
Seminario Estudios Socialistas Manuel Suárez Castro
Un amigo infórmame do nacemento de Seminario de Estudios Socialistas Manuel Suárez Castro e dun blog asociado a esta figura histórica. Unha nova que me enche de ledicia e que fai xustiza ó alcalde socialista da cidade auriense coa Fronte Popular, fusilado nos horrores da barbarie fascista. O blog conta xa cunha ficha biográfica do líder socialista, un breve artigo meu de hai uns meses e un longo e documentado estudo de David Simón, máximo especialista na historia da sanidade ourensá e da nosa psiquiatría e autor de varios libros imprescindibles ó respecto.
Noraboa de novo.
2 comentarios:
E quen forman parte deste Seminario? É por saber!
Non teño máis información que a que aparece no novo blog. Supoño que estará aínda en proceso de creación, pero, se anda polo medio David Simón, ha ser cousa seria e ben feita, seguro.
Publicar un comentario