V Premio Microrrelato Carlos Casares, do Liceo de OurenseNa tardiña do pasado venres, entregamos o V Premio de Micrrorrelato Carlos Casares que organiza o Liceo de Ourense. Os premiados foron:
Categoría A (maiores 25 anos): 1º Premio.
Xesús Manuel Marcos, polo texto "Esqueceu esquecer". Accésit:
Francisco Castiñeira Romar, polo texto "Pombas".
Categoría B (menores 25 anos): 1º Premio: quedou deserto. Accésit:
Matías Candeira de Andrés, polo relato"Voces al otro lado".
O xurado estivo presidido por José C. Martínez Pedrayo, presidente do Liceo, e composto por Delfín Caseiro Nogueiras, Teresa Devesa, Marcos Valcárcel, con Sexismundo Bobillo como secretario.
Os autores leron os seus textos no Salón Nobre do Liceo nun acto no que tamén interveu a Coral desta entidade e as recitadoras Teresa Devesa e Loli Conde, que leron poemas de
Otero Pedrayo, Vicente Risco, Eladio Rodríguez e Curros Enríquez (pechándose así o ciclo que no mes de maio adicou o Liceo aos "
Ourensáns na Real Academia Galega", no seu centenario).Dúas curiosidades: os tres gañadores residen fóra de Galiza (Xesús Manuel e Matías en Madrid, Castiñeira en Oviedo) e dous deles, como xa sabedes os lectores deste blog, son tamén blogueiros:
Xesús Manuel Marcos e
Francisco Castiñeira. Na foto que me envia o amigo Xulio de Rabal, de dereita a esquerda: Matías Candeira, Francisco Castiñeira, Xesús M. Marcos e o asinante destas liñas.
3 comentarios:
Moitas gracias por todo, por este post facendo público o acto coma por todo o demáis. Foi un pracer coñecelo.
Unha soa corrección, con todo o agarimo: son Castiñeira, non Castiñeiras. Por algunha razón, pásalle a todo o mundo.
Unha aperta
Non sera de dereita a esquerda ?.
Corrixo as dúas cousas e graciñas polo aviso. Non se pode postear con presas, está visto...
Publicar un comentario