ARGUMENTARIO
Marcos Valcárcel
Eu falo con moita xente, non só co señor Apicultor. E moitos cidadáns, a maioría progresistas, fan un balance crítico da xestión municipal do BNG en Ourense.
Este balance podería resumirse así:
1º- Problemas de liderado e falta de integración do grupo municipal.
2º- Política de imaxe sen resultados visibles: termalismo, por exemplo.
3º- Abuso da presenza mediática ata extremos impúdicos ( inauguración dunha rotonda ).
4º- Esquecemento de reivindicacións históricas do nacionalismo: bibliotecas nos barrios, centros de mocidade, museo da cidade, etc.
5º-Grandes meteduras de zoco: caso dos paneis publicitarios.
Os futuros candidatos deberían preparar un argumentario para responder a estas e outras cuestións.Por suposto houbo concelleiros e concelleiras que fixeron un bo traballo na Casa do Concello, pero quizais non son os que máis saian nos medios.
Reseñas - Vaclav Smil, How the World Really Works
-
En cada familia extensa, adoita haber un personaxe inesquecible: o tío de
lingua afiada e ollada cansa, que xa viu pasar demasiadas modas xuvenís e
que m...
Hace 6 horas