POLA DIMISIÓN
DO CONSELLEIRO DE CULTURA
ROBERTO VARELA
O señor conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia vén de facer pública, e non por primeira vez, unha análise da cultura galega temeraria e negativa. Antes xa nos ten ofrecido a súa opinión de que “a cultura galega limita”, unha descualificación da nosa mesma identidade colectiva. Deberemos deixar de ter cultura propia, deixar de sermos galegos para non estar “limitados”? Como pode protexer e traballar a prol da nosa cultura quen se expresa con ese fondo complexo de inferioridade identitario? Non pode. Agora precisou máis o diagnóstico, a cultura galega está “ensimesmada e acomplexada”, expresión claramente ofensiva para os creadores e xestores da cultura de Galicia. Pero que, ademais, indica un descoñecemento claro do estado da nosa cultura, tanto no que atinxe ás obras como ao tecido industrial que as sustenta.
Os abaixo asinantes, autores de obras escritas todas elas en lingua galega que foron merecedoras do premio nacional de literatura nas súas distintas modalidades (narrativa, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, tradución e ensaio), consideramos que isto, coma as outras moitas distincións e consideracións que as obras da nosa cultura veñen tendo en toda España e fóra das fronteiras do Estado, negan a insultante e despectiva cualificación do señor Conselleiro.
Estamos verdadeiramente asombrados e fartos de que o conselleiro de cultura do goberno galego desprece sistematicamente a cultura galega, como un auténtico “bombeiro pirómano”.
Consecuentemente, para que desapareza esta pasmosa anomalía, pedimos a dimisión ou cese
inmediato de don Roberto Varela como Conselleiro de Cultura do goberno de Galicia, dado que o seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa. El ha ser máis feliz lonxe de todos nós, “limitados”, “ensimesmados” e “acomplexados”, e todos nós recuperaremos unha situación que teña un mínimo de cordura.
Alfredo Conde (Premio Nacional de Narrativa, 1985)
Paco Martín (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1985)
Antón Santamarina (Premio Nacional de Tradución, 1988)
Xabier P. DoCampo (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1995)
Manuel Rivas (Premio Nacional de Narrativa, 1996)
Fina Casalderrey (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1996)
Manuel Lourenzo (Premio Nacional de Literatura Dramática, 1997)
Suso de Toro (Premio Nacional de Narrativa, 2003)
Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática, 2007)
Manuel Rivas (Premio Nacional de Narrativa, 1996)
Fina Casalderrey (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1996)
Manuel Lourenzo (Premio Nacional de Literatura Dramática, 1997)
Suso de Toro (Premio Nacional de Narrativa, 2003)
Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática, 2007)
Agustín Fernández Paz (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2008)
Xusto Beramendi (Premio Nacional de Ensaio, 2008)
Xusto Beramendi (Premio Nacional de Ensaio, 2008)
68 comentarios:
Parabéns aos escritores. Falan alto e claro.
Así que a cultura galega "limítanos", súmenos, consúmenos, abócanos ao "ensimesmamento", mantennos "acomplexados" e amarrados á elementalidade da enxada aldeana que levamos entalada na cabeza, impedíndonos despegar, rachar con nós mesmos, ver mundo, ser outros, acceder a cuotas mais altas de cultura e modernidade, desprendernos desa bestialidade elemental que nos tolle e imposibilita para ver alén dos nosos "límites", "complexos" e "ensimesmamentos". Vaites, vaites, co flamante conselleiro de cultura ilimitada, desacomplexada, desensimesmada. Mira que levan tempo querendo liberarnos do noso "pailanismo intrínseco" e non o dan conseguido. Se seremos cacholáns, tercos, estercos, teimosos, insensíbeis ás palabras cultas do conselleiro que quere facer de nós uns homes novos e avanzados. Abramos as orellas e o entendimento, poñamos todo o que podamos da nosa parte, renunciemos á crítica, deixémonos levar polas suas palabras tecnolóxicamente avanzadas e cheas de modernidade, non teimemos nos nosos "límites" e "complexos", para que non teñan que chamarlle "desensimesmador" fracasado.
Pero como vai potenciar a nosa cultura unha persoa así?, como a vai defender no exterior?. Para este señor ainda non saimos do socialrealismo, el que ven do Fluxus e de escoitar Morton Feldman.
Que se vaia, e canto antes!
Que Conde pida tamén a dimisión rehabilitao aos meus ollose supoño que ao de moitos outros, agardo que siga escribindo no noso idioma.
parabéns¡
Bueeeeeeeeeno.
Tiven que ler dúas veces o párrafo do "bombeiro pirómano". Lera o "toureiro bombeiro" por deformación profisional e pareceume caralludo.
Despois entendino mellor, pero perdeuse aquela cousa satírica que sempre presta.
Xa debe estar o asunto moi mal cando Caneiro tamén lle pide rectificar. Claro que tamén pode ser para chamalo sabio con condicionada perífrase.
Lembremos hoxe que un 27 de Xaneiro liberábase o campo de >a href"http://www.youtube.com/watch?v=d3QL0Muqnfg">Austwitch>/a>
Lembremos hoxe que un 27 de Xaneiro liberábase o campo de >a href"http://www.youtube.com/watch?v=d3QL0Muqnfg">Austwitch>/a>
Austwitch
Excelente o dos escritores. O de Varela, é outra desgracia que lle acaeu ao país.Grande dose de incultura a sua.
Di todo iso, levanta críticas e non pasa nada. O peor deste país é o autonoxo. buaggh!
La gente no es consciente de lo bien que se vive en España y en Galicia.
Entrevista de hoxe na Voz.
Por respecto, escríbase ben o nome do lager.
Díxome o outro día un psiquiatra amigo na manifa: "Non hai peor cousa que un tonto que saiba inglés".
manifa é castelanismo, en galego dise manifestación
De ningunha maneira. En galego é "mani".
