13 mar 2006


Ánxeles Cuña.
Entrou con toda a ilusión do mundo no proxecto de dirixir o Centro Dramático Galego, rodeada do aplauso entusiasta do sector e do mundo da cultura. Por iso é incomprensíbel a situación que levou á súa dimisión: un exercicio de inxenuidade e boa fe pola súa banda? Unha confusión ou chapuza por quen debería estar moito mellor informado? A Asociación de Actores reprochou á Xunta a falla de imaxinación para resolver este problema. Sexa como for, o mal está feito e mal empeza o CDG do cambio, xusto nun momento que todo ía ben, con varias montaxes en marcha. A peripecia surrealista da exdirectora de Sarabela daría para unha montaxe teatral cunhas pingas dos labirintos administrativos de Kafka e o sal groso dos mestres do teatro do absurdo, como os seus amados Ionesco e Alfred Jarry.

3 comentarios:

Brétemas dijo...

Magnífico, Marcos. Este blo vai ser unha grande encrucillada na rede. Parabéns e moito pulo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non te podes imaxinar a miña satisfacción pola acollida do blo nestes dous primeiros días. A túa opinión interésame moitísimo porque son novato nisto e de ti aprendín moito, das túas excelentes Brétemas: realmente elas, que consulto todos os días, metéronme neste mundiño. Graciñas e unha aperta, Manolo.

Anónimo dijo...

Parabéns pola túa bitácora. En Ourense xa facian falla unhas bitácoras como a do Antonio Piñeiro e maila túa. Un saúdo.

Xavier