
Mártires do 36 na cultura galega
(fotos que complementan o texto que figura embaixo)
O poeta e xornalista republicano Roberto Blanco Torres (que militara tamén nas Irmandades da Fala); o editor Ánxel Casal, artífice do rexurdir cultural da Editorial Nós, e Manuel Gómez del Valle, poeta ourensán e militante comunista.
5 comentarios:
A dignidade persoal, política e intelectual de Roberto Blanco Torres resulta tan fóra do común que penso que é unha mágoa que non sexa máis recoñecido polos seus compatriotas. Certo é que foi homenaxeado no ano 1999 pero, ao igual que moitos outros nomes mencionados, merecería ser máis recordado hoxe, setenta anos despois do seu cobarde asasinato.
mensaxe para Marcos: Con respecto ao formato do meu blog, se cambio a cor do fondo, non se len as letras e viceversa, agora é un rollo cambialo; pero farei as LETRAS MÁIS GRANDES, pois quero que alguén co teu gran criterio poida opinar na miña "moralla". Grzas polo consello. Unha aperta
Lamentablemente foron moitos os mártires, lembremos que tamén hai moitos anónimos...
Se non estou mal informado, precisamente tal día coma hoxe foi fusilado Roberto Blanco Torres. ¿Estou no certo? Porque non sei onde o lin pola mañá.
Para Náufrago:
Efectivamente: "o poeta e xornalista republicano Roberto Blanco Torres ("claudiado" o 1 de outubro na estrada de Celanova a Portugal, nunha revolta da estrada perto de Entrimo)". O corpo apareceu na mañá do día 2 de outubro, Juan L. Blanco Valdés conta con detalle o suceso desa morte en "Hipertensiópn cívica. Aproximación á vida e á obra de RBT", Ed. do Castro, 1998, pp.96-102.
Publicar un comentario