Pois a min non me parece que as declaracións sexan tan graves. Se cadra imprudentes para tratar cun establishment cultural moi poderoso e conservador. Pero descontextualizar o que di, sobre o que lle preguntan é vella táctica periodítica.
El amigo da Cristina Pato e do Paco Leiro sabe ben da internacionalización do mellor da cultura galega. Se cadra non se expresou ben, pero tampouco creo que se trate desa autocomplacencia de dicir que todo está óptimo e que o único mal do país é o PP. Que a cultura vai vento e popa e toda vela. Certo qeu temos bos escritores -unha literatura grandiosa para 2 millóns de falante e uns poucos de centos de miles lectores potenciais-, bos pintores -moi ao día para vivirmos neste recuncho lonxe dos grandes eixos Berlín-París Londres-, bos músicos con proxección internacional, claro que os hai. E o mellor é que son os máis apreciados, etc.
Un pouco de lingua solta, este conselleiro, tal vez, pero de aí a definilo como un dos males uqe lle caeu ao país, hai un cacho.Creo que ía máis nesa liña de desexo de apertura, de superación de complexos, etc. que un menos prezo a todos nós). Nin nos somos papanatas nin o conselleiros un inimigo do pobo galego. Houbo un malentendido. Levaba tempo fóra e non sabía das susceptiblidades da terra. (Tararí, tararí, Veñan os gardiáns da ortodóxia a dar caña a este sacrílego)
E un xamón! En galego normativonormalizadoanémicobilingüeharmónicofeijoovaleriano sempre foi manifestaçâo. O resto son deturpacións noxentas. (Sei que existe unha maneira de conseguir que o computador -olé!- poña o moño luso, pero eu non sei como se fai).
Da Cova, capullo, que fixeches, lambón, coas miñas exhibicións canoras? O malo é que eu non sei como acceder a elas. Xa me dirás. Quéimanme as ganas de verme e oírme.
O Ribeira do Douro do amigo Saavedra era propicio para o bel canto.
Saudos, compañeiro.
Adicado a "O mesmo":A familia e a terra.
Varela será competente no que sexa, pero a cultra galega polo que di non a ten en estima, ata parece resultarlle molesta. O mellor sería que se fose, pero o cargo ata, as influencias, e ser claro, con todo, todo un conselleiro, o futuro ábreselle mais, e el está disposto a sacrificarse, a "lidiar" coa acomplexada e limitante cultura galega.
Polo ben d todos, Varela vaite!
Hainos que teñen o servil costume de desculpar todo, todito, todo, que faga o goberno popularra, a ver se cae un cargiño ¿ou?
Cando chegou, aínda metidos na decepción electoral, o tal Conselleiro de Cultura parecía un pepeiro especial; aspecto tímido, ganas de facelo ben, escaso coñecemento da cultura galega. Aínda manteño aquel diagnóstico inicial, integramente; pero o último aspecto, coa suma do parece que evidente pouco apego á cultura escrita en galego e mais un distanciamento que non parece quererse corrixir, estraga o balance sen amaño probable. Eu non me alegro; xa que temos aínda tres anos co PP, prefería algo coma este antes ca outro Pérez Varela. Pero éche o que hai, xa o dicía o outro.
Mesmo, o viño élle Douro, non Ribeira do Douro. Estimula, va que si?
Apresúrome, xa que logo, a deixar ao Douro sen ribeira. En calquera caso, estimular, estimula, á vista está.
É unha lástima que, ademais dos meus pouco harmónicos orneos, non se recolla no fragmento colgado a visión que tiña o avó da miña muller sobre esta peza. Un vello ex policía armada, que viviu toda a súa andaina da orde pública penso que en todos os diversos réximes políticos que pasaron por aquí, excusado o postfranquismo ó que non deu chegado. El pensaba que esta cantiga debera ser o himno galego. Gustáballe, sen dúbida, a familia e a terra onde nacera. E falaba galego seguido, e máis lle valía, pois cando pasaba ao castelán a desfeita era boa. Tamén é verdade que espandroiaba coa risa cando lía os Santos Evanxeos, na primeira versión galega do padre Espiña e compañía á súa muller, a avoa Genoveva. Algo cómico debía ter para aquelas xeneracións a Palabra de Deus, porque cando lle pedín a D. José, esgrevio párroco de Begonte que batizase unha das miñas fillas en galego, contestoume:
-O bautizo, aínda. Pero a Santa Misa, nin falar. E como te rías...
Pregúntome se todo iso estará hoxe superado.
O conselleiro este e mais Feijóo...
Esta xente veu poñer orde. Esta xente é preconstitucional. Non poden asumir -admitir- a idea dunha España plural con todas a súas consecuencias. Xa hai moitísimo tempo que os constitucionalistas deixaron claro que a nosa Lei Fundamental ten vocación federalista. Pero eles non.
Ocórreseme comparalos coa Igrexa posterior ao Vaticano II. As xerarquías téñenlle medo ao Concilio, as reformas que propugnaba, á Igrexa que debería resultar de aí. Téñenlle medo. O Espírito fala nos signos dos tempos, dicían os pais conciliares. Pero agora non queren escoitalo. Ponlles medo. Non saben qué facer. E involucionan. Péchanse sobre si mesmos. O medo paraliza. Pero tamén torna agresivo a quen o padece.
Pois estes elementos da dereita española, igual. Teñen medo á Constitución e ao Estatuto. Teñen medo ós signos dos tempos. Actúan desde o medo aos cambios.
Ben, como din na miña aldea, perdonar por todo.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega,
(..) comparte o seu reclamo da
necesaria valoración responsábel e obxectiva para a cultura galega, pensada e (re)creada en galego, entendéndoa sempre integrada nun escenario permeábel e aberto ao mundo desde a procura da necesaria reatroalimentación que comeza polo
coñecemento, apreciación e dignificación do propio.
E iso que puxen unha paréntese...
Aínda que me parece que ao Conselleiro de Cultura a cultura non lle sobra e máis ben ten falla dela, estou totalmente dacordo co artigo de X. Luis Barreiro, que aparece na Voz de Galicia de hoxe, e que copio e pego.
