se cuelgan.

arume dos piñeiros dijo...

Unha curiosidade, que só Monxardín poderá satisfacer: foi un tête a tête ou foi vía formulario?

Carlos Ballón dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
amigos de Marcos dijo...

Pídese, por favor, que non se encha o post de spam. É doado detectar que, de tantas intervencións en castelán supostamente laudatorias, unha boa parte deles están feitas a mantenta e con ánimo de cachondeo ou de boicot. Pídese, pois, un pouco de sentidiño (por utilizar unha expresión en desuso). Veña, fáganse bos, por favor.

Un socio de honor del Liceo de Orense de toda la vida dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Amigos de Marcos dijo...

Como hai algún "graciosillo" que continúa a poñer mensaxes lixo, vémonos obrigados a borrar algúns deles. Ademais xa son repetitivos. Por favor, vaiase aos argumentos se se quer e deixémonos de andrómenas. Moitas grazas.

reis dijo...

faga favor, ponnhame outra de orelha e mais uma cunca de vinho. isto e moi duro.

Anónimo dijo...

Pois a min, unha de orella e un menciño en copa fina, por favor.

Anónimo dijo...

Pues a mi me ponen un moruno, que el Monxardín va de filojudio y tiene la mentalidad de un moro.

arume dos piñeiros dijo...

Éche ben triste entrar neste blog e ler estas cousas. Síntoo de veras.

XDC dijo...

Estupendo Monxardín. Pensamento vs Panfle(men)to.


Estupendo tamén Arume no seu comentario do mar 4:23.

lourixe dijo...

Interesantísimo e clarificador o link ao blog de Carreira sobre a enerxía nuclear. Os residuos procedentes das actividades humanas son cada vez máis problemáticos, estamos a converter o noso mundo nunha esterqueira (uranio, CO2, etc). Mágoa tamén de defecacións que polúen algúns dos outros posts.
Canto ao ton da entrevista orixinal, ten un je ne sais quoi de duelo a capa e espada, cabriolas e sorrisos Profident à la Errol Flynn.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
日月神教-向左使 dijo...

成人論壇,080聊天室,080苗栗人,免費a片,視訊美女,視訊做愛,免費視訊,伊莉討論區,sogo論壇,台灣論壇,plus論壇,維克斯論壇,情色論壇,性感影片,正妹,走光,色遊戲,情色自拍,kk俱樂部,好玩遊戲,免費遊戲,貼圖區,好玩遊戲區,中部人聊天室,情色視訊聊天室,聊天室ut,成人電影,成人遊戲,成人文學,免費成人影片,成人光碟,情色遊戲,情色a片,情色網,性愛自拍,美女寫真,亂倫,戀愛ING,免費視訊聊天,視訊聊天,成人短片,美女交友,美女遊戲,18禁,三級片,自拍,後宮電影院,85cc,免費影片,線上遊戲,色情遊戲,日本a片,美女,成人圖片區,avdvd,色情遊戲,情色貼圖,女優,偷拍,正妹牆