DA NONÓ E AS MULLERES BARBUDAS
(Andoliña sábado 3 xuño)Se as cabeleiras femininas foron usadas, ao longo da historia, como símbolo de rebeldía e sensualidade, outras protuberancias pilosas, menos atractivas, tamén chegaron ás artes e á poesía. Pensen no cadro “
A muller barbuda” de
José de Ribera, tan fascinante, que nos amosa o retrato de
Magdalena Ventura de los Abruzos encargado polo duque de Alcalá, virrei de Nápoles. Foi un caso extremo de virilización e hirsutismo: dende os 37 anos empezou a medrarlle a barba e así consta nunha inscrición no ángulo inferior esquerdo do propio cadro.
Destas mulleres pilosas, en maior ou menor grao, hai tamén exemplos nas nosas letras xa dende os trobadores medievais.
Esther Corral Díaz, no seu estudo sobre as mulleres nas cantigas, lembra aquela de
Pero Viviaez na que o poeta se burlaba dunha moza de “
rostro agudo come foron,/ barba no queixo e no granhon,/ e o ventre grande e inchado”. Retrato que ata podería inspirar, se o ourensán o coñecese, cousa dubidosa, a imaxe que
Blanco Amor nos deixou da Nonó en “
A esmorga”, cando a pinta cos seus “
dous ou tres papos, por embaixo do queixo, macios e peludos”. Ou cando, en
“Os biosbardos”, nos fala daquela Sor Flora, monxa
“que tiña unha migalla de bigote”.
2 comentarios:
What a great site, how do you build such a cool site, its excellent.
»
Very pretty site! Keep working. thnx!
»
Publicar un comentario