Teoría general de las culturas ensimismadas
Fecha de publicación:
Jueves 28 de enero de 2010
Si uno se planta en Madrid, y afirma que la cultura española está ensimismada, y que rezuma complejos e impotencias frente a la ola anglosajona, nadie le hace el más mínimo caso, y, a no ser que el autor de las declaraciones fuese un mediático profesional -estilo Belén Esteban-, o un nacionalista de los llamados excluyentes ?-como Carod-Rovira-, ningún periódico ni hoja parroquial daría cuenta de tan libre arremetida.
Pero en Galicia las cosas son distintas, y bastó una más que tolerable opinión del conselleiro Roberto Varela para que la intelectualidad pusiese el grito en la Vía Láctea y exigiese la dimisión del autor de tan nefanda herejía. Y por eso conviene pescudar un poquito en el tema para saber cuál de los dos comportamientos es el desviado, y en qué se fundamenta tan ostensible diversidad de percepción y criterio.
La razón por la que a los madrileños les da igual lo que se diga de la cultura española es que la cultura española no está ensimismada, ni tiene complejo alguno, y por eso la diatriba le hace el mismo daño que le hacía a Einstein que le llamasen ignorante, a Gasol enano, o a Cameron Díaz adefesio. Y la razón por la que los gallegos nos sentimos ofendidos por las apreciaciones del conselleiro Varela es que la cultura gallega está profundamente ensimismada y acomplejada, y por eso la diatriba nos produce el mismo daño que sentiría Camilo Alonso Vega si le llamasen ignorante, o Sarkozy si le llamasen enano, o a Anne Ramsey si le llamasen adefesio.
Yo también creo que, a pesar de sus brillantes y competitivas excepciones, la cultura gallega está ensimismada, que vende más por gallega que por cultura, que está llena de tutores que nos dicen lo que tenemos que hacer y adónde debemos ir, que gira siempre sobre los mismos temas, y que necesita un baño de internacionalización, pluralismo, diversidad y desacralización.
También estoy convencido de que la cultura padece un desequilibrio literario que la llena de moho, y que está presa de la condición de hirmensul de la nación gallega que -en detrimento de una Galicia real que se expresa en la ingeniería, la medicina, el cine, la música clásica, la arquitectura, la historia, la pirotecnia y el periodismo- se han atribuido los escritores. Creo que la confusión subyacente entre la cultura gallega y la cultura hecha en gallego, o sobre temáticas con marchamo de galeguidade, empieza a ser perniciosa. Y creo que a la cultura gallega le hacen mucha más falta los revulsivos que las medallas, los críticos que los aduladores, y los posmodernos que los clásicos serodios.
Y por eso concluyo que si el conselleiro quiere dimitir -cosa que él verá- en ningún caso debe ser por lo que libremente piensa y dijo.
A cultura gal... perdón a literatura galega é unha cousa crítico-endogámica (yo te adulo si tú me adulas y todos nos adulamos), ultrasubvencionada (bibliotecas, emporios xunteiros, etc) e xa que logo hipersobredimensionada para os lectores que ten, que magnifica a uns autores pouco ou case nada traducidos cara a outras linguas (o cal xa nos fala do nivel medio de calidade), vendida a uns prezos abusivos (se a comparamos co que nos custa unha novela en español ou francés ou inglés), promocionada como se descubrisen un Kafka e un Joyce cada mes.
Eu estou cunha tranca de sete estalos enriba de min e non sei que carallo fago levantado desde as seis da mañá, despois de sudar coma un porco durante toda a noite, sen saber se durmin ou non durmín durante toda ela. Así estou. Así que debo estar ensimesmado e, desde logo, acomplexado y, seguro, seguro, limitado, moi limitado. Non sabedes o que me gustaría ser Joseph Conrad. Ser polaco e escribir en inglés.
Por certo, iso de ser polaco deberíavos ser algo moi feo, porque o desgraciado personaxe da novela Miau de Pérez Galdós, un canario que vivía en Madrid e escribía en castelán para non estar ensimesmado, nin acomplexado nin limitado, aínda que non sei como lle iría como aplacador das fogaxes de dona Emilia, pois o personaxe ese, digo, non facía máis que quixarse de que todo era una polaquería, e non parecía que fose nada bo iso da polaquería.
Hai anos, moitos xa, solucionaba estas incómodas situacións metendo a man na gorxa e liberando as volturas estomacais. Quedaba novo. Agora non hai maneira. Lín un día no País un chiste en tres viñetas que viña a dicir algo así: antes tiña resacas, agora teño convalecencias.
Miña nai, miña naiciña faloume sempre en castelán, meu pai tamén, e todos os meus profesores ata que topei con don Xesús Alonso Montero. Non obstante, na miña casa había un exemplar de Os dous de sempre que eu lin cando tiña once ou doce anos. Nunca entendín porque o coitelo co que o tipo quixo asasinar á sogra no penetrou nas súas carnes. Aínda que fose romo, empuxando ben... Estaría ensimesmado, acomplexado e limitado. Ao Rañolas foille peor. Despois accedín a Begonte e daquela o galego cobrou carta de natureza. Alí non había nada impostado, nada artificial ou artificioso, nada distanciado ao estilo brechtiano. Alí o galego era A LINGUA. O castelán só funcionaba na Santa Misa. Nada máis. Igual ca hoxe. Igual.
Saúde, compañeiros. Saúde.
Asdo.-Xoán Ramón Díaz. Para servirlles no que gosten mandar.
Xoán Ramón Díaz (que só disimula con efecto nominal: antonte vímoslle as barbas cantando, hoxe subscribe) publicou dúas novelas negras cun tipo peculiar de pseudodetective (Manolo Meiriño) malvivente onda a Porta do Carme e outros personaxes pouco ensimesmados; con excepción talvez dunha especie de oráculo que en todo caso tira de xenio ao final da primeira entrega.
