21 nov 2006

O ILG rastrexa máis de 25.000 apelidos nun estudo pioneiro
Unha iniciativa ben fermosa, da que xa nos falara en Ourense, hai uns días, Ferro Ruibal.
Cóntao así El Correo Gallego:

Un buscador en rede posibilita a consulta da distribución xeográfica da onomástica galega ·· A ferramenta, presentada onte por Ana Boullón e Xulio Sousa, pescuda na procedencia, frecuencia e espallamento
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveu un proxecto que permite coñecer a distribución xeográfica en Galicia de máis de 25.000 apelidos mediante a súa representación cartográfica nun mapa de concellos. Trátase dunha ferramenta pioneira nos estudos onomásticos hispánicos, xa que aínda que se poden atopar webs semellantes referentes aos apelidos italianos, franceses ou ingleses, é a primeira vez que se fai tomando como base os dun territorio de España ou Portugal.
No traballo partiuse dos apelidos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística pertencentes ao censo de poboación de 2001, que inclúe datos de 2.750.648 persoas.
A investigación, elaborada en colaboración coa Real Academia Galega (RAG) e coa a axuda do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) permite coñecer tamén a frecuencia dos apelidos.

A nova completa aquí

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Tentei onte empregalo, pero non puiden: agardo que o amañen canto antes. Unha mágoa. Aínda lembro a miña admiración cando alá polo ano 86 no Pompidou podiamos facer eso para toda Francia, cos meus apelidos coloreando as terras de Toulouse, a Gascuña ou Lille, onde foron vivir exiliados familiares tras saír do porto de Xixón ou de Bilbao.

Anónimo dijo...

Parece interesante a proposta do ILG. A páxina web desta institución estivo unha chea de anos parada; alédame saber que por fin informan dos seus proxectos e publicacións.
Con todo, gustaríame falar do ILG e doutras institucións culturais galegas. Non me une nada a ningunha desas institucións, así que os mesu comentarios pretenden ser construtivos. Agardo comentarios ás miñas "provocacións".

1.- Aínda non entendo moi ben cales son as funcións do ILG, a RAG, o Centro Ramón Piñeiro e o Consello da Cultura Galega (aínda me debe quedar esquecida algunha por aí). Dáme a impresión de que o traballo destas institucións se solapa nalgúns casos. Non é cuestión de “competir” senón de que cada institución forme os seus bolseiros e investigadores en campos especializados.

2. Penso que non hai unha política de prioridades á hora de levar a cabo proxectos de utilidade práctica. Por exemplo, algunha destas institucións publica traballos de interese moi restrinxido cando aínda non temos nin unha boa gramática de galego (deberíaa publicar a Academia (?) / o ILG (?)), nin un bo dicionario xeral e etimolóxico, nin traballos de fonética axeitados para o ensino nin...

Anónimo dijo...

A tese máis extendida sobre o ILG e o Piñeiro é que se trata dunha rémora do antigo enfrontamento na Facultade de Filoloxía de Santiago entre o departamento de Galego (R. Lorenzo, Santamarina) e o grupo vencellado a Románicas (Constantino García, Brea). Para contentar a ambos decidiuse crear tras o ILG o Piñeiro. Agora mesmo este último está controlado polas áreas de Teoría da Literatura (Villanueva) e xente coma Tarrío o Reig Rochou. Esa é a tese máis extendida, que someto á unha revisión tan pronto coma alguén ofreza outros datos.
Dos outros non sei dicir gran cousa: non sabían siquera que funcionaran máis alá do protocolario e simbólico.

Anónimo dijo...

Si señor, tamén estiven eu fedellando naqueles ordenadores do Pompidou pero os datos eran sobre a guía telefónica polo que eran menos representantivos que estes... e ademais non tiña o abano de posibilidades que este presenta. Non en van avanzaron as tecnoloxías...
Agora había que informatizar os catrastro de rústica para traballar sobre os microtopónimos... é factible.
Saúde
A min xa me funcionou ben
http://cesgaofi2.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp