Unha suxerencia dun amigo (que prefire a forma "graciñas")
Sobre "Grazas".A forma "grazas", soanos forzada.Por falla de uso, obviamente, pero non só.A forma tradicional galega (fóra de arcaismos "beizón" ou semellantes que usan aínda catro vellos polo rural ourensán) é, sen dúbida, "Graciñas".¿Diminutivo? En absoluto. Expresivo sobre todo, pero tamén afectivo -a quen lle estás dicindo isto, estalo achegando a ti, obviamente.Lembremos que os portugueses, dada a pouca entidade da forma "só", levan décadas usando como normal e de case único uso a forma "sozinho" ou "sozinha" desposuíndo a forma de calquera outro matiz. "Estou sozinho" e xa está.Coa nosa forma afectiva-expresiva de "Graciñas" non é mester usar o "Moitas" diante (obviamente "moitas graciñas" é espantoso, só o diría o veciño de Bart Simpson).Ademais normalmente non se usa o "moitas" en case ningunha lingua: Thanks, merci, grazie, obrigado/a...Eu quedome con que digamos simple e normalmente algo tan estritamente galego como "graciñas"."Moitas grazas" creo que, dalgún xeito, é un castelanismo encuberto como "Gracitas" podería ser, de ter existido, un galeguismo camuflado en castelán."Graciñas" é vivo, rico, intraducible, incluso popular e entrañable.Así pois, promovo, o uso normal e habitual da forma "Graciñas"Graciñas por ler isto.Afonso Vázquez-Monxardín
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
3 comentarios:
É que Afonso é un tipo moi talentoso.
Noraboa ós dous. Ó Alfonso polo lúcido comentario e ó Marcos pola bitácora esta sen dúbida ningunha debidamente arrumbada. Saudiña, que cante o cuco e que chova luz. Unha aperta dende A Pedra Aguda
A lingua procede do pobo e a el, dende as academias e unha vez fixada, ten que chegar de novo, e convencer. Cousas como o de "grazas" alonxan ao pobo da lingua. E non estamos en tempos de xogar con isto.
Publicar un comentario