Quen podería escribir un bestseller galego? (Enquisa aos lectores)Díxose nestes días (pido excusas pero non lembro quén foi) que ás letras galegas non lles viría mal un bestseller que despois fose traducido a outras linguas do mundo. Enténdase un bestseller na liña Dan Brown ou Ken Follet. Quizais algún dos que o puidese escribir non queira, pero... fagamos un exercicio de imaxinación. Deixo na mesa estas preguntas:
(1) Que escritor/a galego/a podería escribir un bestseller con posibilidades de éxito?
(2) Cal sería o tema central ideal para enganchar aos lectores/as?
(3) Poderíanse utilizar temas do corpus "tradicional" das letras galegas (tipo Materia de Bretaña, Irmandiños, etc.). Funcionaría?
(4) Que ingredientes necesitaría o cóctel para ter éxito?
(5) Que director de cine (galego ou non) podería levalo ás pantallas?
Agardo polas vosas opinións...
Montaxe: Jaume Plensa
4 comentarios:
Torrente Ballester hai anos regaloulle a Manolo Rivas esa coroa que aínda non consolidou (non sei se con este de 800 páxinas que axiña vai saír). Pode ser calquera, xa que logo neste País hai xente con moito oficio na República das Letras. Tampouco nos deberiamos obsesionar por iso. Só unha consgna: o que se faga, que teña calidade.
literatura de calidade en galego, faise... pero non falabamos de best sellers? Ten Dan Brown calidade?
Ben, o que dixo Torrente de Rivas creo que non se refería tanto a un bestseller como á gran novela galega do seu tempo (creo que utilizou a expresión "O Quijote" galego ou algo así). Non se trata de ningunha obsesión, só dun xogo ou curiosidade se se quere. Por outra parte, eu tamén creo que ao usar a expresión "bestseller" xa non nos referimos a literatura de primeira calidade (eu non podería xuzgar o de Dan Brown ou Ken Follet, porque nunca os lin, por outra parte).
Interesting website with a lot of resources and detailed explanations.
»
Publicar un comentario