4 oct. 2006

Eduardo Galeano opina sobre a democracia
(entrevista no Faro de Vigo, hoxe, de Carmen Villar)

"No existe la democracia todavía: es un proyecto"

El conocido autor uruguayo defendió ayer en Santiago que "podemos hacer la historia".
El escritor uruguayo Eduardo Galeano abrirá hoy el ciclo de conferencias "América, cada vez más latina", que organiza el Club Internacional de Prensa y lo hará hablando de "los otro siete pecados capitales". La cita es a las ocho en el Aula Sociocultural de la Fundación Caixa Galicia, en Santiago.-
¿Cree que el hombre es libre de decidir su destino? ¿Tiene esa posibilidad todavía la humanidad?- Creo que sí y no. Creo que estamos presos de jaulas visibles e invisibles que nos mutilan la libertad de elegir nuestro destino, pero que esas jaulas no son nuestro destino y que por lo tanto podemos ser libres en la medida en que seamos capaces de conquistar la libertad de imaginar el futuro en lugar de aceptarlo. En lugar de cruzarnos de brazos y decir estamos condenados a la desgracia incesante, decir, bueno, vamos a inventar un futuro diferente. Somos libres, pero no somos libres en la medida en que no seamos capaces de construir nuestra libertad. Estamos todavía muy prisioneros de todo tipo de jaulas que hemos aceptado como si fueran inevitables maldiciones de la naturaleza, que son las jaulas que nos obligan a creer que mañana es otro nombre de hoy, es decir que podemos repetir la historia pero no hacerla.
- Pero, ¿no cree que es difícil decidir el destino cuando la democracia es cada vez más formal y aumenta el control de los poderes económicos?- Sí, bueno, la democracia es una democracia en construcción. No existe la democracia todavía. Es un proyecto ese del poder del pueblo, un proyecto que puede ser realizado en la medida en que la gente vaya adquiriendo protagonismo democrático y que deje de creer que la democracia consiste en una ceremonia hueca y que se cumple depositando un voto cada cuatro, cinco o seis años porque eso es una misa sin dios. La verdadera fe democrática implica una verdadera participación popular en las actividades públicas, en lo que tiene que ver con el destino común. Si la gente asume su protagonismo, las cosas van a cambiar. Pero si la gente sigue creyendo que la política es cosa de los políticos, tengo mis dudas de que podamos cambiar nada.

"El panorama internacional del poder es una especie de dictadura"

- En su opinión, ¿esa democracia es factible?
- Se están procesando distintas formas de entender la democracia más allá de la formalidad porque cuando es verdadera, no se hace democracia en nombre de otros, se hace con otros. Es muy difícil, pero hay procesos orientados en ese sentido, aunque hay montada una maquinaria gigantesca enemiga del cambio. Porque los organismos dominantes, los que gobiernan a los gobiernos, no son democráticos (el FMI, el Banco Mundial, la OMC o la propia ONU). El panorama internacional del poder es muy poco democrático. Más bien es una especie de dictadura de algunos países. - ¿Cree que las nuevas tecnologías pueden ayudar a cambiar las cosas?- No queremos sobrevivir, queremos vivir. Ni las migajas del banquete universal. Se trata de ser escuchados, de tener una voz propia, que no sea un eco triste de las voces del poder, que son sospechosas, mienten. En ese sentido, yo reconozco que, contra todos mis prejuicios, Internet ha abierto la posibilidad de que muchas voces condenadas a sonar en campana de palo hoy puedan tener eco universal.

7 comentarios:

Trebi dijo...

En Ourense non o podremos oir, pero afortunadamente si leer,estou con ."Patas Arriba....",supoño que será coñecido, o que non, que o lea ,vale a pena.

anómimo político-cultural dijo...

Na miña discutible opinión, Eduardo Galeano é un "intelectual" de terceira rexional que está demasiado sobrevalorado en determinados ambientes.

Hoxe mesmo escoiteino nunha entrevista na Radio Galego e non sabía se rir ou chorar.

Tras a consabida críticas aos organismos económicos internacionais, á ONU e á política exterior de Bush, disertou (é un dicir!)sobre a democracia.

Estados Unidos sería unha ditadura e Bush un pelele en mans das multinacionais. Agora ben, cando se lle preguntou por Cuba e os posibles escenarios futuros, escurriu o vulto, e -claro está- fixo as tópicas loas ao pobo cubano. Pero omitiu covardemente o dato de que, cos parámetros que el mesmo utilizou para definir que era ou non era unha democracia, Cuba tamén sería unha ditadura.

En fin, un "intelectual" de terceira rexional, na miña discutible opinión.

Leituga 1 dijo...

Non coñezo demasiado a obra de Galeano. Varios artigos en "El País" e amplas referencias do libro que lle dou sona e o converteu nun escritor predilecto da esquerda antiliberal: "Las venas abiertas de América Latina".
Creo que Galeano escribe moi ben, se entedemos esta afirmación como válida para describir a un home cun amplo e intenso dominio dos recursos retóricos. Constrúe con gran facilidade frases fermosas e encendidas, tanto na especialidade das animosas e cargadas de futuro como na das críticas e punxentes. Non tería prezo como "negro" de calquera presidente latinoamericano. Resumindo, o que quero dicir é que, en vez de chileno, parece arxentino. Representa moi ben o que Juan Marsé, en referencia a Umbral, definiu como "prosa axóuxere": cativadora, enredante, feiticeira, engaiolante... coma un axóuxere que, no interior, só contén unhas minúsculas e ingrávidas boliñas. Digo isto porque o discurso de Galeano, o que realmente di Galeano, é moi pouca cousa: na entrevista con Carme Vidal, que é o exemplo que temos máis a man, desliza un par de ideas sobre a "democracia formal" e mesmo sobre a súa condición representativa que exhiben, segundo eu o vexo, pouca reflexión sobre unha cuestión vital e sobre a cal, porén, é frecuente un discurso esquemático e adialéctico, subxacente na pregunta da entrevistadora, que contrapón "forma" e "fondo", "aparencia" e "realidade" dun xeito que a calquera persoa coñecedora dos rudimentos da teoría literaria e, por suposto, da experiencia política democrática, debería parecerlle unha ostentación de simpleza. É certo que Galeano é un escritor, non un filósofo social ou un politólogo... pero encántalle facerse pasar por isto último e, por iso, é polo que creo lexítimo criticalo dende unha perspectiva na que el voluntariamente se sitúa. En fin, o típico encantador de serpes, con moita labia e escasos contidos, un tipo ideal para fascinar a esa esquerda antiliberal, semiilustrada e escasamente lectora, ávida de receitas sinxelas e explicacións meridianamente claras sobre que é o mundo e como funciona.
Que me disculpe quen se poida sentir molesto por estas apreciacións(sen ningún valor, por outra parte), pero a verdade, a miña verdade sentida, é que me produce certa desazón o feitizo que escritores e intelectuais como Galeano, Saramago ou Ramonet exercen sobre esa esquerda da que eu, aínda que a algún ao mellor non llo pareza, eu tamén formo parte.

Etxeokeai Fdz. dijo...

Galeano é uruguaio. Se chega ser chileno, probablemente, sería doutra maneira. Chile está máis lonxe da facilidade simplificadora do Río da Prata.
Concordo en que Galeano é un mestre da escrita. Lin tres ou catro libro del e, no tramo curto, é un auténtico mestre.
Iso non quere dicir que as súas opinións políticas teñan que ter a brillantes da súa palabra. Claro que podería ser un bo "negro" de calquera dirixente.
O problema é que parece que as figuras públicas -futbolistas, deseñadores, escultores ou escritores- deber ter opinións políticas máis sensatas ou máis importantes que calquera de nós. E non tal.

marcos valcarcel dijo...

Coñezo as reticencias que xenera o nome de Galeano. Eu lin "Las venas..." hai moitos anos con entusiasmo. Dende aquela sígoo, só parcialmente, moito a través de Internet. Teño escoitado a profesores sudamericanos despotricar contra el. Escribe como un mestre, sen dúbida, seductor. E non é un politólogo, claro. E coincido con Etxeokeai: sobredimensionamos as opinións políticas dos escritores e intelectuais. Aínda que, nesta entrevista, creo que Galeano non se equivoca demasiado...

Moralla dijo...

Onte tiven a fortuna de asistir á conferencia que Galeano deu en Santiago sobre "Os pecados capitais". Foron dúas horas intensas que pasei de pé, sen poder ver o seu rosto, pasando calor, entre empuxóns, pero que, aínda así, resultaron marabillosas para min!!A Fundación Caixa Galicia resultou demasiado diminuta para tantísima xente que desexaba escoitar as súas verbas de sabio (e humorista). O seu tono de voz suavez, a súa sutileza, o seu sentido do humor crítico co mundo: o racismo, a violencia contra a muller, a mundicidio, a alienación dun mesmo, aplastar ao próximo, e o máis importante-a orixe de todo mal-O MEDO.

anómimo político-cultural dijo...

Concordo punto por punto co expresado por Leituga 1, agás no da nacionalidade de Galeano, pois, en efecto, é uruguaio.