Que quererá dicir 'acomplexado'? Que amálgama de miserias psicolóxicas atesoura o colectivo literario galego, ese grupo de exercitantes que case nunca comen do que escriben e en todo caso pouco ingresan aínda que a Xunta lles difunda algún cento de exemplares? Sería conveniente -ou quizá só ilustrativo- que quen formula a lei do ensimesmamento adxuntase a proba.
Digo polos presentes. Xa que na presunta evidencia do ausente Barreiro detecto unha confusión de adxectivos; ensimesmada ou non, a cultura española é normal (ben, se cadra menos cando fala o Carod ou outros réprobos: digamos 'normalizada', logo), o seu produto e sistema literarios teñen audiencia millonaria e non levan canda si un estigma radicado en minusvaloración lingüística -o produto- e cuestionamento como realidade existente -o sistema- ou conveniente.
O escritor galego contemporáneo herda a carga da ilexitimidade que parte substancial das 'élites' sociais decimonónicas lle conferiu e boa parte dos sucesores destas mantiveron con dilixencia ou diletancia. Ten que asumir o analfabetismo funcional de boa parte da poboación canto á lingua na que el escribe, e aínda a dificultade para que o actual estudante de primaria e secundaria acade unha boa competencia lectora. Ten que escribir sen contar con remuneración económica. Por ende o sistema, en tales condicións e segundo determinadas análises, para xustificarse como tal debe producir unha notable cantidade de fenómenos; xaora, sen apoio dun aparello de estado e sen que os autores 'menores' teñan dereito a auga ou compra oficial de exemplares: ciceróns, tolstois ou nada (ben, tamén valen paulausteres). Tal parece o estado das cousas pretendidas ou evocadas.
E ben, cando once escritores laureados -por España- se pronuncian perante unha lixeireza (de home político ou titular mediático) que fai valer prexuízos non periclitados, un seica os alcuma de árbore sagrada, só encontra na literatura actual 'marchamos de galeguidade' e trae misteriosamente a conto a pirotecnia ou enxeñaría; outros citan a tradución como proba de algodón da calidade, ven desmesura promocional onde eu só vexo insuficiencia se cadra mal xestionada e non sei se, en última instancia, esixen kafkas a prezo de saldo en edición de dous mil exemplares.
Pois miren que eu encontro termos moito máis do merecido ou colectivamente sustentado. Ora que isto, coma o outro, pode falarse.
Eu te adulo se tu me adulas, eu vino coa proliferación de "fillos predilectos". Eiquí en ourense son un grupo que se apoia os uns nos outros e andan percorrendo varios concellos decadentes como eles mesmos. Non deixa de ser política de imaxe, de cartón pedra.
Despois da premisa de que un conselleiro non debe dicir o que dixo, so pena de cartas de demisións, reprobacións e tutti quanti, a cuestión que plantea Barreiro sobre a propia consideración do que entendemos por cultura galega xa foi tratada neste mesmo foro hai tempo.
Varela, ao comezo desta lexislatura, nalgunha das entrevistas que lle fixeron, recalcou moito a necesidade de escapar dunha identificación entre cultura galega e aquela escrita en galego e sobre temática galega, que é o que di (aínda que dun xeito algo confuso e, desde logo, fácilmente desarticulable) no artigo Barreiro. Non entro nesas consideracións do ensimesmamento e acomplexamento (froito dunha educación dominada pola ilusión de comprender a sociedade baixo a forma de consulta sicoanalítica), pero si na necesidade de remover e explicar que é cultura galega, que debe entrar ou non entrar nese marbete alén dos textos escritos en lingua galega (visto que Galicia como tema non é admisible) que son literatura na maior parte dos casos. Escultura galega, música galega (sen lyrics), pintura galega, museos galegos...
A min me gustaría que se aclarase ese concepto, polo menos neste foro, entre amigos, e cun nivel de informalidade rigorosa, como todo o que acontece nesta solaina algo fresca ultimamente.
Ese non é o debate que plantea Barreiro no seu artigo e tampouco son esas as verbas máis oportunas para o caso lamentabilísimo que comenta o anterior anónimo sobre o atentado contra Blanco Valdés. Sinto moito discrepar completamente con vostede.
"Belén Esteban-, o un nacionalista de los llamados excluyentes ?-como Carod-Rovira-"
A esta lista hai que engadirlle un Ministro de Cultura ou Conselleiro.
Porque quen fai estas declaración é unha autoridade política con responsabilidades no ambito da cultura.
Aclarado esto todo o resto da argumentación sobra, é pura demagoxia, terxiversación e falsedade. Barreiro defende sin fundamento algún unha agresión a cultura galega practicada por quen en pricipio ten a obriga legal de defendela.
Barreiro mostrase neste artigo como un mercenario. E pensar que Quintana lle encomendou a responsabilidade da redacción do Novo Estatuto de Nación, e que Beiras o protexeu. Revelase como o que sempre foi un felón e un corrupto.
Eu sospeito que o que busca Barreiro é protagonismo neste asunto.
Parte dunha premisa totalmente errada:
“Si uno se planta en Madrid, y afirma que la cultura española está ensimismada, y que rezuma complejos e impotencias frente a la ola anglosajona, nadie le hace el más mínimo caso, y, a no ser que el autor de las declaraciones fuese un mediático profesional -estilo Belén Esteban-, o un nacionalista de los llamados excluyentes ?-como Carod-Rovira-, ningún periódico ni hoja parroquial daría cuenta de tan libre arremetida.
...
La razón por la que a los madrileños les da igual lo que se diga de la cultura española es que la cultura española no está ensimismada, ni tiene complejo alguno, y por eso la diatriba le hace el mismo daño que le hacía a Einstein que le llamasen ignorante, a Gasol enano, o a Cameron Díaz adefesio.”
Posibelmente se fose el ou eu quen afirma o anterior, ninguén lle daría a menor importancia, mas se o fai o ministro de cultura provocaría un rebumbio político e mediático considerable.
