1956, CRISE DO MODELO COMUNISTA(Andoliña 6 xaneiro) Afírmase a cotío que a caída do “socialismo realmente existente”, isto é, dos réximes chamados comunistas, prodúcese en 1989, cando se derruba o Muro de Berlín e cae polo seu propio peso todo o sistema político e económico erguido dende 1917. Pero en realidade, di
Eric Hobsbwawm na súa autobiografía, o sistema estaba xa derrotado moitos anos antes: o derrube xa fora anunciado en febreiro de 1956 cando no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética Jruschev realizou unha denuncia inflexible da figura de Stalin e da súa política, incluída a represión brutal da etapa estalinista.
Foi unha hora amarga para os militantes dos PCs de todo o mundo. Hobsbwawm mantivo a militancia no partido, dende posicións críticas, máis que nada por orgullo e por non ser confundido con outros intelectuais anticomunistas. Desa crise sairon os movementos da
Nova Esquerda, con intelectuais de relevo como
E.P. Thompson ou
Perry Anderson. A Revolución de Outubro xenerou o movemento comunista mundial e o XX Congreso destruíuno, conclúe o historiador británico. Trala desestalinización veu moi logo a desestabilización dos países satélites nas décadas seguintes. A caída do muro foi só o punto final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario