13 mar 2006


Amigos da República
Os Amigos da República en Ourense, da man de David Cortón, fanme chegar as primeiras novas dos actos deste ano, que xa teñen pechados e que terán como centro unha homenaxe máis que merecida ao benquerido Julio Losada, personaxe cun historial de compromiso que agora se dará a coñecer máis e home fiel das tertulias do Liceo ourensán (foi tamén un dos grandes amigos e confidentes de Carlos Casares, como este mesmo reflectía nos seus artigos).
Para ir "entrando en calor" programan unha conferencia de Gonzalo Puente Ojea para esta mesma semana (transcribo tamén unha parte do seu curriculum, que pode interesar a algúns lectores).

REPÚBLICA, TRANSICIÓN E LAICISMO,
Conferencia de Gonzalo Puente Ojea, o mércores 15 de marzo, ás 20 h. no Ateneo (será presentado pola historiadora Susana Reboreda).

Gonzalo Puente Ojea
Naceu en Cienfuegos, Cuba, no 1925. É unha testemuña excepcional da vida política española, debido aos cargos propios da carreira diplomática, coñeceu aos máis importantes políticos franquistas e aos principais personaxes que levaron adiante a transición política.
Decano do corpo de embaixadores de España, autor de varios libros sobre temas históricos e relixiosos (case que todos reeditados en “Siglo XXI”), Puente Ojea representou ao seu país diante do Vaticano (1985-1987) logo de ser subsecretario no Ministerio de Relacións Exteriores. Un destino que causou polémica entre aqueles que pensaban que o seu ateísmo declarado (ademais de divorciado), resultaba ofensivo para desempeñar o posto (foi cesado como embaixador no Vaticano por deixar de ser idóneo para o cargo).Actualmente reformado (xubilado) da carreira diplomática con título de Embaixador .
Libros publicados
Animismo. El umbral de la religiosidad. Escrita con unha segunda parte a cargo de Ignacio Careaga Villalonga. (Madrid, 1ª ed., abril 2005)
La andadura del saber. Piezas dispersas de un itinerario intelectual. (Madrid, 1ª ed., mayo 2003)
Opus minus. Una antología.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

parabens polo teu blog, paréceme formidable, eu entrei nel o outro día e de rebote quixen facer un, pero agora xa non me lembro como entrei nunha páxina que non é donde estou agora, gostaríame crear un para falar sobre fotografía, e realidade, e contactar con xente que lle interese o tema

Anónimo dijo...

A propósito de Gonzalo Puente Ojea, hai unha entrevista moi interesante que se pode baixar da internet: http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/src/inicio/ArtPdfRed.jsp?iCve=38070205&iCveNum=10820