Imaxinemos que a ministra do ramo, en lugar de facer plans costosísimos de promoción do cine e da literatura en español , se puxera a desprestixialos argumentando a súa escasa orixinalidade ou calidade e a incapacidade para competir nos mercados internacionais.
Aínda así, non é certo que a cultura española non teña problemas e que non estea necesitada dun inxente apoio institucional para proxectarse (fóra e mesmo dentro do país)
O esforzo do estado na súa proxeción, é coñecido e a súa situación actual tampouco é tan boiante. Todos sabemos que a literatura española( fóra de casos moi puntuais) non se le no exterior e apenas se traduce.
O ministerio promociónaa por medio da revista New Spanish Books e os libros traducidos ao inglés no Reino Unido, no ano 2007, foron 93 (26 clásicos, 67 contenporáneos). No entanto en España, (con cifras do 2004) o 24 % dos libros publicados eran traducións de outras linguas europeas (máis do 60% do inglés)
Según o New York Times, dos 185.000 libros publicados en EEUU en inglés en 2004, sólo 874 eran libros de literatura adulta traducidos.
O ministerio de Cultura español financia o coste das traducións e subvenciona as edicións nestes paises. Aínda así, os resultados son penosos.
Por certo, un dos escritores máis traducidos é Manolo Rivas (dos 15 máis traducidos), a pesar de formar parte dunha cultura acomplexada e ensimismada e tratar temas preferentemente galegos.
A cultura de masas española é, en gran medida anglosaxona. Algúns poden confundila con cultura propia porque en gran medida está traducida e adaptada, pero é xenerada fóra do país, noutro ámbito cultural. Nos somos meros consumidores.
Blanco Valdés goza de tribunas mediáticas envexables onde para o meu considerar abusa dalgún argumento; como polemista público adoitaba invadir o tempo e intervención dos contertulios, e iso máis agradable non o facía. Pero ten tanto dereito de vivir tranquilo na súa residencia coma calquera de criticarlle modos ou conceptos: todo o dereito, tendo en conta por ende que aquel seu é máis básico e imprescindible ca este. Resulta xa que logo, e en efecto, lamentabilísimo o episodio evocado aquí, por outra banda notablemente alleo a este debate non sendo que un imite a Feijoo, adláteres e mediática adxacente no caso da bandeira ardendo e superposta a moitos miles que non queimaban nada para soster a lingua galega. Viva logo tanquilo o catedrático-columnista, diga o seu discurso e sigamos nós co noso.
De Barreiro, a min chámanme máis a atención determinadas simplificacións có obxecto do comentario. Non alcanzo, por certo, cal poderá ser este, e vénme ao acordo aquela valoración recorrente do Apicultor, que se non me engano reputábao de impostor acomodaticio ou cousa así ao manter eu opinión máis positiva: era cousa de entender certas variantes no pensamento como cambios de enfoque nunha mente libre, así en principio. Desta volta, porén, custa non recear algo do extremismo: Barreiro non pode ignorar que os literatos galegos están lonxe de ser ou pretenderse druidas na carballeira de San Xusto; se tal opinase, desde o meu humilde punto de vista quedaríalle en dúbida non a ética, o rigor e agudeza da mirada.
Son problemas, ao mellor, do curto das columnas e excesivo gusto pola retórica; metáfora e metonimia, xaora, poden dar en hipérbole. Como for, non sei se aquí, para Barreiro Rivas, funciona a esencia da cultura galega recurso literario ou motivo epistemolóxico.
Que é cultura galega, me preguntan, e manda moito truco para quen universidade e estruturalismo fixeron por cambiarlle o vello sentido das esencias, entre máis deconstrución ca construción e quizá tantas ausencias ou contrariedades coma trazo característico. Houbo tempo e xente para quen ambos termos non debían resultar moi compatibles: ou era a cousa culta ou galega, e posiblemente non todas as conexións daquel principio foron xa desactivadas; veu despois aceptación de que unha forma menor de cultura -a popular- podía ser galega, e algo despois algún Cunqueiro podía ser xenial na súa rareza e utilizar na escrita a lingua do país. Cultura galega segundo certa visión.
Na lóxica evolutiva que leva do Rexurdimento a Nós, e a través dos Anos Escuros ata o concepto, sentido e produción dunha cultura nacional e contemporánea, fóronse consolidando certos contidos implícitos: o idioma galego é alicerce central e trazo indiscutible, tamén un sentido da terra, a xente e o país; este segundo aspecto, aínda formulado noutro idioma e particularmente en castelán, non sería literatura galega pero tería conexión con ou na cultura propia: en casos particulares, implicando extraordinaria relación entre galego e non galegoescribinte, considerado este a miúdo 'un dos nosos' cando a actitude era, como mínimo, non prepotente nin desvalorizadora.
E pasan os setenta, e vinte anos máis, e outros dez. Calquera cultura, calquera literatura acceden, desenvolven, asumen o contacto intercultural, fenómenos de fusión ou 'mestizaxe', novelas en galego conteñen historias que non tocan este país nin como referencia casual. A cultura galega vive e é proba de vida preguntármonos polo seu carácter.
E pertence Amin Maalouf á cultura francesa?
Zoé Valdés á cubana?
Ten Saramago que ver coa cultura española?
Segue a ser o idioma galego referencia inescusable da cultura do país?
Hai quen sente o idioma galego como equiparable ao lacón con grelos?
Fa cultura galega Manuel Martínez Barreiro e a actual Mercedes Peón?
Se queren, contesten as preguntas metonímicas. Probablemente adiantaremos algo.
Joseph Conrad representa a literatura polaca?
Iso non é unha aldraxe cara a Conrad, pero coido que ninguén identifica a Conrad coa literatura polaca.
Da mesma maneira, o feito de non identificar a certos autores coa literatura galega non é "ensimesmar" á literatura galega, nin supón aldraxe ningúnha cara estes autores.
Dito isto, ¿unha obra escrita en castelán pode ser considerada unha obra da literatura galega?
Eu coido que, obviamente, non. E iso non resta honorabilidade -nin galeguidade, se a ten- ao escritor que a pariu.
Hai xentes que teñen a sensación de que os escritores galegos cobran subvencións por escribir en galego. Que cada mes a Xunta lles envía un sobre con cartiños frescos. Esa visión cabrona é alentada dende a dereita madrileñista, así como outras parvadas como a de que "es fácil publicar en gallego". Imbecilidades que repiten tanto como aquela do "dous ao caldeiro" para se referir a "dous ao cubo" (que alguén me contou como verídico, e mesmo se anoxou comigo cando lle afirmei que era falso).
O grave do caso é que o CONSELLEIRO DE CULTURA, que ten por misión protexer, alentar e estimar a cultura galega, semella que entende o seu traballo ao revés.
Sentíndoo moito, coido que a demisión é a única saída digna.
Eu planteo o asunto fóra da literatura. Nas manifestacións culturais que non precisan da lingua como instrumento. Desas falo e desas fala Barreiro no unico aspecto que me interesa do seu artigo (bastante precipitado e por iso inxusto).
É cultura galega Francisco Leiro? Din Matamoro?
Concordo, no básico, co que di o amigo Saavedra (aquí González).
...e o ex ministro, pertence á literatura española?
clic
Una novela escrita en galego que se desenvolva integramente en Alfa Centauro con habitantes nativos, pertence a literatura galega?
Claro que si!
Mais,
É norteamericana a pintura de Jackson pollock?
É italiana a música de luciano Berio?
Son francesas as esculturas de Daniel Druet?...
Os estados expenden identidades tamén as obras de arte, nesta doación de identidade as mais das veces arbitaria xoganse interses ecónomicos e políticos e as nacións que non temos estado vemos reducida e dificultada esta capacidade de adscribirnos identidades artísticas.
Xosé Luis Barreiro Rivas é un completo analfabeto na apreciación de obras de arte, seino de boa tinta, polo que se propón o debate non é polo que el teña que aportar senón por outros intereses menos confesabeis como a pura peloteria a estes malos aprendices de neocons do PP.
O Conselleiro Varela ten demostrado sobradamento que non coñece a cultura galega e que non se sinte motivado para coñecela, actitude moi respetabel se non fose o Conselleiro de Cultura, polo que a súa dimisión xa tarda en producirse porque a súa presencia, sobra, molesta e comezar a resultar irritante.
Una novela escrita en galego que se desenvolva integramente en Alfa Centauro con habitantes nativos, pertence a literatura galega?
Claro que si!
Mais,
É norteamericana a pintura de Jackson pollock?
É italiana a música de luciano Berio?
Son francesas as esculturas de Daniel Druet?...
Os estados expenden identidades tamén as obras de arte, nesta doación de identidade as mais das veces arbitaria xoganse interses ecónomicos e políticos e as nacións que non temos estado vemos reducida e dificultada esta capacidade de adscribirnos identidades artísticas.
Xosé Luis Barreiro Rivas é un completo analfabeto na apreciación de obras de arte, seino de boa tinta, polo que se propón o debate non é polo que el teña que aportar senón por outros intereses menos confesabeis como a pura peloteria a estes malos aprendices de neocons do PP.
O Conselleiro Varela ten demostrado sobradamento que non coñece a cultura galega e que non se sinte motivado para coñecela, actitude moi respetabel se non fose o Conselleiro de Cultura, polo que a súa dimisión xa tarda en producirse porque a súa presencia, sobra, molesta e comezar a resultar irritante.
Corrección onde di:
"Os estados expenden identidades tamén as obras de arte"
debe dicir:
"Os estados expenden identidades tamén as obras de arte non lingüisticas"
Posiblemente nin se falase de cultura galega de non ter existido e actuado o galeguismo; ao mellor, que arestora sexa concepto de circulación corrente é un dos patentes éxitos do movemento.
No seu carácter e empeño identitario, os galeguistas promoveron unha arte con temas, volumes, cores e motivos entroncados ou conectados co país presente, coa súa historia e a miúdo procurando renovación de formas e linguaxes; a lingua propiamente dita, xaora, formaba parte indisoluble do todo, e unha visión particular da sincronía e diacronía actuaba como cemento. Asorei, Gómez Román, Laxeiro... Díaz Pardo. Por ende e en todo caso, posiblemente non se lle negaría a Ovidio Murguía pertencer cando menos en parte á cultura galega.
Pero a vinculación 'étnica' como criterio básico é cuestionada xa na vangarda e con Manuel Antonio. Nos setenta, Reimundo Patiño mesmo militaba na UPG e ben verán o seu cómic. E a seguir.
Non é ter nacido aquí (non nacera Tomás Barros). Mesmo residindo aquí un pode manterse voluntariamente alleo á cultura galega. Un artista que refuga toda conexión ou influencia ben pode ser considerado 'de aquí'. Noutros casos, o criterio pasará por imbricacións, relación ou interacción coa sociedade... Non sei se toda a obra de Leiro ciscada polo mundo debe ser circunscrita na cultura galega, da que obviamente 'O Sereo' forma parte; por min, se el quere, eu encantado. Díaz Fuentes, por exemplo, non sei se estará interesado.
Desculpen o inciso, que non pretende secuela: por isto, ao Bloque puxérano verde. Haxa boa noite.
É para XMG galeguismo sinónimo de nacionalismo?
Era arte español o do Greco, do Bosco e o de Picasso ?
Non.
Non puxeron a caldo ao BNG polo que di o artigo -co que podemos concordar- do enlace sobre os horarios que nos propon XMG senón por pretender establecer un novo fuso horario local.
A arte ten unha vocación universal, pero a súa xestión é local, estatal, e depende dos poderes políticos, politicoculturais, que lle endosan etiquetas incluso a mesma categoría de arte segundo Dickie.
A polémica ten que partir da consideración de que Galicia non ten un estado dende o que xestionar a súa cultura, polo que a situación non pode ser equiparabel a outras culturas que si o teñen.
A arte pode ter unha vocación sublime pero a súa xestión é moi pedestre. Así que Arume non pretenda sublimar a adscripción de indentiades nacionais/universais, como se dependese dun ente metafísico, omitindo a realidade das relacións da xestión artística.
Claro, home, agora te entendemos: que Galiza teña un estado para que subvencione a tipos con ínfulas de intelectuais coma ti. Pedestre de cojones, si señpr.
UC leva o caso ao terreo que a min (e sobre todo ao conselleiro) me interesa.
Suposto.
Supoñamos un hipotético ano do século XXI: eu que sei, poñamos centenario de Luís Seoane, de Carvalho Calero, de Torrente Ballester. Entidades privadas ou públicas diríxense ao Conselleiro dunha suposta comunidade autónoma, berce, ao parecer de todos eles (mesmo dous deles son do mesmo lugar, un suposto Ferrol) para solicitarenlle axudas e subvencións para actos, homenaxes, trípticos, exposicións.
Hai no peto da Consellería, por unha casualidade histórica (aínda que todas as casualidades dan en ser históricas), 300.000 euros.
Problema: como repartimos eses cartos?
Esquecín:
Teñen como comodín consultar ao CCG.
Tamén poden recorrer a enquisas.
Tamén poden chamar a un amigo (intelectual de tronío, se queren) na casa que lles pode axudar na decisión.
O prazo remata a próxima semana.
Imaxinemos tamén que os 300.000 euros fosen do Ministerio de Cultura e a encargada de distribuilos a universidade de Salamanca.
A suposición resulta tan atractiva como extremadamente improbable: non tanto como que a Universidade de Salamanca solicite deses 300000 euros da consellería de cultura galega unha parte para unha exposición sobre Fonseca e Salamanca. Por poñer un exemplo.
140 a Seoane, 120 a Carvalho, 40 para Torrente. Dou por sentado que co deste último tamén se dirixirán ao Ministerio español de Cultura; e que na Arxentina as cousas non están como para pedir nada con destino a Seoane.
Xaora, esta resposta miña parece unha frivolidade. Pero non me atrevo a máis sen outros datos.
(O BNG, por certo, non propuxo ningún fuso horario local, senón concertar mellor a hora ao sol con vistas a unha distribución máis razoable da xornada: se iso non se parece á nova proposta, eu entendín esta mal. Cando o puxeron a parir, non foi por nada diso senón por pro-portugués e nacionalista. Eu ben sei que, cando non hai nacionalistas, podemos concordar no que sexa, ou case; o que non acabo de pescar ben é o motivo de tanta obcecación.).
Repartase a totalidade entre Calero e Seoane, e a Torrente que o promocionen os españois.
Polo que vexo, logo dunha inmersión na húmida realidade begonteña, gratificada cunha abondosa ración de corzo no Pichín, na recta de Damil, aquí séguese a falar de literatura. E eu creo que a Literatura en moitos casos nin é nin ten porque ser expoñente unívoco do que podería entenderse como cultura galega, nin, o que aínda pode ser máis significativo, nin sequera interpreta ou desenvolve iso que chamamos cultura galega e que, penso, está por determinar.
Ben, pedindo perdón de antemán pola miña ousadía, ameazo cunha serie de reflexións sobre tema tan suxestivo. Se son quen de aportar algo, ben está. Senón, o dito, as miñas desculpas.
Paso á primeira, repentizando, coma sempre, e, polo tanto, con grave risco morfosintáctico, semántico, argumentativo e mais epistemolóxico. A propedéutica xa nin a considero.
Primeira volta da espiral.
En Castela van desaparecendo palabras porque xa non se refiren a nada. Por exemplo: "beldar" e os seus parentes "bieldo" e "bielda". A causa xa a dixemos: non se refiren a nada actual. Hoxe en Castela non se "bielda" e, polo tanto, deixouse de utilizar o "bieldo" e mais a "bielda". O "bieldo" éravos un utensilio agrícola composto dun pau longo, outro atravesado e outros máis, que saían deste, en forma de dentes, co que se "aventaba" o trigo para separar o gran da palla. A "bielda" éravos algo moi parecido, con dous paus atravesados, destinado a recoller e amorear a palla.
Tampouco non se utiliza o trillo -tablón dotado de dentes cortantes normalmente de pedernais escachados a martelazos (lembrade o conto La Mortaja de Delibes)e incrustados na madeira- para quebrantar o trigo e separar o gran da palla. En Castela, ademais, tamén se "majaba", ou sexa, golpeábase o trigo igual que en Galicia para obter o mesmo ou semellante resultado que coa trilla. En Asturias e Salamanca existe a palabra "mallar".
Mentres, en Galicia, desapareceron a malla e calquera equivalencia que puidesemos atopar co que se facía en Castela respecto da última fase da recolleita do trigo.
Tanto en Galicia como en Castela, onde o mesmo labor se facía de maneira distinta e con abeños ben diferentes, todos eses instrumentos agrarios, que son moitos máis dos que eu nomeei aquí, poden atoparse hoxe en tres lugares: arrumbados en palleiras e outros alpendres, mutilados e encouzados; formando parte da decoración dalgún establecemento hosteleiro; ou nun museu etnográfico ou antropolóxico. Tamén, claro, en tendas de souvenirs. E a faena de separar o gran da palla lévaa a cabo unha máquina collelitadora exactamente igual tanto aquí coma alí.
Xa non hai sucos, nin fouces nin segadores. Xa non hai suór debaixo de sombreiros de palla nin panos anoados ó pescozo para tornar o sol na caluga. Nin aquí nin alí. Nin tampouco non hai palleiros nin medeiros ou medas. Non hai moios nin sequera feixes.
Non hai rogas. Non hai queixo de Castela nin viño nin pantrigo recén cocido para gorentar ós malladores.
