6 ene 2007


A ORIXE DO MUNDO (3)

Máis fonda e clara que a aurora
Un dos elementos que o imaxinario popular preferiu como simbólica representación do sexo femenino foi a concha mariña. A vieira sobre a que chega á illa de Citera, tras nacer no mar, a coñecida Venus botticelliana. Disque nos primeiros séculos da historia do cristianismo, a vieira fora xa símbolo da luz solar e da resurrección e con ese sentido aparece como trono de Cristo nalgunhas igrexas españolas de Mérida e Toledo. De volta ao simbolismo venusiano, Ivan Miziara, poeta e médico brasileiro, ten un fermoso poema titulado “A concha” que remata así: “Na concha/ rubra/ busco/ a pérola/ úmida/ ardente/ que me faz/ ser/ quem sou”.
E do “Oratório do corpo”, de Fernando Mendes Vianna, collo prestados uns versos que semellan lembrar de novo “A orixe do mundo” de Courbet: “Crê no teu corpo, confia no teu corpo, no corpo do homem,/ no corpo da mulher./ Crê no corpo como na única ponte entre os homens;/ e que acima do rio variável e enganoso da palavra, / a carne seja como um gesto em perene dádiva./ O corpo é mais antigo e belo do que a Cova de Altamira,/ e a gruta do útero pode ser mais funda e clara/ do que uma aurora que se abrisse no fundo da terra”.
(Imaxe: A onda, de Bouguereau)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Lindo inicio para o ano, e preciosa dedicatoria para as mulleres.
Courbet é sensual, misterioso, erótico, máxico, romántico,toda unha homenaxe á orxe do mundo que é a muller.
Unha aperta
Yoli

Aroldo Zimdevo dijo...

"A Concha" é um belo poema, deste que é um dos maiores poetas brasileiros da atualidade. Meus parabéns. Aroldo Zimdevo, crítico literário e editor.

Marcos Valcárcel López dijo...

Benvido por estes lares, permítame que lle chame xa amigo, Aroldo Zimdevo: noutras entradas do blog, recentes, hai mostras do moito que admiramos en Galicia a literatura brasileira, singularmente a Rubém Fonseca. Un saúdo cordial.