Eu entendo que a cultura dos pobos nace de abaixo arriba. Xurde da resposta ós diversos estímulos e necesidades de adaptarse ó medio e de sobrevivir nel. E do progresivo perfeccionamento desas respostas. Cando a resposta permanece paralizada, estancada, "ensimesmada", pola causa que sexa, daquela aparece outra, normalmente foránea, e acaba con ela. Outras veces é simplemente a técnica, o progreso. O carro galego, con toda a ricaz terminoloxía do seu despece, pasou a ser un elemento puramente decorativo ou historiográfico, arrinconado polo tractor.
Eu pregunto: esta morte de toda unha cultura material, dunha cultura do traballo, dunha cultura pode que de raigame telúrica, pero, desde logo, ancestral, de traballo duro e "albaroque" -sempre había festa unha vez rematado o labor-, unida a aparente igualación da "nova cultura" que abrangue hoxe o baleiro que deixou a outra, vén ser cultura galega?
Deixémonos emprazados para a seguinte volta: Hevia e Carlos Núñez, son simplemente gaiteiros, ou forman cada un por un lado unha expresión da cultura Asturiana e mais da Galega? A estas alturas do século, digo.
Porque, claro, ó mellor resulta que chamamos cultura á metacultura. Nese sentido, os nosos de lobo negho, é dicir, os que nos movemos por esta solaina, estamos moi ben servidos. Temos/tedes a Risco, temos/tedes a don Ramón, temos/tedes a Ramón Piñeiro... Esas xentes son cumes da cultura galega ou simplemente se dedicaron a reflexionar sobre ela?
Este é o ano de Uxío Novoneira. Caurel dos tesos cumes... etc. Os Eidos é cultura courelá ou é metacultura ou que é? Que vén sendo? Unha interpretación?
Consiste a cultura en interpretar e reinterpretar e reinterpretar as manifestacións culturais dos pobos?
O sábado pasado amosáronme un libro de fotografías -fermosísimo- tomadas por unha señora de cuxo nome non son quen de lembrarme, aló polo ano 29 do pasado século. Que fotos! Canta cultura galega durmía nelas! O libro éravos ben gordo, coma un ladrillo. (Un matón, coma di un meu veciño de Begonte que ten 86 anos e botou trinta e tantos en Suiza). Xa procurarei o nome da señora para dar a referencia.
É un home moi culto, dicimos. Está ben, ou é unha muller moi culta. Nese caso, non deberiamos dicir "cultivado" (ou cultivada)?
Escóitase e lese con frecuencia o asombro do que pasou en Alemaña, sendo como era un pobo culto. Xa. Sería culto ou cultivado? Cultivar, cultivárono ben, con xeito. Diso non cabe dúbida.
Forma parte da cultura española andar a hostias -con perdón- sempre que se pode? O século XIX foi practicamente unha guerra ininterrumpida e do vinte que vos vou dicir. E a cantidade de santos que por aquí nos caeron. A católica España. Santos a moreas. De todos os tipos: bispos, mártires, virxes, confesores, fundadores...
Tamén iso é cerna dura da cultura de España? Ou é fruto dun cultivo metódico?
Non sei. Se cadra só estou desvariando.
Tomade isto como a segunda curva da espiral. Empecei polo centro, eh? Que ninguén me diga que me vou pechando sobre min mesmo, ou sexa, ensimesmándome.
Aínda que, ben mirado, eu son un místico, e os místicos sempre están ensimesmados.
UFFFFFFFFFFFF !!
Sr. Xosé M.
O BNG propuxo sumar Galicia ao fuso portugués. Velaí están as hemerotecas que teñen mellor memoria ca nós.
TRIBUNA: TOMÁS ELOY MARTÍNEZ
Los desafíos de la cultura 'narco'
Expandida como un virus, la cultura narco pone y derriba Gobiernos, compra y vende conciencias, se toma la vida de las familias y ahora la vida de las naciones. La cultura narco es la cultura del nuevo milenio.
Eu non digo nada. O artigo está a disposición de quen o queira ler n'El País de hoxe.
Cultura...
O que non poden aturar os neoespañolistas más "refinados" é o que eles chaman "neoprovincianismo": a idea de que se lles poña en cuestión o seu centro sagrado, Madrid, ou, no seu caso, Barcelona. Que Barcelona competise con Madrid no terreo industrial, económico e editorial é algo ao que o centralismo se tivo que acostumar; que uns "provincianos" se atrevan a reclamar centralidade, prescindindo no que é prescindible da capital e a súa curia é algo para eles inaceptable. Non hai inconveniente en recoñecer (eu non o teño, alomenos) que por tras das reivindicacións galeguistas e nacionalistas se achanta algo tan humano como o resentimento, pois non houbo nin haberá cambio histórico que non chante, en boa medida, na ddor das feridas do corpo ou da alma. É verdade que autocentramento redunda en beneficios indudables para os periféricos: os escritores teñen máis posibilidades de publicar, a clase política de medrar, os traballadores de teren uns sindicatos máis próximos, os cidadáns en coñecer e controlar mellos aos seus representantes. Pero eses son, nestes momentos, beneficios dos que disfrutan exclusivamente os que viven en Madrid ou pensando nela, e non todos, por suposto. Daquela, e pensándoo ben, ¿por que non disfrutar dese beneficios tamén nós? Cabería a posibilidade de que a igualación se producise "por abaixo". Pero, non seremos, en realidade, cola de rato máis ca de león? ¿De verdade é tan excelente a cultura española para que debamos "facer cola"? ¿É mellor político Rajoi que Feijoo ou Zapatero que Beiras? ¿É mellor escritor J. Marías que Ferrín?. Non é fácil de decidir dunha maneira taxativa que o problema da cultura galega fronte á española sexa de calidade. Seguramente o é de cantidade. Pero iso soluciónase con tempo e cun centro literario e cultural de nós. Para sair do ensimismamento, a cultura galega debe reclamar soberanía estética, e se non, a seguir rañando nas feridas da subalternidade. O resentimento existe, sen dúbida; tanto máis canto o emperador do caso está tan case tan espido (poñamos que leva un mínimo taparrabos) como o emperador do conto.
Publicar un comentario